Category: Libro

A lectura, chave do coñecemento

4 Marzo, 2009 (08:12) | Lectura, Libro |

Non pode pasar sen anotación no blog a reportaxe que onte publicou El País sobre a cultura de masas en España. Máis alá dos datos que proporciona sobre hábitos de consumo de produtos culturais, quero salientar o papel principal que se lle concede á lectura. Recollo dúas frases luminosas do noso amigo José Antonio Millán: […]

Como será o mundo do libro en 2020?

25 Febreiro, 2009 (19:25) | Librarías, Libro, Libro_electrónico, Tecnoloxías |

A revista Qué leer convocou a seis expertos para que fixesen a súa análise de como cren que será o mundo do libro en 2020. A verdade é que algúns dos prognósticos son moi interesantes. Para Juergen Boos, director da Feira do Libro de Frankfurt, en 2018 a venda de contidos dixitais superará a dos […]

Os partidos e o libro

19 Febreiro, 2009 (21:25) | Autonómicas_09, Libro |

Interesante esta información de culturagalega.org na que se recollen as propostas programáticas dos tres partidos arredor do libro e da edición. Todas as tres fan referencia na lei de bibliotecas e no apoio á industria editorial. O Partido Popular propón dedicar o 2010 como «Ano da Lectura», unha proposta que temos feito repetidamente nestas brétemas.

As cubertas de Daniel Gil

13 Xaneiro, 2009 (20:03) | Imaxes, Libro |

As cubertas que Daniel Gil preparou para Alianza Editorial marcaron un fito na historia do noso deseño editorial. Aquí está unha boa recompilación (938) en flickr realizada por Álvaro Sobrino. Unha gozada, tanto o traballo de Gil como a xenerosidade de Sobrino! Os editores, os deseñadores, os estudantes de deseño temos moito que aprender consultando […]

This Is Where We Live

3 Xaneiro, 2009 (18:20) | Editores, Libro, Promoción do libro, Vídeos |

This Is Where We Live from 4th Estate on Vimeo. Unha cidade de libros. Precioso vídeo promocional con motivo do 25 aniversario de 4th Estate Publishers. Grazas, Dorfun.

Libro en galego: menos títulos en 2007

25 Novembro, 2008 (19:03) | Cultura, Edición, Libro |

A edición de Vieiros dá conta hoxe dos datos, referidos ao ano 2007, extraídos do Anuario de Estatísticas Culturais do Ministerio de Cultura. Os datos amosan un crecemento da edición en Galicia (previsiblemente, a maior parte en castelán) e unha diminución da edición en galego, como xa adiantáramos no blog nesta anotación de comezos do […]

Frankfurt 2008 e os futuros do libro

15 Novembro, 2008 (14:00) | Artigos_Protexta, Eventos, Libro, Tecnoloxías |

A pesar dos efectos da «crise financeira» da economía globalizada, a Feira do libro de Frankfurt continúa sendo a Babel da edición contemporánea e a máis importante cita mundial de todos os profesionais da industria editorial. As cifras desta 60ª edición, na que Turquía foi o país convidado, falan de seu: participaron máis dun centenar […]

Literatura no móbil

7 Outubro, 2008 (19:30) | Libro, Tecnoloxías |

A reportaxe de El País, a pesar de non achegar grandes novidades, constitúe un interesante repaso sobre o fenómeno xaponés dos keitai shousetsu e, en xeral, sobre a actual situación actual do libro electrónico en España.

Que é un libro? Frankfurt 2008

26 Setembro, 2008 (17:23) | Blogs, Libro, Polémicas |

A polémica sobre o carácter inédito ou édito dun texto presentado a un premio literario é outra proba do moito que está mudando o mundo da edición, as súas rutinas, usos e costumes. O debate de fondo de tantas polémicas reside na dificultade de contestar á pregunta de «que é un libro?». Leo en ediciona, […]

«Libro aberto», noutro horario, por favor!

22 Setembro, 2008 (18:13) | Libro, Televisión |

Na madrugada de onte comezou outra nova tempada de Libro aberto, o magnífico programa de libros da TVG. A verdade que son de agradecer as mellores introducidas, sobre todo a de levar o programa fóra do plató (a entrevista a Manuel Rivas gravouse na imprenta Litonor de Santiago) a espazos vencellados coa cultura do libro. […]

Libros baixo demanda

20 Setembro, 2008 (08:55) | Libro, Tecnoloxías, Vídeos |

Así funciona a impresión baixo demanda. O da edición dixital impresa é un camiño sen volta que pode asegurar a edición democrática de libros con tiradas inferiores ao centenar de exemplares ou impresos baixo demanda dos lectores. Vía Leroy Gutiérrez.

Esculturas de libros

17 Setembro, 2008 (19:13) | Artes Visuais, Libro |

Vía: Trafegando ronseis

The Power of Books

20 Xullo, 2008 (10:26) | Imaxes, Libro |

[Tirado de Librosfera, grazas.]

Palabras para cambiar o mundo

2 Xuño, 2008 (20:16) | Autores, Eventos, Lectura, Libro, Vídeos |

Moito agradezo a Marcos que recollese o texto do pregón co que Agustín Fernández Paz inaugurou a Feira do Libro de Ourense o pasado 31 de maio. Recollo os derradeiro parágrafos, preciosos: “Todas as persoas necesitamos de historias, de soños, de palabras. Para entender o mundo e para entendernos a nós mesmos. Para soñar outras […]

Os futuros do libro

30 Maio, 2008 (20:09) | Lectura, Libro, Vídeos |

Manuel Bragado: os futuros do libro from Martin Pawley on Vimeo.Un anaco da conferencia de onte na Coruña. Obrigado, Pawley, pola gravación.

Que é un libro?

21 Maio, 2008 (20:14) | Libro, Vídeos |

Moi clarificadora é esta anotación do Txetxu sobre o que é hoxe un libro. A intervención do director da Feria del Libro de Sevilla (un libreiro) é igualmente moi recomendable.

Morreu o libro electrónico?

20 Maio, 2008 (19:19) | Edición, Libro, Tecnoloxías |

Interesantísima esta anotación de Joaquín Rodríguez sobre as dificultades de viabilidade do libro electrónico. Semella cada vez máis certo que fóra dun debate entre apocalípticos e integrados, son reais as dificultades para atopar un lector electrónico portable máis amigable que os actuais libros analóxicos. Isto non quere dicir, porén, que o proceso de dixitalización de […]

Entrevista a Manuel Rivas

9 Maio, 2008 (21:49) | Bibliotecas, Entrevistas, Lectura, Libro |

Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca: “A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de […]

Libro, mayday mayday

2 Maio, 2008 (10:19) | Lectura, Libro, Recurso_didáctico |

Imprescindible a lectura do fermoso artigo de hoxe de Manuel Rivas sobre o libro e a lectura. Transcribo apenas dous parágrafos: Mais se dispoñemos dun pequeno depósito de optimismo, vemos que a historia do libro é dunha resistencia exitosa contra tanta persecución. Na actualidade, as innovacións tecnolóxicas e todas as hipotecas que gravan o tempo […]

Arte con libros

12 Abril, 2008 (08:23) | Artes Visuais, Libro |

O escultor australiano Nicholas Jones fai estas pezas a partir de libros. Os libros impresos, ademais de para ser lidos, poden ser transofrmados e moldeados como arxila?Vía Alessandro Martins. A quen lle interese esta utilidade pode consultar outras anotacións sobre “arte con libros“.

Bookseat

7 Marzo, 2008 (03:10) | Imaxes, Libro |

Vía: Alessandro Martins.

Libros de mañá, a posición de Manuel Gago

8 Febreiro, 2008 (18:46) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

Manuel Gago publica hoxe unha anotación importante, a raíz do debate sobre “Os libros de mañá“, ao que tantas referencias fixemos no blog. A posición de Gago resúmese no derradeiro parágrafo da anotación: “A cuestión é en que medida é relevante agardar por algo que non sabemos cando nin como chegará. Eu teño a sospeita […]

2008, ano sen papel

3 Febreiro, 2008 (10:37) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

É moi interesante esta anotación de Calidonia sobre as razóns que o levaron a mercar un Sony Reader que pode axudarnos a valorar as posibilidades deste dispositivo de lectura electrónica. Seguiremos as súas anotacións de usuario que semellan, polo comentario que nos deixa nunha das nosas, moi favorables e demostran que esta cuestión está “máis […]

Como encadernar un libro?

2 Febreiro, 2008 (12:01) | Libro, Vídeos |

Vía Alesandro Martins.

Por que fracasan os e-books?

1 Febreiro, 2008 (16:57) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

Esta explicación de Joaquín Rodríguez amosa moi claramente cáles son as razóns polas que ata agora veñen fracasando os e-books, os dispositivas de lectura electrónicos. Como ben sinala Martín Gómez (na anotación que enlzao, magnífica e oportunísima coma sempre) os dispositivos fracasaron por que non acertaron nin coa portabilidade (os libros impresos son máis versátiles […]

Libros sen papel

30 Xaneiro, 2008 (22:36) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

Xavier Alcalá é dos primeiros autores galegos que propón unha reflexión pública sobre a utilidade dos libros sen papel. Alcalá, como tecnólogo que é expresa a súa posición, con prudencia, mais sen deixar lugar a moitas dúbidas: “O libro sen papel está na rúa, conectado sen fíos á rede de redes, e capacitado para almacenar […]

Libros de mañá, a posición de Neuman

30 Xaneiro, 2008 (22:17) | Libro, Literacidade |

A pasada semana falabamos do interesante debate sobre os “libros de mañán“. Hoxe aconsello este artigo luminoso e moi clarificador do escritor arxentino Andrés Neuman onde se abordan practicamente todos os temas daquel debate. Recomendo moito a súa lectura. Adianto un dos parágrafos que considero máis interesantes para a autoestima dos editores que continuamos publicando […]

Os libros de mañá (III)

24 Xaneiro, 2008 (19:19) | Eventos, Libro, Literacidade |

Foi moi interesante e viva a mesa redonda de onte sobre “Novas tecnoloxías e novas linguaxes“. Moderou con moito xeito e coñecemento Manuel Gago que de saída presentou o estado da cuestión. Nas primeiras intervencións, conformáronse dúas posicións non antagónicas, aínda que si ben perfiladas na lectura do problema: a dos escritores (Francisco Castro e […]

Os libros de mañá (II)

23 Xaneiro, 2008 (19:05) | Eventos, Libro, Literacidade |

Recomendo a lectura da reportaxe de Vieiros, a raíz da mesa redonda de hoxe, sobre cómo serán “os libros de mañán”. Recollo un parágrafo das miñas declaracións que resumen opinións verquidas no blog: “E mais un exemplo: dende hai dous anos a Editorial Xerais está producindo libros que non se imprimen, que se distribúen directamente […]

Kindle

20 Novembro, 2007 (20:14) | Lectura, Libro, Tecnoloxías |

Este si que pode ser unha das modalidades do libro electrónico do futuro. Da factoría Amazon. Recomendo a lectura do comentario de Enrique Dans sobre esta nova intentona de libro electrónico: “El anuncio me ha parecido bastante impactante: no se trata de un dispositivo para navegar, ni tiene WiFi, pero puedes navegar por un montón […]

Un libro en origami

2 Novembro, 2007 (18:33) | Artes Visuais, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

Vía: Alessandro Martíns (fonte enorme de descubertas). Obrigado.

Decálogo das persoas libro

25 Agosto, 2007 (12:38) | Imaxes, Lectura, Libro |

En homenaxe a Fahrenheit 451.Vía Libreros. Etiquetas: Fahrenheit_451

O pregón de Suso de Toro

1 Agosto, 2007 (12:28) | Autores, Eventos, Lectura, Librarías, Libro |

Co pregón de Suso de Toro comeza hoxe a Feira do Libro da Coruña. Recollemos unha boa parte do interesantísimo texto do autor de Home sen nome no referido ao libro, a lectura e as bibliotecas públicas: “O libro […] ten ese carácter case personal, o lector le no libro e dialoga con el. Se […]

Libro electrónico

18 Xullo, 2007 (07:23) | Cine, Libro, Tecnoloxías, Vídeos |

Esta interesante curta de anticipación, promovida polo grupo Editis, propón unha reflexión sobre o que poderá ser o futuro do libro: posible ou probable? Inevitable, diría eu. Recoméndoa. Vía Txetxu. Ver a curtametraxe (10 minutos). Etiquetas: Editis

Listos para ler

25 Maio, 2007 (17:33) | Edición, Libro, Xerais |

Chega a Madrid a exposición “Listos para leer“, que recolle unha colección de catro centos libros editados en España entre 2000 e 2006. Comisariada por Enric Satué esta exposición supón unha reivindicación da necesidade de poñer en valor o traballo dos deseñadores gráficos editoriais. Entre estes volumes temos a satisfacción de que se atopan catro […]

Libro almofada

14 Abril, 2007 (20:52) | Imaxes, Libro |

Este libro é unha almofada de verdade. Vía: Manolo Gago. Etiquetas: Libro

Libro e nación

24 Marzo, 2007 (11:01) | Autores, Librarías, Libro |

“O libro é a nación portátil.”Manuel Rivas. Intervención na entrega dos premios Irmandade do Libro 2007. Carballo. Etiquetas: Rivas, Libro

Vivir entre libros

20 Febreiro, 2007 (22:22) | Libro |

Para vivir entre libros. Vía Librosfera. Etiquetas: Libros

Montolieu, vila do libro

20 Febreiro, 2007 (21:53) | Cidades, Edición, Iniciativas, Librarías, Libro |

Xa oíra falar algunha vez de Montolieu, a pequena vila francesa do libro e das artes gráficas, situado pretiño de Carcassone. Conta apenas 800 habitantes e porén posúe catorce librarías e un fondo dispoñible de 250.000 exemplares, ademais dun museo sobre as artes gráficas, dun muíño de papel e de diversos artesáns dedicados á impresión. […]

Lei do libro e da lectura de Galicia

11 Xaneiro, 2007 (20:19) | Lectura, Libro |

Hoxe xa no DOG.

Outro libro electrónico

11 Xaneiro, 2007 (19:39) | Libro, Tecnoloxías |

Aínda que non foi lanzado coa espectacularidade do iphone (unha marabilla!), o Sony reader é unha nova proposta de libro electrónico. Aparecido no mercado norteamericano hai catro meses, utiliza a tecnoloxía de tinta pasiva que imita a iluminación natural, o que permite ao usuario ter a impresión de estar lendo unha folla de papel (o […]

Tabucchi: "un libro é un universo en expansión"

23 Abril, 2006 (10:57) | Libro |

Recomendo esta dúas entrevistas de hoxe con Tabucchi, pregoeiro do Sant Jordi. Recollo algunha das súas opinións que me interesaron: Unha flor e un libro supoñen unha fermosísima combinación: paz, ledicia e intelixencia. Pensar nos libros, nos propios e nos alleos, é unha actividade interesante, porque un libro, contra o que algúns cren, non remata […]

O destino dos libros está escrito nas estrelas

14 Marzo, 2006 (21:31) | Efemérides, Libro, Literatura infantil e xuvenil |

Vía alcameh coñezo a mensaxe e o cartel do Día Internacional do Libro Infantil 2006. O texto é do escritor eslovaco Ján Uličiansky e o cartel do ilustrador da mesma nacionalidade Peter Čisárik. Recollo un anaco dun texto moi recomendable: Os livros são realmente como estrelas num céu nocturno. Há tantos, não podem ser contados […]

U-la túa casa?

18 Febreiro, 2006 (14:19) | Blogs, Libro |

A túa casa está onde están os teus libros. De que están feitas as palabras? As palabras están feitas de material inflamable que se incendia ao rozalas coa imaxinación. (Octavio Paz) Recomendo ver devagariño este vídeo-post de Barbol construído só con palabras e música.Obrigado a Txetxu e a Moebius polo magnífico enlace.

As virtudes dun libro

6 Xaneiro, 2006 (10:20) | Libro |

Enlazo unha cita marabillosa de Paul Valery sobre as virtudes dun libro. Si señor, un bo libro é unha máquina perfecta de ler, cuxas condicións son definibles con bastante exactitude polas leis e métodos da óptica fisiolóxica; e, ao mesmo tempo, un obxecto de arte, unha cousa, mais coa súa personalidade, unha que leva marcas […]

Opinións de Roger Chartier

17 Decembro, 2005 (15:06) | Editores, Libro |

Desque lin Historia de la lectura en el mundo occidental sigo con interese a Guglielmo Cavallo e Roger Chartier. Hoxe Babelia publica unha entrevista co historiador francés na que boto en falta un pouco máis de coraxe para responder ás preguntas claves que todos nos facemos sobre o futuro do libro e a lectura. Con […]

Da subvención á inversión

4 Novembro, 2005 (07:03) | Cultura, Edición, Libro |

Txetxu Barandiarán pronunciou unha conferencia que pretendía sacar as cores ao sector, baixo o título provocador de “O sector do libro da subvención á inversión” (pódese ler o PDF). Partindo da constatación de que os comportamentos evolucionan máis amodiño que as tecnoloxías, debullou o que entende por un cambio de paradigma: a cultura está hoxe […]

Libros á rúa

31 Outubro, 2005 (09:59) | Cidades, Libro, Promoción do libro |

Sabía desta veterana campaña Libros a la calle promovida por editores e libreiros madrileños (dende hai oito anos), e apoiada por empresas de transportes públicos e administracións da Comunidade e Concello de Madrid. A presenza e a calidade da de 2004 é mellor do que agardaba: en cada vagón do metro ou en cada autobús […]

Historia do libro

26 Setembro, 2005 (21:21) | Historia, Libro |

Pasei boa parte da tarde debullando esta espléndida Historia del libro de Frédéric Barbier que Alianza porá nos andeis das librarías dentro duns poucos días. Concibida dende unha perspectiva interdisciplinar, e moi ancorada, quizais excesivamente, na cultura e tradición editorial francesas, a obra vai abordando tanto a evolución do soporte, dos materiais e dos procedementos […]

O libro e o seu soporte

21 Agosto, 2005 (09:27) | Edición, Libro |

Barandiarán volve propoñer un debate sobre os límites da lectura máis aló do soporte: por que non chamamos lector ao que le na pantalla? Remítenos a outra súa reflexión anterior, sobre os límites do concepto da edición e do libro. A verdade é que concordo plenamente con esta análise: o traballo do editor está por […]