Category: Poesía

Entrevista en «Galicia hoxe»

27 Xullo, 2009 (07:48) | Editores, Entrevistas, Goberno Feijoo, Persoal, Poesía, Política, Xerais |

Manuel Vidal Villaverde tivo a deferencia de incluírme nas súas «Conversas contemporáneas» que publica cada luns en Galicia hoxe.

Novoneyra, 17 de maio 2010

27 Xuño, 2009 (19:06) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/K8_jFWgaBWg” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A pesar de que as concellarías de Cultura do BNG promoveron ao mesmo son a candidatura de Ricardo Carvallo Calero, non creo que quedasen descontentas coa elección do poeta courelao Uxío Novoneyra e da elección como académico (xa era tempo!) de Bernardino Graña. Haberá que agardar outro ano pola […]

“A Casa do vagabundo”, outra despedida

25 Xuño, 2009 (16:25) | Goberno Feijoo, Medios, Poesía, Promoción do libro |

Xosé Rivadulla Corcón, director d’ A Casa do vagabundo, o programa de libros (e con especial dedicación á poesía) da Radio Galega envíanos esta carta de despedida: Estimados habitantes da Casa do vagabundo: Xa sabedes que esta casa non ten ni paredes nin portas, tampouco xanelas nin tellado e pode emprazarse en calquera lugar do […]

Aquilino Iglesia Alvarino, hoxe centenario do seu nacemento

12 Xuño, 2009 (09:21) | Autores, In memoriam, Poesía, Xerais |

Un doce de xuño de 1909 nacía en Seivane, unha aldea do concello de Abadín o que sería o grande poeta chairego Aquilino Iglesia Alvariño. Afortunadamente o PEN de Galicia estivo atento e este centenario do autor de Señardá (1930), Corazón ao vento (1933) ou  Lanza de soledá (1961) non pasará completamente desapercibido, a pesar […]

Benedetti ou a defensa da alegría

18 Maio, 2009 (22:44) | Autores, In memoriam, Poesía, Vídeos |

Déixanos textos memorables.

Carlos Oroza

12 Abril, 2009 (11:20) | Autores, Beizóns, Efemérides, Poesía, Vigo |

Recomendo vivamente ler e arquivar a entrevista que Roxelio Garrido realizou ao poeta Carlos Oroza con motivo do seu setenta e cinco aniversario. Admiro moito a Carlos, o noso poeta camiñante. Cada encontro con el na rúa é unha beizón, a pesar de que el humildemente afirma que «Todas las tardes paseo mi derrota por las […]

Homenaxe a Ramiro Fonte

31 Marzo, 2009 (10:20) | Autores, Eventos, In memoriam, Poesía |

«Ámote vermella» en Lugo

25 Marzo, 2009 (07:18) | Poesía, Presentacións, Xerais |

Quedei satisfeito da presentación/recital de Ámote vermella en Lugo. Medio cento de persoas acudiron á Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, onde está instalada Vermellas. Chamábanlles «rojas», a magnífica exposición da que forma parte principal este poemario de Claudio R. Fer, ilustrado pola pintora Sara Lamas.  Tanto a exposición como o libro, un […]

O premio de Eduardo Estévez

24 Setembro, 2008 (16:21) | Blogs, Poesía, Polémicas, Premios |

A decisión do xurado do Premio de poesía González Garcés, convocado pola Deputación da Coruña, de emendar o seu veredito e retirarlle o premio a Eduardo Estévez paréceme un lamentable erro. Non hai dúbida de que a utilización dos medios dixitais (como fixo Estévez no seu blog) para a comunicación de textos literarios pode crear […]

Viva a vida!

2 Setembro, 2008 (17:00) | Autores, Poesía |

Descubro hoxe con enorme ledicia este texto de Uxía Fernández sobre a homenaxe que se lle tributou a Ramiro Fonte o pasado 28 de xullo. Na súa casa viguesa do Areal, Ramiro ultima estes días o orixinal de Reversos, o seu novo libro de poemas (de formas clásicas) que teremos a fortuna de publicar proximamente […]

"A neve do tempo"

18 Xaneiro, 2008 (07:49) | Artes Visuais, Ilustración, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos en Ourense A neve do tempo, un fermoso libro de arte froito da colaboración entre o escritor Alberto Pascual e o pintor José Antonio Ocaña. Para o crítico Juan Carlos García Alía, ambos os dous autores “forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co […]

Centre for the promotion of Galician Literature in Translation

17 Xaneiro, 2008 (22:08) | Cultura, Iniciativas, Poesía, Traducións |

A raíz da miña proposta de creación dunha Oficina do Libro Galego, como xestor da estratexia de promoción da literatura galego a nivel internacional, o amigo Jonathan Dunne (o máis importante tradutor da literatura galega ao inglés) remíteme este enlace coa páxina do Centre for the Promotion of Galician Literature in Translation (CPGLT) que creou […]

"Fóra do sagrado"

14 Xaneiro, 2008 (07:51) | Artes Visuais, Poesía, Presentacións |

Grazas a Marcos podemos coñecer na rede os grandes murais de Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios sobre o perfil vigués que constitúen o fondo dos recitais de Fóra de sagrado de Anxo Angueira. Espectaculares, a verdade!

O ano de don Xosé María

6 Xaneiro, 2008 (10:28) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Efemérides, Novidades, Poesía, Recurso_didáctico, Vigo, Xerais |

No artigo da semana abordo por segunda vez a figura de don Xosé María Álvarez Blázquez, nesta volta na súa relación con Vigo, cidade da que foi Cronista Oficial e á que dedicou dous dos seus máis importantes libros, La ciudad y los días e Vigo y su historia. Nas próximas semanas pretendo rematar a […]

O nadal nas letras galegas

24 Decembro, 2007 (10:44) | Autores, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico |

Moi oportuna a anotación de Vieiros facéndose eco do traballo do profesor Xesús Alonso Montero sobre “O nadal nas letras galegas“.Recupero esta panxoliña de Celso Emilio Ferreiro de 1960: NOITEBOA¿Onde estánaqueles pandeiros ledosde Nadal? Aquelas neves de antano,aquel fogar;aqueles rexos cantarespolo val. ¿Qué foi deles,onde están ?As nosas queixas de agora¿onde van? Río que pasas […]

Carlos Lema, premio de poesía Johán Carballeira

23 Decembro, 2007 (09:30) | Autores, Editores, Poesía, Premios |

Unha noticia ben bonita: o noso amigo o editor Carlos Lema obtivo o premio de poesía Johán Carballeira convocado en Bueu. O xurado salientou que a obra gañadora por unanimidade, O xeito de Freud. Transferencias da realidade, foi escollida “pola solidez da súa construción”, o que demostra “ser moi complexo na súa elaboración”, así como […]

Entrevista ao Leo

21 Decembro, 2007 (18:17) | Autores, Entrevistas, Novidades, Poesía, Xerais |

Con motivo da recente aparición de Hai cu, o poeta Xavier Cordal faille outra entrevista ao Leo.Recollo algunhas afirmacións salientables destas entrevistas do escritor e músico de Matamá e promotor do Espectáculo Multimerda (recomendo, ademais, e moi vivamente a lectura dos enlaces): “Non comparto a idea de que se editen moitos libros en galego, penso […]

"O adeus do vello mariñeiro"

19 Decembro, 2007 (16:52) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Onte acompañamos a X.H. Rivadulla Corcón na presentación na Coruña do seu máis recente poemario, O adeus do vello mariñeiro.O libro foi presentado polo poeta Xavier Seoane que comezou salientando que a poesía é unha arte da pervivencia e como tal o libro de Rivadulla (a quen imaxina coma un vello baleiro namorado de salitre) […]

Nace "Edoy Leliadoura"

9 Novembro, 2007 (17:18) | Poesía |

A aparición dos seis primeiros títulos da colección “Edoy Leliadoura” de Sotelo Blanco edicións é unha noticia importante para a poesía galega. Dirixe a colección Xesús González Gómez, o que promete calidade e coidado nas edicións. A aparición deste novo espazo poético engádese a especialización de Espiral Maior, á aposta de Galaxia por potenciar Dombate […]

Bernardino 75

23 Setembro, 2007 (11:12) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Efemérides, Poesía, Presentacións, Xerais |

No artigo da semana realizo a miña homenaxe á figura de Bernardino Graña, quen será homenaxeado esta semana en Cangas con motivo do seu setenta e cinco aniversario. Unha boa oportunidade para volver sobre a obra do noso mariñeiro das palabras. Os actos da homenaxe, organizada pola Asociación Cultural A Cepa, xa foron anunciados. A […]

Memoria de poeta

30 Xullo, 2007 (14:16) | Autores, Poesía |

Moito teño lido e gozado nestes días coa lectura das case cincocentas páxinas de Memoria de poeta, o libro autobiográfico de Xosé María Álvarez Cáccamo. Quedei engaiolado con estas primeiras memorias de Pepe que, como xa fixera Antón Baamonde (ben é certo que con outro rexistro), quedan a medio camiño entre o percorrido autobiográfico e […]

"Fóra do sagrado" de Anxo Angueira

27 Xuño, 2007 (22:09) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Espectacular e moi emocionante foi o recital de presentación de Fóra do sagrado, o poemario que dedica a Vigo Anxo Angueira. O paraninfo “Leónides de Carlos Ardenaz” do Instituto Santa Irene ateigouse de xente para escoitar a presentación de Méndez Ferrín e a declamación do poeta, acompañado dos músicos Leo de Matamá (nas guitarras e […]

"Cólera" de María Xosé Queizán

20 Xuño, 2007 (11:01) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos Cólera, o máis recente poemario de María Xosé Queizán. Durante o acto proxectarase un vídeo de 45 minutos, preparado por Manuel Forcadela, que recrea con imaxes, testemuños e músicas seis dos poemas do libro.Cólera é a memoria orgullosa dunha xeración que rememora un proceso histórico clave na conformación do tempo presente. Empregando a […]

Que din os rumorosos?

15 Xuño, 2007 (07:32) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Historia, Poesía |

Ferrín publica hoxe un novo artigo que completa o da segunda feira. Dous textos maxistrais sobre o himno galego. Indispensable que pasen o arquivo. Etiquetas: Himno_galego

Marilar Aleixandre en Budapest

25 Marzo, 2007 (11:39) | Autores, Entrevistas, Eventos, Poesía |

A proxección da literatura galega no exterior é unha tarefa complexa que require un traballo demorado e sistemático por parte de todos. Afortunadamente cada vez son máis frecuentes as noticias da presenza dos nosos autores e autoras en eventos internacionais.Estes días soubemos da viaxe de Marilar Aleixandre a Budapest para participar, entre os días 29 […]

Longa noite de pedra

21 Marzo, 2007 (22:19) | Autores, Iniciativas, Poesía |

Este cartel sobre un texto de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro formará parte da campaña “Libros a la calle 2007″ que durante o mes de abril se desenvolverá no metro e nos autobuses públicos de Madrid, Zaragoza (xestionados pola mesma empresa de Vitrasa) e Segovia. A lingua galega viaxará nestes medios para […]

Xavier Queipo

28 Xaneiro, 2007 (10:24) | Cidades, Iniciativas, Poesía, Presentacións, Xerais |

La Voz de Galicia anuncia hoxe que Xavier Queipo formará parte dun grupo de nove poetas de todo o mundo co que Bruxelas, a cidade sede das institucións europeas, “quere lucir, fomentar e fachendear da súa multiculturalidade e da súa condición de urbe internacional, multirracial e multilingüística. Os versos de Queipo, inéditos e escritos expresamente […]

Entrevista a Ramón Caride

25 Xaneiro, 2007 (23:00) | Autores, Entrevistas, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Un dos formatos máis atractivos da presentación literaria é a entrevista co autor. Esta foi a fórmula que utilizamos hoxe na Casa do Libro de Vigo para o acto de promoción do volume de poemas de Ramón Caride. O escritor Francisco Castro e o poeta de Cea conversaron animadamente arredor d’ As mascaras de Cronos. […]

As máscaras de Cronos

23 Xaneiro, 2007 (22:54) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

O xoves e o venres desta semana continuaremos coas presentacións do último libro de Ramón Caride, As máscaras de Cronos (poemas (1994-2005). O volume recolle a obra poética do autor dende o ano 1994 e inclúe os libros xa publicados Cerne das labaredas (Espiral Maior, 1994); Flor no deserto (Premio Cidade de Ourense 1994), Xeografías […]

Marilar Aleixandre gañadora do V Premio de Poesía Caixanova-Pen Club

11 Decembro, 2006 (22:53) | Autores, Beizóns, Poesía, Premios |

Beizóns, Marilar! Etiquetas: Marilar_Aleixandre, Poesía, Premios

A materia de Xabier Paz

9 Novembro, 2006 (19:12) | Autores, Poesía, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos Materia de Lucrecio, o poemario máis recente de Xabier Paz. Creo que este poemario materialista sorprenderá xa que fose de a mantenta de calquera asombro íntimo para propoñer ao lector unha indagación sobre o sentido da vida no cosmos e no universo. Tanto pola súa temática, como pola súa expresión prosaica e a […]

"Cullerón" de John Berger

22 Maio, 2006 (21:40) | Poesía, Traducións |

CULLERÓN Peltre cheo de picadelas a lúa do cullerón erguéndose sobre a estivada mergullándose na pota servindo a xeracións e xeracións fumegando dragando o que agromou das sementes na horta espesado con pataca sobrevivíndonos a todos no ceo de madeira da parede da cociña Nai servicial que co fumeante peito de peltre veado polos sales […]

"Contra Maquieiro", premio Losada Diéguez

1 Maio, 2006 (11:54) | Poesía, Premios, Xerais |

Acollemos con ledicia a noticia da concesión do premio Losada Diéguez de creación 2005 ao último poemario de Ferrín. O xurado definiu a obra como “unha crónica lírico-sarcástica e comprometida co século XX e comezos do XXI na que o autor consigue harmonizar poesía, ficción, profecía e realidade social, cun perfecto equilibrio entre a técnica, […]

Poetízate

1 Marzo, 2006 (20:14) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Poesía, Xerais |

A antoloxía que preparou Fran Alonso está tendo unha recepción moi boa. Feito que os editores sempre agradecemos. Temos moita fe nesta proposta de promoción da poesía entre os lectores e lectoras adolescentes, sen adovíos nin didactistas nin infantilizantes. Poetízate!

Poeta de cidades

25 Decembro, 2005 (13:34) | Críticas, Poesía |

Magnífica esta crítica do último libro de poemas de Ramiro que presentaremos o vindeiro mércores.

Kalendas

11 Decembro, 2005 (10:21) | Poesía, Presentacións, Xerais |

Viaxamos á cidade da brétema para presentar as Kalendas de Xosé Lois García. O acto, que repetimos ao día seguinte en Chantada, tivo grande altura literaria, sobre todo, pola intervención moi meditada de Xosé Manuel Eiré, quen cualificou o libro “como un proxecto poético absolutamente inusitado, froito dun traballo hercúleo que acaba posuíndo ao lector”. […]

Namorada de outonos e solpores

22 Novembro, 2005 (22:21) | Poesía |

Namorada de outonos e solpores,peregrina nas gándaras da vida,buscaches no tremor da atardecidafragrancias vellas de ilusións e amores. Sorriron para ti todas as flores,fíxose a luz roibén na túa feridae, por nidios ronseis, a alma durmidafoi desde o abismo ós altos miradores. Inefables paisaxes de harmoníaabríronse ante ti coma agasalloen volutas de lúa opalescente. Desposaron […]

Historia da primeira edición de "Con pólvora e magnolias"

15 Novembro, 2005 (18:39) | Autores, Edición, Historia, Poesía, Presentacións |

A presentación da edición ilustrada de Con pólvora e magnolias (o público ateigou coqueto salón de Caixa Galicia) serviu para que Ferrín desvelase nunha intervención preciosa algúns pequenos segredos da primeira edición, aparecida baixo o selo do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Ferrín confesou que o libro nacera dalgunha maneira en Compostela en 1976. Pretendeu […]

Con pólvora e magnolias

14 Novembro, 2005 (23:36) | Poesía, Presentacións |

Presentamos en Compostela a edición ilustrada por Sucasas de Con pólvora e magnolias. Estades convidados.

Contra Maquieiro

23 Setembro, 2005 (16:43) | Novidades, Poesía, Xerais |

Outra boa noticia: Ferrín entregounos esta mañá o seu novo poemario, Contra Maquieiro. O grande mestre organizou estes textos, absolutamente inéditos, en catro grandes apartados:I. “Contra Maquieiro” (o corpo de trinta poemas que dan título ao volume);II. “Cuarteto con Alemaña” (catro poemas de verso moi longo);III. “Ex Senectute” (seis poemas)IV. “Profecía de Taramundi” (dezanove versículos, […]

Xerardor poético

5 Agosto, 2005 (08:39) | Poesía, Tecnoloxías |

Efectivamente, o xerador funciona de forma impresionante. Velaí o primeiro poemario electrónico galego. Poetas e editores convencionais debemos tomar moi boa nota. Beizóns para os aduaneiros.

Coraçao do día

15 Xuño, 2005 (19:26) | Poesía |

Kavafinho oportuno recorda hoxe os versos de Eugenio de Andrade: Estás so. Desolado e só. E é de noite.