Category: Literacidade

Os libros de mañá (II)

23 Xaneiro, 2008 (19:05) | Eventos, Libro, Literacidade |

Recomendo a lectura da reportaxe de Vieiros, a raíz da mesa redonda de hoxe, sobre cómo serán “os libros de mañán”. Recollo un parágrafo das miñas declaracións que resumen opinións verquidas no blog: “E mais un exemplo: dende hai dous anos a Editorial Xerais está producindo libros que non se imprimen, que se distribúen directamente […]

Sobre o futuro da cultura escrita

21 Xaneiro, 2008 (18:57) | Edición, Literacidade |

Sigo dende ha moito tempo Nómada o blog do profesor da Universidade da Coruña Juan Freire, para min un dos máis rigorosos e interesantes da blogosfera española. Recomendo esta súa anotación de hoxe na que reflexiona sobre o futuro da cultura escrita, do libro (e da industria editorial). Para Freire o novo escenario, no que […]

Un ano para a lectura

19 Xaneiro, 2008 (11:31) | Cultura, Lectura, Literacidade |

Cincocentos escritores e intelectuais británicos dirixíronse ao seu primeiro ministro para solicitarlle, diante dos fracos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos no informe PISA, que se dedique o ano 2008 á lectura. Idéntica preocupación comparte Channel 4, unha das canles privadas de televisión de maior audiencia, que na súa franxa de prime time decidiu […]

Internet 2008, 11 tendencias

25 Decembro, 2007 (13:26) | Blogs, Internet, Literacidade |

Esta anotación de Manuel Gago é desas imprescindibles para o arquivo do blog. Gago recolle algunhas tendencias de Internet que vexo moi claras (o maior peso das redes sociais, a reubicación do papel dos blogs e do seu número, internet como auténtico disco duro, o fortalecemento das edicions en liña sobre as impresas, a personalización…). […]

Ler para comprender o mundo

9 Decembro, 2007 (11:39) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Lectura, Literacidade |

Inevitablemente no artigo da semana comento os resultados do Informe PISA 2006. Como son consciente das limitacións do informe (mais vale que a ministra fose, tamén, máis prudente), pretendín facelo dende a perspectiva da oportunidade que ofrece para enfrontar o reto da mellora da comprensión lectora e da alfabetización informacional. Estou convencido, como teño salientado […]

A alfabetización na era dixital

10 Setembro, 2007 (17:49) | Educación, Lectura, Literacidade, Slideshare |

Moi recomendable esta presentación de Tiscar sobre a Alfabetización na era dixital. Utilísima para o profesorado de ESO á hora de preparar a abordaxe do desenvolvemento da competencia dixital. Etiquetas: Alfabetización_informacional

Os blogs na escola

12 Xuño, 2007 (19:57) | Blogs, Educación, Literacidade |

Moi recomendable este número de Vieiros na escola sobre o uso educativo dos blogs. Coa implantación da nova reforma curricular e a necesidade do desenvolvmento da competencia dixital, producirase o estoupido do fenómeno dos blogs escolares. Unha boa oportunidade para reflexionar sobre a utilidade do soporte e o traballo sobre a literacidade electrónica e crítica […]

Plan de lectura

13 Maio, 2007 (09:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lectura, Literacidade |

No artigo da semana reflexiono sobre o que debe supoñer a aprobación do Plan de lectura de Galicia e os cambios no concepto do libro e a lectura. Etiquetas: Artigos

Proxecto alfabetización dixital de Google

12 Abril, 2007 (20:04) | Internet, Literacidade |

Isto ten moi boa pinta. Poden consultarse vídeos sobre literacidade electrónica, blogs sobre libros e lectura e outras moitas utilidades. Un bo recurso educativo. Etiquetas: Google_literacy

El nacimiento de la nueva "literacidad"

10 Marzo, 2007 (10:06) | Internet, Lectura, Literacidade |

En día tan sinalado como o de hoxe, aparece publicado un meu artigo no ABCD (“Las Artes y las Letras), o interesante suplemento cultural de ABC, ademais dunha referencia a este blog no mesmo medio. No artigo reflexiono sobre a cuestión da literacidade electrónica, tema que xa abordamos aquí en diversas ocasións. Etiquetas: Literacidade, ABCD

Un libro electrónico enrolable

12 Febreiro, 2007 (21:34) | Literacidade, Tecnoloxías |

Novo formato para o libro electrónico, agora enrolable. Vía: J.A. Millán. Etiquetas: Libro_electrónico

Do texto ao hipertexto

10 Febreiro, 2007 (22:34) | Internet, Literacidade, Vídeos |

Recoméndoo vivamente (case cinco minutos).Vía José Antonio Millán. Etiquetas: Hipertexto, Web-2.0

Sete cousas que debemos saber sobre os libros electrónicos

23 Xaneiro, 2007 (23:17) | Edición, Literacidade, Tecnoloxías |

Unha anotación moi clara sobre o que son os libros electrónicos. Etiquetas: e_books

Libros galegos en Internet

19 Xaneiro, 2007 (21:39) | Internet, Lingua, Literacidade, Novidades |

Este traballo de Henrique Neira Pereira é fundamental para coñecer o estado actual dos libros galegos en Internet. Completísimo e de gran utilidade esta guía de recursos en liña, ademais do actualizada da reflexión que propón. “Este libro comezou sendo un traballo para o seminario “Produción e empresa editorial. Tradición e novas tecnoloxías”, impartido polo […]

Encrucillada

1 Decembro, 2006 (13:39) | Cultura, Eventos, Literacidade, Televisión |

Hoxe participo, xunto con Suso Iglesias, nun debate sobre o futuro da cultura e os medios de comunicación en Galicia, dentro dun ciclo organizado polo Ateneo de Pontevedra sobre prospectiva. Será unha boa oportunidade para volver reflexionar sobre a encrucillada histórica na que estamos. O miolo da miña intervención xirará arredor das seguintes cuestións: Estamos […]

1000

14 Outubro, 2006 (14:49) | Blogs, Internet, Literacidade, Persoal |

Estas brétemas acadan co este post o seu número 1000, unha cifra inimaxinable cando hai case dous anos iniciabamos este vieiro de publicación na rede. Os máis de tres mil comentarios que as enriqueceron –contradicindo, polemizando ou rectificando ao autor con absoluta liberdade e grande xenerosidade– e os lectores e lectoras silenciosos que sei as […]

Grupo Blogs e Libros

5 Outubro, 2006 (20:21) | Blogs, Literacidade |

Juan preparou un novo wiqui para realizar as achegas sobre o esquema acordado no Encontro Blogs e Libros. Ábrese así un espazo de traballo colaborativo aberto a todos os que queiran facer as súas achegas. Eis un modelo de escritura en rede.Vídeo sobre o Encontro. Grazas, Pablo! Etiquetas: Blogs, Libros

Encontro Blogs e Libros

1 Outubro, 2006 (09:06) | Blogs, Eventos, Literacidade |

O primeiro Encontro Blogs e Libros resultou un éxito. Xuntámonos case vinte blogueiros para conversar durante tres intensas horas sobre as relacións dos blogs cos libros (aínda que despois do falado sería mellor dicir “coa lectura”). Froito do encontro foi a constitución do Grupo Blogs e Libros e a convocatoria dun novo encontro, coordinado por […]

Literacidade crítica

29 Setembro, 2006 (21:44) | Literacidade |

A importancia da lectura crítica foi outros dos temas máis abordados na nosa conversa de hoxe. Sobre esta importante cuestión, suscitada en primeiro lugar por Tíscar, a miña análise resúmese neste texto: “No entorno desta nova cultura dixital é imprescindible, ademais, que cada un dos usuarios empregue unha perspectiva de lectura crítica, para saber diferenciar […]

Unha nova comunicación cultural

29 Setembro, 2006 (21:27) | Literacidade |

No debate do encontro que celebramos esta mañá (do que faremos ampla crónica nos vindeiros días) abordamos as características e os problemas que suscita a nova comunicación cultural, caracterizada pola coexistencia da lectura sobre os soportes analóxicos e dixitais. Neste texto resumo os argumentos da miña posición: “No seu libro máis recente, Tras las líneas, […]

A lectura, eixo do novo modelo comunicacional

27 Setembro, 2006 (20:42) | Lectura, Literacidade |

(Ilustración vía Roger Michelena) Ás portas da celebración do primeiro encontro de “Blogs e libros“, no que participaremos o vindeiro venres, preparei unha reflexión sobre o que entendo é a centralidade que adquire a lectura no novo contexto da literacidade electrónica. Velaí un fragmento do texto: “Desprazada a preeminencia do soporte analóxico sobre o contido, […]

Sismo cultural?

22 Xuño, 2006 (20:58) | Edición, Literacidade, Tecnoloxías |

Hoxe no Ciberpaís aparecen dous importantes artigos que abordan a cuestión da dixitalización dos fondos textuais, feito (para min incuestionable) que rexeiten a maioría dos editores internacionais e que promove, fundamentalmente, Google. O traballo de Francis Pisani analiza o estado da cuestión, mentres que o de Eric Schmidt (director mundial de Google inc) defende abertamente […]

Literatura participativa

3 Xuño, 2006 (14:04) | Blogs, Literacidade, Narrativa |

A raíz dos comentarios que fixemos recentemente algúns blogueiros galegos, Juan Varela publica un texto imprescindible para entender o futuro da literatura na rede. Insiste na nova literacidade (á que tantas veces nos temos referido) como un dos elementos que axudan a explicar o éxito dos escritores blogueiros e denuncia que, porén, que hai escritores […]

Diabete informática

28 Maio, 2006 (08:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Literacidade |

No artigo da semana, partindo do concepto de Economía da Atención, reflexiono sobre a importancia dos espazos de intermediación en Internet e no mundo comercial. Etiquetas: Artigos, Internet

Prosa electrónica e futuro da lingua

12 Maio, 2006 (14:00) | Lingua, Literacidade |

Hoxe aparece publicada unha reflexión que escribín sobre as relacións entre a nova prosa electrónica e o futuro da lingua. Etiquetas: Internet, Lingua

Política 3.0

20 Abril, 2006 (20:07) | Blogs, Literacidade, Política |

A fundamentación da intervención de Juan Varela estivo nos seus conceptos de Política 3.0 e de democracia extrema. Etiquetas: Política3.0, Periodistas21

Identidades de dominio público

20 Abril, 2006 (19:22) | Blogs, Literacidade |

Compromisos profesionais impedíronme asistir á totalidade da xornada do encontro blogueiro. Por fin, coñecín a Ascárida que moderou modelicamente a nosa mesa, tanto polo control dos tempos como polo atinado das presentacións.Foi magnífica e moi clarificadora sesión de Juan sobre xornalismo electrónico. A súa definición dos blogs como identidades de dominio público pareceume que sinala […]

Literatura e Novas Tecnoloxías

26 Marzo, 2006 (20:26) | Literacidade |

Na mesa redonda do onte falamos máis de Literatura ca de Novas Tecnoloxías, quizais debido a que os participantes quedaron reducidos á metade, xa que Jaureguizar debeu volver precipitadamente a Lugo e Pedro Sena-Lino non puido aterrar en Galicia, a pesar de intentalo en dúas ocasións. Manuel Forcadela, despois de rememorar os antecedentes da súa […]

Literacidade electrónica

24 Marzo, 2006 (22:42) | Literacidade |

Mañá moderarei unha mesa redonda sobre “Xornalismo electrónico, foros, e-books e blogs”, na que están convidados a participar Jaureguizar, Camilo Franco, Manuel Forcadela e Pedro Sena-Lino. Antes de darlle paso as súas intervencións e para organizar os temas a debater pretendo salientar cinco grandes ámbitos temáticos que considero centrais para abordar o tema. Na miña […]

Literacidade ou cultura escrita

21 Marzo, 2006 (21:08) | Ensaio, Literacidade, Novidades |

Aproveito os poucos ocos dos que dispoño estes días para mergullarme no magnífico libro novo de Cassany. Interesoume moito a importancia que lle concede ao concepto de literacidade crítica e a súa insistencia en que non se pode entender nada plenamente, se non se relaciona co autor, o lector e as súas comunidades. Isto supón […]

Diálogo entre a edición impresa e a edición dixital

7 Novembro, 2005 (15:20) | Edición, Literacidade |

Manuel M. Barreiro propuxo na súa intervención no Simposio un diálogo entre a edición impresa e a edición dixital a partir da análise da publicación de manuais de referencia e universitarios. Partindo da constatación do proceso en marcha cara a desaparición inevitable deste tipo de obras en edición impresa propuxo considerar o contido como auténtico […]

Os blos e a creación cultural

6 Novembro, 2005 (00:10) | Literacidade |

A Mesa “Os blos e a creación cultural” foi a mellor de todo o Simposio. Durante dúas horas ben medidas houbo información, debate e unha preciosa sorpresa final. Non se pode pedir máis. Algúns dos datos proporcionados non poden ser esquecidos: en galego publícanse 50.000 post cada ano cunha audiencia de millóns de visitantes, e […]

Economía da atención

4 Novembro, 2005 (06:43) | Literacidade |

José Antonio Millán abriu o Simposio sobre o Libro e as Novas Tecnoloxías cunha conferencia moi optimista. Partindo do concepto de “economía da atención“, acuñado por Goldhaber propuxo estratexias para transformar bitios en libros e libros de papel en bitios. A utilización da impresión baixo demanda e a escritura de libros diante do público na […]

Escritura para a rede

25 Agosto, 2005 (21:20) | Literacidade |

Vía libro de notas atopo un artigo interesante que constitúe todo un manual de estilo para a escritura na rede. Para o autor, claridade, sinxeleza e concreción, así como unha axeitada xestión dos enlaces son as claves para obter un texto lexible na rede.Para sacarlle máis partido a este artigo, aconsello imprimilo e lelo devagariño […]