Category: Goberno Rajoy

Onte 286: Euskadi 2012

21 Xuño, 2012 (07:22) | Goberno Rajoy, Onte, Política |

A legalización de Sortu píllame en Bilbo, coincidindo coa xuntanza mensual do grupo de traballo sobre o sector do libro na CAE no que fun convidado a participar. O Constitucional recoñece o que xa é un feito cotián na realidade política vasca, a participación da esquerda abertzale no proceso de normalización democrática. Se algo chama […]

Onte 276: Rescate (para as palabras)

11 Xuño, 2012 (06:51) | Economía, Goberno Rajoy, Onte |

Rajoy pretende evitar a ferro e fariña que os 100.000 millóns do rescate poidan estragarlle a lexislatura. O camiño escollido para evitalo volve ser a utilización perversa do eufemismo, torcendo o valor das palabras. O rescate, unánime para a prensa internacional, convértese para Rajoy e o seu goberno apenas nunha «inxección de liquidez aos bancos […]

A sanidade, pública

4 Xuño, 2012 (06:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Sociedade |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da manifestación en Compostela «Na defensa e pola mellora dsa sanidade pública», reflexiono sobre a situación deste sector público esencial: Ao longo das nosas vidas, acumulamos experiencias positivas da sanidade pública que, en liñas xerais, ofrece con eficacia e eficiencia un servizo de grande calidade. […]

Onte 256: A caridade de Rouco

22 Maio, 2012 (06:20) | Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Segundo o cardeal Rouco Varela, se a Igrexa se vise obrigada a pagar o IBI ás administracións locais polos seus edificios de culto, poderían diminuír ás súas accións sociais, singularmente a que desenvolve Cáritas. Non hai dúbida que o prelado vilalbés expresa con luva de veludo unha sutil ameaza ao Goberno de Rajoy, entendo que […]

Eu estudei na Pública

19 Maio, 2012 (07:37) | Educación, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Vídeos |

Magnífica peza en defensa da Educación Pública. Eu tamén estudei na Pública.

Sector naval

14 Maio, 2012 (06:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Música, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a situación crítica do sector naval na área metropolitana de Vigo. Como sucedera a comezos dos oitenta, enfrontámonos ao futuro do sector naval, unha das trabes da economía do noso Vigo industrial durante o século XX. Outrosí un sector declarado de forma unánime como «estratexico» […]

Onte 247: #15M

13 Maio, 2012 (18:55) | Economía, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

As manifestacións con motivo do aniversario do #15M foron tamén en Galicia un éxito. A pesar das dificultades de consolidación do movemento global dos indignados, mantense nunha boa parte da cidadanía o seu espírito, a indignación e noxo fronte ao comportamento conformista dos partidos hexemónicos responsables das políticas de austeridade selectiva que liquidan as conquistas […]

Onte 244: Fin da educación comprensiva

10 Maio, 2012 (08:13) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Intereseime polo Programa Nacional de Reformas, o documento estratéxico que o Goberno elaborou de cara a cumprir os compromisos do Plan de Estabilidade. A verdade é que quedei pampo cando estudei os contidos educativos (entre as páxinas 182 até 195), nos que o Goberno asume a reforma da Educación Secundaria cuxa idea principal «é substituír […]

Onte 241: Tempos de mudanza?

7 Maio, 2012 (07:17) | Economía, Europa, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Semella que os resultados das eleccións desta fin de semana poderían preñar tempos de mudanza en Europa. En Francia gañou quen considera que a austeridade non pode ser unha fatalidade, cuestionando así a estratexia suicida do partido conformista de Merkel. En Grecia irrumpe con forza nun parlamento moi fragmentado, que racha co bipartidismo conformista, a […]

Onte 238: Adianto electoral?

4 Maio, 2012 (06:59) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Xabi Blanco aventura no seu primeiro artigo en La Región un adianto electoral para o mes de setembro. Semellaría que volve unha lideira interna semellante á que tiveran Blanco e Touriño, agora protagonizada por Rajoy e Feijóo. Como lle sucedera co Goberno bipartito, o presidente da Xunta preferiría rematar a lexislatura, fronte ao criterio do […]

Onte 235: Eufemismos

1 Maio, 2012 (10:46) | Cultura, Economía, Goberno Rajoy, Música, Onte, Política |

Os debates d’ A Crónica da Radio Galega, a tertulia na que adoito participar nas noites dos luns, co mellor talante e maior serenidade, axudan a manterme atento á axenda informativa. A de onte foi unha oportunidade magnífica para xogar coa sutileza dos eufemismos que decote utilizan os membros do Goberno. Luis de Guindos e […]

Onte 234: En defensa da sanidade e educación públicas

30 Abril, 2012 (06:55) | Educación, Goberno Rajoy, Iniciativas, Nacionalismo, Onte, Política, Sen clasificar, Sociedade |

Milleiros de persoas manifestáronse en diversas cidades galegas, convocadas por CC.OO e UGT, en defensa da educación e sanidade públicas. É moi difícil entender as razóns polas que as organizacións nacionalistas, tanto sindicais como a maior parte das políticas, non participan nestas convocatorias cívicas. Sei que sucederá outro tanto nas convocatorias galegas do Primeiro de […]

Onte 222: Ofensa á Academia Galega

18 Abril, 2012 (08:26) | Cultura, Goberno Rajoy, Lingua, Onte |

A Academia Galega será vítima dunha tesourada brutal da asignación que recibe do Ministerio de Cultura para o seu funcionamento. Retallazo dun 62% que deixa a achega do Goberno en 380.000 euros, recurte máis lamentable se o comparamos co 22% que sofren a Academia Vasca e o Institut d’ Estudis Cataláns, entidades homólogas que reciben […]

Onte 221: Máis tesouradas en educación

17 Abril, 2012 (06:55) | Educación, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

As medidas educativas anunciadas polo ministro Wert están dirixidas máis a aforrar recursos (3.000 millóns de euros/ano) ca en mellorar a eficiencia do sistema educativo e reducir as taxas de fracaso escolar, só superadas por Portugal e Grecia. Non coñecemos sistema educativo ningún ca mellorase a súa calidade aumentando a ratio profesor/alumno nin empeorando as […]

Onte 214: 40 por aula

10 Abril, 2012 (08:05) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Tras o anuncio por medio dunha nota de prensa dun recurte de 10.000 millóns de euros ás CC.AA., asistiremos a unha regresión histórica das políticas públicas de Sanidade e Educación. O repagamento dos actos sanitarios, o aumento do copagamento farmacéutico, como tamén das taxas universitarias e do número de alumnos e alumnas por aula na […]

Onte 212: Educación e Sanidade no punto de mira

7 Abril, 2012 (10:21) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Na entrevista ao Frankfurter Allgemeine o ministro de Guindos puxo a educación e á sanidade como próximos obxectivos das «reformas» do goberno Rajoy. Experimentados como estamos na interpretación destes eufemismos económicos, non é difícil interpretar que, probablemente, os orzamentos de 2013 ou o chamado programa de estabilidade incluirán importantes recurtes nos sistemas de educación e […]

Onte 204: Folga Xeral

30 Marzo, 2012 (06:52) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A Folga Xeral foi desigual, pola contra, as manifestacións en todas as cidades galegas foron impresionantes. Apenas a existencia de varias convocatorias sindicais, confundiu un chisco a unha cidadanía inconformista disposta a expresar de forma pacífica o seu desacordo con esta reforma laboral que abarata o despido. Tras o fracaso do domingo e co éxito das protestas de […]

Onte 201: A lección andaluza

27 Marzo, 2012 (06:45) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Os resultados das andaluzas supoñen o primeiro fracaso electoral do goberno Rajoy. Un baño de realidade para os que as consideraron un mero trámite. Pois non, Andalucía resistíuse. A propaganda non abondou para avalar as «reformas» fiscais de Montoro nin as políticas de austeridade selectiva de Guindos nin a reforma laboral de Báñez que, mentres […]

Onte 190: Repagamento

16 Marzo, 2012 (09:17) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Tras a iniciativa da Generalitat de obrigar a pagar un euro por receita e a posibilidade aberta en Madrid por Feijoo de aumentar o copagamento farmacéutico en función de niveis de renda, é moi probable ca despois das eleccións andaluzas e asturianas se introduza algún sistema de repagamento no sistema público de saúde. Con esta fórmula […]

Fenda laboral e igualdade real

5 Marzo, 2012 (07:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Economía, Efemérides, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Sociedade |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do 8 de marzo, Día das Mulleres, reflexiono sobre a profunda fenda laboral existente entre homes e mulleres. Ás portas da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Gabinete Económico de CC.OO presentou un informe moi clarificador sobre a situación das mulleres […]

Onte 173: 8,51

28 Febreiro, 2012 (08:11) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Cristobal Montoro desvelou a cifra do déficit: 8,51%. Unha desviación moi elevada que agoira as maiores dificultades para un futuro inmediato que non sabemos canto durará. No entorno da crise as cifras funcionan como o máis frío eufemismo estatístico, incuestionable, que non merece nin análise nin contradición posible. Hai só uns días o formidable Isaac […]

Onte 172: Outro paso

27 Febreiro, 2012 (07:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A declaración do Kursaal é outro paso da esquerda abertzale para asumir a súa incorporación ao proceso democrático. O feito de «amosar o profundo pesar pola dor causada por ETA» e de recoñecer que aos seus membros faltoulles «cara unhas vítimas a sensibilidade amosada con outras» son afirmacións que deben ser acollidas e valoradas de […]

Onte 167: Blindados con libros

22 Febreiro, 2012 (07:52) | Educación, Goberno Rajoy, Libro, Onte, Política |

Os estudantes de Valencia continuaron a súa mobilización a prol da Educación Pública de forma pacífica. Lembrarémolos erguendo os seus libros e berrando: «estas son as nosas armas». Blindados cos seus libros poñían en valor eses humildes artefactos de papel impresos como símbolos da liberdade de expresión e da educación de calidade. Nun momento de […]

Onte 166: Calefacción

21 Febreiro, 2012 (08:45) | Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Comparto o tuiteo de Juan Cruz: «Impresiona que todo comezase porque os rapaces tivesen frío». En efecto, convén lembrar que o conflito do Instituto Luis Vives de Valencia tivo a súa orixe nunha reivindicación da súa comunidade educativa en defensa da educación pública, apenas a solicitude de fondos para a calefacción do centro. A iniciativa […]

Onte 165: Síntoma

20 Febreiro, 2012 (07:57) | Goberno Rajoy, Onte, Política, Vigo |

O éxito das manifestacións contra a reforma laboral de Rajoy é un síntoma do que pode acontecer no futuro. As polo menos vinte e cinco mil persoas, moita xente, da convocatoria viguesa, na que non participaron os sindicatos nacionalistas, anuncian que pode estar rematando a hexemonía do partido conformista. No abrente dese novo contexto, a […]

Onte 156: Reforma extremadamente agresiva

11 Febreiro, 2012 (11:07) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Non lle faltaba razón ao ministro Guindos cando na xuntanza do Eurogrupo fachendeou da agresividade da reforma laboral que impoñería o seu goberno. Abaratar e facilitar o despido con carácter xeral, limitar a un máximo de dous anos a prórroga dos convenios, modificar a estrutura da negociación colectiva eran vellas aspiracións da CEOE que agora –xustificadas […]

Onte 146: Educación para a Cidadanía blues

1 Febreiro, 2012 (07:33) | Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Decepcionoume a comparecencia parlamentaria na que o ministro de Educación anunciou as novidades que introducirá na lexislatura. Os contidos foron previsibles, apenas a confirmación da vontade do Partido Popular de cumprir os seus compromisos electorais e satisfacer as demandas da Igrexa e dos sectores máis conservadores: estensión do ensino concertado, adianto da segregación do alumnado […]

Onte 129: O Bacharelato do PP

15 Xaneiro, 2012 (14:40) | Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Coñecín un interesante artigo de Magisterio Español no que se presenta o probable modelo de reforma do Bacharelato do goberno do Partido Popular. Semella que entre os dous modelos a debate (3+3 ou 4+3), Rajoy decantarase polo primeiro, máis económico e auspiciado pola Asociación de Catedráticos de Bacharelato (Ancaba), transformando o actual 4º de ESO no […]

Onte 114: Montorazo

31 Decembro, 2011 (13:18) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Inxenuo que son, imaxinaba que Mariano Rajoy tería mellor preparada a posta en escea do seu primeiro retallazo, ese que a súa vicepresidenta cualificou como «o inicio do inicio». Trabuqueime. Estes recurtes para o primeiro trimestre de 2012, a pesar do seu importe elevado,  foron un trámite que non mereceu que o noso presidente se […]

Onte 112: SMI

29 Decembro, 2011 (08:59) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

O anuncio da conxelación do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) adianta parte da doutrina económica do Goberno Rajoy. Serán os traballadores, coa perda de poder adquisitivo dos seus salarios, os que pagarán unha boa parte da factura do déficit. En definitiva, unha perda de renda, un empobrecemento, un xeito encuberto de devaluar a moeda, diante da […]

O noso tren

12 Decembro, 2011 (07:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da inauguración da liña Avant entre A Coruña e Ourense, reflexiono sobre o que entendo debera ser un modelo vertebrador do territorio do ferrocarril galego. A apertura da liña de velocidade alta entre A Coruña e Ourense e a solicitude do PP ao Goberno en […]

Onte 93: Tras o pacto do euro

10 Decembro, 2011 (10:09) | Economía, Goberno Rajoy, Medio_Ambiente, Onte, Política |

Tras o pacto do euro, os que saben destas cousas coinciden en que, polo momento, o proxecto europeo saíu fortalecido e que haberá máis e máis duros recurtes dos servizos públicos en cada un dos estados para cumprir a «regra de ouro» de evitar desviacións do déficit superiores ao 0,5%. En definitiva, os politócratas da […]

Onte 89: Atraso para o AVE

6 Decembro, 2011 (13:21) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A pesar da súa admirable ambigüidade, algo imos sabendo xa das intencións de Mariano Rajoy. Para evitar males maiores poñerase ás ordes do proxecto autoritario do conservadorismo alemán anunciado onte polo directorio Merkozy. As primeiras medidas económicas serán de aúpa. O 30 de decembro dará a coñecer as características dun recurte orzamentario que será, sen […]