Category: Gastronomía

Onte 282: Martín Codax

17 Xuño, 2012 (09:20) | Cultura, Economía, Gastronomía, Onte, Premios |

A visita á Bodega Martín Codax, que nos agasallou cun moi sabedeiro xantar para celebrar os 35 anos dos Premios da Critica Galicia, demostroume o excelente papel social e cultural desta empresa cooperativa dedicada á produción e comercial de viños. A diversificación e calidade dos seus produtos, a inequívoca modernización dos seus procesos, como a […]

Onte 115: Contraaparede

1 Xaneiro, 2012 (12:08) | Gastronomía, Lingua, Onte |

Despedimos o ano ruín gozando dunhas botellas de Contraaparede 2007, a alfaia da coroa dos nosos amigos da Adega Eidos de Padriñán. Procedente dunha plantación familiar serodia, o eido granítico chamado de «Vento», o segredo deste viño marabilloso é permanecer durante máis de tres anos envellecendo en aceiro inoxidable. Contraaparede é un albariño singular, inédito […]

Onte 23: Merenda en Madarro

1 Outubro, 2011 (09:42) | Gastronomía, Memoria, Onte, Persoal |

Cando viaxo a Lugo para presentar no serán algunha das nosas novidades procuro chegar con media hora de antelación para tomar un café con leite, acompañado dalgunha lambetada, na Confitaría Madarro. Adquirín este costume da merenda lucense tras acompañar en varias ocasións ao profesor Alonso Montero para quen a visita ao salón de té da […]

Millo Corvo e Biodiversidade

5 Abril, 2010 (08:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Gastronomía, Lingua, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo apupo a experiencia de artesanía agroalimentaria de recuperación do Millo Corvo promovida pola Asociación Cultural Meiro de Bueu. Un enfoque transversal moi interesante na abordaxe da Biodiversidade, un concepto que, aínda que en Galicia non o pareza, a ONU celebra en 2010 ano da Biodiversidade).

Marruchos e outras larpeiradas

15 Febreiro, 2010 (08:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Gastronomía |

Como no podía ser doutra maneira, neste luns de Entroido dedicamos aos marruchos e outras larpeiradas o artigo de Faro de Vigo.

Leite frito

26 Decembro, 2009 (13:19) | Festas, Gastronomía, Memoria |

Para Maripola e Montse, que reiventaron a tradición. Cando a Caixa de Aforros plantaba o piñeiro iluminado, sabiamos que chegara o Nadal. Os raparigos ateigabamos a entrada da oficina central de García Barbón para admirar as grandes figuras articuladas do belén e comprobar que os reis aínda estaban moi lonxe de chegar ao seu obxectivo. […]

Síntomas de atraso

14 Setembro, 2008 (09:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía, Vigo |

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre as naves industriais sen licenza no concello de Vigo (destapadas tras o incendio do Gorxal) e a crise das vieiras, que interpreto como síntomas do atraso empresarial que aínda padecemos.Outras interpretacións sobre estas cuestións, que me parecen moi interesantes, son as que fai Ánxel Vence («País de […]

Prudencia co tema vieiras

13 Setembro, 2008 (12:11) | Gastronomía |

Perfecto Conde, que rompe o seu silencio, ten toda a razón, no asunto das vieiras un chisco de prudencia non estaría de máis. Nesta mesma liña vai a anotación de Manolo Gago, que tamén comparto.

Respostas para a crise das vieiras

10 Setembro, 2008 (07:11) | Gastronomía, Medio_Ambiente |

Sigo con enorme interese a crise das vieiras amnésicas, sobre todo, grazas a documentadísima información e seguimento proporcionado polos blogs de Colineta e Manolo Gago. Entre esta ramallada de informacións e pronunciamentos sobre este proceso, sometido aínda a secreto de sumario, a perplexidade dos consumidores vai en aumento. No entanto, cabe facerse unha serie de […]

Pan de noso

23 Marzo, 2008 (10:41) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía |

Con motivo do día dos roscóns, no artigo da semana fago unha gabanza da nosa cultura do pan. Etiquetas: Pan_galego

Salvar as palabras

22 Xaneiro, 2008 (20:55) | Gastronomía, Iniciativas, Lingua |

Sei por Marcos do magnífico proxecto da AELG de salvación de palabras en desuso e en perigo de extinción. A iniciativa “Palabras con memoria” pretende recuperalas e poñelas de novo en vixencia e incluídas nos dicionarios. Esta iniciativa é semellante á que promoveron o pasado 23 de abril a Escuela de Escritores de Madrid e […]

O viño fala galego II

25 Novembro, 2007 (08:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía, Lingua, Publicidade |

No artigo da semana volvo sobre a proposta de consumir viño etiquetado en galego, aproveitando, tamén, para falar da renovación do sector vitivinícola galego producida nas dúas últimas décadas (un modelo, por certo, do que se poden tirar algunhas experiencias na promoción exterior do libro galego). Etiquetas: Artigos

O viño fala galego

21 Novembro, 2007 (18:49) | Gastronomía, Lingua, Publicidade |

Apoio a campaña promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingúística para promover a etiquetaxe dos nosos viños en galego. DECLARACIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA POLA ETIQUETAXE DOS VIÑOS EN GALEGO Se o dinamismo económico e a competitividade dun país son o froito de combinarmos un certo recoñecemento histórico coa capacidade de ofrecer produtos de […]

"A lúa dos Everglades": presentación en Melide

27 Outubro, 2007 (20:02) | Autores, Gastronomía, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais |

Esta mañá presentamos no concello de Melide A lúa dos Everglades, a novela de Xesús Manuel Marcos gañadora do Certame de narrativa Terra de Melide 2007. Quedei abraiado pola intervención de Socorro Cea, a alcadesa do BNG, que soubo contextualizar a presentación na tradición da edición de Terra de Melide o 7 de xuño de […]

O pan de Sant Jordi

25 Abril, 2007 (06:52) | Efemérides, Gastronomía, Imaxes |

Cada díada ten o seu pan ou o seu pastel.Así os panadeiros e pasteleiros cataláns apoian a xornada e (semella) fan un bo negocio. Aos ingredientes tradicionais do pan, ao de Sant Jordi, engádenlle sobrasada (para representar as catro barras da senyera, queixo e noces para a cobertura exterior. Como sería o pan das letras […]

Pepe Iglesias

2 Febreiro, 2007 (18:17) | Autores, Gastronomía, Internet, Xerais |

Desde hai anos perdéralle a pista a Pepe Iglesias, o gastrónomo asturiano-galego que hai case unha década preparara o Receitario estacional da cociña galega. Aquel fermoso e orixinal proxecto de catro títulos (hoxe difícil de atopar nas librarías) supuxo unha das achegas máis notables da bibliografía gastronómica galega. Agora, volvemos atopar a Pepe grazas ás […]

Carod Rovira presentador dun libro galego

27 Xaneiro, 2007 (21:26) | Gastronomía, Presentacións, Xerais |

Entre tanto rebumbio non demos conta da presentación da Guía dos Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007 que realizamos en Barcelona. Contamos coa presenza e as palabras en galego do Conseller en cap da Generalitat (a información do acto de Galicia Gastronómica é completísima). Unha deferencia que moito lle agradecemos. Etiquetas: Carod, Viño

Martín Códax

27 Xaneiro, 2007 (20:51) | Cultura, Gastronomía, Presentacións, Sociedade |

Onte antes da presentación do poemario de Caride (magnífica, máis dun cento de persoas) tivemos a oportunidade de volver visitar a Bodega de Martín Códax, a máis grande e de maior produción da denominación de orixe Rías Baixas. Estas Bodegas, con apenas vinte anos de existencia, convertéronse no auténtico motor da modernización do noso sector […]

Danza: un cova moi interesante

23 Novembro, 2006 (23:39) | Gastronomía, Viño |

Para celebrar a presentación da Guía de viños e augardentes 2006-2007, convidáronnos a unha botella de “Danza”, un espumoso de Valdeorras, que non aparece na guía (non ten D.O), das Adegas Día e Noite que rexe o noso amigo Pepe Rodríguez. “Danza” é un cova –ollo: nin un cava nin un champán– cunha burbulla aínda […]

Tempo de castañas

5 Novembro, 2006 (11:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Gastronomía |

No artigo da semana, ao abeiro do tempo de Samaín e Magostos, abordo a proposta de conseguir para a Castaña de Galicia unha Indicación Xeográfica de Calidade. Outra forma de abordar a recuperación do noso medio rural. Foto: Fraga de Catasós. Etiquetas: Artigos, Castañas, Galicia

Tostado de Costeira

4 Novembro, 2006 (09:05) | Gastronomía, Viño |

Onte á noite para celebrar a visita do noso curmán brasileiro abrimos a botella de Tostado de Costeira. Unha auténtica marabilla esta recuperación do famoso tostado do Ribeiro (apenas 2.950 botellas numeradas, ollo: 35 euros)! Recollo a fermosa nota de cata (un xénero descritivo admirable e dificilísimo) do amigo Luís Paadín, o coordinador da nosa […]

Galicia gastronómica

12 Xuño, 2006 (21:39) | Gastronomía, Internet, Medios |

Acaba de aparecer Galicia gastronómica, o primeiro xornal electrónico sobre cultura gastronómica galega. Á fronte do novo medio está á sabedoría e o rigor ao que nos ten afeitos Miguel Vila. Tivo a ousadía de convidarme a que publicase un dos meus textiños. Recomendo vivamente seguilo. Etiquetas: Gastronomía, Galicia

Gabanza da cereixa

4 Xuño, 2006 (17:29) | Efemérides, Festas, Gastronomía, Persoal |

Convidáronme hoxe a pronunciar o pregón da XXIª edición da Festa da Cereixa de Beade, unha festa gastronómica na que se exalta ese froito doce e carnoso que producen cincuenta mil cerdeiras viguesas. Aí vai un extracto do texto que preparei: “A cerdeira, árbore da familia das Rosaceae, é irmá das amendoeiras e curmá dos […]

Máis sobre o pan durmido

12 Abril, 2006 (17:14) | Gastronomía |

O pasado ano con motivo da Pascua publiquei un textiño sobre o pan durmido. Desde a miña postura estritamente laica, esta homenaxe que facemos os galegos durante esta semana a este doce primeiro non debera pasar desapercibida; razón pola que semella moi oportuno neste abril dos libros a posta en marcha do programa Pan con […]

A cociña do Entroido

22 Febreiro, 2006 (19:18) | Gastronomía, Novidades, Xerais |

Mañá presentaremos en roda de prensa A cociña do Entroido e San Xoán, o novo libro de Miguel Vila Pernas.Este fillo do Valadouro é o escritor sobre cultura gastronómica máis importante co que contamos, tanto polos seus numerosos libros publicados como polo asombroso traballo que sobre temas literarios e gastronómicos ven realizando diariamente no seu […]

Preparar o té

26 Xullo, 2005 (22:11) | Gastronomía |

Hai varios días que leo posts sobre o xeito de preparar o té, un tema que me interesa moito, xa que en casa somos adictos. Hoxe Mr. dot deume outra clave. Nós aprendemos a preparalo en Yorkshire (alí son de “leite fresco e frío despois”), aínda que xa nos dixeran que os máis “pijos” botábano […]

Pan durmido

27 Marzo, 2005 (13:28) | Gastronomía |

Rosca viguesa Hoxe é o día do pan durmido, dos roscóns, das roscas, do rosco, das bolas doces dos padriños e madriñas. A Pascua comezaba para min a noite do xoves cando a madriña e a avoa viñan amasar onde nós. Traían as tinas cheas de fariña triga, manteiga cocida de vaca, cartuchos de azucre, […]