Category: Iniciativas

Iniciativa cívica para o 14 de novembro

10 Outubro, 2009 (22:47) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

Onte anunciamos en Santiago un novo xesto das persoas que apoiamos o texto Galego patrimonio da Humanidade. O acto será o 14 de novembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal de Santiago.

Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro

23 Setembro, 2009 (21:03) | Beizóns, Iniciativas, Promoción do libro, Publicidade, Vigo |

Este serán, agardando polo vitrasa para volver do chollo, sorprendeume a publicidade da traseira do bus dos Caños: «Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro». A bonita iniciativa marqueteira, que tamén de promoción lectora, corresponde a Óptica Studio, unha cadea de ópticas nacida en Cangas hai trinta anos e na que nunca reparara. Esta oferta […]

O futuro do Culturgal

18 Setembro, 2009 (16:31) | Cultura, Editores, Eventos, Iniciativas, Presentacións, Promoción do libro |

Este 2009 non haberá Culturgal. A desvinculación total do proxecto por parte da Consellaría de Cultura, organizadora da pasada edición, impide celebrar esta feira das diversas manifestacións das industrias culturais en Galicia. Toda unha mágoa! A pesar da mobilización en Facebook e do ofrecemento de axuda por parte da Concellaría de Cultura da Coruña, non […]

Fútbol, bandeira e lingua

5 Setembro, 2009 (19:24) | Beizóns, Fútbol, Iniciativas, Lingua |

Afeitos como estamos a dar conta de malas noticias, enchémonos de fachenda de abeizoar ao Club Deportivo Lugo ao Pontevedra Club de Fútbol, dous dos clubes de fútbol galego da 2º B, xa que decidiron incorporar a bandeira galega no colo da camiseta os lucenses e no seu escudo os do «hai que roelo».  A […]

Prolingua

5 Agosto, 2009 (23:35) | Iniciativas, Lingua |

Velaí o espazo web aberto onte por Prolingua. Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega. Pode lerse o manifesto fundacional, a presentación da plataforma e os principios que rexen o seu funcionamento. Unha iniciativa plural e apartidaria que apoiamos con todo o noso pulo.

Lingua: recuperar o consenso

12 Xullo, 2009 (06:28) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua, Polémicas, Política |

No artigo da semana, tras a presentación do manifesto «Galego. Patrimonio da Humanidade», propoño en termos moi semellantes a recuperación do consenso arredor da lingua. Reproduzo o texto, xa que a versión publicada contén algúns erros e grallas que pexan a súa lectura (as miñas desculpas). “Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que […]

«Como galego sinto vergoña»

11 Xullo, 2009 (09:40) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua, Presentacións |

Tras o acto de presentación do manifesto «Galego. patrimonio da Humanidade» (onde houbo unha importante participación e intervencións moi relevantes), fixen estas declaracións para Galicia hoxe. Como galego sinto vergonza de que o presidente do meu país teña tan escasa consideración co esforzo colectivo de case tres décadas que costou forxar o actual estatuto xurídico […]

«GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE», presentación do manifesto

7 Xullo, 2009 (18:17) | Iniciativas, Lingua, Presentacións |

O venres, 10 de xullo, ás 12:30 horas, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo presentaremos o texto do manifesto «Galego. Patrimonio da Humanidade». Ata o día de hoxe apoian o texto 1.152 persoas.

GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE

2 Xullo, 2009 (19:26) | Iniciativas, Lingua |

Hoxe puxemos en marcha a iniciativa de civilidade para a lingua de todos. Aquí pode lerse o texto do manifesto que estamos promovendo. Algúns medios como Vieiros xa informan dunha iniciativa que está correndo a unha velocidade tremenda. Grazas a todos e todas por darlle visibilidade.  

O galego serve para entendernos

21 Xuño, 2009 (10:51) | Iniciativas, Lingua, Recurso_didáctico |

O mellor que lin na prensa do domingo é este texto de José Manuel Atanes Limia publicado na sección de «Cartas» de Faro de Vigo. O texto permite un aproveitamento didáctico formidable e múltiples iniciativas de fomento de uso do galego. Parabéns para o seu autor que atina cun rexistro con forte capacidade emotiva e […]

Clásica2

16 Xuño, 2009 (22:22) | Blogs, Iniciativas, Música, Recurso_didáctico |

O meu amigo Rafael Ojea (paga a pena visitar o seu fermoso fotoblog) recomenda Clásica 2, unha páxina do melómano vigués Manuel López Benito. Sen dúbida, o que máis me gustou foi o blog, onde se publican cada día fragmentos musicais comentados con moito talento e amenidade. Ademais, o autor promete poñer en marcha un […]

As linguas suman

10 Xuño, 2009 (20:17) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

A iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de enviar este tríptico ás familias é unha resposta docente moi axeitada á prexuizosa e falsa consulta ás familias do Goberno Feijóo. Neste momento, dende todas as instancias das que dispoñemos os defensores do idioma, é imprescindible colaborar coa estratexia desta Coordinadora e […]

Beizóns, Xurxo!

4 Xuño, 2009 (17:00) | Autores, Beizóns, Eventos, Goberno Feijoo, Iniciativas, Medios |

Tras catro anos de traballo entusiasta á fronte da subdirección de programas, Xurxo Souto saíu da Radio Galega coa elegancia arroutada e idéntica paixón coa que realizou o seu primeiro saúdo en antena. Atrás queda o seu pulo e esforzo por modernizar e achegar a radio pública en galego (esa “rareza” no dial que debemos […]

Afeccionadas celestes reclaman á volta de Notario

25 Maio, 2009 (16:29) | Celta de Vigo, Fútbol, Iniciativas, Vigo |

Tras a frustración do serán do sábado, o debate en Vigo sobre o futuro do Celta bota chispas. Hoxe recibín unha carta na caixa do correo, enviada por unhas moi veteranas seareiras. Reclaman a volta á portaría de Notario como medida salvadora. O ton da escrita é realmente dramático, expresando o seu auténtico sufrimento e […]

Cadea humana por un albergue público para Vigo

20 Maio, 2009 (16:32) | Eventos, Iniciativas, Vigo |

«O galego é útil», manifesto

2 Abril, 2009 (15:32) | Iniciativas, Lingua |

Un grupo de galegos, asentados a maior parte deles en Londres, promove o manifesto «O galego é útil» coa intención de desmentir, dende a súa experiencia no extranxeiro, o mito de que «o galego non vale para nada» ou «serve só dentro de Galicia». Reproducimos o texto dun manifesto moi interesante: Todos os idiomas valen […]

Ler fainos máis grandes

22 Decembro, 2008 (02:12) | Iniciativas, Lectura |

O noso amigo o editor Joan Carles Girbés é o autor de Guia práctica para fer fills lectors, unha guía concibida para o fomento dos hábitos lectores dentro da familia, da que en Cataluña se levan repartidos xa oitocentos mil exemplares. Bravo, Joan Carles!Un libro onde aparecen, ademais, eses DEZ CONSELLOS INFALIBLES PARA QUE OS […]

Apoio ao Manifesto de Galeusca

18 Xullo, 2008 (17:55) | Iniciativas, Lingua |

Alfredo pide que reiteremos o noso apoio ao Manifesto de Galeusca. Eu xa o fixera o mesmo día que apareceu o texto.

Galeusca

11 Xullo, 2008 (17:32) | Iniciativas, Lingua, Política |

Hoxe asinei o texto que a Federación de Escritores Galeusca publica como necesaria resposta ao “Manifesto de Savater” (o filósofo hoxe recunca nun artigo en El País no seu vitimismo, moi irado pola posición contraria do PSOE e o presidente de Zapatero ao seu texto). O texto dos escritores cataláns, vascos e galegos manexa argumentos […]

A intelixencia de Barreras

10 Xullo, 2008 (17:55) | Beizóns, Iniciativas, Lingua |

Os lectores e lectoras destas brétemas saben da miña admiración polo proxecto empresarial de Barreras, o estaleiro vigués que está montando buques futuristas na nosa Beiramar. Hoxe debemos volver a abenzoar aos responsables de Barreras polo seu decidido apoio á nosa lingua, nun momento especialmente difícil no que unha parte da clase empresarial viguesa amosa […]

Salvemos o Celta!

6 Xullo, 2008 (09:38) | Celta de Vigo, Fútbol, Iniciativas |

Esta paréceme unha iniciativa oportuna. Velaí dous parágrafos do manifesto apoiado por celtistas de todas as condicións: “O Celta é máis que unha Sociedade Anónima Deportiva. É algo máis que un nome, é un sentimento en algo que para algúns tan só é un deporte de masas, pero que a nós, celtistas, levanos a sentir […]

Blogues polas lingua

15 Maio, 2008 (21:11) | Blogs, Iniciativas, Lingua |

Adherímonos á rede de Blogues pola lingua e ao contido do seu manifesto. Neste momento xa hai máis de oitenta adhesións. Animo a tecer esta rede de traballo compartido en defensa da lingua de todos e todas.

A estatua de Curros na Alameda

1 Marzo, 2008 (13:38) | Autores, Iniciativas, Vigo |

Hoxe Ferrín faise eco en Faro do manifesto asinado por centos de persoas que solicitamos ao concello de Vigo que estatua de Curros Enríquez, que se atopa oculta no Castro, nun xardinciño clandestino ao pé do Castelo, fronte ao miradoiro dos Galeóns de Rande, volva a súa ubicación orixinal nos xardíns da Alameda. Esta sería […]

Salvar as palabras

22 Xaneiro, 2008 (20:55) | Gastronomía, Iniciativas, Lingua |

Sei por Marcos do magnífico proxecto da AELG de salvación de palabras en desuso e en perigo de extinción. A iniciativa “Palabras con memoria” pretende recuperalas e poñelas de novo en vixencia e incluídas nos dicionarios. Esta iniciativa é semellante á que promoveron o pasado 23 de abril a Escuela de Escritores de Madrid e […]

Centre for the promotion of Galician Literature in Translation

17 Xaneiro, 2008 (22:08) | Cultura, Iniciativas, Poesía, Traducións |

A raíz da miña proposta de creación dunha Oficina do Libro Galego, como xestor da estratexia de promoción da literatura galego a nivel internacional, o amigo Jonathan Dunne (o máis importante tradutor da literatura galega ao inglés) remíteme este enlace coa páxina do Centre for the Promotion of Galician Literature in Translation (CPGLT) que creou […]

"Blogonovela" galega

17 Decembro, 2007 (19:50) | Blogs, Iniciativas, Medios, Narrativa |

Un artigo de Hernán Casciari e unha anotación de Juan Varela poñen sobre a mesa hoxe, outra volta, a cuestión da blogonovela ou “ficción on line”. A verdade é que o modelo de blogonovela que defende Casciari (empregando a metáfora da presenza dos seareiros no estadio, que compartimos plenamente) xa fora ensaiado en galego con […]

Lemos Galego

27 Abril, 2007 (19:45) | Beizóns, Iniciativas, Internet, Promoción do libro |

Unha iniciativa twitter que pode dar moito de si. Beizóns!

Longa noite de pedra

21 Marzo, 2007 (22:19) | Autores, Iniciativas, Poesía |

Este cartel sobre un texto de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro formará parte da campaña “Libros a la calle 2007″ que durante o mes de abril se desenvolverá no metro e nos autobuses públicos de Madrid, Zaragoza (xestionados pola mesma empresa de Vitrasa) e Segovia. A lingua galega viaxará nestes medios para […]

Carlos Casares

7 Marzo, 2007 (21:59) | Artigos Faro de Vigo, Autores, In memoriam, Iniciativas |

DEMORARSE NA AVENTURA DA VIDAA última vez que xantamos xuntos, Carlos Casares convidoume a coñecer a súa maqueta ferroviaria da que tantas veces nos falara nas reunións de editores. Tratábase dun tinglado formidable de tres pisos, construído durante anos coa axuda dos seus fillos, pola que circulaban durante horas miniaturas marabillosas, sometidas ás velocidades, ás […]

Montolieu, vila do libro

20 Febreiro, 2007 (21:53) | Cidades, Edición, Iniciativas, Librarías, Libro |

Xa oíra falar algunha vez de Montolieu, a pequena vila francesa do libro e das artes gráficas, situado pretiño de Carcassone. Conta apenas 800 habitantes e porén posúe catorce librarías e un fondo dispoñible de 250.000 exemplares, ademais dun museo sobre as artes gráficas, dun muíño de papel e de diversos artesáns dedicados á impresión. […]

Xavier Queipo

28 Xaneiro, 2007 (10:24) | Cidades, Iniciativas, Poesía, Presentacións, Xerais |

La Voz de Galicia anuncia hoxe que Xavier Queipo formará parte dun grupo de nove poetas de todo o mundo co que Bruxelas, a cidade sede das institucións europeas, “quere lucir, fomentar e fachendear da súa multiculturalidade e da súa condición de urbe internacional, multirracial e multilingüística. Os versos de Queipo, inéditos e escritos expresamente […]

Carta a El País

26 Xaneiro, 2007 (08:51) | Ilustración, Iniciativas, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Medios |

O lanzamento o pasado domingo duns supostos libros de literatura infantil (adaptacións de obras adultas a grande formato, ilustradas de forma antidiluviana) constituíu un esvarón de considerables proporcións de El Pais, impropio dun medio que pretende facer xornalismo de calidade. Unha serie de profesionais do libro e da edición asinamos unha carta na que afirmamos […]

Itinerarios literarios

28 Outubro, 2006 (20:49) | Iniciativas |

Hoxe comprobei as posibilidades que teñen os itinerarios literarios como propostas de recuperación da memoria e novas formas de descubrir a cidade. A inauguración do itinerario lorquiano de Lugo, con motivo dos actos de homenaxe a García Lorca, constituíu unha oportunidade magnífica para achegarse durante máis de tres horas á figura do “poeta mártir”, ao […]

Tour irmandiño

22 Outubro, 2006 (17:19) | Iniciativas |

Xabier Feixoo achéganos noticias do seu traballo: novas fotografías do concello de Sandiás e o inicio dun Tour Irmandiño, proxecto no que colaborou coa xente de Culturagalega.org. Este percorrido polos espazos da revolta irmandiña pareceume moi interesante e amosa outras posibilidades da rede para ir construíndo coñecemento de forma colaborativa. Etiquetas: Irmandiños, Sandiás