Category: Medio_Ambiente

Onte 271: Mareas vivas

6 Xuño, 2012 (07:14) | Medio_Ambiente, Onte, Recurso_didáctico, Vigo |

Cando Venus pasea diante do Sol nestes días achegados ao solsticio de verán, as mareas vivas están a piques de asolagar o peirao do Náutico. Dúas moi fermosas imaxes para conservar.  O xeito no que a natureza se fixo presente onte en Vigo no Día Internacional do Medio Ambiente.

A fraga queimada

3 Abril, 2012 (08:26) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Política, Recurso_didáctico |

No artigo semanal de Faro de Vigo volvo sobre a tremenda catástrofe das fragas do Eume. A historia explicará as razóns polas que Galicia sofre cada década unha catástrofe de grandes dimensións do seu patrimonio natural. En 1992 a marea negra provocada polo fundimento do Mar Exeo estragou a vida mariña nas rías de Ares, […]

Onte 207: Ardeume

2 Abril, 2012 (13:48) | Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Onte, Política |

As dimensións espectaculares do incendio desta fin de semana nas fragas do Eume –segundo a Consellaría de Medio Rural afectou a 750 hectáreas, aínda que outras estimacións, como a da Consellaría de Medio Ambiente chegan as mil e a do alcalde da Capela as 1.500– provocan desolación tanto polas perdas irreparables neste patrimonio da humanidade, […]

Baltar e o Irixo

27 Febreiro, 2012 (07:41) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a posición do PP de Ourense sobre a ubicación da incineradora do sur de Galicia no concello do Irixo. A sucesión familiar á fronte da Deputación de Ourense acaba de achegar a súa primeira manifestación de inconformismo dentro do Partido Popular. O novo presidente, Manuel Baltar […]

Onte 93: Tras o pacto do euro

10 Decembro, 2011 (10:09) | Economía, Goberno Rajoy, Medio_Ambiente, Onte, Política |

Tras o pacto do euro, os que saben destas cousas coinciden en que, polo momento, o proxecto europeo saíu fortalecido e que haberá máis e máis duros recurtes dos servizos públicos en cada un dos estados para cumprir a «regra de ouro» de evitar desviacións do déficit superiores ao 0,5%. En definitiva, os politócratas da […]

Onte 40: Galicia queimada

18 Outubro, 2011 (07:37) | Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Onte, Política, Radio |

As noitiñas dos luns estou afeito a debater coa serenidade posible na tertulia conservadora da Radio Galega. Onte fun o único participante que defendeu a necesidade de traballar pola construción da paz e da convivencia en Euskalerría ou por non asumir con resignación a política do teito de gasto que recurta as prestacións e a […]

O futuro do Castro

9 Maio, 2011 (06:55) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación do libro de Jaime Garrido, El origen de Vigo. El monte de O Castro y su castillo (Deputación Provincial de Pontevedra 2011), propoño a redacción dun plan director do monte do Castro que preserve o seu patrimoio arquitectónico e natural. Cando queremos fachendear […]

O neno nuclear

3 Abril, 2011 (20:23) | Cómic, Medio_Ambiente, Vídeos |

Así explican aos nenos en Xapón o desastre de Fukushima. Unha peza que achega moita información sobre o que está sucedendo e sobre a forma de entender a catástrofe por parte das autoridades niponas. Quedei moi desacougado, xa que o nivel de ocultación dalgúns dos efectos máis evidentes da radiación é asombroso. Vía Ramón Lobo.

Millo Corvo e Biodiversidade

5 Abril, 2010 (08:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Gastronomía, Lingua, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo apupo a experiencia de artesanía agroalimentaria de recuperación do Millo Corvo promovida pola Asociación Cultural Meiro de Bueu. Un enfoque transversal moi interesante na abordaxe da Biodiversidade, un concepto que, aínda que en Galicia non o pareza, a ONU celebra en 2010 ano da Biodiversidade).

Así foi «A hora do planeta 2010»

28 Marzo, 2010 (20:11) | Eventos, Iniciativas, Medio_Ambiente, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KkSfRK1Vk8M” width=”560″ height=”340″ wmode=”transparent” /] Un grande éxito. Vía Islas Cies, grazas.

«A hora do planeta 2010», este serán de 20:30 a 21:30

27 Marzo, 2010 (18:10) | Eventos, Iniciativas, Medio_Ambiente, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/CMIfclDxCE8″ width=”560″ height=”340″ wmode=”transparent” /]

Outra mobilidade é posible

17 Xaneiro, 2010 (11:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana analizo algúns datos do informe sobre mobilidade local elaborado por Luis Espada, o Valedor do Cidadán de Vigo. A curto prazo en Vigo (como supoño que na maior parte das nosas cidades) é imprescindible invertir os indicadores actuais de mobilidade, que sinalan un abuso do coche particular e un servizo moi […]

Reducir, a ecoloxía profunda

6 Setembro, 2009 (10:58) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TPnCB8NTwlU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] No artigo da semana, a raíz da campaña «Bolsa Caca» e do abandono da fabricación das lámpadas incandescentes, inicio unha reflexión sobre a necesidade de reducir os consumos enerxéticos, alimentarios, ou de envases innecesarios como xenuíno comportamento da ecoloxía profunda.

«A caixa negra»

4 Xuño, 2009 (18:57) | Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/dKSSe-NRN9E” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Esta é a primeira parte  (1/6) d’ A caixa negra, o documental non emitido pola TVG. O resto pode verse dende aquí. Cando semellaba que isto xa debería estar superado, volvemos a enganchar na rede os vídeos prohibidos. Hoxe distribuír na rede A caixa negra é reclamar a liberdade […]

Chopos de Coia

31 Maio, 2009 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana da edición impresa de Faro de Vigo reflexiono sobre a delirante pretensión da concellaría de Parques e Xardíns de cortar os catro centos cincuenta chopos da avenida Castelao. Afortundamente, semella que só foi un tasacordo e a concelleira «renuncia a facelo». Como o artigo non foi publicado na edición electrónica do […]

Respostas para a crise das vieiras

10 Setembro, 2008 (07:11) | Gastronomía, Medio_Ambiente |

Sigo con enorme interese a crise das vieiras amnésicas, sobre todo, grazas a documentadísima información e seguimento proporcionado polos blogs de Colineta e Manolo Gago. Entre esta ramallada de informacións e pronunciamentos sobre este proceso, sometido aínda a secreto de sumario, a perplexidade dos consumidores vai en aumento. No entanto, cabe facerse unha serie de […]

Menos velocidade

7 Setembro, 2008 (09:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Eventos, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana critico a celebración na ría de Vigo do Festival Aéreo e dunha proba do campionato do mundo de Powerboat P1. Creo que son espectáculos de velocidade incompatibles cunha cidade que actualmente lidera a Rede Cidades polo Clima.

A Ría somos nós

6 Abril, 2008 (08:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana, diante da intención da Autoridade Portuaria de Vigo de acometer novos recheos na Ría, propoño unha reflexión historica que pode axudar a entender a irracionalidade coa que se levou sempre o proceso de crecemento do porto. Levamos cento cincuenta anos empedrando o noso primeiro patrimonio. Con certeza que debería haber outra […]

Outro cambio é posible

18 Febreiro, 2008 (19:42) | Medio_Ambiente, Política, Vídeos |

O éxito evidente da manifestación de onte debería obrigar a reflexionar aos partidos do actual Goberno Galego (e aos sindicatos maioritarios) sobre cal é a súa deriva no que respecta á política medioambiental, industrial, forestal e de ordenación do territorio que defenden para o país. A presenza na manifestación de numerosas bandeiras galegas (sen a […]

Nunca Máis

14 Novembro, 2007 (17:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente |

Ao fío da anotación anterior, penso que debo recuperar para o blog o artigo publicado o chuviñento domingo 1 de decembro de 2002 en Faro de Vigo, o mesmo día que se celebrou a grande manifestación do Obradoiro. Repasando, agora o texto (e sen modificar nin unha coma nin a ortografía anterior á da reforma […]

Chapapote Prestige

13 Novembro, 2007 (08:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico |

Daquela non existían estas brétemas. Este foi o artigo que publiquei en Faro de Vigo o 24 de novembro de 2002. Debe quedar no arquivo. “Vivimos tristes, pendentes dese fío caprichoso da dirección do vento no mar estragado. Estamos desolados diante deste avalancha de chapapote viscoso e pegañento que abeira sobre o futuro deste país […]

Climántica

9 Marzo, 2007 (23:37) | Internet, Medio_Ambiente |

Buscando recursos educativos na rede atopo ao chou o proxecto Climántica, promovido pola Consellaría de Medio Ambiente. Esta iniciativa, dirixida ao alumnado de Secundaria, pretende abordar os grandes problemas ambientais, relacionados co cambio climático a nivel global. Oito unidades didácticas e moito material de sensibilización cidadá para descargar (algún moi pavero) poden atoparse nun magnífico […]

Ostedijk (II)

22 Febreiro, 2007 (06:38) | Medio_Ambiente, Sociedade |

Nesta crise do Ostedijk é o medo quen está gobernando a actuación das autoridades de salvamento marítimo e da Xunta. Os membros do gabinete de crise deberon asumir o difícil condicionante de non poder atracar o barco (a pesar de que recoñeceron que sería unha das medidas posibles), pola alarma social e mediática que iso […]

Ostedijk

19 Febreiro, 2007 (21:18) | Medio_Ambiente, Sociedade |

Sabemos qué está pasando nese barco? É a situación máis grave do que se nos está contando? Non había un protocolo sobre zonas de abrigo para unha situación coma este? Lévome facendo estas preguntas ao longo da tarde e non lle atopo moitas respostas razoables. Aínda que non estamos polo momento diante dunha catástrofe ecolóxica, […]