Category: Hai…

2011, o ano de Pereiro, dos Bosques, da Química, do Alzheimer…

9 Xaneiro, 2011 (20:17) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Eventos, Hai..., Historia, Iniciativas, Recurso_didáctico |

A celebración de efemérides («Ano de tal ou de cal») constitúe, ademais dun útil recurso didáctico, a posibilidade de orientar ao longo dun ano as políticas sociais, culturais e educativas públicas e privadas (sobre todo no eido da edición e da comunicación) cara a un tema, problema, personalidade, obra ou manifestación artística. A experiencia internacional […]

«O pracer de aprender» (1992)

14 Xullo, 2010 (07:03) | Book_trailer, Educación, Hai..., Libro de texto, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo. A historia da edición en Galicia aínda está por facer. Velaí esta peza publicitaria (hoxe chamaríamola «book-trailer», como estoutra a primeira da historia da edición en galego) que preparamos en Xerais hai dezaoito anos para presentar nos centros de Primaria e […]

En Brétemas hai un ano , hai dous anos… (VII)

3 Abril, 2007 (21:12) | Hai... |

Hai un ano publicabamos a primeira anotación no blog sobre Home sen nome, a última novela de Suso de Toro que, despois de dez meses nas librarías, continúa sendo moi ben acollida entre os lectores. Precisamente, o domingo pasado foi a obra arredor da que xirou o Clube de Lectura do programa de Angels Barceló. […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (VI)

18 Marzo, 2007 (09:06) | Hai... |

Hai un ano reseñabamos o libro de Daniel Cassany, fundamental para fixar o concepto de literacidade crítica, ao que tantas veces nos temos referido neste blog. Unha obra que volvo recomendar vivamente. Hai dous anos, a raíz dunha anotación de Rogerio Santos (parabéns para os seus catro anos de blog) recolliamos a clasificación que Zallo […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (V)

26 Febreiro, 2007 (22:27) | Hai... |

Hai un ano recomendabamos a entrevista de Teresa Moure en Vieiros. Estes días Teresa ultima a súa vindeira novela, Benquerida catástrofe, que, finalmente, publicaremos a finais do mes de abril, con motivo do Día do Libro. Hai dous anos reflexionabamos sobre os comentarios reintegracionistas sobre unha miña proposta de regular o ensino da lingua e […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (IV)

12 Febreiro, 2007 (21:15) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe celebrabamos a vitoria do Celta fronte ao Villarreal nun gran partido no que presentaba a súa candidatura europea. Nada que ver coa triste situación desta tempada. Hai dous anos faciamos a crónica da presentación no Ferrol de Veu visitarme o mar. Precisamente estes días comezamos a edición de […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (III)

4 Febreiro, 2007 (11:16) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe propoñiamos que na redacción do novo Estatuto se recollese o deber de coñecer o galego, o seu dereito a usalo en todos os ámbitos dentro do territorio de Galicia, ademais de promover a redacción dunha Carta de Dereitos Lingüísticos. Esta foi unha das cuestións que, teoricamente, impediron o […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (II)

26 Xaneiro, 2007 (17:38) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe publicabamos unha anotación sobre o control da calidade na revisión de estilo dos orixinais e na corrección de probas con excelencia e eficacia. Mágoa que aínda non estea en marcha ese posible selo oficial de control de calidade no tratamento dos textos ao que faciamos referencia. Esta cuestión […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (I)

19 Xaneiro, 2007 (19:36) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe publicabamos unha anotación sobre a primeira visita que os editores realizabamos ao Presidente da Xunta. Unha boa oportunidade para facer reconto do cumprimento de compromisos e dos problemas pendentes. Hai dous anos recolliamos unha longa cita do libro de conversas con Xosé Manuel Beiras, moi acaída para interpretar […]