Category: Medios

Onte 266: Contrato cos ausentes

1 Xuño, 2012 (07:13) | Filosofía, Medios, Onte, Recurso_didáctico |

As entrevistas da Última da edición impresa de La Vanguardia adoitan ser memorables. Onte non desmerecía a que publicou El País con Daniel Innnerarity. O filósofo vasco poñía o dedo sobre a chaga para diagnosticar o tempo presente con algunhas afirmacións luminosas que merecen ser arquivadas: «O que non entendo é como non nos mandan […]

Onte 231: Sermos Galiza

27 Abril, 2012 (06:02) | Lingua, Medios, Novidades, Onte |

Coincidindo co aniversario dos Mártires de Carral, apareceu a edición dixital de Sermos Galiza, unha magnífica noticia para o proceso de construción nacional e para o reforzamento do ecosistema da lectura en galego. Gustei da súa vontade de ofrecer unha axenda informativa ampla (no só política) en clave nacionalista, a súa aposta pola presenza nas […]

Onte 175: Benvido «Dioivo»!

1 Marzo, 2012 (07:43) | Lingua, Medios, Novidades, Onte, Recurso_didáctico |

É outra beizón contar cun novo xornal dixital en galego, Dioivo, «un medio concibido para contar e contrariar». É moi prometedora a súa declaración de intencións de facer «xornalismo para o país da chuvia», un sintagma que interpretamos como unha orballada, que vai enchoupando conciencias, mais tamén con esoutro ballón teimoso, que pode chegar a […]

Onte 151: Juan Carlos en «Der Spiegel»

6 Febreiro, 2012 (07:53) | Historia, Medios, Onte, Política |

Hai tempo que Juan Carlos e os membros da familia real perderon a aura que, dende a Reforma Política, os protexía. Tras o escándalo de Urdangarín, as revelacións que publica o semanario alemán Der Spiegel poñen en cuestión cal foi o papel de El-Rei no golpe do 23-F. A fonte, un informe do daquela embaixador […]

Onte 147: Praza pública

2 Febreiro, 2012 (08:10) | Lingua, Medios, Onte |

 A primeira xornada de Praza pública foi un éxito rotundo. A audiencia superou as mellores previsións, provocando durante a mañá e o mediodía algún colapso no acceso ao servidor. A calidade do produto, tanto a nivel de deseño gráfico e concepción web, como o proxecto xornalístico, quedou moi por riba das nosas expectativas. Auténtico xornalismo […]

Onte 143: #twitterblackout

29 Xaneiro, 2012 (10:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Iniciativas, Internet, Medios, Onte, Twitter |

Fomos moitos os que onte non demos nin chío para así expresar a nosa queixa sobre a posibilidade que Twitter introduza unha censura selectiva sobre determinados contidos nalgúns países. A censura non pode ser aceptable en ningún país do mundo nin xustificable por tratarse dun servizo (até agora de publicación e acceso gratuíto, a pesar de […]

Onte 135: Vitaminas para o galego en Redondela

21 Xaneiro, 2012 (11:30) | Iniciativas, Internet, Lingua, Medios, Música, Onte, Presentacións, Radio, Televisión |

Magnífica foi a presentación do proxecto Vitaminas para o galego en Redondela, na que tiven a honra de participar en representación de Prolingua. Alleos ao serán festeiro do día de San Sebastián e a súa estrondosa foguetería, medio cento persoas encheron o salón da Casa da Cultura para apoiar esta iniciativa cívica destinada a fortalecer […]

Onte 125: Nacín un luns

11 Xaneiro, 2012 (09:54) | Medios, Memoria, Música, Onte, Persoal |

Teño escrito nalgunhas ocasións que nacín no Pirulí. O que non sabía, até onte, foi que aquel día despois da santa Lucía, patroa das costureiras, caera en luns. Averigüeino de forma fortuíta, grazas a un correo dun amigo que me recomendaba consultar “o periódico do día que naciches”. Enlaceino e din coa formidable edición dixital […]

Onte 107: Tretzevents

24 Decembro, 2011 (11:19) | Cómic, Ilustración, Lingua, Literatura infantil e xuvenil, Medios, Onte, Recurso_didáctico, Xerais |

Esta publicación infantil en catalán naceu en 1951 co título L’infantil, promovida polo Seminario de Solsona, para mudar ao nome de Tretzevents, cando en 1973 comezou a depender das Publicacions de L’ Abadia de Montserrat. Coincidindo co seu sexaxésimo aniversario pecha debido, segundo os seus editores, á falta de apoio institucional no marco da crise […]

Onte 105: Sermos Galiza

22 Decembro, 2011 (09:50) | Beizóns, Iniciativas, Lectura, Lingua, Medios, Onte, Vídeos |

A iniciativa social Sermos Galiza consolídase. A piques de rematar a primeira fase de capitalización prevista, as persoas promotoras confesan que apenas falta un 10% dos 300.000 euros previstos como capital social fundacional para crear este grupo de comunicación en galego. Unha moi boa noticia para pechar un ano difícil para o sector da comunicación […]

Onte 102: Vitaminas para o galego

19 Decembro, 2011 (08:23) | Cultura, Lingua, Medios, Onte |

O galego precisa moitas vitaminas. O país necesita como auga de maio volver contar con medios de comunicación que empreguen o idioma noso, sobre todo en contextos urbanos. Galicia precisa información de proximidade en galego. Ese é o obxectivo da campaña Vitaminas para o galego promovida por dez medios de comunicación en lingua galega, a […]

Onte 78: Crise

25 Novembro, 2011 (10:07) | Goberno Feijoo, Medios, Onte, Política |

Nas conversas do Premio Fernández Latorre non se falou doutra cousa: “a crise”. O pesimismo, mesmo o fatalismo sobre a situación económica e social, é hoxe o único discurso da clase empresarial, financeira e política en Galicia. Coa excepción do premiado, Angel Carracedo, que solicitou apoio para a investigación como garantía de futuro, nin na […]

Onte 58: Praza Pública

5 Novembro, 2011 (11:52) | Medios, Onte, Presentacións |

A presentación do proxecto de Praza Pública supón unha inxección de entusiasmo e de corresponsabilidade que moito debemos agradecer. Marcos Pérez Pena, Manuel M. Barreiro e Filipe Díaz, tres persoas con identidade dixital sólida, promoven un xornal dixital que pretende estar vencellado coa súa comunidade de lectores e lectoras. Na capacidade de crear ese vínculo […]

Onte 46: Radio Clásica

24 Outubro, 2011 (08:30) | Medios, Música, Onte, Radio |

Viaxei a Lavacolla entre o lusco e fusco, rachando a primeira borrasca do outono. Por ventura, na radio do coche quedara prendida a Radio Clásica, que me agasallou sen querelo nin bebelo coa Obertura de Tannhauser de Wagner (completa) e unha boa parte co concerto número 2 para piano de Liszt. Tratábase dunha retransmisión en […]

Onte 16: «A Nosa Terra»

24 Setembro, 2011 (08:19) | Editores, Medios, Onte |

A liquidación xudicial da empresa Promocións Culturais Galegas leva á desaparición do proxecto do semanario A Nosa Terra e do seu diario dixital, así como á dunha das editoras de referencia e máis dinámicas na cultura literaria galega das tres últimas décadas. Na miña historia persoal permanecerá sempre a lembranza que foi nun dos primeiros […]

Onte 13: reentrada de outono de Xerais

21 Setembro, 2011 (06:45) | Blogs, Medios, Onte, Persoal, Xerais |

Non vou especular sobre as hipóteses que manexamos sobre o que nos pasou onte. A anotación de Alberto Quián explica de marabilla os límites tan imprecisos existentes hoxe entre algún tipo de xornalismo dixital e o publicado nas redes informativas e sociais. Quen me coñeza sabe que teño insistido nos últimos seis ou sete anos, […]

José Luís Gómez sae de «Xornal»

2 Abril, 2011 (11:15) | Beizóns, Goberno Feijoo, Medios |

Segundo Xurxo Salgado, responsable de Galicia Confidencial, foi a raíz da publicación o pasado luns desta fotografía, na que Rajoy aparece a bordo do buque Moropa en 2009, propiedade de Manuel Baúlo, a causa que provocou a saída de José Luís Gómez da dirección de Xornal de Galicia. Semellaría que Jacinto Rey, o propietario do […]

Arcadi Oliveres: quen manda no mundo?

24 Outubro, 2009 (19:35) | Economía, Medios, Política, Televisión, Vídeos |

Club Bilderberg. Entrevista a Arcadi Oliveres from AttacTV on Vimeo. Moi clarificadora entrevista a Arcadi Oliveres sobre os grandes poderes económicos do mundo. A realización é de AttacTV.

“A Casa do vagabundo”, outra despedida

25 Xuño, 2009 (16:25) | Goberno Feijoo, Medios, Poesía, Promoción do libro |

Xosé Rivadulla Corcón, director d’ A Casa do vagabundo, o programa de libros (e con especial dedicación á poesía) da Radio Galega envíanos esta carta de despedida: Estimados habitantes da Casa do vagabundo: Xa sabedes que esta casa non ten ni paredes nin portas, tampouco xanelas nin tellado e pode emprazarse en calquera lugar do […]

Beizóns, Xurxo!

4 Xuño, 2009 (17:00) | Autores, Beizóns, Eventos, Goberno Feijoo, Iniciativas, Medios |

Tras catro anos de traballo entusiasta á fronte da subdirección de programas, Xurxo Souto saíu da Radio Galega coa elegancia arroutada e idéntica paixón coa que realizou o seu primeiro saúdo en antena. Atrás queda o seu pulo e esforzo por modernizar e achegar a radio pública en galego (esa “rareza” no dial que debemos […]

«Woman» «Yo leo»

8 Abril, 2009 (11:08) | Lectura, Medios, Publicidade |

Nunca víramos semellante tratamento para promoción da lectura como o que realiza a revista Woman neste mes de abril. Algo está mudando na imaxe social da lectura para que sexa promocionada en portada. Vaise poñer de moda a lectura e visitar as bibliotecas e librarías? Vía Librosfera

«Trama y texturas»

27 Febreiro, 2009 (08:24) | Libro_electrónico, Medios |

Co inicio do seu terceiro ano de andaina a revista Trama y texturas ofrece todos os seus números en soporte dixital, que poderán ser adquiridos na plataforma Todoebook e nas librarías conveniadas coa plataforma de libro electrónico de Publidisa. Trama y texturas, a partir deste o seu número sete, poderá lerse tanto en soporte analóxico […]

«Protexta 09»

13 Febreiro, 2009 (19:19) | Críticas, Medios |

Mañá distribúese cos periódicos do grupo La Capital o novo número de Protexta, o magnífico trimestral literario de Tempos novos. Por agora, xa se pode descargar un adianto, a entrevista de Bieito Iglesias a Gao Xingjian. Coordinado, agora, por Ana Salgado, o número promete: entrevista nas páxinas centrais a Manuel Rivas, e críticas dos seus […]

Suplementos analóxicos

27 Decembro, 2008 (17:34) | Blogs, Lectura, Medios, Promoción do libro |

Tanto La Voz de Galicia como Xornal de Galicia, dous medios con liñas editoriais claramente enfrontadas, comparten, porén, o carácter analóxico e pechado para a lectura na rede dos seus suplementos de cultura que publican os sábados. Hoxe non podemos ler na rede nin as magníficas catro páxinas de Ramón Nicolás e Xesús Fraga sobre […]

Benvido, «Xornal de Galicia»

9 Decembro, 2008 (19:11) | Medios |

Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición […]

Retrasocero.com

25 Novembro, 2008 (20:10) | Medios, Publicidade, Vídeos |

Espectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!

Protexta de verán

25 Agosto, 2008 (19:16) | Críticas, Medios |

Paso estes primeiros días de regreso á actividade cotiá debullando o magnífico e completísimo número do Protexta de verán. As longas entrevistas con Chus Pato e Bieito Iglesias teñen moita miga. Non podo agachar a miña satisfacción pola excelente acollida das nosas últimas novidades narrativas (Festina lente, O profesor de vegliota e Atracción total). Un […]

"A Nosa Terra Diario"

15 Xullo, 2008 (18:50) | Críticas, Medios |

A Nosa Terra Diario acaba de abrir un novo espazo de crítica de produtos culturais (libros, discos, películas de cine e dvds). Un espazo de crítica que, indubidablemente, mellora os contidos deste diario dixital. Beizóns aos responsables d’ ANT.

Novas da Xunta, de novo xuntas

8 Xullo, 2008 (17:39) | Medios, Política |

Unha moi boa noticia que non debe pasar desapercibida: o espazo Novas da Xunta de Galicia volve recoller a información de todos os membros do Goberno galego. Tras varios anos de comportamento bipolar, abenzoamos decisión tan sensata.

Noticias felices

29 Xuño, 2008 (10:10) | Medios |

A posibilidade de que o Senado rumano estableza nos medios de comunicación unha cota do 50% para as noticias felices non debería ser considerada tan escandalosa como a primeira vista semella. En realidade esta cota, sen lei ningunha que a ampare, xa se supera diariamente en Galicia nos espazos destinados á información institucional. Un caso, […]

Protexta primavera

11 Xuño, 2008 (21:46) | Críticas, Medios |

Xa está dispoñible en pdf o Protexta 6. Imprescindible!

Tempos dixital

7 Maio, 2008 (18:21) | Medios |

Beizóns aos responsables do mensual Tempos Novos que publican a súa versión beta do seu espazo electrónico, Tempos dixital. Entre outras novidades, considero importante para a visibilidade do libro galego a posibilidade de consultar e descargar en pdf o Protexta, o seu magnífico suplemento de libros. Pareceume prometedora a sección “Entreculturas“, así como a da […]

"Protexta" co "Ideal Gallego"

5 Marzo, 2008 (20:48) | Críticas, Medios |

Unha moi boa noticia para a visibilidade do libro galego: o vindeiro sábado, Protexta, o suplemento trimestral de libros de Tempos Novos, aparecerá inserido xunto aos catro xornais do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños). Con esta iniciativa, Protexta adquire unha difusión de 50.000 exemplares […]

"Blogonovela" galega

17 Decembro, 2007 (19:50) | Blogs, Iniciativas, Medios, Narrativa |

Un artigo de Hernán Casciari e unha anotación de Juan Varela poñen sobre a mesa hoxe, outra volta, a cuestión da blogonovela ou “ficción on line”. A verdade é que o modelo de blogonovela que defende Casciari (empregando a metáfora da presenza dos seareiros no estadio, que compartimos plenamente) xa fora ensaiado en galego con […]

"A Nosa Terra" centenaria

16 Decembro, 2007 (10:18) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Medios |

No artigo da semana sintetizo o texto da laudattio sobre o centenario d’ A Nosa Terra que preparei para A Noite da Edición 2007. Non teño dúbidas do papel esencial desta publicación: “O centenario proxecto editorial e xornalístico A Nosa Terra representa –pola súa insólita permanencia e capacidade de innovación e adaptación a cada momento […]

ANT diario dixital

4 Decembro, 2007 (18:23) | Beizóns, Medios |

Gustei desta nova ANT dixital. Un gran paso adiante! Destaca nesta estrea a calidade da información cultural, eis os casos das cróinicas das presentacións de Cardume ou de Fóra do sagrado (mesmo acompañada cunha gravación en vídeo) en Compostela ou a entrevista con Margarita Ledo, por só citar unhas poucas.Esta nova A Nosa Terra, dirixida […]

Nace "Bloc"

12 Novembro, 2007 (20:22) | Beizóns, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Medios |

Tras a aparición de Trama y texturas, coñecemos a aparición de Bloc, revista internacional de literatura infantil y juvenil. A presenza de grandes amigos como Xabier P. Docampo, Auladell ou Ventura aseguran rigor, beleza e calidade nunha publicación profesional semestral de expléndida presentación. A presentación será en Madrid o 20-N (unha boa chiscadela, si señor). […]

"Faro de Vigo" e "Diario Cultural", premios Liber 2007

1 Outubro, 2007 (21:43) | Lectura, Medios, Premios |

Faro de Vigo, o “Diario Cultural” da Radio Galega foron premiados pola Federación de Gremios de España cos Premios ao Fomento da Lectura nos Medios de Comunicación do ano 2007. Na categoría de televisión foi premiado Jesús Vigorra, presentador do programa “El público lee” de Canal dos Andalucía. Os premios serán entregados esta semana en […]

Público

25 Setembro, 2007 (18:33) | Medios, Vídeos |

Mañá aparecerá Público, o novo xornal madrileño dirixido polo veterano blogueiro Nacho Escolar e vencellado ao grupo da Sexta. Custará 0,5 cents (os domingos 1 €). Recomendo a lectura da transcrición do chat co director que reproduce xornal.com, na que se presentan moitos dos criterios do novo xornal. Paréceme esperanzador que exista competencia para El […]

A cor de Galicia

13 Setembro, 2007 (15:03) | Celta de Vigo, Fútbol, Medios |

Outra mostra da crise do Celta como institución é o retroceso que se produciu esta tempada no uso do galego no seu xornal oficial. Coincido ao cen por cen con este comentario de Todocelta sobre as mudanzas (para peor, moito peor) da publicación gratuíta que o clube distribúe cada xornada en Balaídos. A cor de […]

E ti, pos a galega?

6 Setembro, 2007 (19:38) | Audios, Medios |

powered by ODEO Moi simpática esta cuña da Radio Galega.Vía Imeneo. Etiquetas: Radio_Galega

El Jueves, máis madeira

23 Agosto, 2007 (06:38) | Imaxes, Medios |

Redeseños webs

25 Xullo, 2007 (10:32) | Beizóns, Medios |

La Voz de Galicia presenta hoxe un completo redeseño da súa edición electrónica, na liña das modificacións introducidas por outros diarios, ao tempo que ofrece a posibilidade de lela completa en galego grazas aos sistemas de tradución automática. Sorpréndeme o tamaño da tipografía (quizais un chisco grande de máis). Outro redeseño web deste Día da […]

A rectificación

24 Xullo, 2007 (17:24) | Medios |

A retificación desta semana mellora en sutileza e creatividade á portada secuestrada.

Todos con "El Jueves"

20 Xullo, 2007 (17:20) | Medios |

A retirada da circulación de El Jueves desta semana ordenada polo xuíz Del Olmo paréceme un atentado á liberdade de expresión co que retrocedemos trinta anos. A portada non é un exercicio de sutileza, mais ese, con certeza, que non é a razón desta retirada. Cara ónde imos?

Eva en coiros

18 Xullo, 2007 (16:36) | Autores, Medios, Narrativa |

Moi fermoso o relato de Rosa Aneiros, que forma parte desa vizosa devesa que Vieiros está ofrecendo este verán. Rosa está corrixindo as derradeiras probas do seu novo libro, Ao pé do abismo, que sacaremos en outubro e onde recolle boa parte da súa obra xornalística recente. Etiquetas: Rosa_Aneiros

A beta do novo ADN dixital

18 Xullo, 2007 (16:06) | Medios |

Xa o comentabamos hai duns días. O proxecto de diario dixital que promove Juan Varela vai contribuír a crear novos modelos de xornalismo na rede. A versión beta que se deu a coñecer onte en liñas xerais non decepciona. Gustáronme, sobre todo, a súa proposta de interactividade e a súa aposta polo código aberto; porén, […]

O ADN de Juan Varela

13 Xullo, 2007 (22:33) | Medios |

Esta entrevista con Juan Varela, o noso benquerido mestre blogueiro e director do futuro xornal dixital Adn.es, apunta interesantes reflexións sobre o periodismo de hoxe que quere acometer a partir do mes de setembro. Velaí unha cantas. Los medios informativos tenemos que hacer información: innovar en estilos, contenidos, ideas que tengan que ver con la […]

"Dosinda", un relato de Teresa Moure

29 Xuño, 2007 (16:15) | Autores, Medios, Narrativa |

Continuando a estela iniciada por Angueira, hoxe aparece o relato de Teresa Moure. É precioso. Boa lectura!A iniciativa de Vieiros, “Onde sempre é bosque, de ofrecer doce relatos doutros tantos narradores e narradoras contemporáneos de noso para facer unha devesa de palabras contra o lume é sinxelamente brillante. Beizóns! Etiquetas: Teresa_Moure

"A Nosa Terra" aposta polo xornalismo dixital

28 Xuño, 2007 (06:50) | Editores, Medios |

Coincidindo coa entrega da Medalla Castelao, os responsables do xornal A Nosa Terra expresan a súa decidida aposta polo xornalismo dixital. Ao tempo, El Pais Galicia anuncia que o construtor Jacinto Rey tomará a maioría das accións e Miguel Barros será o novo presidente do consello. Ademais destes cambios empresariais e do aumento do cadro […]