Category: Fútbol

Novo vídeo de Karpinha

16 Xuño, 2012 (22:28) | Beizóns, Celta de Vigo, Deporte, Fútbol, Vídeos |

Karpinha volve recoller toda a emoción do celtismo na xornada do ascenso. A vindeira tempada, xa en primeira, máis.

«De primeira»

16 Xuño, 2012 (22:19) | Celta de Vigo, Deporte, Fútbol, Televisión, Vídeos |

«De primeira» é o título da reportaxe que o programa Reporteiros da TVG dedicou ao ascenso do Deportivo e do Celta. Recolleron algunha das miñas opinións celestes. Debe quedar no arquivo.

Onte 279: Paíño, o pichichi rebelde

14 Xuño, 2012 (07:00) | Autores, Celta de Vigo, Fútbol, Lectura, Poesía, Vigo |

Gustoume moito que as páxinas deportivas de Faro (sempre excelentes) sinalasen no pasamento de Manuel Fernández «Paíño» a súa condición de futbolista lector e rebelde. Efectivamente, o goleiro de San Paio de Navia, de quen nos falaba con saudades meu pai, pichichi que foi en primeira división co Celta (no 48) e co Madrid (no […]

Xuntos somos invencibles

9 Xuño, 2012 (09:15) | Celta de Vigo, Deporte, Fútbol, Vídeos |

Din que conmoveu a Paco Herrera e que serviu para motivar ao vestiario antes do partido co Córdoba, probablemente é a mellor peza da nosa admirada Karpinha08. Tamén recomendo moi vivamente a peza máis recente «Amos do noso destino, capitáns da nosa alma», hoxe gabada no Faro.

Campo de Granada CXXV

4 Xuño, 2012 (06:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vigo |

ARRIBA, CORAZÓNS CELESTES! O serán de onte quedará na memoria, outro engrama celeste nas nosas vidas, o segundo ascenso do século XXI. É certo que o fútbol non compareceu na lameira, a pesar que o Celta foi o equipo con mellor xogo e máis goleiro de toda a categoría durante a maior parte da tempada, […]

Onte 263: Corazóns galegos

29 Maio, 2012 (06:53) | Celta de Vigo, Deporte, Fútbol, Galeguismo, Onte |

Envexable a marea branquiazul celebrando o ascenso. Semella incrible ese entusiasmo desbordado para recuperar a posición perdida hai apenas un ano. Alédome moito por Juan Carlos Valerón, un futbolista de fantasía que saíu ovacionado no derbi de Balaídos. Abeizoo, tamén, aos milleiros de deportivistas que acreditan nese soño do fútbol galego, de espírito inequivocamente atlántico, […]

Fútbol e poesía

28 Maio, 2012 (06:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Fútbol, Lectura, Libro, Música, Poesía, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da despedida de Josep Guardiola do banco do Barcelona, reflexiono sobre a relación entre a poesía e o fútbol, a literatura e o deporte. Afeitos á presenza no circo mediático das vaidades de famosiños efémeros, chama a atención a traxectoria do señor Josep Guardiola. Tras […]

Campo do Fragoso CXXIV

20 Maio, 2012 (08:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DETERMINACIÓN É unha beizón para o celtismo a determinación coa que o equipo está encarando cada unha das finais que lle restan na súa pelexa durísima co Valladolid por unha praza de ascenso directo. Asumida e expresada por Paco Herrera, esta convicción de que son necesarias tantas vitorias coma partidos funciona coma unha motivación eficacísima […]

Un Celta para tod@s

19 Maio, 2012 (07:44) | Celta de Vigo, Fútbol, Publicidade, Vídeos |

Outra magnífica peza de corazón celeste de Karpinha. Entramos con humildade nas dúas semanas decisivas da tempada.

Onte 248: Último minuto

14 Maio, 2012 (06:48) | Celta de Vigo, Deporte, Fútbol, Onte |

O fútbol é un deporte onde nunca se debe descartar o resultado máis imprevisto. Onte sucedeu en tres ocasións de forma extraordinaria. En Pucela o Hércules do galego Mandiá empatou no último minuto, grazas a un remate de Manucho en propia meta. Algo incrible que sitúa ao Celta na segunda posición e, o que é […]

Campo do Fragoso CXXIII

13 Maio, 2012 (09:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

PROBA DE SOLVENCIA O Celta superou con aparente facilidade unha difícil proba de solvencia. Fronte ao perigoso Alcorcón, un dos mellores cadros da segunda volta, demostrou que ten cadro de xogadores e capacidade goleira abondas para, a pesar do paso atrás de Cartaxena, manter as súas aspiracións de ascenso directo. O partido comezou con mala […]

Quérote Celta

1 Maio, 2012 (09:54) | Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos, Vigo |

Falamos moitas veces aquí que o fútbol é un estado de ánimo e que os celtistas, a pesar do noso sufrimento, nunca deixamos só ao noso equipo. Esta peciña agarimosa de Karpinha ilustra moi ben este estado de ánimo esperanzado no treito decisivo do campionato. Vía Ramón Nicolás.

Campo do Fragoso CXXII

29 Abril, 2012 (08:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CREBACABEZAS Os celtistas que acudimos decote a Balaídos –tras o derbi volvimos ser, máis ou menos, os dez mil e pico de sempre– sabemos que o noso equipo nunca defrauda emotivamente. Fronte ao Barsiña de Eusebio ofreceunos todos os estados de ánimo posibles, dende o entusiasmo dos vinte minutos iniciais, nos que Orellana puido marcar […]

Onte 229: Fracaso de Messi e Guardiola

25 Abril, 2012 (07:07) | Deporte, Fútbol, Onte |

Messi non é deus, é apenas un ser humano. Demostrouno xutando o penalti ao longueiro e, logo, enviando outro pexegazo ao poste, cando os seareiros do Barça xa enxergaban a final da Champions. Messi é o modelo máis perfecto que coñecemos de intelixencia en acción sobre a lameira, capaz de escintilar co seu alustro decisivo […]

Campo do Fragoso CXXI

16 Abril, 2012 (06:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

UN CHANZO POR DETRÁS Cumpríronse os peores agoiros e o Celta caíu no desconto dun derbi moi vibrante e emocionante até o seu remate. Un resultado xusto xa que os celestes estiveron case sempre por detrás dun líder sólido, moi eficiente e experimentado, que con esta vitoria decisiva xa bica o ceo do ascenso. Magoadamente […]

«Case sempre en Galiza» co noso derbi

14 Abril, 2012 (06:27) | Celta de Vigo, Fútbol, Humor, Vídeos |

Moi recomendable novo capítulo de Case sempre en Galiza arredor de #onosoderbi. O humor fende fronteiras e valados. Parabéns a Iris Domato, Laura Pazo, Tito Silva e Manuel Varela por tan magnífica idea.

Fair play

14 Abril, 2012 (06:18) | Artigos_Praza_pública, Celta de Vigo, Fútbol, Galeguismo, Vigo |

Con motivo de #onosoderbi publico en Praza pública un artigo onde reivindico a recuperación do fair play, o xogo limpo entre afeccións. Recomendabilísimo é o artigo de Xurxo Souto, que dende unha perspectiva carnocha, reivindica que A Coruña é Vigo son a mesma cidade.

Onte 216: #onosoderbi sen violencia

12 Abril, 2012 (06:49) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte, Vigo |

Únome ao compromismo do celtismo que quere #onosoderbi sen violencia. Fronte ao localismo pailán de tres pesetas, que concibe o partido do domingo coma unha batalla cuxo obxectivo é aniquilar ao rival galego, reivindico a recuperación da fachenda de gozar do fútbol de noso, o do xogo atlántico, caracterizado polo traballo colectivo e o paso […]

Campo do Fragoso CXX

2 Abril, 2012 (07:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CELTA GALEGO Nove xogadores da Terra, a maioría formados na canteira da Madroa, formaron o equipo inicial dun Celta que confirmou con claridade a súa candidatura ao ascenso directo. A aliñación máis galega que lembramos en décadas, que nin sequera mellorou aqueloutra do ascenso da tempada 68/69, na que xogaban Costas, Manolo, Luis Villar, Lito […]

Onte 203: A reconquista de Oubiña

29 Marzo, 2012 (06:07) | Efemérides, Fútbol, Onte, Sociedade, Vigo |

Excelente o bando de Borja Oubiña con motivo do Día da Reconquista. Hai dúas cousas que merecen ser destacadas do discurso do capitán do Celta. A primeira, que o escribise e pronunciase en galego, un xesto moi bonito e responsable que merece os maiores parabéns. A segunda, que á definición tradicional de Vigo como «cidade industrial […]

Onte 195: Teito de gasto na liga

21 Marzo, 2012 (09:35) | Deporte, Fútbol, Iniciativas, Onte, Política |

Foi o BNG quen presentou no Congreso unha proposta para impoñer teito de gasto aos clubes profesionais de fútbol mentres manteñan débedas con Facenda ou a Seguridade Social. Unha proposta oportunísima xa que os clubes de fútbol profesional deben só a Facenda 750 millóns de euros, unha cifra brutal e vergonzosa, cando a sociedade toda […]

Onte 192: Mala tarde

18 Marzo, 2012 (09:56) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Tras catro meses no corno da lúa, o Celta tivo unha mala tarde no estadio Gran Canaria. A pésima arbitraxe non xustifica unha derrota sen paliativos fronte a un rival superior. Os de Herrera agasallaron aos locais unha hora de partido, desenvolvendo un xogo inane, desestruturado e sen alma ningunha, sentindo a ausencia de Oubiña […]

Onte 178: Idus de marzo

4 Marzo, 2012 (09:44) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

A pasada tempada o Celta perdeu as súas posibilidades de ascenso directo cando foi vencido polos efectos dos idus de marzo, unha xeira horrible de derrotas que o afastaron, primeiro, do liderado e, despois, o relegaron á crueldade da promoción. Durante o partido do serán de onte en Pucela tivemos moi presente aquela desfeita. Porén, a […]

Campo do Fragoso CXIX

27 Febreiro, 2012 (07:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

PARTIDAZO A matinal do domingo fronte ao Almería foi un partidazo memorable, un dos mellores encontros de segunda división que lembramos sobre a lameira do Fragoso. Un partidazo tanto pola vitoria, que consolida ao Celta nos postos de ascenso directo, como polo axustado e avultado marcador entre dous equipos que querían os tres puntos e […]

Oubiña, a trabe

14 Febreiro, 2012 (21:51) | Artigos_Praza_pública, Celta de Vigo, Deporte, Fútbol |

Hoxe apareceu publicada a miña segunda colaboración deportiva en Praza pública: «Oubiña, a trabe».

Campo de Granada CXVIII

12 Febreiro, 2012 (09:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BOA REMONTADA O Celta demostrou fronte ao decano do fútbol español que tamén sabe remontar. Estragou toda a primeira parte, onde estivo tan frío coma a noitiña de sexta feira, sen expresar sobre a lameira algunha mínima idea de xogo. Foi a primeira parte decepcionante e ninguén aventuraba a goleada que finalmente se producíu. Comezou […]

Aúpa Celta!

5 Febreiro, 2012 (19:06) | Artigos_Praza_pública, Celta de Vigo, Fútbol, Memoria, Onte |

Hoxe publico a miña primeira colaboración deportiva en Praza pública: «Aúpa Celta!» Agardo que sexa entendida como unha achega ao orgullo galego, xa que ese sentimento integrador do celtismo no que milito.

Campo do Fragoso CXVII

5 Febreiro, 2012 (10:13) | Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

FIABLE As estatísticas do Celta nos dous últimos meses amosan que é un equipo fiable. Tras oito partidos sen coñecer a derrota e sete sen encaixar gol ningún, tras acadar vinte puntos sobre vinte e catro posibles, tras converterse nun dos equipo máis goleiros e menos goleados da categoría, ocupa posición de ascenso directo, aínda […]

Campo do Fragoso CXVI

14 Xaneiro, 2012 (08:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

VITORIA FRÍA O partido da noitiña de onte demostrou que o fútbol é un estado de ánimo no que inflúe, entre outras circunstancias, a temperatura. O Celta saíu moi frío neste primeiro encontro do ano, tanto como o que sofrimos os sete mil e pico celtistas que acudimos a Balaídos. Os de Herrera, sometidos aos […]

Campo do Fragoso CXV

18 Decembro, 2011 (09:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

COMPARTIR A cómoda vitoria do Celta fronte ao Guadalajara produciuse debido a que os pupilos de Paco Herrera souberon compartir. Na polisemia de calquera das tres acepcións principais dese verbo transitivo de orixe latina atopamos as mudanzas dun equipo que vemos cada xornada máis sólido e competitivo. Esta semana en senllos bos encontros de copa […]

Onte 97: Empate de Copa

14 Decembro, 2011 (08:04) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Tras unha mañá de reunións e moito traballo pola tarde na oficina foi unha marabilla poder ir á noitiña ao estadio a gozar da emoción dun partido de Copa. Ao Celta non lle abondou a súa solidez defensiva nin a magnífica noite atacante de Dani Abalo (até que, meu pobre!, rompeu por mor dunhas cambras) […]

Onte 94: O Barça, un equipo

11 Decembro, 2011 (09:41) | Fútbol, Onte |

O Madrid de José Mourinho chegou ao clásico mellor ca nunca e perdeu con claridade, como ven sendo adoito dende hai tres tempadas, diante do Barça do señor Guardiola. A pesar do gol temperán de Benzema e da intensidade da súa presión, sobre todo ao inicio de cada período, o conxunto branco continúa aínda un […]

Cultura do derbi

21 Novembro, 2011 (08:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a cultura do derbi futboleiro galego. O segundo libro de Vigo por Magar ábrese cunha fotografía da viguesa “Peña Xaburú” en Riazor. Datada o 9 de setembro de 1960, un grupo moi numeroso de celtistas, entre os que aparece o propio Magar, amosa a súa […]

Onte 73: Derrota

20 Novembro, 2011 (17:17) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Tras a enésima derrota en Balaídos é doado comprobar o elevado umbral de resistencia do celtismo diante da adversidade. Un índice que sei medir, dende hai tempo, polo nivel de ruído provocado polas conversas dos serareiros no ouruga de Urzaiz ao regreso de Balaídos: canto máis balbordo, maior satisfacción pola goleira; canto máis silencio, maior […]

Campo do Fragoso CXIV

20 Novembro, 2011 (09:27) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SÍNDROME DE FILIAL Creo que ten razón meu irmán Eduardo cando di que este Celta padece a síndrome de filial, eses equipos tan simpáticos para os rivais, gabados por tratar ben a pelota, por ter vontade combinatoria, mesmo por chegar a golear, mais que tamén, finalmente, son doados de superar para os equipos máis feitos […]

Onte 67: Derbi igualado, sorte diversa

14 Novembro, 2011 (07:05) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

O noso derbi foi moi igualado e emocionante. O Celta atacou máis, moito máis, pero tamén amosou maior febleza defensiva, carencia que pagou co partido. O pobre de Jonathan Vila volveu gafala, agasallando un gol en propia meta nos minutos iniciais, que condicionou todo o desenvolvemento táctico do partido. Oubiña traballou arreo en solitario no […]

Campo do Fragoso CXIII

6 Novembro, 2011 (08:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

YOEL SALVADOR O Celta completou a súa xeira máxica cunha cuarta vitoria, manténdose, ademais, imbatido en Balaídos por terceira xornada consecutiva. Tras un resultado moi axustado e un período de prolongación de nove minutos, no que Yoel salvou a vitoria cunha intervención extraordinaria, o equipo de Herrera emproa o derbi con todo o seu velame […]

Onte 48. Aspas

26 Outubro, 2011 (07:17) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Sobre a lameira do Fragoso, a electricidade subminístraa Iago Aspas. Na fría noitiña de onte houbo que agardar a súa entrada para conectar a un Celta que até entón carecía de alma. Aspas é imaxinación, creatividade, velocidade, vontade, intensidade, ilusión…  e gol, ese alustro que estoura da súa biqueira ou coa súa participación. A presenza […]

Onte 18: Oubiña

26 Setembro, 2011 (17:46) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

A mellor noticia do partido foi comprobar que Borja Oubiña vai collendo forma. Tras varias tempadas de calvario e dun esforzo de autosuperación impresionante, o capitán celeste volve ser futbolista. Onte vimos como a súa participación é capaz de estruturar o xogo do equipo; comprobamos como a súa colocación, sempre oportuna, contribúe ao reforzar o […]

Campo do Fragoso CXII

26 Setembro, 2011 (05:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ORELLANAZO O Celta non é capaz de collerlle o fío a esta tempada que, polo visto estes dous primeiros partidos en Balaídos, se agoira será aínda máis difícil ca pasada. O de onte foi un partido maliño que rematou, afortunadamente para os nosos, no derradeiro minuto do desconto cunha extraordinario «orellanazo». Un empate in extremis, […]

Campo do Fragoso CXI

12 Setembro, 2011 (07:07) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ESTRUTURA Non coñezo ningún equipo de fútbol capaz de obter bos resultados que non contase cun porteiro e dous defensas centrais solventes. Sobre esa trepia, non fai falta que sexan tres figuras, dispóñense o resto dos elementos que sosteñen a estratexia dun equipo gañador; xa que da fiabilidade desa estrutura depende, en moi boa medida, […]

Campo do Fragoso CX

10 Xuño, 2011 (06:51) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

UN ÉXITO DA CANTEIRA O valor dos mellores futbolistas, aqueles poucos capaces de marcar diferenza, dirímese nos encontros transcendentais, eses escollidos que se xogan a vida ou morte como son as finais, os «play-off», os derbis ou os clásicos. No primeiro partido da promoción fronte ao fachendoso Granada de Fabri, vinte mil celtistas en Balaídos […]

Campo do Fragoso CIX

5 Xuño, 2011 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

FORZA CELTA A contundente goleada fronte ao Cartaxena abre a xanela das esperanzas de ascenso e coloca ao Celta nunha óptima posición para encarar a primeira eliminatoria de promoción. Case totalmente recuperado da fochanca na que caera durante os tres meses pasados, un equipo inédito, formado de saída por oito xogadores galegos ou da canteira […]

Campo do Fragoso CVIII

22 Maio, 2011 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SAPOCONCHO O Celta achégase á primeira eliminatoria de ascenso á velocidade do sapoconcho, puntiño a puntiño. Unha estratexia satisfactoria para os que prefiren valorar todo o camiño percorrido e comproban o acerto de ter aproveitado no inicio as vacilacións dos seus rivais. Porén, unha fórmula moi desacougante, deprimente, para a maior parte dos que non […]

Campo do Fragoso CVII

16 Maio, 2011 (10:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CINCO EN LIÑA Paco Herrera encomendouse á “solución Lotina”, dispoñer a cinco defensas en liña, tres centrais e dous laterais con vontade atacante, para atallar a hemorraxia de derrotas que padece o Celta en Balaídos dende comezos do mes de marzo. Unha solución ensaiada con certo éxito en Salamanca no partido de entre semana e […]

Campo do Fragoso CVI

8 Maio, 2011 (09:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

GROGGY Abondaron apenas vinte e cinco minutos para que o Celta quedase groggy fronte un Girona que viña a Balaídos coa intención de achegarse aos cincuentas puntos que lle asegurasen a continuidade na categoría a vindeira tempada. Un campo que os cataláns sabían moi asequible para acadar este obxectivo xa que o equipo de Paco […]

Campo do Fragoso CV

10 Abril, 2011 (09:33) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

FOCHANCA Non é doado explicar as razóns desta cuarta derrota consecutiva do Celta en Balaídos, nin a xeira tan negativa que arrastra nos dous últimos meses no que apenas obtivo dous puntos de vinte un posibles. Comprendo que diante da impotencia que provoca comprobar como se derruba o noso equipo, coa mesma facilidade dun castelo […]

Campo do Fragoso CIV

28 Marzo, 2011 (09:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

EVITAR A DESOLACIÓN O pasado sábado o Celta sofriu baixo un continuo ballón unha das derrotas máis contundentes que lembramos en Balaídos. Un cero a tres fronte a un magnífico Recreativo de Huelva que durante os noventa minutos de xogo mallou sen piedade nos nosos en todas as liñas e puxo en evidencia a profundidade […]

Campo do Fragoso CIII

5 Marzo, 2011 (03:15) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

ATOADO Un Celta atoado perdeu diante do Huesca, un equipo moi barulleiro que aproveitou o despiste que no minuto dous cometeu un desafortunado Falcón, tras un remate de Roberto ao pao. Dende entón, os oscenses defenderon o valioso caroliño pechando os espazos aos nosos con doses elevadas de anticipación, moita paciencia, leña abonda e, cando […]

Campo do Fragoso CII

20 Febreiro, 2011 (10:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

LÍDER Agardamos na bancada catro tempadas para que chegase este momento de gloria (que sabemos efémera): o noso Celta é líder na vixésimo quinta xornada. Un éxito, no que moi poucos acreditabamos no pasado mes de setembro. A partir de agora xa ninguén pode dubidar que o seu obxectivo é o ascenso directo. Un liderato, […]