Category: Novidades

Onte 287: As meigas de Lupa

22 Xuño, 2012 (08:57) | Autores, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

O salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Compostela quedou pequeno para acoller aos aistentes á presentación d’ As meigas de Lupa, a primeira novela xuvenil de María Solar. Magnífica foi a lectura que realizou Xurxo Ayán que comezou definindo a obra como «un libro de servizo público» para lembrar despois a importancia […]

Onte 280: «Atl», a distopía de Manuel Lourenzo

15 Xuño, 2012 (08:12) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Premios, Xerais |

Despois de varios meses de intensa e concienciuda edición, chegaron os primeiros exemplares de Atl, a obra de Manuel Lourenzo González gañadora da XXIX edición do Premio Blanco Amor de novela. Este fermoso volume de 540 páxinas e encadernación acartonada contén un texto no que se propón un novo achegamento á Atlántida, o continente perdido, […]

Onte 253: Novela popular

19 Maio, 2012 (07:19) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Nunha presentación memorable, extraordinaria, diante de máis de 150 persoas que ateigaron o auditorio da Casa da Cultura de Negreira, Suso de Toro definiu As rapazas de Xan como «unha novela popular en todos os sentidos, xa que ten emoción, ten intriga, ten enredo, ten  un estilo marabilloso transformando a fala popular en lingua literaria». […]

Onte 245: A poesía Valentín

11 Maio, 2012 (08:30) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Novidades, Onte, Poesía, Xerais |

Chegaron os primeiros exemplares da Poesía completa de Valentín Paz Andrade, un groso volume (752 páxinas), preparado por Gregorio Ferreiro Fente, que triplica a obra poética publicada de Valentín. Sei que chegamos moi xustos á celebración do 17 de maio, mais tamén son consciente da importancia desta publicación que supón un auténtico renacemento para un […]

Onte 242: As rapazas de Xan

8 Maio, 2012 (08:19) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Pablo Vaamonde publicou no seu blog o prólogo d’ As rapazas de Xan, a novela de Manuel Iglesias Turnes. Iníciase así a socialización dunha obra de fasquía clásica que relata a vida nunha aldea da Barcala de malla a malla, nun ano da metade dos cincuenta. A violencia sobre as mulleres e sobre os humildes, […]

Dark butterfly

1 Maio, 2012 (18:59) | Book_trailer, Narrativa, Novidades, Xerais |

Magnífico o booktrailer que Manuel Forcadela preparou para Dark butterfly, a novela de Rexina Vega. O mércores, 2 de maio, ás 20:00 horas acompañaremos á autora, Rosa Enríquez e Armando Requeixo na nova presentación da novela que terá lugar na Feira do Libro de Santiago.

Onte 231: Sermos Galiza

27 Abril, 2012 (06:02) | Lingua, Medios, Novidades, Onte |

Coincidindo co aniversario dos Mártires de Carral, apareceu a edición dixital de Sermos Galiza, unha magnífica noticia para o proceso de construción nacional e para o reforzamento do ecosistema da lectura en galego. Gustei da súa vontade de ofrecer unha axenda informativa ampla (no só política) en clave nacionalista, a súa aposta pola presenza nas […]

Onte 225: En Ferrol con Cortizas e Yáñez

21 Abril, 2012 (10:55) | Autores, Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Iniciamos en Ferrol o periplo anual polas Feiras do Libro de Galicia, unha andaina para min moi traballosa, aínda que imprescindible, coa que dende a editorial intentamos aumentar a visibilidade das nosas novidades editoriais. A primeira presentación da xeira foi un acto moi singular no que Antón Cortizas e Antonio Yáñez Casal,  dous autores da […]

Onte 215: Con Valentín

11 Abril, 2012 (06:39) | 17_de_maio, Autores, Galeguismo, Novidades, Onte, Poesía, Presentacións, Vigo |

A convocatoria da Fundación Penzol, apoiada polas editoriais Galaxia, Xerais, Ir Indo e Biblos, dunha mesa redonda con motivo da aparición das biografías de Valentín Paz Andrade constituíu un éxito rotundo tanto pola calidade das intervencións como polo numeroso público que ateigou a Casa Galega da Cultura. Charo Portela, autora das dúas publicadas por Xerais, […]

Onte 205: Novela sen palabras

31 Marzo, 2012 (13:28) | Book_trailer, Cómic, Ilustración, Narrativa, Novela gráfica, Novidades, Onte, Recurso_didáctico, Vídeos |

Un bo amigo agasalloume un libro marabilloso, La ciudad de Frans Masereel. Esta novela sen palabras do xilógrafo belga, publicada por vez primeira en 1925, realizada con gravados en madeira, constitúe un extraordinario precedente do que hoxe cualificamos como novela gráfica. O contraste entre a escuridade das escenas cotiáns dos barrios obreiros da cidade e […]

Onte 197: Vindicación da noveliña

23 Marzo, 2012 (07:50) | Narrativa, Novidades, Onte, Xerais |

No serán viaxamos a Ribeira para presentar Orlando pendurado, a novela curta de Goretti Fariña gañadora do Premio Cidade Centenaria. Unha obra de apenas oitenta páxinas que aborda cuestión tan complexa para os seres humanos como é a do fracaso axudándose da piedade proporcionada polo humor e da beleza achegada por unha escrita culta e […]

Onte 188: Os fillos do mar

14 Marzo, 2012 (09:22) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Premios, Vigo, Xerais |

Pasei boa parte da tarde lendo na novela coa que Pedro Feijoo debuta na narrativa galega. Tras o seu magnífico estudo sobre o xornal Galicia de Valentín Paz Andrade e Viva o Fu Remol!, o escritor e músico de Los Feliz e Lamatumbá ofrece unha novela trepidante sobre as pegadas da memoria na cidade de […]

Onte 177: Tras da Corda

3 Marzo, 2012 (12:12) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Presentamos en Couceiro Tras da Corda, o volume no que Carlos G. Reigosa recolle todos os relatos da súa Comala literaria, o berce de Intramundi no que vivían os Homes de Tras da Corda nas Pucharcas da lembranza. Na editorial concibimos, ademais, esta edición para celebrar o trinta aniversario do narrador de Abeleira, un dos […]

Onte 175: Benvido «Dioivo»!

1 Marzo, 2012 (07:43) | Lingua, Medios, Novidades, Onte, Recurso_didáctico |

É outra beizón contar cun novo xornal dixital en galego, Dioivo, «un medio concibido para contar e contrariar». É moi prometedora a súa declaración de intencións de facer «xornalismo para o país da chuvia», un sintagma que interpretamos como unha orballada, que vai enchoupando conciencias, mais tamén con esoutro ballón teimoso, que pode chegar a […]

Moaña na memoria

23 Xaneiro, 2012 (07:40) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Memoria, Novidades |

No artigo da semana en Faro de Vigo comento a aparición dos dos volumes de Moaña. Historia fotográfica, publicados pola Asociación Cultural Nós. No formidable anfiteatro da ría, para os vigueses a península do Morrrazo é moi importante xa que é o primeiro horizonte que enxergamos. O perfil montañoso atlántico da ribeira dereita, o que […]

Onte 134: «Ven» de Janne Teller

20 Xaneiro, 2012 (17:43) | Editores, Narrativa, Novidades, Onte |

Hai tres meses recomendei Nada, unha noveliña xuvenil na que Janne Teller propoñía unha reflexión sobre a existencia de límites para o fanatismo. Onte, aproveitando as horas de espera en Barajas, merquei Ven, a súa recentísima novidade na que a narradora dinamarquesa volve a propoñer unha reflexión moral, desta volta sobre os límites existentes entre […]

Onte 124: Letra a letra

10 Xaneiro, 2012 (08:18) | Educación, Libro de texto, Novidades, Onte, Recurso_didáctico |

Comecei a semana cun agasallo inesperado. O meu mestre Antón Costa dedicoume un exemplar de Letra a letra, unha edición facsímil do libro que os alumnos de Simeón Omella, mestre da escola de Plasencia del Monte, compuxeron no curso 1934-1935 servíndose da imprenta escolar. Antón, prologuista desta obra publicada polo Museo Pedagógico de Aragón en […]

Onte 104: Luís Soto

21 Decembro, 2011 (07:55) | Autores, Ensaio, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Sinalárono tanto Xosé González como Xurxo Martínez no acto de presentación de Librouro: «Luís Soto traballou por construír unha arquitectura plural, unha polifonía política que permitise a autoorganización da sociedade en diversos partidos nacionalistas.» Sei que esta primeira e interesantísima biografía sobre Luís Soto, un dos creadores do sindicalismo galego do ensino, unha das figuras […]

Onte 103: «Fantasmas de luz»

20 Decembro, 2011 (09:31) | Autores, Cine, Economía, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Na presentación de Fantasmas de luz Agustín Fernández Paz confesou que quixo escribir dende a ficción a desfeita que está producindo o capitalismo dende a caída do Muro de Berlín. Un proceso de degradación, mesmo de perda dalgunhas conquistas e dereitos sociais, que uniu a unha das súas paixóns, a do cinema, esoutra  fonte creada […]

Agustín Fernández Paz fala de «Fantasmas de Luz»

20 Decembro, 2011 (08:15) | Autores, Cine, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Presentacións, Vídeos, Xerais |

Grazas, Pawley.

Onte 91: Anfiteatro GZ radio

8 Decembro, 2011 (12:50) | Beizóns, Blogs, Lingua, Música, Novidades, Onte, Radio |

Conectei o blog de xeito permanente con Anfiteatro GZ radio, unha emisora libre que emite en Internet en galego as vinte e catro horas coa intención de fomentar a música e a literatura de noso. Polo momento, emite só música, cunha importante presenza da galega, aínda que pretende completar a programación con novas de actualidade […]

Vigo a explosión dos 80

5 Decembro, 2011 (09:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Memoria, Música, Novidades, Vigo, Xerais |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación por Xerais de Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso e Vigo, a explosión dos 80 de Víctor de las Heras, reflexiono sobre o carácter dinámico e disruptivo da nosa cidade. O 27 de decembro de 1981 o cine Salesianos, que […]

Onte 85: Vigo 80

2 Decembro, 2011 (09:55) | Novidades, Onte, Presentacións, Vigo, Xerais |

A pesar do ballón, a presentación do libro de Vitín de las Heras reuníu a máis de duascentas persoas. Non foi un acto de nostalxia, a penas uns intres de saudade lembrando a Toti ou Flechi. Foi un exercicio de memoria, unha ollada a un tempo decisivo no que Vigo pelexou polo seu carácter de […]

Onte 77: Vigo a 80 rpm

24 Novembro, 2011 (09:14) | Música, Novidades, Onte, Presentacións, Radio, Vigo, Xerais |

A memoria da movida viguesa dos 80, aquela axitación cultural que coincidiu coa reconversión naval, protagoniza dous dos nosos libros desta campaña de nadal. Un relato documental en voz dos protagonistas, preparado polo xornalista cultural Emilio Alonso, e unha grande reportaxe fotográfica de Víctor de las Heras. Dúas achegas que contribúen ao proceso colectivo de […]

Onte 70: «Nada» de Janne Teller

17 Novembro, 2011 (09:48) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Onte, Recurso_didáctico |

Tras a intervención dental, na que me colocaron tres implantes, aproveitei o serán e a noite para relaxar a tensión coa lectura de Nada de Janne Teller. Unha novela que levaba agardando na mesa das miñas novidades unhas cantas semanas. As máis de catro horas de lectura renderon de seu e fixeron que case esquecese […]

Onte 56: «Tinta»

3 Novembro, 2011 (08:55) | Book_trailer, Edición, Librarías, Libro, Narrativa, Novidades, Onte, Vídeos |

A miña curiosidade leva a interesarme por aqueles libros sobre o mundo libro. Así chegou ás miñas mans Tinta, a novela de Fernando Trías de Bes, que onte rematei durante a ventada viaxe a Madrid. Enguedelleime decontado nunha intriga de libros, ambientada nun entorno da edición clásica (a Maguncia de comezos do século XX), construída […]

Onte 49: O máis estraño

27 Outubro, 2011 (06:52) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións |

Non defraudou Manuel Rivas na presentación aos medios do volume de contos reunidos. Baixo o título O máis estraño, Rivas reuniu e revisou estilisticamente os seus 81 contos, publicados en cinco libros ao longo de dúas décadas, dende aqueles primeiros dun Millón de vacas ao máis recente e inédito, «A sombra do soño», no que hai […]

Salma, escritora e política tamil, visita Galicia esta semana

30 Maio, 2011 (06:59) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Solidariedade, Xerais |

Esta semana que comeza visitará Galicia Salma, a escritora e política tamil. Convidada por Implicadas/os no desenvolvemento, a autora de Despois da medianoite, longa novela traducida por María Reimóndez, que acabamos publicar en Xerais Narrativa, viaxou dende Támil Nadu (un estado índio que conta con 65 millóns de habitantes) até Galicia para falarnos de primeira […]

«O refuxio da memoria», prosa autobiográfica de Tony Judt

10 Abril, 2011 (18:53) | Autores, Ensaio, Narrativa, Novidades, Persoal |

Foi Manolo Candelas quen me fixo reparar en El refugio de la memoria, o libro autobiográfico de Tony Judt. Foi unha recomendación certeira, que moito agradezo, xa que é deses libros memorables que comezan conmovendo e logo te devoran pola potencia da súa voz. Conmove coñecer as circunstancias dramáticas, brutais, nas que o narrador realiza […]

«Resurrección» de Lea Tobery, tamén en galego

27 Febreiro, 2011 (20:45) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Vídeos, Xerais |

O mes de marzo nas librarías galegas, Resurrección de Lea Tobery.

Comezan os actos do Ano Pereiro

27 Xaneiro, 2011 (00:00) | 17_de_maio, Efemérides, Música, Novidades, Poesía, Presentacións, Promoción do libro |

«Todo é silencio» de Manuel Rivas, o segundo capítulo

19 Setembro, 2010 (09:15) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Recurso_didáctico, Xerais |

Faro de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Estou convencido que estamos diante dunha novela profundamente fermosa chamada a ampliar a base de lectoras e lectores da novela galega. Dará moito […]

«Inmunda escoria» e a memoria histórica antifranquista

7 Abril, 2010 (13:56) | Historia, Novidades, Xerais |

Este serán presentaremos no Salón Nobre de Fonseca Inmunda escoria, a formidable obra de Ricardo Gurriarán sobre as mobilizacións estudantís na Universidade de Santiago durante o franquismo. Para o evento contamos coa participación de Vicente Álvarez Areces, o presidente do Principado de Asturias e destacado protagonista dos acontecementos do estoupido do 68 que pechan este […]

Publicados en galego os dous volumes d’ «O segundo sexo» e un libro de Steiner

9 Marzo, 2010 (20:58) | Ensaio, Igualdade, Novidades, Traducións, Xerais |

Poucas veces sentín maior alivio por ter culminado un proxecto de edición cando esta mañán chegaron da imprenta os exemplares de control de calidade do segundo volume d’ O segundo sexo. Tras unha década de traballo da tradutora, a teimosa e rigorosísima Marga Rodríguez Marcuño, por fin poden lerse na lingua de noso as máis […]

«O Brindo de ouro II», quedei rendido diante desta novela de Xesús Marcos

8 Decembro, 2009 (20:00) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais |

Dende que hai ano e medio abrimos o blog de Xerais (xa leva preto de mil anotacións) en escasísimas ocasións falamos nestas brétemas de libros publicados pola editorial. Porén, non me resisto a expresar o meu entusiasmo tras gozar estes días da lectura vagorosa da segunda novela da serie O Brindo de ouro de Suso […]

Os primeiros e-books de Xerais

10 Novembro, 2009 (17:13) | Libro_electrónico, Narrativa, Novidades, Xerais |

Hoxe demos un pasiño pequeno, que non teño dúbida inicia un camiño longo para o libro galego do futuro. Sen grandilocuencia, con humildade e rigor, coma corresponde ao estilo de traballo do equipo de profesionais de Xerais.

Aparecen as novelas premiadas de Rosa Aneiros

17 Setembro, 2009 (21:00) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Xa puxemos nas librarías as novelas premiadas de Rosa Aneiros. Tras unha lectura devagariño de amabas as dúas non teño dúbida de que estamos diante de senllas obras grandes que marcarán un fito na nosa historia literaria e editorial. Dúas marabillas! Agardo con impaciencia as opinións dos lectores e lectoras. A ilustración de cuberta é […]

«A deleiba do mundo», o novo Maalouf

4 Setembro, 2009 (20:03) | Ensaio, Novidades, Sociedade, Xerais |

Este mes teremos nas librarías o novo Maalouf. Teño a impresión que este é un libro de ensaio que contribúe a introducir racionalidade e certas doses de esperanza no actual debate sobre a deleiba que vivimos.

O Bartleby de Melville en galego

27 Agosto, 2009 (18:30) | Narrativa, Novidades, Traducións, Xerais |

Publicamos un dos nosos títulos máis queridos. Creo que a tradución para o galego de Eva Díaz Rodríguez é magnífica. Chegará ás librarías na primeira decena do vindeiro mes de setembro.

Volve Carlos Núñez: “Alborada do Brasil”

28 Maio, 2009 (10:31) | Música, Novidades |

O vindeiro 16 de xuño aparecerá Alborada do Brasil, o novo disco de Carlos Núñez. Onte limos as primeiras informacións sobre un  proxecto do que sabiamos  traballaban, dende hai tres anos, Carlos e o seu equipo. Sentinme afectivamente vencellado a este proxecto desde as nosas primeiras conversas con Carlos e Fenrnando Conde sobre as relacións […]

«Os ollos do Contomar»

12 Maio, 2009 (08:03) | Bibliotecas, Lectura, Novidades, Presentacións |

Acredito que este libro é unha marabilla. Poucas veces gocei tanto da beleza da lectura como nestas fotografías de Manuel G.Vicente. Outrosí sucede cos textos, que constitúen unha antoloxía fulcral sobre a lectura, o libro e a biblioteca. Beizóns para Espazo Lectura! [recomendo baixar as primeiras 28 páxinas en pdf]

“Do orixinal ao libro”

30 Marzo, 2009 (18:51) | Edición, Editores, Libro, Novidades, Recurso_didáctico, Xerais |

Chegaron hoxe os primeiros exemplares Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica. Unha obra importante para o sector profesional do libro en Galicia xa que constitúe o primeiro manual de edición en galego. Presentaremola con motivo do 23 de abril, día internacional do libro e dos dereitos de autor. Beizóns para o autor, o […]

«El arte de rechazar una novela»

21 Marzo, 2009 (19:40) | Editores, Narrativa, Novidades |

Na visita a Salamanca pasei, inevitablemente, pola completísima sección de Humanidades da Librería Cervantes, onde atopei algunhas cousas que nunca vira nas miñas librarías viguesas. Chamou a miña atención unha novidade de fin de ano da renovada editorial Bruguera, El arte de rechazar una novela, libro do canadiano Camilien Roy que recolle noventa e nove cartas […]

«Rosalía 21»

24 Febreiro, 2009 (19:41) | Efemérides, Novidades, Xerais |

Hoxe é «Día de Rosalía», conmemoramos o 172 aniversario do nacemento da nosa poeta primeira. Con este motivo aparece Rosalía 21, o libro colectivo de ensaios do proxecto multiartístico coordinado por Anxo Angueira. Un libro ben fermoso para unha data que non debe pasar desapercibida.

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

10 Xaneiro, 2009 (15:20) | Novidades, Promoción do libro, Xerais |

Hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia dedicado ás novidades do sector editorial galego para o 2009 adiantamos o que será unha parte do noso programa para este ano no que celebraremos o trinta aniversario da editorial e superaremos os 3.000 títulos publicados.É moi de agradecer a xenerosidade de Xornal de Galicia dedicando quince […]

«Malia ao escaso tirón»

21 Decembro, 2008 (16:03) | Lectura, Novidades, Polémicas, Promoción do libro |

Lendo esta incrible noticia publicada no xornal.com sobre o posicionamento nas librarías das novidades editoriais galegas durante esta campaña de nadal, compréndese mellor que a nosa peor e principal doenza é a da falta de autoestima e confianza na literatura propia.Velaí un exemplo da profecía cumprida. «As editoriais españolas mandan nas vendas das librarías galegas […]

«O libro das cidades imaxinarias»

20 Outubro, 2008 (22:37) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Vídeos, Xerais |

“O libro das viaxes imaxinarias” from Martin Pawley on Vimeo. Só podo dicir que este libro de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas é unha marabilla!

"Unha lectora nada común"

6 Agosto, 2008 (09:10) | Lectura, Narrativa, Novidades |

Una lectora nada común, a noveliña de Alan Bennet, é unha fábula coa que me divertin un pedazo. Qué sucedería se os políticos, neste caso a raíña Sabela de Inglaterra, se convertesen en lectores voraces? Esta comedia sen grandes pretensións propón unha reflexión sobre o poder subersivo dos libros literarios, da lectura e da escritura, […]

"Itinerario de luz", reeditada a obra de Enrique X. Macías

22 Maio, 2008 (21:30) | Música, Novidades |

Hoxe levei unha boa ledicia cando recibín un paquetiño da Consellaría de Cultura e Deporte que gardaba unha grande sorpresa para min: un dobre cedé que contiña a reedición das gravacións das obras de Enrique X. Macías, editadas por Miso Music. O dobre cedé, editada á iniciativa da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, […]

"Festina lente"

21 Maio, 2008 (19:58) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Hoxe recibimos está novela de Marcos S. Calveiro. Intúo que vai dar moito, moito que falar. Só anticipo que estamos diante dunha marabilla. É un grande orgullo que forme parte do noso catálogo. Beizóns Folerpa!Sinto que os impacientes teñan que agardar ata a vindeira semana, na que chegará ás librarías.