Category: Literatura infantil e xuvenil

Finalistas dos Premios Xerais 2009

29 Maio, 2009 (20:15) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Reunido, hoxe 29 de maio, no castelo de Soutomaior, o xurado da XXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que participaron corenta e cinco obras,  formado por Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo […]

Book trailer XII: «O livro inclinado»

16 Maio, 2009 (09:34) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Portugal, Promoción do libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0EzJWtf9LbI” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Vía Blogtailors (grazas).

«A forza das minorías» Congreso IBBY, Compostela 2010

2 Maio, 2009 (11:22) | Asociacionismo, Eventos, Exposicións, Literatura infantil e xuvenil |

Gustoume o o proxecto gráfico deseñado por Xan López Domínguez para o espazo web do Congreso do IBBY 2010 en Compostela. Xa se coñecen algúns dos primeiros nomes de conferenciantes, seminarios ou de actividades dunha cita extraordinaria e decisiva para o sector editorial galego. [Poden colocarse banners no blog e descargarse folletos co avance do programa]

Libro infantil galego

3 Abril, 2009 (07:08) | Edición, Literatura infantil e xuvenil |

«O 60% dos libros galegos van a éscola», reportaxe de Xornal de Galicia con motivo do Día Internacional do Libro Infantil.

Día Internacional do libro infantil 2009

28 Marzo, 2009 (09:52) | Efemérides, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

Reproducimos a mensaxe e o cartel conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil 2009, promovido polo IBBY. O texto e a ilustración son do ilustrador exipcio Hani D. El-Masri e a tradución para o galego de Manuel Figueiras.

«O sombreiro Chichiriteiro»

6 Marzo, 2009 (11:48) | Ilustración, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Hoxe estamos moi ilusionados, chegaron os primeiros exemplares d’ O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro conto infantil de Manuel Rivas, ilustrado de forma xenial por Patricia Castelao. Velaí unha mostra deste traballo gráfico que Patricia Castelao realizou sobre un relato centrado sobre a amizade e a esperanza (dous valores tan necesarios nestes días difíciles de desacougo).

Animar a lectura pola radio

5 Marzo, 2009 (21:40) | Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

Dende o pasado mes de xaneiro alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria do Colexio Público Pazos de Reis de Tui desenvolven durante as mañás dos martes un programa de animación á lectura na Radio Municipal de Tui. Os alumnos e alumnas analizan un libro, realizan unha pequena reseña do autor e recomendan a súa […]

«Internet está cheo de lectores e baleiro de libros»

5 Novembro, 2008 (19:29) | Lectura, Literatura infantil e xuvenil |

Esta entrevista a Gemma Lluch, profesora da Universidade de Valencia e especialista en temas de lectura e formación literaria para mozos, é moi interesante. Paréceme moi lúcidas as súas relexións sobre os novos xeitos de lectura dos nativos dixitais (os nenos e mozos de hoxe en día). Comparto moitas das súas afirmacións, que me parecen […]

Carlos López, gañador do Raíña Lupa

28 Outubro, 2008 (23:01) | Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Carlos López, o autor de Minimaladas (Premio Merlín 2008) foi declarado hoxe gañador do Premio Raíña Lupa 2008 pola súa obra A peripecia de Roi. Precisamente, estes días, metimos no prelo Novas minimaladas, continuidade do seu libro anterior, ilustrada tamén polo seu amigo David Pintor. Beizóns para o bo de Carlos.

Xeración Lamote

26 Outubro, 2008 (20:46) | Autores, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil |

Debemos a Xurxo Lobato desta magnífica foto dos tres membros da que poderiamos chamar «Xeración Lamote», Paco Martín, Xabier P. DoCampo e Agustín Fernández Paz. Os tres, premios nacionais; os tres, mestres da escola das pombas; os tres, amigos de corazón; os tres, trabes desas letras chairegas universalmente galegas.

«O libro das cidades imaxinarias»

20 Outubro, 2008 (22:37) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Vídeos, Xerais |

“O libro das viaxes imaxinarias” from Martin Pawley on Vimeo. Só podo dicir que este libro de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas é unha marabilla!

Encontros Luso-galacio-franceses do libro infantil e xuvenil

8 Outubro, 2008 (15:24) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

O 14 e o 15 de novembro celebraranse no Porto, no Auditorio da Bibliotecas Municipal Almeida Garret, os XIV Encontros Luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil. Nesta edición xirarán arredor do tema «A memoria nos libros: Historia e historias». Información e inscripcións: Helena Silva. Biblioteca Municipal Almeida Garrett. Telef. nº 226081000e-correo: bib.agarrett@cm-porto.pt PROGRAMA 14, 6ª […]

A forza das minorías

18 Setembro, 2008 (17:30) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Un grande acontecemento para Galicia e para a nosa LIX. Quedan dous anos de duro traballo.

Literatura sen adxectivos

10 Setembro, 2008 (18:37) | Literatura infantil e xuvenil |

Moi recomendable este texto da conferencia de María Teresa Andruetto, publicado na revista Babar. Un excelente repaso aos grandes debates actuais sobre a literatura infantil e xuvenil. Moi recomendable. Un texto para o arquivo.

Una má de contes

13 Abril, 2008 (11:09) | Literatura infantil e xuvenil, Televisión, Vídeos |

Este programa de TV3 non podía ser emulado en galego pola TVG?Vía Laie CCCB

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

1 Abril, 2008 (19:49) | Efemérides, Literatura infantil e xuvenil |

A sección do IBBY de Thailandia foi este ano a designada para preparar o texto e o cartel da xornada do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O autor do texto e do cartel foi Chakrabhan Posayakrit. Traducimos o texto, a partir da versión española de Laura Canteros (Imaginaria): “Os libros […]

Jürg Schubiger, premio Andersen 2008

1 Abril, 2008 (07:17) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

O autor suízo Jürg Schubiger foi o gañador do Premio Andersen 2008 (o nobel da LIX), anunciado onte na Feira de Bologna. O pasado ano publicamos Así comezou todo, un libro que escribiu xunto co poeta Franz Hohler. Schubiger combina a actividade de escritor coa de psicoterapeuta en Zürich e Tessin. As súas primeiras historias […]

Centro do IBBY para CdC

31 Marzo, 2008 (19:37) | Beizóns, Cultura, Literatura infantil e xuvenil |

Estas son dúas grandes noticias para a nosa LIX e para o futuro da nosa lingua.Este centro do IBBY, ubicado na Cidade da Cultura, terá como principal obxectivo “o estudo, a difusión e a promoción dos libros para nenos e mozos procedentes das linguas e culturas minorizadas”. Será o segundo centro internacional que o IBBY […]

Book trailer XI: "O carteiro de Bagdad"

28 Marzo, 2008 (10:54) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Vídeos |

Magnífico o book trailer d’ O carteiro de Bagdad, o precioso libro de Marcos S. Calveiro. Parabéns a Edelvives pola iniciativa.

"Memoria contra Alzheimer", presentación

4 Marzo, 2008 (08:19) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Presentacións, Xerais |

Onte presentamos en Vigo Memoria contra Alzheimer a novela curta de Rafael Laso publicada en Fóra de Xogo. O acto celebrouse na sede Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Vigo, entidade profesional á que pertence o autor, coa presenza dun público numeroso. Rafael Laso sinalou na súa intervención que na novela pretendeu que unha partida […]

Xabier P. Docampo

2 Febreiro, 2008 (11:23) | Autores, Beizóns, Literatura infantil e xuvenil |

Mágoa que non poidamos acompañar hoxe ao noso ben querido Xabier Puente Docampo na merecidísima homenaxe que lle rende o Salón do Libro de Pontevedra. Xabier leva feita unha contribución monumental ás nosas letras e ao noso afán colectivo de conformación dun criterio literario nos lectores de todas idades, que non se pode pagar cunhas […]

"Remoldiño vai a feira"

26 Xaneiro, 2008 (11:29) | Literatura infantil e xuvenil, Teatro, Xerais |

Como xa fixeramos o pasado ano, comezamos a nosa campaña de animación á lectura nos centros escolares de educación infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Casa Hamlet coa obra de Manuel Lourenzo Remoldiño vai á feira, inspirada no texto de Xoán R. Cuba. Etiquetas: Remoldiño_vai_á_feira

"A casiña de chocolate"

14 Xaneiro, 2008 (19:40) | Ilustración, Literatura infantil e xuvenil |

Pablo Auladell está preparando esta marabilla para unha versión d’ A casiña de chocolate que publicará proximamente Kalandraka. Un ilustrador xenial. Etiquetas: Pablo_Auladell

"A sombra descalza", incluída na Lista de Honra do IBBY 2008

8 Xaneiro, 2008 (19:22) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe soubemos da inclusión d’ A sombra descalza de An Alfaya na Lista de Honra do IBBY 2008. Unha espléndida noticia para comenzar o ano. Esta obra xa contaba cos seguintes premios: o Lazarillo de literatura xuvenil 2005; o Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2006 e o White Ravens 2007. […]

"La Mar de Letras", premio libraría cultural 2007

29 Novembro, 2007 (07:59) | Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Onte participei no xurado do IXº premio Libraría Cultural, organizado por CEGAL. A experiencia foi moi bonita. Entre novas propostas, todas elas moi interesantes, e despois de estudar as sús correspondentes memorias, escollemos (case por unanimidade) o proxecto presentado por “La Mar de Letras“, unha libraría especializada en promoción da lectura e fondo infantil e […]

Nace "Bloc"

12 Novembro, 2007 (20:22) | Beizóns, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Medios |

Tras a aparición de Trama y texturas, coñecemos a aparición de Bloc, revista internacional de literatura infantil y juvenil. A presenza de grandes amigos como Xabier P. Docampo, Auladell ou Ventura aseguran rigor, beleza e calidade nunha publicación profesional semestral de expléndida presentación. A presentación será en Madrid o 20-N (unha boa chiscadela, si señor). […]

Presentación dos Premios Fundación Caixa Galicia

31 Outubro, 2007 (21:59) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Xerais |

Despois de dúas xornadas de intenso traballo en Madrid, regresei por Compostela para participar na presentación de Illa soidade de An Alfaya, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil e O ceo dos afogados de Francisco Castro, finalista do mesmo certame. A presentación foi moi xeitosa e orixinal, xa que An presentou a […]

Entrevista a Agustín Fernández Paz

18 Outubro, 2007 (07:58) | Adiantos, Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais |

O levantador de minas publica unha entrevista audiovisual con Agustín Fernández Paz e un adianto lido dun dos contos (“Amor do agosto”) que forma parte do seu vindeiro libro (no prelo) O único que queda é o amor. Moi recomendables os dous documentos audiovisuais. Beizóns para Alfredo e Tati!

Antonio Seijas

8 Outubro, 2007 (14:06) | Artes Visuais, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil |

Moi interesante esta páxina de Antonio Seijas, o ilustrador e o noso portadista da colección Fóra de Xogo. No espazo poden verse algunhas novidades, aínda inéditas. Os nosos parabéns. Recoméndoa. Etiquetas: Antonio_Seijas

Teatro infantil

11 Setembro, 2007 (19:08) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Teatro, Xerais |

Hoxe presentamos en Compostela o libro Teatro infantil. Do texto á representación froito da colaboración de Xerais e da Fundación Caixa Galicia coa LIJMI (Red Temática de Investigación “Las literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico”). Este libro continúa aos publicados nos dous últimos anos con motivo do Curso de Formación Continua sobre as literaturas […]

Marcos S. Calveiro gaña o Ala Delta

10 Setembro, 2007 (17:30) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Beizóns!!! Etiquetas: Marcos_S._Calveiro

Pablo Auladell

5 Setembro, 2007 (11:34) | Adiantos, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

O ilustrador Pablo Auladell emprega o seu blog para adiantar os traballos que vai finalizando. Eis catro ilustracións das que preparou para o novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz (O único que queda e amor), que publicaremos nunha nova colección no vindeiro mes de outubro. Das características da colección e das súas dúas […]

Book trailer II

2 Setembro, 2007 (09:57) | Book_trailer, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Vídeos |

O de Coraline, o libro de terror para nenos de Neil Gaiman, é un dos book trailer máis bonitos que coñezo. Chama a atención que o libro como tal case non apareza, coa excepción das ilustracións de David Mckean. Un caso ben diferente é o dos book trailers que publica Harper Collins Canadá, nunha liña […]

"Illa Soidade", adianto do primeiro capítulo

18 Xuño, 2007 (20:29) | Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Illa soidade, a novela de An Alfaya gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil. Boa lectura! Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Premio Xerais 2007, os artigos de Luzes

15 Xuño, 2007 (07:46) | Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Hoxe o Luzes de El Pais Galicia publica varios artigos arredor dos Premios Xerais: “O Xerais volve sorprender“, Dolores Vilavedra. “O libro infantil de calidade interésalle a todo o mundo“, entrevista a Carlos López Gómez. “Escribo sen pensar no destinatario“, entrevista a An Alfaya. Etiquetas:Premios_Xerais_2007

"Minimaladas", adianto de cinco historias

13 Xuño, 2007 (10:33) | Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF de cinco (das oitenta e catro) minihistorias que conforman Minimaladas, a obra de Carlos López gañadora do Premio Merlín 2007. Etiquetas: Premios_Xerais_2007

"Illa Soidade", testemuño dun xurado

11 Xuño, 2007 (17:29) | Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais |

Martín Pawley foi membro do xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2007 que outorgou o galardón a Illa soidade de An Alfaya. Aquí fai unha primeira achega á obra. No mesmo espazo publica a primeira entrevista que na noite da entrega fixo á autora. Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Premios Xerais 2007, a repercusión nos blogs

11 Xuño, 2007 (16:43) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Ás primeiras informacións sobre o fallo dos Xerais, aparecidas onte nas edicións electrónicas dos xornais, engadíronse hoxe outras referencias nos blogs e nos espazos culturais electrónicos: O blog dos pelachos: vídeos das intervencións no Auditorio. O levantador de minas: crónica e reportaxe fotográfica. Días estranhos: entrevistas na illa de san Simón. Días estranhos: “An Alfaya […]

"Minimaladas" de Carlos López

10 Xuño, 2007 (12:52) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais |

Minimaladas, a obra de Carlos López galardonada co Premio Merlín 2007, recolle oitenta e catro mini historias protagonizadas por animais, nas que destaca a súa orixinalidade e imaxinación. O xurado nestes textos breves (nalgúns casos apenas catro ou cinco liñas) salienta a súa capacidade para evocar imaxes, valéndose dun emprego lúdico da linguaxe, algunhas interesantes […]

"Illa Soidade" de An Alfaya

10 Xuño, 2007 (12:44) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais |

Illa Soidade, a obra de An Alfaya gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2007, relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira a que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce […]

Premios Xerais: a colleita 2007

10 Xuño, 2007 (11:24) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Falaremos de vagar do serán de onte. Como xa é adoito, embarcamos baixo os efectos euforizantes do efecto pedramol (ese ventiño mareiro tan característicos das tardes no fondo da ría) e atracamos á noite acougados e moi satisfeitos. O acto foi ben xeitoso: Xavier (a estrela da festa), xenial! e o discurso de Teresa, marabilloso! […]

Boys into books 11-14

31 Maio, 2007 (15:59) | Lectura, Literatura infantil e xuvenil |

Un espazo web moi interesante para coñecer os títulos recomendados e as estratexias de fomento da lectura para a etapa 11-14 polas autoridades educativas inglesas. O documento en PDF merece ser estudado de vagar (proporciona vieiros moi xeitosos para a dotación da biblioteca escolar e tamén para o traballo de editores, profesorado e responsables de […]

Día de Roald Dahl

28 Maio, 2007 (19:02) | Autores, Efemérides, Literatura infantil e xuvenil |

Coñezo a noticia da celebración do Día de Roald Dahl (13 de setembro). Vía: Alcameh. Etiquetas: Roald_Dahl

Agustín Fernández Paz e Xan López Domínguez, candidatos ao premio Astrid Lindgren 2008

7 Maio, 2007 (07:12) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Agustín Fernández Paz (como autor) e Xan López Domínguez (como ilustrador) serán os dous candidatos que presentará a OEPLI ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2008, outorgado polo goberno de Suecia.Hoxe Galix anuncia nunha nota de prensa esta extraordinaria noticia que supón o recoñecemento da excelencia internacional da nosa literatura infantil e xuvenil. Etiquetas: Premio_Astrid_Lindgren

Entrevista a Xabier P. Docampo

28 Abril, 2007 (18:24) | Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Política |

Interesantísima esta entrevista a Xabier P. Docampo. Como moi ben sinala Xavier Cordal, o mestre fala “o idioma da sabedoría, do afecto e da rebelión”.Anoto algúns fragmentos das súas respostas nunha entrevista que é desas poucas para arquivar e compartir: “A orixe do feito literario está na palabra e esta é a esencia da oralidade. […]

"A sombra descalza", Premio The White Ravens 2007

27 Abril, 2007 (20:05) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Unha noticia que moito nos aleda: A sombra descalza de An Alfaya acaba de ser seleccionada, ademais doutras dúas obras galegas (Smara e A princesa do Caurel) para a exposición The White Ravens 2007. Dende 1996 a Internationale Jugend Bibliothek de München selecciona, de entre os milleiros de libros publicados cada ano, 250 libros infantís […]

"Cartas de inverno", 20 edicións

17 Abril, 2007 (22:09) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais |

A 20ª edición de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz mereceu a portada de Galicia hoxe, un auténtico acontecemento na prensa galega que se atreve a abrir a tres columnas cunha noticia da nosa literatura. A ampla información salienta que en doce anos a novela vendeu 65.000 exemplares en galego (20 edicións) e outros […]

Adiviñanceiro popular galego

3 Abril, 2007 (07:50) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Xerais |

Acaba de chegarnos do prelo este Adiviñanceiro popular galego, un groso volume de case cincocentas páxinas que recolle tres milleiros de pezas do corpus adiviñancístico de noso organizadas temas. A adiviña é un concentrado poético do saber popular moi característico do mundo agrario, un patrimonio inmaterial que merece ser recuperado e posto en valor.Sempre gustei […]

Dia do libro Infantil: o cartel en galego

28 Marzo, 2007 (11:58) | Efemérides, Literatura infantil e xuvenil |

Eis o texto en galego do Cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2007 que reseñamos aquí hai unha semanas. Pode lerse e imprimirse premendo sobre a imaxe. Etiquetas: International_Children’s_Book_Day

Fina Casalderrey, Premio Irmandade do Libro

18 Marzo, 2007 (09:53) | Autores, Eventos, Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Premios, Xerais |

Recibimos con grande alegría a noticia que o premio Irmandade do Libro á autora do ano foi outorgado a Fina Casalderrey. Recoñécese así a traxectoria dunha das autoras fundamentais no agromar desta auténtica idade de ouro que vive a nosa Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Hai apenas dous meses publicamos A lagoa das nenas […]