Category: Imaxes

London 2012

10 Decembro, 2007 (17:59) | Cidades, Fútbol, Imaxes | 6 comments

Ás portas da celebración da cita olímpica de 2012, Londres xa comezou os preparativos para un evento co que as autoridades pretenden mudar completamente a súa fasquía urbana. A renovación do espazo de Wembley realizada por Sir Norman Foster xa é unha impresionante realidade que nos deixou moi ben impresionados, non tanto polo seu carécter de peza da chamada “arquitectura escultórica”, como pola flexibilidade coa que foi concibida, moito máis alá dos usos dun estadio de fútbol.
Con todo, a presenza social do futbol continúa sendo omnipresente en toda a cidade. E non me refiro nin aos tinglados turísticos de venda de camisetas e iconografía dos equipos da Premier, nin ao espazo ocupado pola “información” futboleira nos medios de comunicación nin sequera ao desfile continuo de seareiros uniformados por estacións e aeroportos. Refírome ao feito de que o fútbol comeza a gañar os espazos da cultura, algo que entre nós aínda está case vedado ou considerado como unha excentricidade. Así as biografías dos futbolistas (xunto a doutros deportistas) ateigan os andeis de “non ficción” das librarías nesta campaña de Nadal. Así o escritor Nick Hornby se presenta na lapela da súa máis recente novela xuvenil (dedicada ao skate) como “escritor e seareiro do Arsenal”, educado en Cambridge University e Highbury (podemos imaxinar que un dos nosos narradores se atrevese a semellante presentación?). Así a cartelaría futbolística centra os escaparates de Carnaby como un dos seus primeiros reclamos, adquirindo noutros casos a categoría de pezas artísticas expostas ao pé da Tate Modern. Aí van algunhas destas pezas que fotografamos en diversos espazos urbanos londinienses.

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Celta de Vigo, galería fotográfica

25 Novembro, 2007 (10:14) | Celta de Vigo, Fútbol, Imaxes | No comments

Faro de Vigo acaba de montar a súa galería fotográfica da historia do Celta de Vigo. Das vinte fotos publicadas (haberá que aumentalas), escollo esta dun dos meus Celtas preferidos, o do ano setenta (tiña eu once anos). De pé: Gost, Pedrito, Rivas, Rivera, Manolo, Hidalgo; axeonllados: Lezcano, Juan, Rodilla, Almagro e Suco.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Bañeira de libros

25 Setembro, 2007 (20:05) | Imaxes, Lectura | 1 comment

Vía Alessandro Martins.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Bibliotecas fermosas

9 Setembro, 2007 (10:07) | Arquitectura, Bibliotecas, Imaxes | 1 comment

Desde aquí pode facerse unha impresionante viaxe fotográfica por algunhas das bliliotecas máis fermosas de todo o mundo. Unha auténtica marabilla para quen teña curiosidade por estes espazos para gardar a memoria das palabras. Pódese ampliar a navegación nas páxinas de flickr. Moi recomendable.

Vía Valadés (beizóns).

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

As 25 leis máis absurdas do mundo

26 Agosto, 2007 (09:31) | Imaxes | 4 comments

Indispensable a anotación que publica hoxe Pedro Valadés sobre as 25 leis máis absurdas vixentes no mundo. Como adianto desa lectura tan recomendable, aí vai un anaco:

“[...] Na cidade de York, ao norte do país, esta permitido matar a unha persoa de orixe escocesa que transite polas murallas da cidade, a condición de que este cargue un arco e frechas. En canto ás mulleres embarazadas, permíteselles por lei evacuar as súas necesidades físicas en calquera lugar, ate no casco dun policía, se así o require a futura nai. Con todo, non só Estados Unidos e Reino Unido contan con este tipo de leis, en Francia, é ilegal pór a un porco o nome de Napoleón. En Indonesia, a masturbación se castiga con decapitación, e en San Salvador, os condutores de automóbiles que conduzan peneques poderían ser castigados coa pena de morte [...]“

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Decálogo das persoas libro

25 Agosto, 2007 (12:38) | Imaxes, Lectura, Libro | No comments

En homenaxe a Fahrenheit 451.
Vía Libreros.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

El Jueves, máis madeira

23 Agosto, 2007 (06:38) | Imaxes, Medios | 2 comments

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gremio Literario

21 Agosto, 2007 (16:12) | Cidades, Imaxes | 3 comments

Xenial, Lisboa!

Vía Txetxu.

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Policía de costumes

18 Agosto, 2007 (15:11) | Imaxes | No comments

Vía: Album de Recortes.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fotografías panorámicas

17 Agosto, 2007 (16:37) | Artes Visuais, Imaxes | 1 comment

A rede atesoura algunhas posibilidades artísticas que quizais nunca chegamos nin a imaxinar. O blog do arxentino Juan Gallo (un dos máis suxestivos e sorprendentes que visito) presentaba onte unha fotografía panorámica do río Nilo que, nunha imaxe única e sen saltos, percorre 81,29 km dunha das súas beiras. Grazas a este procedemento podemos asistir na nosa pantalla a esta longa viaxe que comeza de madrugada e remata ao solpor.
A fotografía, titulada “The Nile Studies – Sketches and visual notes of the Nile River”, foi realizada por Michael Aschauer, autor tamén doutra experiencia semellante no río Danubio, que fora presentada en Artech 2006, a Terceira Conferencia Internacional de Arte Dixital e Electrónica, celebrada en Pontevedra en novembro de 2006 (e da que non tiñamos aínda noticia).

Ver as fotografías:

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Sao Paulo, cidade sen publicidade

24 Xuño, 2007 (07:56) | Cidades, Imaxes, Publicidade | 3 comments

Para evitar a contaminación visual, a cámara municipal de Sao Paulo decidiu impedir a presenza de valados publicitarios nas rúas da cidade. O fotógrafo Tony Marco está documentando este proceso inédito de limpeza visual. Un modelo a imitar? Témome que sería moi difícil implantalo nas nosas cidades, abonda con lembrar a recente campaña das eleccións municipais.
Vía: Tiscar.
Etiquetas: Sao_Paulo
Chuzame! A Facebook A Twitter

Historia lingüística de Galicia

14 Xuño, 2007 (15:55) | Imaxes, Lingua | 6 comments

Chuzame! A Facebook A Twitter

Only in Galicia

12 Xuño, 2007 (19:01) | Imaxes, Slideshare, Sociedade | No comments

Hoxe recibín esta presentación por ecorreo. Ten o seu punto irónico.
Etiquetas: Galicia
Chuzame! A Facebook A Twitter

Sabas libro

6 Xuño, 2007 (16:31) | Imaxes, Lectura | 2 comments

Camilo xa nos descubrira a cama-libro. Agora grazas a Txetxu (vía Mikel Agirrebaria) sabemos das sabas libro. Non hai dúbida que a lectura é, para algúns, a cama é un bo reclamo para a lectura. Eu, con todo, prefiro para ler unha boa butaca, aínda que son capaz de ler en calquera sitio. Ben sería coñecer onde prefire ler cadaquén!
Etiquetas: Lectura
Chuzame! A Facebook A Twitter

Juntos vamos a más

4 Xuño, 2007 (21:36) | Imaxes | 5 comments

Chuzame! A Facebook A Twitter

27 M

27 Maio, 2007 (11:32) | Imaxes, Política | No comments

Vía: El Roto. El Pais.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Animación á lectura

27 Maio, 2007 (11:23) | Imaxes, Lectura | 1 comment

Vía: Selva de Esmelle
Chuzame! A Facebook A Twitter

Verídico

15 Maio, 2007 (16:02) | Imaxes | 8 comments

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cultur.gal, sábado 12 (imaxes e crónicas)

13 Maio, 2007 (09:00) | Cultura, Eventos, Imaxes | No comments








  • “Presentan o primeiro vídeoxogo de acción desenvolvido en Galicia”, La Voz de Galicia.
  • “Traballos de limpar trens”, La Voz de Galicia.
  • “Cultur.gal di adeus cun amplo programada actividades”, La Voz de Galicia.
  • “Un novo escaparate para a cultura galega”, Faro de Vigo.
  • “Concerto de Marful para pechar hoxe o primeiro Cultur.gal”, Galicia hoxe.
  • “A creación é un acto solitario que nada ten que ver cunha feira”, Vieiros.
Etiquetas: Culturgal
Chuzame! A Facebook A Twitter

Cultur.gal, venres 11 (imaxes e crónicas)

12 Maio, 2007 (06:30) | Cultura, Eventos, Imaxes | No comments

  • “Os editores contarán cunha revista de novidades editoriais”, La Voz de Galicia.
  • “Toda unha vida. A intensa xornada dunha festa cultural”, La Voz de Galicia.
  • “Diversión asegurada en Cultur.gal”, La Voz de Galicia.
  • “Cultur.Gal”, Víctor Freixanes, La Voz de Galicia.
  • “Cultura electrónica”, Galicia hoxe.
  • “O Cultur.gal presenta hoxe un videoxogo de produción 100% galega”, El Correo Gallego.
  • “Paco Macías, editor de Edicións Positivas: ‘O difícil, o peor deste traballo, e dicirlle a unha persoa que non’”, Faro de Vigo.
  • “Na procura dunha industria dinámica para a literatura, a música e o audiovisual”, Vieiros.
  • “Un salón de cultura”, Culturagalega.org.
Etiquetas: Culturgal
Chuzame! A Facebook A Twitter

Cultur.gal, xoves 10 (imaxes)

10 Maio, 2007 (21:23) | Cultura, Eventos, Imaxes | 1 comment





Etiquetas: Culturgal
Chuzame! A Facebook A Twitter

Uso obrigatorio do casco

1 Maio, 2007 (12:29) | Imaxes, Política | No comments

Vía: Argallando.
Chuzame! A Facebook A Twitter

8 xeitos de mudar o mundo

1 Maio, 2007 (12:07) | Imaxes, Sociedade | 1 comment

Vía: Lousa Digital.
Etiquetas: Cidadanía
Chuzame! A Facebook A Twitter

Familias

25 Abril, 2007 (22:13) | Imaxes, Sociedade | 1 comment

Vía: Mirá.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Decideixo decidir

25 Abril, 2007 (19:08) | Efemérides, Imaxes, Internet, Política | 1 comment



Sant Jordi non son é a festa do libro e da rosa. Son tamén numerosos os postos que promoven iniciativas políticas e cívicas coma “Decideixo Decidir” ou esoutra do puntCat.
Etiquetas: Sant_Jordi_2007
Chuzame! A Facebook A Twitter

O pan de Sant Jordi

25 Abril, 2007 (06:52) | Efemérides, Gastronomía, Imaxes | No comments


Cada díada ten o seu pan ou o seu pastel.
Así os panadeiros e pasteleiros cataláns apoian a xornada e (semella) fan un bo negocio. Aos ingredientes tradicionais do pan, ao de Sant Jordi, engádenlle sobrasada (para representar as catro barras da senyera, queixo e noces para a cobertura exterior. Como sería o pan das letras galegas? Un reto para os nosos panadeiros e pasteleiros.

Etiquetas: Sant_Jordi_2007
Chuzame! A Facebook A Twitter

Sant Jordi 2007

24 Abril, 2007 (05:51) | Efemérides, Eventos, Imaxes, Promoción do libro | 2 comments





Algunhas imaxes do Sant Jordi 2007. A Libraría Sargadelos puxo con éxito á venda os libros galegos. Teresa Moure (compartindo mesa con Vila-Matas) e Manuel Rivas asinaron exemplares das súas obras máis recentes (sobre todo en catalán). Unha mobilización lectora e da lingua catalana impresionante Unha festa de auténtica primavera para o libro.
Etiquetas: Sant_Jordi_2007
Chuzame! A Facebook A Twitter

Libro almofada

14 Abril, 2007 (20:52) | Imaxes, Libro | No comments


Este libro é unha almofada de verdade.

Vía: Manolo Gago.

Etiquetas: Libro
Chuzame! A Facebook A Twitter

Saúde e República!

14 Abril, 2007 (20:29) | Imaxes, Política | 3 comments

Chuzame! A Facebook A Twitter

Envíalle unha carta

3 Abril, 2007 (21:54) | Imaxes | 3 comments

Vía Ciberescrituras.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Que tempo vai?

30 Marzo, 2007 (21:37) | Imaxes | 1 comment

Unha iniciativa do Instituto de Meteorologia de Portugal. Quen teña curiosidade pode fedellar nesta páxina moi completa, sobre todo, desde o punto de vista educativo.
Vía: Una cuestión personal.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Seoane animado

11 Marzo, 2007 (21:49) | Artes Visuais, Imaxes | 1 comment

Vía: Nubosidade variábel.
Chuzame! A Facebook A Twitter

O mundo do libro

23 Outubro, 2006 (17:26) | Imaxes | 1 comment

Vía Catuxa sei desta marabilla sobre o mundo do libro.

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Moitos libros?

10 Outubro, 2006 (19:09) | Comercio do libro, Imaxes | 2 comments

(Alicia Martín, instalación, Madrid 2003)
A pasada semana comentamos polo miúdo os datos do estudo do Comercio Interior do libro 2005, tratando de non simplificar o diagnóstico sobre a produción e venda do libro galego no pasado ano e procurando atopar liñas de tendencia entre os últimos cinco exercicios . Onte apareceu unha coidada información sobre o mesmo tema cun enfoque e diagnóstico moi semellantes. Afortunadamente cada vez contamos con máis datos e máis afiados para saber cáles son os puntos fortes do sector do libro galego e cáles as súas maiores feblezas. Hai tipoloxías de edición, como a infantil e a educativa, e mesmo a literaria (sobre todo no xénero da narrativa), da que sentirnos ben orgullosos, tanto polo crecemento da súa produción diversa como do seu número de lectores; mais tamén o é que hai outras onde as nosas carencias son abrumadoras. Feitos a ter moi en conta á hora de deseñar as políticas públicas de fomento da lectura e da edición en galego. Podemos navegar axudados por esta cartografía.
Etiquetas: ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Premio Tökland

22 Setembro, 2006 (19:50) | Imaxes, Lectura | 3 comments

Velaí a fotografía de Vítor Ribeiro gañadora do Premio Tókland de fomento da lectura.
Etiquetas: ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Kamasutra da lectura

8 Setembro, 2006 (14:52) | Imaxes, Lectura | No comments

Vía Manolo Gago e Neatorama.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Ler nas praias

4 Agosto, 2006 (10:54) | Imaxes, Lectura | 2 comments

A caravana de promoción da lectura nas praias, promovida polo Ministerio de Cultura e a Federación de Gremio de Editores de España, resultou un auténtico fiasco en Galicia. O “descoñecemento” máis absoluto da toponimia oficial dos organizadores amosa, outra volta, o fracaso radical e a inutilidade destas campañas, deseñadas e concibidas dende unha óptica centralista tan homoxénea como paternalista. Sería tan difícil que aquí se realizase na nosa lingua e coa participación dos editores galegos? Canta vergonza teriamos así evitado?

Paradoxicamente, o máis recente barómetro sobre hábitos lectores amosa que en Galicia estamos oito puntos por baixo da media de lectura española. Un índice estatístico que amosa a nosa indixencia lectora e fronte ao que ningunha autoridade (nin do goberno central nin tampouco da Xunta de Galicia) semella alarmarse. Cales son as razóns de que os cidadáns galegos padezamos esta perigosa sinistralidade cultural?

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Arden os libros

2 Agosto, 2006 (11:54) | Imaxes, Xerais | 1 comment

O cheiro do libro de Rivas chegoulle ao ilustrador do semanal da Vanguardia.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Os mellores carteis de 2006

16 Xullo, 2006 (21:10) | Imaxes, Publicidade | 1 comment

No Máster de Edición falamos moito de publicidade e cartelería, Mágoa que daquela non coñecésemos este espazo onde se recollen os mellores traballos de cartelaría de Cannes 2006. A análise dalgunhas destas pezas daría para un bo debate.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Letras en movemento

16 Xullo, 2006 (11:02) | Imaxes, Lectura | 1 comment


No blog do libreiro venezolano Roger Michelena atópanse imaxes ben fermosas sobre o mundo do libro, a lectura e a tipografía. Eis algunhas das máis recentes.

Etiquetas: ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Vamos torcer pelo Brasil!

2 Xuño, 2006 (09:52) | Imaxes | 1 comment

Recomendo vivamente este minuto e medio de debuxos animados en Flash, chegado dende Porto Alegre.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fotografías sonoras

23 Marzo, 2006 (23:56) | Imaxes | No comments

Le Monde demostra as novas posibilidades do xornalismo electrónico para relatar as mobilizacións dos estudantes franceses. Recoméndoo.
Chuzame! A Facebook A Twitter

E como cousa de encantamento…

11 Febreiro, 2006 (10:25) | Imaxes, Política | 2 comments

Entre todas as caralladas que celebran a saída obrigada de Paco quédome con esta da sempre xenial aranheira. Parabéns para ela e, tamén, para Vieiros que fixo un seguimento completo do proceso.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Lennon XXV

8 Decembro, 2005 (17:35) | Imaxes | 1 comment

Proliferan hoxe as lembranzas de John Lennon. Valadés envía aos amigos esta fotografía realizada a mesma tarde do asasinato e considerada como a mellor portada de Rolling Stone das últimas catro décadas. Lennon lives forever.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Rematou por fin!

12 Novembro, 2005 (20:35) | Imaxes, Vigo | No comments

Grazas a Vigoblog.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O manuscrito de Alicia

1 Outubro, 2005 (09:51) | Imaxes, Literatura infantil e xuvenil | 4 comments

Anuncioumo Agustín e lino na páxina de Manolo Gago (obrigado) que se podía ver o manuscrito d’ Alicia visitando os fondos dixitalizados da British Library. Ten razón Gago que é un pouco latoso pasar as páxinas deste libro electrónico, mais é unha marabilla poder escoitar o texto en inglés e coñecer a caligrafía de Carroll. A edición do mapa de Mercator de 1570 e os deseños da bitácora de Leonardo son outra gozada. Paga a pena este sitio que demostra as posibilidades da dixitalización dos grandes fondos bibliotecarios. Cando poderemos consultar as nosas grandes pezas da Biblioteca Nacional de Galicia?
Chuzame! A Facebook A Twitter

Galicia selección

28 Agosto, 2005 (09:34) | Imaxes | No comments


Galicia selección.

Actualización (31-08-2005): en marcha.

Actualización (01-09-2005): Velaí o Castanhinho.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Utopía

19 Xuño, 2005 (15:18) | Imaxes | No comments


Kate 2.0

Quen esta noite non sexa capaz de aguantar os nervios do seguimento dos resultados, recomendo fedelle con este xogo virtual (en alemán). Semella un anuncio moi orixinal dunha caixa de aforros ou quizais unha fotonovela futurista. En todo caso, éche un sitio ben vistoso.
Vía gago, claudine e dkoon. Obrigado.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Foise co Bento

19 Abril, 2005 (19:26) | Imaxes | No comments


19-04-2005: Praia Copacabana, Rio. Foise co Bento.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dorian Gray

25 Marzo, 2005 (11:50) | Imaxes | No comments


Dorian Gray por panchez.

Os aduaneiros, sempre tan oportunos, retrataron así ao presidente despois do retiro cos seus conselleiros en San Estevo.
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp