Category: Homenaxes

Onte 274: Valentín Arias na lembranza

9 Xuño, 2012 (07:34) | Autores, Galeguismo, Homenaxes, In memoriam, Traducións, Vigo, Xerais |

«Como puido tanto un home só» foron as palabras coas que Rexina Vega iniciou a emocionante homenaxe a Valentín Arias. Un serán no que se lembrou a unha persoa que Beiras definiu como de «enteireza enorme, de afouteza extraordinaria e de xenerosidade sen límites». Unha persoa extraordinaria, para Víctor Freixanes «un esteo», para o seu […]

Onte 273: Homenaxe Nacional a Agustín Fernández Paz

8 Xuño, 2012 (06:46) | Autores, Beizóns, Educación, Homenaxes, Onte, Vigo |

Marcos Pérez Pena pediume que en apenas trinta segundos expresase as razóns polas que Agustín Fernández Paz merece unha Homenaxe Nacional. Non hai dúbida que aos membros da Cerna de Prolingua –a promotora desta iniciativa civil aberta a todos os amigos e amigas, admiradores e admiradoras do escritor– moveunos o afecto e o desexo de expresar […]

Onte 239: Sempre Valentín

5 Maio, 2012 (11:07) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Eventos, Galeguismo, Homenaxes, Poesía, Recurso_didáctico, Vigo |

Formidable resultou o acto do Club Faro de Vigo arredor de Valentín Paz Andrade. Os tres oradores estiveron xeniais. Miguel Anxo Seixas debullou a biografía dun Valentín a quen comezou definindo como «un home que sumaba e axudaba a sumar, un home da Galicia que conta, tanto dende a súa perspectiva xornalística, poética, emprendedora e […]

O Bou «Eva»

30 Abril, 2012 (06:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación_para_a_Paz, Galeguismo, Historia, Homenaxes, In memoriam, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo recconstrúo cos datos dispoñibles o relato do suicidio colectivo do bou «Eva», con motivo do setenta e cinco aniversario daquela traxedia. A madrugada do 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller, entre os 24 e os 44 anos, morreron, tras o asalto fascista ao […]

Onte 161: Díaz Pardo, editor clandestino

16 Febreiro, 2012 (06:40) | Editores, Homenaxes, In memoriam, Onte |

Na gravación dunha longa entrevista arredor do Díaz Pardo editor, o profesor Xesús Alonso Montero salientou o seu papel como editor clandestino. Debeuse a Isaac (baixo o alcuño de Santiago Fernández), coa colaboración de Luís Seoane (Maximino Brocos), a edición de Galicia hoy, o famoso libro colectivo de Ruedo Ibérico, editado en París e fabricado […]

Onte 154: Villares gaba a Isacc

9 Febreiro, 2012 (07:51) | Autores, Editores, Homenaxes, In memoriam, Onte |

Na primeira das homenaxes a Isaac Díaz Pardo, celebrada na Cidade da Cultura e organizada pola Xunta de Galicia, Ramón Villares realizou unha intervención extraordinaria, probablemente a mellor que lle teño escoitado. O presidente do Consello da Cultura Galga falou con absoluta liberdade, claridade e beleza expresiva para facer un retrato axeitadísimo da figura poliédrica […]

Onte 101: Beiras, mestre!

18 Decembro, 2011 (10:00) | Autores, Homenaxes, Onte, Vídeos |

Cónstame que a emocionante homenaxe nacional a Beiras deixou unha forte pegada no milleiro de galeguistas que o arrouparon co seu agarimo. Porén, as palabras e, sobre todo, as categorías utilizadas por Xosé Manuel no seu discurso de agradecemento sobardaron con moito os límites do Pazo de Congresos compostelán para transformarse en tempos de desorientación […]

Onte 32: Ramiro Fonte

10 Outubro, 2011 (06:53) | Autores, Homenaxes, In memoriam, Onte, Poesía |

O traballo atrasado impediume viaxar a Pontedeume e sumarme á homenaxe dos amigos a Ramiro Fonte. Sentino ben, mais debo asumir que non son un atlas que pode con todo e que debo poñer límites o meu entusiasmo. Tras tres anos do seu pasamento a pegada do agarimo de Ramiro na memoria nosa mantense intacta. […]

Ramiro Fonte. Homenaxe dos amigos

7 Outubro, 2011 (21:21) | Homenaxes, In memoriam, Iniciativas, Poesía |

Co gallo do terceiro aniversario do pasamento do escritor Ramiro Fonte, o domingo 9 de outubro celebrarase en Pontedeume, vila natal do poeta, un acto literario organizado polos seus amigos. O encontro pretende converterse nunha cita anual que contribúa a manter viva a obra e a memoria dun dos autores máis senlleiros das letras galegas […]

Escritora María Xosé Queizán

29 Maio, 2011 (10:05) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Homenaxes, Recurso_didáctico, Xerais |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da presentación o pasado venres do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, reivindico o papel fulcral da escritora viguesa nas letras galegas contemporáneas. Queizán merece un recoñecemento institucional e cidadá que aínda non recibíu. Debe entrar a formar parte da […]

Tradutor e mestre Valentín Arias

28 Marzo, 2011 (09:33) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Educación, Homenaxes, In memoriam, Traducións, Vigo, Xerais |

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á lembranza da figura do noso admirado Valentín Arias. Valentín Arias morreu de socate o venres na súa casa de Vilerma, na parroquia de Maside do concello de Sarria, onde nacera en 1934. Fillo de humilde casa de labregos aprendeu as catro regras nunha escola de […]

Con del Riego

14 Xaneiro, 2011 (12:18) | Autores, Homenaxes, In memoriam |

Hoxe participaremos  na homenaxe a Francisco Fernández del Riego que se celebrará ás 19:30 horas no Auditorio do Centro Social de Novacaixagalicia de Vigo.

«Lois Pereiro: Contra a morte» de Iago Martínez e Álex Cancelo

1 Xullo, 2010 (15:54) | 17_de_maio, Autores, Cine, Homenaxes, Poesía, Vídeos |

Adiantos do documental Lois Pereiro: Contra Morte que Iago Martínez e Álex Cancelo ultiman sobre a figura que será homenaxeada o 17 de maio de 2011.

Lois Pereiro e a Academia Galega

27 Xuño, 2010 (18:11) | 17_de_maio, Autores, Homenaxes, Poesía |

A designación de Lois Pereiro como escritor homenaxeado no 17 de maio de 2011 volve demostrar o liderado da actual Academia Galega no proceso constante de actualización do pensamento e da creación galeguista. Non podo agachar que moito me emocionei cando onte lin na pantalla de twitter do meu teléfono a nova que adiantaba Iago […]

Camilo e Fermín, pedróns 2010

23 Maio, 2010 (18:27) | Autores, Homenaxes, Lingua, Premios |

Achegámonos a Padrón esta mañán para asistir ao acto de entrega dos premios anuais da Fundación Pedrón de Ouro. Abriron o acto as palabras agarimeiras e firmes de Xosé Ramón Fandiño que saudou aos homenaxeados, Camilo Nogueira (Pedrón de Ouro) e Fermín Bouza (Pedrón de Honra), e aos numerosos asistentes que ocupabamos os xardíns da […]

Viva Novoneyra!

11 Maio, 2010 (07:46) | 17_de_maio, Autores, Eventos, Homenaxes, Poesía, Vigo |

Magnífico foi o nivel literario da homenaxe que lle rendemos onte no Club Faro de Vigo ao poeta Uxío Novoneyra diante dun salón ateigado. Comezou Branca Novoneyra sinalando a dedicación obsesiva do seu pai á poesía e súa alta palabra, subliñando que foi a intención da súa familia conseguir que fosen reeditados todas as súas […]

«O poeta dos soños teimosos»

10 Maio, 2010 (07:03) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Homenaxes, Poesía |

No artigo da semana de Faro de Vigo fago unha gabanza da figura de Uxío Novoneyra con motivo do acto de homenaxe que terá lugar hoxe no Club Faro de Vigo (Salón de actos do edificio do Concello de Vigo, rúa Areal) e da celebración da Semana das Letras Galegas na súa honra.

Todos e todas con Agustín

12 Marzo, 2010 (08:12) | Autores, Homenaxes, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Mañá sábado,13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Agustín Fernández Paz que lle tributa o Salón do Libro de Pontevedra. Durante todo o Salón estivo instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente […]

Agustín e Xabier no canon

14 Febreiro, 2010 (12:33) | Autores, Beizóns, Homenaxes, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Xerais |

Deixei pasar uns días para comentar a que será unha das noticias culturais máis importante dos últimos anos: dous libros infantís galegos son considerados polos maiores especialistas iberoamericanos entre os dez mellores do seculo XX. O feito de que Contos por palabras de Agustín Fernández Paz e Cando petan na porta pola noite de Xabier […]