Category: Internet

Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)

14 Xaneiro, 2008 (19:21) | Dicionarios, Internet, Lingua |

Esta dispoñible a nova versión do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). A esta nova versión incorporáronse novas coleccións documentais e novos modos de busca que a converten nunha ferramenta moi útil para o coñecemento da lingua galega medieval e as temáticas vencelladas con ela. Que pensaría don Xosé María Álvarez Blázquez se puidese […]

Internet 2008, 11 tendencias

25 Decembro, 2007 (13:26) | Blogs, Internet, Literacidade |

Esta anotación de Manuel Gago é desas imprescindibles para o arquivo do blog. Gago recolle algunhas tendencias de Internet que vexo moi claras (o maior peso das redes sociais, a reubicación do papel dos blogs e do seu número, internet como auténtico disco duro, o fortalecemento das edicions en liña sobre as impresas, a personalización…). […]

Knol

16 Decembro, 2007 (11:47) | Edición, Internet, Tecnoloxías |

Estes días sorprendeunos ler que Google pretende crear a súa enciclopedia web (bautizada como “Knol“, contración de “unidade de coñecemento”) coa intención de desbancar á Wikipedia.O mestre Juan Varela clarifica a estratexia do Google futuro: “Knol, el nuevo proyecto de enciclopedia en internet, es el último paso de Google para dejar de ser el Gran […]

Incoherencias

18 Novembro, 2007 (11:38) | Internet, Polémicas |

Atopo na caixa de correo un texto reenviado por unha boa amiga que pon en evidencia algunhas das incoherencias do sistema legal español sobre a cuestión dos dereitos de autor no ámbito dixital. Non son especialista en Dereito, razón pola que non acredito na veracidade das valoracións, aínda que supoño que algo de certo haberá […]

Fervenzas literarias

9 Novembro, 2007 (17:58) | Internet, Novidades, Promoción do libro |

Até hoxe non souben da existencia de Fervenzas literarias, unha interesante e utilísima revista electrónica de literatura galega. As seccións son moi suxestivas: novas, andel de novidades, entrevistas, espazos de lectores, outros para literatura infantil e xuvenil, reseñas de críticas, artigos de opinión, una espazo de adiantos e unha moi completa páxina de ligazóns con […]

MeGa

27 Maio, 2007 (11:10) | Beizóns, Internet, Música |

Coñecéramolo no Cultur.gal. Con este magnífico portal de Música en Galicia (na que se abordan todos os xéneros), a xente do Consello remata a súa primeira etapa de ofrecer portais para as industrias culturais galega: libro, banda deseñada e audiovisual. Unha importante contribución que merece ser recoñecida. Beizóns para esta Mega! Etiquetas: MeGa

Cultur.gal, xoves 10

9 Maio, 2007 (22:27) | Cultura, Eventos, Internet |

Entre as actividades de mañá xoves en Cultur.gal destaca a celebración, a partir das 17,30 horas da xornada “I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet” que analizará o momento actual da web e pretende axudar aos creadores e profesionais do mundo da cultura a detectar oportunidades de difusión e de creación nun […]

Entrevistas a Agustín Fernández Paz

29 Abril, 2007 (11:50) | Autores, Entrevistas, Internet |

Volve actualizarse o web de + Internet + Galego + Futuro (formidable!). Entre os moitos contidos de interese atopo esta entrevista con Agustín Fernández Paz. O autor de Cartas de inverno aborda o papel de Internet para a lingua e para a nosa creación literaria e confésase “vicioso dos blogs” e usuario de Skype. Ademais, […]

Lemos Galego

27 Abril, 2007 (19:45) | Beizóns, Iniciativas, Internet, Promoción do libro |

Unha iniciativa twitter que pode dar moito de si. Beizóns!

Decideixo decidir

25 Abril, 2007 (19:08) | Efemérides, Imaxes, Internet, Política |

Sant Jordi non son é a festa do libro e da rosa. Son tamén numerosos os postos que promoven iniciativas políticas e cívicas coma “Decideixo Decidir” ou esoutra do puntCat. Etiquetas: Sant_Jordi_2007

Proxecto alfabetización dixital de Google

12 Abril, 2007 (20:04) | Internet, Literacidade |

Isto ten moi boa pinta. Poden consultarse vídeos sobre literacidade electrónica, blogs sobre libros e lectura e outras moitas utilidades. Un bo recurso educativo. Etiquetas: Google_literacy

Cartelería galega

18 Marzo, 2007 (10:58) | Artes Visuais, Beizóns, Internet |

Outra xenialidade de Berto. Unha auténtica pasada. Isto si é que conservar o patrimonio nacional. Escollo algún dos moitos que case me fixeron bagoar. Cadaquén terá o seu. Vaia motor de memoria! Beizóns, beizóns!!! O cartel que publico é unha homenaxe a tantos compañeiros e compañeiros de Esquerda Galega que acreditamos na causa do galeguismo […]

Aula virtual de lingua galega

11 Marzo, 2007 (11:57) | Educación, Internet, Lingua |

Coñezo a Aula virtual de lingua galega do Departamento de Lingua galega e Literatura do IES Otero Pedrayo de Ourense. Pareceume moi completa. Permite, polo momento, a consulta das programacións, a consulta e descarga de recursos didácticos e de materiais de diversificación curricular (tanto de xeografía, galego coma castelán). Complétase cunha completa páxina de enlaces, […]

El nacimiento de la nueva "literacidad"

10 Marzo, 2007 (10:06) | Internet, Lectura, Literacidade |

En día tan sinalado como o de hoxe, aparece publicado un meu artigo no ABCD (“Las Artes y las Letras), o interesante suplemento cultural de ABC, ademais dunha referencia a este blog no mesmo medio. No artigo reflexiono sobre a cuestión da literacidade electrónica, tema que xa abordamos aquí en diversas ocasións. Etiquetas: Literacidade, ABCD

Climántica

9 Marzo, 2007 (23:37) | Internet, Medio_Ambiente |

Buscando recursos educativos na rede atopo ao chou o proxecto Climántica, promovido pola Consellaría de Medio Ambiente. Esta iniciativa, dirixida ao alumnado de Secundaria, pretende abordar os grandes problemas ambientais, relacionados co cambio climático a nivel global. Oito unidades didácticas e moito material de sensibilización cidadá para descargar (algún moi pavero) poden atoparse nun magnífico […]

O novo vieiros

9 Marzo, 2007 (22:30) | Beizóns, Blogs, Internet, Medios |

Beizóns, beizóns! É unha marabilla. Etiquetas: Vieiros

A cova das vacas mortas

5 Marzo, 2007 (09:06) | Autores, Cine, Internet, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos a web. Actualización (21:30): O acto de presentación desta tarde serviu para xuntarnos unha media ducia de blogueiros interesados pola literatura: Alfredo Ferreiro, Pelachos, Martin Pawley, Folerpa, Kavafinho, Jaureguizar e eu mesmo.Para comezar, o autor fixo unha presentación da novela e, logo, dos contidos do sitio web onde se pretende dar conta tanto […]

A febre dos blogs

4 Marzo, 2007 (18:45) | Blogs, Educación, Internet, Sociedade, Vídeos |

A pesar de que non expresa quizais nada novo, este vídeo (23 minutos) sobre o fenómeno blog, dirixido por Manuel Campo Vidal, pode ser interesante para a explotación didáctica nos cursos da Secundaria. Describe con claridade o fenómeno da “febre dos blogs”, a utilidade cidadá e comunicativa e as súas vantaxes. Na mesma liña divulgativa, […]

Presentación da web da Cova das vacas mortas

1 Marzo, 2007 (16:28) | Autores, Internet, Presentacións, Xerais |

Tal como tiñamos anunciado hai case un mes, o vindeiro luns, 5 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar nos locais da editorial a presentación da web da novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil (xa vai na segunda edición). Teñen comprometida a súa participación, ata agora, varios blogueiros (Martin […]

Do texto ao hipertexto

10 Febreiro, 2007 (22:34) | Internet, Literacidade, Vídeos |

Recoméndoo vivamente (case cinco minutos).Vía José Antonio Millán. Etiquetas: Hipertexto, Web-2.0

Pepe Iglesias

2 Febreiro, 2007 (18:17) | Autores, Gastronomía, Internet, Xerais |

Desde hai anos perdéralle a pista a Pepe Iglesias, o gastrónomo asturiano-galego que hai case unha década preparara o Receitario estacional da cociña galega. Aquel fermoso e orixinal proxecto de catro títulos (hoxe difícil de atopar nas librarías) supuxo unha das achegas máis notables da bibliografía gastronómica galega. Agora, volvemos atopar a Pepe grazas ás […]

Libros galegos en Internet

19 Xaneiro, 2007 (21:39) | Internet, Lingua, Literacidade, Novidades |

Este traballo de Henrique Neira Pereira é fundamental para coñecer o estado actual dos libros galegos en Internet. Completísimo e de gran utilidade esta guía de recursos en liña, ademais do actualizada da reflexión que propón. “Este libro comezou sendo un traballo para o seminario “Produción e empresa editorial. Tradición e novas tecnoloxías”, impartido polo […]

Homoxeneidade e cervexas

9 Xaneiro, 2007 (21:50) | Blogs, Internet, Lingua, Vídeos |

É coñecida a miña admiración por Juan Varela, o mestre blogueiro, que sempre está un paso por diante propoñéndonos dirixir a mirada máis alá dos lugares comúns. Hoxe atopei este anaquiño xenial (apenas minuto e medio) da súa intervención no pasado encontro de Sevilla. Segundo Juan “as escumas das cervexas non se mesturan, só se […]

Sonotone

28 Novembro, 2006 (22:59) | Internet, Medios, Música |

Sei por Pawley da aparición hoxe na rede de Sonotone, unha revista galega (de actualización semanal) sobre música na que tamén terán cabida outras disciplinas como o cine e a literatura. Nesta primeira entrega no apartado de libros aparecen reseñas de ¡Viva o Fu Remol!, Éxodo e dz ou o libro de esperma. Ten moi […]

Galegos na rede

19 Novembro, 2006 (19:11) | Blogs, Internet |

Tivo interese a mesa redonda na que participamos varios blogueiros no seo das xornadas de Enredad@s. Gustoume moito a intervención de Marcus Fernández que presentou un panorama moi clarificador e completo sobre a situación da Internet en Galicia, propoñendo unha reflexión sobre a nosa fenda dixital (existente sobre todo no mundo rural galego, onde as […]

Ms. Dewey

12 Novembro, 2006 (11:13) | Internet |

Eis o novo buscador de Microsoft. A interface en flash é simpática, aínda que o buscador é lentísimo e a lectura e acceso das buscas complexa. Apúntome aos comentarios de Vanesa. Con todo, sinala unha tendencia…Quen teña interese en experimentar con outros buscadores, o Chacha non está mal para atopar contidos, sobre todo, en inglés […]

Máis alá

21 Outubro, 2006 (12:49) | Beizóns, Internet, Medios |

Moi xeitosa a nova canle cultural de Vieiros. A estrutura de seccións, a presenza importante da imaxe e do vídeo e, sobre todo, o tratamento da información cultural presentada nestas primeiras entregas son novidades que anuncian que este novo espazo vai constituír un paso importantísimo para Vieiros e para a ampliación da súa audiencia. Ademais, […]

Enredad@s

18 Outubro, 2006 (15:52) | Blogs, Eventos, Internet |

Hoxe coñecín o programa definitivo de Enredad@s as Xornadas sobre Mocidade e Internet que organiza en Santiago o Consello da Xuventude de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e as tres universidades galegas. O simpático da cuestión é que coinciden nas mesmas datas e case no mesmo horario co noso Simposio sobre […]

1000

14 Outubro, 2006 (14:49) | Blogs, Internet, Literacidade, Persoal |

Estas brétemas acadan co este post o seu número 1000, unha cifra inimaxinable cando hai case dous anos iniciabamos este vieiro de publicación na rede. Os máis de tres mil comentarios que as enriqueceron –contradicindo, polemizando ou rectificando ao autor con absoluta liberdade e grande xenerosidade– e os lectores e lectoras silenciosos que sei as […]

Espazo colaborativo de libreiros

6 Setembro, 2006 (20:56) | Internet, Librarías |

Txetxu, esa fonte inagotable de iniciativas, cumpre unha promesa e ofreceeste wiki sobre o traballo na libraría. Un espazo aberto, colaborativo e moi práctico dirixido aos profesionais da libraría, mais tamén moi interesante para os que traballamos noutros elos da cadea de valor do libro (como os distribuidores, editores e, mesmo, os bibliotecarios). Indispensable para […]

Librarías en liña

27 Xuño, 2006 (19:16) | Internet, Librarías |

Código Cero ofrece unha completa reportaxe sobre as librarías en liña, os espazos de comercio electrónico especializados no mundo do libro. Afortunadamente o libro galego foi gañando un oco neste eido tan difícil, especialmente polo funcionamento modélico de Andel que, dende Vigo, serve libros na nosa lingua aos cinco continentes. Etiquetas: Librarías

Galicia gastronómica

12 Xuño, 2006 (21:39) | Gastronomía, Internet, Medios |

Acaba de aparecer Galicia gastronómica, o primeiro xornal electrónico sobre cultura gastronómica galega. Á fronte do novo medio está á sabedoría e o rigor ao que nos ten afeitos Miguel Vila. Tivo a ousadía de convidarme a que publicase un dos meus textiños. Recomendo vivamente seguilo. Etiquetas: Gastronomía, Galicia

Nova etapa para "Vieiros da escola"

22 Maio, 2006 (22:07) | Educación, Internet, Medios |

Os Vieiros da escola iniciaron unha nova etapa, xestionados por Nova Escola Galega, dedicando un monográfico ao Día das Letras. A escola en galego precisa destes recursos electrónicos, que botamos en falta. Un eido que debemos atender con maior interese. Boa camiñada! Etiquetas: Vieiros, NEG, 17-maio

Máis internet, máis futuro

14 Maio, 2006 (09:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Internet |

No artigo da semana, ao fío da efeméride do 17 de maio, tamén Día de Internet e Día Mundial da Sociedade da Información, reflexiono sobre as relacións entre o novo paradigma comunicacional da literacidade electrónica globalizada e o futuro da lingua, cultura e identidade nosas. Etiquetas: Internet, Galicia, 17-maio, Lingua, Artigos

Internet+Galego+Futuro

10 Maio, 2006 (22:02) | Internet |

Que bonito é este espazo! Etiquetas: Internet, 17-maio, Galicia, Lingua

Dominio .gal

10 Abril, 2006 (21:55) | Internet |

Cómpre traballar por conseguir a concesión do dominio para a nosa lingua e para a nosa cultura. Etiquetas: Galicia, Internet

Nova web

15 Marzo, 2006 (08:11) | Internet |

Parabéns.

Dez anos de fantasía

25 Febreiro, 2006 (12:42) | Internet, Medios |

Os dez anos de Vieiros son dez anos de fantasía colectiva. O seu editor, Lois Rodríguez (modelo de discreción e teimuda coraxe), e o seu equipo de profesionais demostraron que en Galicia tamén é posible vivir nun país normal, que emprega a súa lingua de forma orgullosa e asume sen complexos o tempo contemporáneo.Vieiros, contra […]

Aniversario de Galicia encantada

20 Febreiro, 2006 (21:24) | Internet |

O pasado ano dabamos noticia da posta en marcha de Galicia encantada, a primeira enciclopedia na rede da fantasía popular en Galicia. Estes días celebra o seu primeiro aniversario. Dende aquela non fixo máis que medrar e incorporar novos contidos, converténdose xa nun dos espazos máis atractivos da rede en galego. Creo que particular interese […]

Google e Amazon: busca libros

12 Xaneiro, 2006 (23:16) | Internet |

Publícase hoxe na web dos editores un interesante e sesudo informe xurídico sobre a busca online de textos completos (Search Inside the Book de Amazon e Google búsqueda de libros). Que queira profundizar en tema tan complexo ten aí onde sachar.

Noxtrum

4 Decembro, 2005 (20:08) | Internet |

A versión beta de Noxtrum, o novo buscador do Grupo Telefónica Internacional, está operativa. A verdade é que a procura na web é aínda frouxiña, porén cun pouco de paciencia en Local poden atoparse teléfonos, cifs e mapas (información incluída nas páxinas brancas e amarelas) e por cinco buscas, dáche dereito (por agora) a enviar […]

Album 05

22 Outubro, 2005 (19:27) | Internet |

Vía mariademallou coñezo Album 05, unha interesantísima revista de artes electrónica quincenal. Velaí unha vía alternativa de calidade. Marabillosa é a programación musical da súa radio blog (Lamatumbá, Siniestro, Iván Ferreiro, Madialeva entr outros); moi interesantes son os artigos (recomendo a entrevista con Neira Cruz, seguir o Caderno de tormentas de David Rubín e debullar […]

Editoriais en Internet

13 Setembro, 2005 (20:11) | Editores, Internet |

Txetxu sempre atento ás novidades dá conta da aparición dunha editora (Literaturas con libros) que venderá só por Internet. Tres son os principios da nova editorial: calidade, independencia e coherencia. Máis sólido pareceume sempre o veterano proxecto de Minotauro digital, onde, ademais de incluír información, críticas e textos valiosos, poden descargarse, tamén, algúns libros electrónicos.

Nova web da AGE

28 Xuño, 2005 (22:08) | Internet |

Este día tivo outra nova feliz: colgamos a nova web do gremio de editores galegos. A verdade que é todo un luxo este novo traballo de Acordar.

Apoiamos unha cultura libre

7 Abril, 2005 (18:57) | Internet |

Internet e a normalización

29 Marzo, 2005 (16:45) | Internet, Lingua |

Millán dá conta estes días dun libro xa clásico sobre Internet no centro da estratexia de normalización lingüística. O traballo de Graells e Vives sobre o caso catalán merece a nosa intención. A reseña é moi suxestiva en temas, propostas e preguntas. Cal é razón de que non apareza nin o galego nin o catalán […]

Galicia encantada

3 Marzo, 2005 (23:13) | Internet |

Hoxe abriu un sitio que ben merece ser visitado. Galicia encantada é unha enciclopedia virtual da fantasía popular de Galicia. Aquí podemos atopar a historia da Galicia imaxinaria, seres míticos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras. Recoméndoa vivamente. Está preparada por Antonio Reigosa e a navegación é vistosa e amigable. Unha fonte que seguiremos con […]