Category: Onte

Onte 234: En defensa da sanidade e educación públicas

30 Abril, 2012 (06:55) | Educación, Goberno Rajoy, Iniciativas, Nacionalismo, Onte, Política, Sen clasificar, Sociedade |

Milleiros de persoas manifestáronse en diversas cidades galegas, convocadas por CC.OO e UGT, en defensa da educación e sanidade públicas. É moi difícil entender as razóns polas que as organizacións nacionalistas, tanto sindicais como a maior parte das políticas, non participan nestas convocatorias cívicas. Sei que sucederá outro tanto nas convocatorias galegas do Primeiro de […]

Onte 233: 265.600 = 20%

29 Abril, 2012 (09:13) | Economía, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Segundo a EPA o número de parados foi en Galicia no primeiro trimestre de 2012 de 265.000 persoas, o que supón que a taxa de paro superará por vez primeira o 20%. Dúas cifras estremecedoras ás que se engade outra non menos preocupante, o desemprego incrementouse nun 10,4% con respecto ao trimestre anterior, unha porcentaxe […]

Onte 232: Dark butterfly

28 Abril, 2012 (10:15) | Autores, Beizóns, Narrativa, Onte, Presentacións, Vigo, Xerais |

Librouro quedou moi pequena para acoller a performance de presentación de Dark butterfly, a novela de Rexina Vega. Unha intervención artística magnífica de seis mulleres (Begoña Outeiro, Paz Raña, Lucía Riveiros Vázquez, Iolanda Zúñiga, Rosa Enríquez e a propia narradora), que conforman comunidade no Facebook galego, para visibilizar unha obra tan pavorosa como heroica. O […]

Onte 231: Sermos Galiza

27 Abril, 2012 (06:02) | Lingua, Medios, Novidades, Onte |

Coincidindo co aniversario dos Mártires de Carral, apareceu a edición dixital de Sermos Galiza, unha magnífica noticia para o proceso de construción nacional e para o reforzamento do ecosistema da lectura en galego. Gustei da súa vontade de ofrecer unha axenda informativa ampla (no só política) en clave nacionalista, a súa aposta pola presenza nas […]

Onte 230: Xaime Illa

26 Abril, 2012 (08:26) | Editores, Galeguismo, In memoriam, Nacionalismo, Onte |

Simpaticei sempre con don Xaime Illa polo seu carácer emprendedor e polo seu interese en contactar cos máis novos, unha actitude entusiasta e didáctica forxada durante a súa mocidade galeguista e republicana. O sintagma que penso mellor lle acaía é o de Construír Galicia, título tamén dun dos seus libros máis valiosos, editado pola Fundación […]

Onte 229: Fracaso de Messi e Guardiola

25 Abril, 2012 (07:07) | Deporte, Fútbol, Onte |

Messi non é deus, é apenas un ser humano. Demostrouno xutando o penalti ao longueiro e, logo, enviando outro pexegazo ao poste, cando os seareiros do Barça xa enxergaban a final da Champions. Messi é o modelo máis perfecto que coñecemos de intelixencia en acción sobre a lameira, capaz de escintilar co seu alustro decisivo […]

Onte 228: Isto é Vigo

24 Abril, 2012 (09:32) | Autores, Economía, Galeguismo, Onte, Presentacións, Viño, Xerais |

«Agradezo a afluencia de público e personalidades neste acto mais tamén as voces iradas dos que protestan; isto é Vigo, o punto máis dinámico e máis tenso e creativo de Galicia. De aquí naceu todo. Naceron as grandes empresas industriais e as do espírito de renovación de Galicia. Aquí publicou Rosalía Cantares galegos. Aquí Valentín […]

Onte 227: Rebelión lectora en Gondomar

23 Abril, 2012 (06:53) | Efemérides, Eventos, Lectura, Libro, Onte, Promoción do libro |

Éxito da primeira Sentada Lectora organizada por Espazo Lectura para celebrar o Día Internacional do Libro. Varios centos de persoas desafiando á choiva visibilizamos na alameda gondomareña durante un par de horas a importancia social da lectura. Unha rebelión cívica, anónima, silenciosa, fermosa, interxeracional, imprescindible, unha afirmación lúdica dos libros, as únicas armas coas que […]

Onte 226: «Non hai noite tan longa»

22 Abril, 2012 (09:21) | Autores, Narrativa, Onte, Premios |

Non hai noite tan longa, a novela de Agustín Fernández Paz, recibíu dos premios no mesmo día, o Lousada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011, e o Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011. Un feito inédito que nos encheu de ledicia. Con estes recoñecementos, que se unen aos da AGE, Fervenzas […]

Onte 225: En Ferrol con Cortizas e Yáñez

21 Abril, 2012 (10:55) | Autores, Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Iniciamos en Ferrol o periplo anual polas Feiras do Libro de Galicia, unha andaina para min moi traballosa, aínda que imprescindible, coa que dende a editorial intentamos aumentar a visibilidade das nosas novidades editoriais. A primeira presentación da xeira foi un acto moi singular no que Antón Cortizas e Antonio Yáñez Casal,  dous autores da […]

Onte 224: Sangría demográfica

20 Abril, 2012 (06:54) | Economía, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Somos apenas 2.778.913. A perda de poboación de Galicia, a maior de todas as Comunidades Autónomas, é o síntoma máis evidente da catástrofe política, económica e social que vivimos. Galicia desángrase demograficamente, agora tamén nas provincias atlánticas, mesmo a pesar do lixeiro aumento da poboación estranxeira, que supón apenas o 4% da cidadanía nosa. Diminúe […]

Onte 223: Somos relato

19 Abril, 2012 (06:52) | Autores, Narrativa, Onte, Presentacións, Teatro, Vigo, Xerais |

Magnífica e divertida foi a presentación en Librouro d’ Os fillos do mar, a sorprendente novela viguesa coa que debuta Pedro Feijoo. A actuación xenial de Sergio Zearreta no papel de Simón Varela, o protagonista da novela, deu pé a Marcos Calveiro a salientar o papel da ficción nas nosas vidas: «somos relato, todos nós […]

Onte 222: Ofensa á Academia Galega

18 Abril, 2012 (08:26) | Cultura, Goberno Rajoy, Lingua, Onte |

A Academia Galega será vítima dunha tesourada brutal da asignación que recibe do Ministerio de Cultura para o seu funcionamento. Retallazo dun 62% que deixa a achega do Goberno en 380.000 euros, recurte máis lamentable se o comparamos co 22% que sofren a Academia Vasca e o Institut d’ Estudis Cataláns, entidades homólogas que reciben […]

Onte 221: Máis tesouradas en educación

17 Abril, 2012 (06:55) | Educación, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

As medidas educativas anunciadas polo ministro Wert están dirixidas máis a aforrar recursos (3.000 millóns de euros/ano) ca en mellorar a eficiencia do sistema educativo e reducir as taxas de fracaso escolar, só superadas por Portugal e Grecia. Non coñecemos sistema educativo ningún ca mellorase a súa calidade aumentando a ratio profesor/alumno nin empeorando as […]

Onte 220: A deriva da Coroa

16 Abril, 2012 (06:46) | Onte, Política |

Conmocionoume o artigo de José Antonio Zarzalejos, antigo director de ABC, sobre como a Coroa entrou en barrena. O artigo é de lectura máis que recomendable, xa que achega un diagnóstico e unha información moi valiosas para entender o que pode suceder no futuro. Máis alá da complexa situación da familia real, a cazaría salvaxe […]

Onte 219: Elmer republicano

15 Abril, 2012 (07:34) | Cine, Igualdade, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Política, Xerais |

Non imaxinaba que no día da República rendiría homenaxe a Elmer, o noso elefante preferido. Cando en 1997 publicamos en galego en Xerais o primeiro álbum de David Mckee presentabamos ao simpático elefante de cores como a expresión da diversidade e a mellor gabanza da diferenza para os lectores máis noviños. «Elmer vive na manda […]

Onte 218: Cita no mar de Lira

14 Abril, 2012 (06:48) | Autores, Música, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais |

Foi en Portocubelo, no local da Confraría Mar de Lira, onde acudimos con Xabier Díaz e Luís Rei Núñez para presentar Cita en Fisterra. O acto foi precioso. Tras as palabras agarimosas de acollida de Milucho, Xabier Díaz abriu cunha cantiga mariñeira de Lira, acoutando así o territorio atlántico do libro, unha viaxe de sete […]

Onte 217: Celso Emilio Ferreiro editor

13 Abril, 2012 (08:03) | Autores, Eventos, Onte, Poesía |

A Liga Estudantil Galega da facultade de Filoloxía da USC convidoume a pronunciar unha palestra dentro das xornadas que organiza con motivo do centenario de Ceso Emilio Ferreiro. Un programa magnífico, case un minicongreso no que se abordaron diversos eidos da obra e da vida do poeta de Celanova. Sei que a condición de editor […]

Onte 216: #onosoderbi sen violencia

12 Abril, 2012 (06:49) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte, Vigo |

Únome ao compromismo do celtismo que quere #onosoderbi sen violencia. Fronte ao localismo pailán de tres pesetas, que concibe o partido do domingo coma unha batalla cuxo obxectivo é aniquilar ao rival galego, reivindico a recuperación da fachenda de gozar do fútbol de noso, o do xogo atlántico, caracterizado polo traballo colectivo e o paso […]

Onte 215: Con Valentín

11 Abril, 2012 (06:39) | 17_de_maio, Autores, Galeguismo, Novidades, Onte, Poesía, Presentacións, Vigo |

A convocatoria da Fundación Penzol, apoiada polas editoriais Galaxia, Xerais, Ir Indo e Biblos, dunha mesa redonda con motivo da aparición das biografías de Valentín Paz Andrade constituíu un éxito rotundo tanto pola calidade das intervencións como polo numeroso público que ateigou a Casa Galega da Cultura. Charo Portela, autora das dúas publicadas por Xerais, […]

Onte 214: 40 por aula

10 Abril, 2012 (08:05) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Tras o anuncio por medio dunha nota de prensa dun recurte de 10.000 millóns de euros ás CC.AA., asistiremos a unha regresión histórica das políticas públicas de Sanidade e Educación. O repagamento dos actos sanitarios, o aumento do copagamento farmacéutico, como tamén das taxas universitarias e do número de alumnos e alumnas por aula na […]

Onte 213: A semana horrible de Feijoo

9 Abril, 2012 (07:02) | Goberno Feijoo, Onte, Política |

As páxinas da edición de El País en Galicia non adoitan ter desperdicio. O artigo de José Precedo sobre a situación anímica do presidente Feijoo é moi clarificador sobre a anémica xestión da Xunta de Galicia. Tras a horrible semana vivida polo presidente –dende o éxito da Folga Xeral en Galicia, pasando polos desastres das […]

Onte 212: ENFO, concerto memorable

8 Abril, 2012 (13:05) | Cultura, Música, Onte, Vigo |

O longo concerto do serán foi memorable, inesquecible. A TradAlp piamontesa, a Sibelius Folk Big Band finesa e a nosa Sondeseu ofreceron no escenario do Auditorio de Beiramar un espectáculo extraordinario, que nos fixo vibrar, aplaudir, cantar e emocionar. Promovido de forma exemplar polo profesorado da E-Trad, a fundación Sondeseu e polo concello de Vigo […]

Onte 212: Educación e Sanidade no punto de mira

7 Abril, 2012 (10:21) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Na entrevista ao Frankfurter Allgemeine o ministro de Guindos puxo a educación e á sanidade como próximos obxectivos das «reformas» do goberno Rajoy. Experimentados como estamos na interpretación destes eufemismos económicos, non é difícil interpretar que, probablemente, os orzamentos de 2013 ou o chamado programa de estabilidade incluirán importantes recurtes nos sistemas de educación e […]

Onte 211: Vigo, sitio distinto

6 Abril, 2012 (11:56) | Música, Onte, Portugal, Vigo |

Segundo os organizadores da Semana Santa de Vigo a falta de costaleiros, que obrigará á suspensión da procesión do Encontro, débese á «idiosincrasia» viguesa. O alto índice de «inmigración industrial», «a falta de tradición de procesións», «o despoboamento do centro» e, sobre todo, a baixa asistencia á misa dominical dos vigueses explica esta falta de […]

Onte 210: 291.289,43€

5 Abril, 2012 (11:30) | Goberno Feijoo, Onte, Política, Radio |

A querela da fiscalía por fraude fiscal contra Gerardo Conde Roa é un escándalo. Debullando sobre o relato do caso, non sei o que me produce maior repugnancia: se o feito de que deixase de declarar 291.289,43€ do IVE, que cobrou aos clientes aos que vendeu 61 vivendas de protección oficial, ou se a súa […]

Onte 209: Oficina da Literatura Galega

4 Abril, 2012 (08:19) | Cultura, Eventos, Goberno Feijoo, Lingua, Onte, Promoción do libro, Traducións |

Na mesa redonda sobre «A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional» do Encontro Festlatino 2012 do Consello da Cultura Galega, na que participei xunto a Suso de Toro e Margarita Ledo, volvín defender a creación dunha Oficina da Literatura Galega. Experiencias exitosas como a catalá ensinan que para desenvolver unha extratexia internacional […]

Onte 208: Día Internacional do Libro Infantil

3 Abril, 2012 (08:10) | Efemérides, Literatura infantil e xuvenil, Onte |

Co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil iníciase abril, o mes dos libros por excelencia. Unha efeméride na que adoito tomamos o pulso a saúde a un dos subsectores de edición en Galicia máis dinámicos. A pesar dos efectos inevitables da crise, a nosa edición infantil e xuvenil presenta datos ben esperanzadores. Segundo o […]

Onte 207: Ardeume

2 Abril, 2012 (13:48) | Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Onte, Política |

As dimensións espectaculares do incendio desta fin de semana nas fragas do Eume –segundo a Consellaría de Medio Rural afectou a 750 hectáreas, aínda que outras estimacións, como a da Consellaría de Medio Ambiente chegan as mil e a do alcalde da Capela as 1.500– provocan desolación tanto polas perdas irreparables neste patrimonio da humanidade, […]

Onte 205: Novela sen palabras

31 Marzo, 2012 (13:28) | Book_trailer, Cómic, Ilustración, Narrativa, Novela gráfica, Novidades, Onte, Recurso_didáctico, Vídeos |

Un bo amigo agasalloume un libro marabilloso, La ciudad de Frans Masereel. Esta novela sen palabras do xilógrafo belga, publicada por vez primeira en 1925, realizada con gravados en madeira, constitúe un extraordinario precedente do que hoxe cualificamos como novela gráfica. O contraste entre a escuridade das escenas cotiáns dos barrios obreiros da cidade e […]

Onte 204: Folga Xeral

30 Marzo, 2012 (06:52) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A Folga Xeral foi desigual, pola contra, as manifestacións en todas as cidades galegas foron impresionantes. Apenas a existencia de varias convocatorias sindicais, confundiu un chisco a unha cidadanía inconformista disposta a expresar de forma pacífica o seu desacordo con esta reforma laboral que abarata o despido. Tras o fracaso do domingo e co éxito das protestas de […]

Onte 203: A reconquista de Oubiña

29 Marzo, 2012 (06:07) | Efemérides, Fútbol, Onte, Sociedade, Vigo |

Excelente o bando de Borja Oubiña con motivo do Día da Reconquista. Hai dúas cousas que merecen ser destacadas do discurso do capitán do Celta. A primeira, que o escribise e pronunciase en galego, un xesto moi bonito e responsable que merece os maiores parabéns. A segunda, que á definición tradicional de Vigo como «cidade industrial […]

Onte 202: Día Mundial do Teatro

28 Marzo, 2012 (10:24) | Cultura, Goberno Feijoo, Iniciativas, Onte, Política, Teatro |

No Día Mundial do Teatro de 2012 non presentamos os libros premiados co Álvaro Cunqueiro e co Manuel María, que non sabemos se poderán ser editados, nin se anunciou programación ningunha para os vindeiros meses nin se realizaron estreas de espectáculos. Houbo un manifestación en Compostela de todo o sector profesional das artes escénicas reclamando […]

Onte 201: A lección andaluza

27 Marzo, 2012 (06:45) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Os resultados das andaluzas supoñen o primeiro fracaso electoral do goberno Rajoy. Un baño de realidade para os que as consideraron un mero trámite. Pois non, Andalucía resistíuse. A propaganda non abondou para avalar as «reformas» fiscais de Montoro nin as políticas de austeridade selectiva de Guindos nin a reforma laboral de Báñez que, mentres […]

Onte 199: Lutherapia

25 Marzo, 2012 (19:33) | Humor, Música, Onte, Teatro, Vigo |

Despois de varias décadas sen velos actuar en directo, agardaba moito máis de Les Luthiers. Lutherapia semelloume un espectáculo previsible, pouco arriscado, concibido para chegar a un público disposto a aplaudir coa mera presenza do quinteto no escenario e a escachar de gargalladas coas numerosas referencias escatolóxicas e gags de inequívoco cheiro machista dos arxentinos. […]

Onte 198: No meu país danse as grazas

24 Marzo, 2012 (11:19) | Autores, Educación, Eventos, Galeguismo, Lingua, Onte, Recurso_didáctico |

Inesquecible foi a sesión académica da investidura de Manuel Rivas e John Rutherford como Doutores Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Cinco discursos memorables –dúas laudatios formidables, senllas respostas para a nosa historia cultural e un peche do reitor de grande altura– que salientaron de forma unánime o compromiso dos doutores e da UDC co futuro da […]

Onte 197: Vindicación da noveliña

23 Marzo, 2012 (07:50) | Narrativa, Novidades, Onte, Xerais |

No serán viaxamos a Ribeira para presentar Orlando pendurado, a novela curta de Goretti Fariña gañadora do Premio Cidade Centenaria. Unha obra de apenas oitenta páxinas que aborda cuestión tan complexa para os seres humanos como é a do fracaso axudándose da piedade proporcionada polo humor e da beleza achegada por unha escrita culta e […]

Onte 196: Día Mundial da Poesía

22 Marzo, 2012 (08:20) | Efemérides, Lectura, Onte, Poesía |

Coa chegada da primavera, celebrouse o Día Mundial da Poesía. Este ano coincidiu en Galicia coa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, promovida en Ourense polo PEN Clube Galicia, con motivo do centenario do nacemento do poeta que amou ao seu pobo. Hai menos dun mes celebramos o Día de Rosalía, dentro de apenas dúas semanas […]

Onte 195: Teito de gasto na liga

21 Marzo, 2012 (09:35) | Deporte, Fútbol, Iniciativas, Onte, Política |

Foi o BNG quen presentou no Congreso unha proposta para impoñer teito de gasto aos clubes profesionais de fútbol mentres manteñan débedas con Facenda ou a Seguridade Social. Unha proposta oportunísima xa que os clubes de fútbol profesional deben só a Facenda 750 millóns de euros, unha cifra brutal e vergonzosa, cando a sociedade toda […]

Onte 194: Xenofobia

20 Marzo, 2012 (09:42) | Dereitos_humanos, Onte, Política, Sociedade |

O atentado terrorista de Toulouse, que acabou coa vida dun profesor e tres alumnos xudeus, amosa que a xenofobia é unha das maiores doenzas sociais da Europa en crise. Tras o asasinato a semana pasada de tres militares franceses de orixe magrebí, probablemente coa mesma arma, estes novos crimes racistas enfrontan á sociedade gala cos […]

Onte 193: Literapia

19 Marzo, 2012 (07:55) | Lectura, Onte |

Cheguei con moito atraso a unha noticia fascinante de Letralia de 2006 que anunciaba que un grupo de médicos e profesores da USC, dirixidos por Darío Villanueva, comezaban a experimentar coa «literapia», unha forma de terapia para aliviar ou axudar na curación de determinadas doenzas mediante o emprego da lectura e da escritura. Supoño que estes […]

Onte 192: Mala tarde

18 Marzo, 2012 (09:56) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Tras catro meses no corno da lúa, o Celta tivo unha mala tarde no estadio Gran Canaria. A pésima arbitraxe non xustifica unha derrota sen paliativos fronte a un rival superior. Os de Herrera agasallaron aos locais unha hora de partido, desenvolvendo un xogo inane, desestruturado e sen alma ningunha, sentindo a ausencia de Oubiña […]

Onte 190: Repagamento

16 Marzo, 2012 (09:17) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Tras a iniciativa da Generalitat de obrigar a pagar un euro por receita e a posibilidade aberta en Madrid por Feijoo de aumentar o copagamento farmacéutico en función de niveis de renda, é moi probable ca despois das eleccións andaluzas e asturianas se introduza algún sistema de repagamento no sistema público de saúde. Con esta fórmula […]

Onte 189: Coreander

15 Marzo, 2012 (09:23) | Editores, Educación, Eventos, Onte, Vídeos |

Viaxei á Coruña para participar nas xornadas sobre Edición e Cultura organizadas polo Grupo  Coreander, un grupo de alumnos e alumnas da Facultade de Filoloxía. Falamos de como afectan ao papel dos editores as mudanzas do paradigma da comunicación cultural e doutros tránsitos nos que estamos inmersos, sobre todo, da crise da libraría cultural e […]

Onte 188: Os fillos do mar

14 Marzo, 2012 (09:22) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Premios, Vigo, Xerais |

Pasei boa parte da tarde lendo na novela coa que Pedro Feijoo debuta na narrativa galega. Tras o seu magnífico estudo sobre o xornal Galicia de Valentín Paz Andrade e Viva o Fu Remol!, o escritor e músico de Los Feliz e Lamatumbá ofrece unha novela trepidante sobre as pegadas da memoria na cidade de […]

Onte 187: El repte de publicar en catalá

13 Marzo, 2012 (09:19) | Edición, Editores, Eventos, Lectura, Lingua, Onte, Promoción do libro |

O meu amigo Jordi Ferré, o presidente da Associació d´Editors en Llengua Catalana, envioume «El repte de publicar en catalá», un documento moi interesante froito dunha xornada de reflexión sobre a edición en lingua catalá na que participaron máis de medio cento de editores. Entre as conclusións acadadas anotei unhas cantas: «a eclosión dixital é […]

Onte 186: Tras o Congreso de + Galiza

12 Marzo, 2012 (08:07) | Galeguismo, Nacionalismo, Onte, Política |

Tras a decisión unánime do Encontro Irmandiño, tras o acordo de + Galicia de constituírse en partido fóra do BNG, mesmo a pesar do feito (comprensible até o remate dos mandatos) da oposición de once dos seus alcaldes, varios voceiros e do propio Carlos Aymerich, é xa moi difícil defender que o BNG continúa sendo […]

Onte 185: A vitoria de Pachi

11 Marzo, 2012 (14:34) | Galeguismo, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Non agardaba a vitoria de Pachi Vázquez no 12 congreso do PSdeG-PSOE, xa que é a primeira vez que a maioría da militancia socialista se opón aos desexos de Ferraz representados pola candidatura de Espinosa, apoiada de forma explícita por Blanco e Caballero. Aí vexo a clave máis positiva dun resultado continuista que nin resolve […]

Onte 184: Día de premios

10 Marzo, 2012 (17:22) | Eventos, Onte, Premios, Xerais |

Gosto dos premios literarios á obra editada xa que, máis alá da recepción da crítica e das cifras de vendas, expresan a opinión do lectorado cualificado que os outorga, ademais de estimular e recoñecer o traballo do equipo editorial e dos autores. Onte foi un día para ese tipo de premios. Pola mañá soubemos das […]

Onte 183: U-la unidade de acción feminista?

9 Marzo, 2012 (00:37) | Dereitos_humanos, Efemérides, Eventos, Feminismo, Onte |

Magoume que no Día Internacional das Mulleres houbese dúas manifestacións en Vigo, unha convocada polo Consello Municipal da Muller e a Concellaría de Igualdade e apoiada por 23 organizacións de mulleres, na que se exhibiron só reclamos lilas, e outra da Marcha Mundial das Mulleres, apoiada por militantes do BNG e de EU, na que ondearon […]