Category: Informes

Edición en Galicia e en galego, os datos máis recentes

19 Outubro, 2010 (21:53) | Comercio do libro, Edición, Informes |

Cos datos máis recentes na man, non podemos negar que acougou aquel formidable crecemento, que levou a multiplicar por doce ou trece o número de títulos publicados en galego: pasamos dos 187 do ano 1980, cando comeza o proceso autonómico, aos 2.482 de 2008, ou aos 2.121 do pasado ano, no que comezou a crise […]

O impacto da crise económica sobre as industrias culturais

20 Marzo, 2010 (13:09) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

É moi oportuno que o Observatorio da Cultura Galega fixese público o seu primeiro informe arredor do impacto da actual crise económica sobre as industrias culturais galegas (pode baixarse completo en pdf, 18 páxinas). Para os que estamos vencellados profesionalmente co sector cultural en Galicia, estes datos expresan a situación de profundo enfriamento de cada […]

Edición e comercio interior do libro en Galicia

4 Marzo, 2010 (07:38) | Comercio do libro, Edición, Informes, Recurso_didáctico |

Esta tarde dedicaremos as nosas sesións do «Mestrado en Edición» a analizar os datos máis recentes dos que dispoñemos sobre a edición en Galicia: en 2008 publicáronse en Galicia 3.690 títulos; en galego 2.482 títulos, a máxima cifra da nosa historia. Mentres que en 2009 editáronse en Galicia 4.069 títulos, a máxima cifra da nosa […]

A cultura produce

9 Febreiro, 2010 (08:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Informes |

No artigo da semana (publicado hoxe en Faro de Vigo), analizo algúns dos datos máis significativos do estudo «O Sistema Produtivo da Cultura en Galicia. Unha visión económica» elaborado polo Servizo de Información Ardán da Zona Franca de Vigo en colaboración co Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.

Libro en galego, datos para un diagnóstico

17 Maio, 2009 (08:32) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

No suplemento de El País Galicia dedicado ao 17 de maio publico un traballo arredor da situación do libro en galego. Reprodúzoo, xa que tampouco aparece na edición dixital do xornal. O 17 de maio é data acaída para facer un balance do estado de saúde do libro en galego. As estatísticas dispoñibles (tanto as […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (e VII)

7 Abril, 2009 (19:15) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

LIBRO EN GALEGO 2007 TENDENCIAS Os datos proporcionados polo informe do Comercio interior do libro en Galicia 2007, xa debullados nas nosas anotacións anteriores, permiten identificar algunhas tendencias da evolución do libro en galego durante o período 2005 ao 2007: – Lixeiro retroceso do conxunto da produción editorial en galego, reflectida nunha diminución do número […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (VI)

6 Abril, 2009 (15:36) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes, Librarías |

DATOS CLAVES SOBRE O SECTOR DO LIBRO EN GALICIA 2005-2007 Dos datos globais do Comercio do interior do libro en Galicia 2007 podemos tirar algunhas conclusións sobre as tendencias do sector editorial en Galicia e en galego no período 2005-2007: – Ampliouse de forma significativa o número de editores, até os 43, publicando a maioría […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (V)

6 Abril, 2009 (14:29) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes, Librarías |

CANAIS DE COMERCIALIZACIÓN DO LIBRO EN GALEGO Estes datos sobre comercialización amosan que as librarías e as cadeas de librarías en 2007 foron as canles principais de venda do libro en galego, xa que supuxeron o 59,80% das vendas (13,12 millóns de euros a prezos de capa). No obstante, se comparamos estas cifras coas de […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (IV)

6 Abril, 2009 (14:20) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

O CATÁLOGO DO LIBRO EN GALEGO DISPOÑIBLE Unha das informacións máis interesantes deste estudo de Comercio interior do libro en Galicia 2007 é o que proporciona sobre as características actuais do catálogo dispoñible dos editores galegos, o que nos permite, tamén, coñecer as características do catálogo do libro en galego dispoñible nas librarías e nos […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (III)

6 Abril, 2009 (12:07) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

A EDICIÓN LITERARIA EN GALEGO En 2007 publicáronse 238 títulos literarios en galego (o 18,40% dos editados en galego), dos cales 113 foron de narrativa (47,47% da produción literaria do ano), 63 de poesía e teatro (26,47%)  e 62 de «outros» (ensaio e investigación literaria, 26,06%). Con respecto ao ano anterior, produciuse unha diminución do […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (II)

6 Abril, 2009 (10:33) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

DATOS POR TIPOS DE EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO Os datos da edición en galego por tipos de edición sinalan a importante dependencia do sector con respecto á edición da canle escolar e paraescolar, na que se inclúen o libro de texto, a literatura infantil e xuvenil e os dicionarios. – Durante o ano 2007, […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (I)

5 Abril, 2009 (19:08) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

DATOS XERAIS: PRODUCIÓN EDITORIAL E FACTURACIÓN DO LIBRO EN GALEGO As referencias aparecidas nos diversos medios sobre o Comercio do interior do libro en Galicia 2007 apenas diferencian os datos referidos á edición en Galicia e á edición en galego realizada polas 43 editoras agremiadas á Asociación Galega de Editores. Porén, este informe, a pesar […]

O preocupante estado da edición en galego

4 Abril, 2009 (13:41) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes, Libro de texto |

Representantes da AGE presentaron onte dous documentos que amosan de forma contundente o preocupante estado actual da edición en galego: o Estudo do comercio interior do libro 2007 e un novo informe sobrea mellora do sistema de préstamo do libro de texto. Dous documentos (que desmiuzaremos no blog devagariño) que amosan, ademais, a triste herdanza […]

Os nosos índices de lectura

29 Marzo, 2009 (11:12) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Informes, Lectura |

No artigo da semana reflexiono sobre os índices de lectura máis recentes dos que dispoñemos. O repunte dos hábitos lectores, o incremento da lectura en galego, a mobilización lectora da mocidade e o importante papel das bibliotecas escolares e do sistema escolar neste proceso son algunhas das cuestiónas abordadas.

«IGADI Annual Report 2008-2009»

20 Xaneiro, 2009 (20:17) | Informes, Política |

Dende aquí pode baixarse en pdf o Informe Anual do IGADI. No documento, que leva por titulo «As crises dunha nova xeopolítica global», afóndase nas claves do 2008 e as perspectivas para o 2009. Entre as primeras destácase a elección de Barack Obama, o auxe do G-20 para facer fronte á crise económica mundial, o […]

«La lectura en España. Informe 2008»

18 Xaneiro, 2009 (11:35) | Informes, Lectura, Literacidade |

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Federación de Gremios de Editores de España acaban de publicar un informe sobre a situación da lectura en España durante o pasado ano 2008. Baixo o título de La lectura en España. Informe 2008 e o subtítulo «Leer para aprender», o volume cooordinado e introducido por José Antonio […]