Category: Política

Onte 286: Euskadi 2012

21 Xuño, 2012 (07:22) | Goberno Rajoy, Onte, Política |

A legalización de Sortu píllame en Bilbo, coincidindo coa xuntanza mensual do grupo de traballo sobre o sector do libro na CAE no que fun convidado a participar. O Constitucional recoñece o que xa é un feito cotián na realidade política vasca, a participación da esquerda abertzale no proceso de normalización democrática. Se algo chama […]

Onte 284: Prima de risco

19 Xuño, 2012 (08:20) | Economía, Onte, Política |

O ascenso da prima de risco e do bono español a 10 anos até niveis de infarto amosa que as eleccións gregas foron apenas unha excusa dunha estratexia de engano masivo. A río revolto gañan os especuladores e as políticas de rescate baseadas en recurtes fiscais e axustes de emprego. O problema non é Grecia, […]

Onte 283: Grecia

18 Xuño, 2012 (07:06) | Economía, Onte, Política |

Cinco reflexións sobre o que sucedeu onte nas eleccións gregas. Primeira: no parlamento gañaron os partidarios do rescate, porén a esquerda obtivo máis votos populares; o que supón un país profundamente dividido no éido político. Segunda: a esquerda anticapitalista de Syrizas, que pasa do 4,6% en 2009 ao 26,56%, consolídase como líder da oposición cun […]

Preescolar na casa

18 Xuño, 2012 (06:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a situación agónica de Preescolar na casa. A falta de apoio da Xunta de Galicia obrigará a un probable peche de Preescolar na Casa. Fundado en 1977 en Lugo por Antonio Gandoy, o queridísimo “crego da bicicleta”, secretario de Cáritas Diocesana Galicia, este programa tratou de […]

Critico, felicito, propoño

16 Xuño, 2012 (10:47) | Artigos_Sermos_Galiza, Educación, Galeguismo, Política |

«Critico, felicito, propoño» é o título da miña segunda colaboración en Sermos Galiza.

A sanidade, pública

4 Xuño, 2012 (06:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Sociedade |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da manifestación en Compostela «Na defensa e pola mellora dsa sanidade pública», reflexiono sobre a situación deste sector público esencial: Ao longo das nosas vidas, acumulamos experiencias positivas da sanidade pública que, en liñas xerais, ofrece con eficacia e eficiencia un servizo de grande calidade. […]

Onte 262: A queimada de Feijoo

28 Maio, 2012 (06:49) | Goberno Feijoo, Lingua, Onte, Política, Televisión |

Feijoo foi entrevistado en Intereconomía por «12 mulleres sen piedade»  e acabou preparando unha queimada. Coma se dun émulo de don Manuel Fraga se tratase, mesmo leu o esconxuro para espantar as penurias da crise. Nunca tal viramos. Probablemente para unha parte da audiencia da canle ultraconservadora o máis significativo do programa non fose esa impresionante […]

Onte 256: A caridade de Rouco

22 Maio, 2012 (06:20) | Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Segundo o cardeal Rouco Varela, se a Igrexa se vise obrigada a pagar o IBI ás administracións locais polos seus edificios de culto, poderían diminuír ás súas accións sociais, singularmente a que desenvolve Cáritas. Non hai dúbida que o prelado vilalbés expresa con luva de veludo unha sutil ameaza ao Goberno de Rajoy, entendo que […]

Eu estudei na Pública

19 Maio, 2012 (07:37) | Educación, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Vídeos |

Magnífica peza en defensa da Educación Pública. Eu tamén estudei na Pública.

Onte 250: A demisión do Valedor

16 Maio, 2012 (08:43) | Goberno Feijoo, Onte, Política |

A demisión do Valedor era previsible. Tras o conflito xerado a raíz da súa resposta a unha queixa sobre o tratamento do concepto de «lingua propia» nun libro de texto de Primaria, poñendo en evidencia os seus prexuízos sobre a lingua galega, foi a súa proposta de suspensión da Lei de Dependencia e os seu […]

Sector naval

14 Maio, 2012 (06:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Música, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a situación crítica do sector naval na área metropolitana de Vigo. Como sucedera a comezos dos oitenta, enfrontámonos ao futuro do sector naval, unha das trabes da economía do noso Vigo industrial durante o século XX. Outrosí un sector declarado de forma unánime como «estratexico» […]

Onte 247: #15M

13 Maio, 2012 (18:55) | Economía, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

As manifestacións con motivo do aniversario do #15M foron tamén en Galicia un éxito. A pesar das dificultades de consolidación do movemento global dos indignados, mantense nunha boa parte da cidadanía o seu espírito, a indignación e noxo fronte ao comportamento conformista dos partidos hexemónicos responsables das políticas de austeridade selectiva que liquidan as conquistas […]

Onte 244: Fin da educación comprensiva

10 Maio, 2012 (08:13) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Intereseime polo Programa Nacional de Reformas, o documento estratéxico que o Goberno elaborou de cara a cumprir os compromisos do Plan de Estabilidade. A verdade é que quedei pampo cando estudei os contidos educativos (entre as páxinas 182 até 195), nos que o Goberno asume a reforma da Educación Secundaria cuxa idea principal «é substituír […]

Onte 241: Tempos de mudanza?

7 Maio, 2012 (07:17) | Economía, Europa, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Semella que os resultados das eleccións desta fin de semana poderían preñar tempos de mudanza en Europa. En Francia gañou quen considera que a austeridade non pode ser unha fatalidade, cuestionando así a estratexia suicida do partido conformista de Merkel. En Grecia irrumpe con forza nun parlamento moi fragmentado, que racha co bipartidismo conformista, a […]

Onte 238: Adianto electoral?

4 Maio, 2012 (06:59) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Xabi Blanco aventura no seu primeiro artigo en La Región un adianto electoral para o mes de setembro. Semellaría que volve unha lideira interna semellante á que tiveran Blanco e Touriño, agora protagonizada por Rajoy e Feijóo. Como lle sucedera co Goberno bipartito, o presidente da Xunta preferiría rematar a lexislatura, fronte ao criterio do […]

Onte 235: Eufemismos

1 Maio, 2012 (10:46) | Cultura, Economía, Goberno Rajoy, Música, Onte, Política |

Os debates d’ A Crónica da Radio Galega, a tertulia na que adoito participar nas noites dos luns, co mellor talante e maior serenidade, axudan a manterme atento á axenda informativa. A de onte foi unha oportunidade magnífica para xogar coa sutileza dos eufemismos que decote utilizan os membros do Goberno. Luis de Guindos e […]

Onte 234: En defensa da sanidade e educación públicas

30 Abril, 2012 (06:55) | Educación, Goberno Rajoy, Iniciativas, Nacionalismo, Onte, Política, Sen clasificar, Sociedade |

Milleiros de persoas manifestáronse en diversas cidades galegas, convocadas por CC.OO e UGT, en defensa da educación e sanidade públicas. É moi difícil entender as razóns polas que as organizacións nacionalistas, tanto sindicais como a maior parte das políticas, non participan nestas convocatorias cívicas. Sei que sucederá outro tanto nas convocatorias galegas do Primeiro de […]

Onte 233: 265.600 = 20%

29 Abril, 2012 (09:13) | Economía, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Segundo a EPA o número de parados foi en Galicia no primeiro trimestre de 2012 de 265.000 persoas, o que supón que a taxa de paro superará por vez primeira o 20%. Dúas cifras estremecedoras ás que se engade outra non menos preocupante, o desemprego incrementouse nun 10,4% con respecto ao trimestre anterior, unha porcentaxe […]

Onte 224: Sangría demográfica

20 Abril, 2012 (06:54) | Economía, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Somos apenas 2.778.913. A perda de poboación de Galicia, a maior de todas as Comunidades Autónomas, é o síntoma máis evidente da catástrofe política, económica e social que vivimos. Galicia desángrase demograficamente, agora tamén nas provincias atlánticas, mesmo a pesar do lixeiro aumento da poboación estranxeira, que supón apenas o 4% da cidadanía nosa. Diminúe […]

Onte 221: Máis tesouradas en educación

17 Abril, 2012 (06:55) | Educación, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

As medidas educativas anunciadas polo ministro Wert están dirixidas máis a aforrar recursos (3.000 millóns de euros/ano) ca en mellorar a eficiencia do sistema educativo e reducir as taxas de fracaso escolar, só superadas por Portugal e Grecia. Non coñecemos sistema educativo ningún ca mellorase a súa calidade aumentando a ratio profesor/alumno nin empeorando as […]

Onte 220: A deriva da Coroa

16 Abril, 2012 (06:46) | Onte, Política |

Conmocionoume o artigo de José Antonio Zarzalejos, antigo director de ABC, sobre como a Coroa entrou en barrena. O artigo é de lectura máis que recomendable, xa que achega un diagnóstico e unha información moi valiosas para entender o que pode suceder no futuro. Máis alá da complexa situación da familia real, a cazaría salvaxe […]

Onte 219: Elmer republicano

15 Abril, 2012 (07:34) | Cine, Igualdade, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Política, Xerais |

Non imaxinaba que no día da República rendiría homenaxe a Elmer, o noso elefante preferido. Cando en 1997 publicamos en galego en Xerais o primeiro álbum de David Mckee presentabamos ao simpático elefante de cores como a expresión da diversidade e a mellor gabanza da diferenza para os lectores máis noviños. «Elmer vive na manda […]

Onte 214: 40 por aula

10 Abril, 2012 (08:05) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Tras o anuncio por medio dunha nota de prensa dun recurte de 10.000 millóns de euros ás CC.AA., asistiremos a unha regresión histórica das políticas públicas de Sanidade e Educación. O repagamento dos actos sanitarios, o aumento do copagamento farmacéutico, como tamén das taxas universitarias e do número de alumnos e alumnas por aula na […]

Área Metropolitana, fracaso anunciado

9 Abril, 2012 (07:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a situación do proxecto de lei de Área Metropolitana de Vigo. Moito ten chovido dende a aprobación o 22 de decembro de 1999 da “Declaración de Soutomaior”, un documento consensuado por todos os alcaldes da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo na que declaraban a […]

Onte 213: A semana horrible de Feijoo

9 Abril, 2012 (07:02) | Goberno Feijoo, Onte, Política |

As páxinas da edición de El País en Galicia non adoitan ter desperdicio. O artigo de José Precedo sobre a situación anímica do presidente Feijoo é moi clarificador sobre a anémica xestión da Xunta de Galicia. Tras a horrible semana vivida polo presidente –dende o éxito da Folga Xeral en Galicia, pasando polos desastres das […]

Onte 212: Educación e Sanidade no punto de mira

7 Abril, 2012 (10:21) | Economía, Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política, Sociedade |

Na entrevista ao Frankfurter Allgemeine o ministro de Guindos puxo a educación e á sanidade como próximos obxectivos das «reformas» do goberno Rajoy. Experimentados como estamos na interpretación destes eufemismos económicos, non é difícil interpretar que, probablemente, os orzamentos de 2013 ou o chamado programa de estabilidade incluirán importantes recurtes nos sistemas de educación e […]

Onte 210: 291.289,43€

5 Abril, 2012 (11:30) | Goberno Feijoo, Onte, Política, Radio |

A querela da fiscalía por fraude fiscal contra Gerardo Conde Roa é un escándalo. Debullando sobre o relato do caso, non sei o que me produce maior repugnancia: se o feito de que deixase de declarar 291.289,43€ do IVE, que cobrou aos clientes aos que vendeu 61 vivendas de protección oficial, ou se a súa […]

A fraga queimada

3 Abril, 2012 (08:26) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Política, Recurso_didáctico |

No artigo semanal de Faro de Vigo volvo sobre a tremenda catástrofe das fragas do Eume. A historia explicará as razóns polas que Galicia sofre cada década unha catástrofe de grandes dimensións do seu patrimonio natural. En 1992 a marea negra provocada polo fundimento do Mar Exeo estragou a vida mariña nas rías de Ares, […]

Onte 207: Ardeume

2 Abril, 2012 (13:48) | Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Onte, Política |

As dimensións espectaculares do incendio desta fin de semana nas fragas do Eume –segundo a Consellaría de Medio Rural afectou a 750 hectáreas, aínda que outras estimacións, como a da Consellaría de Medio Ambiente chegan as mil e a do alcalde da Capela as 1.500– provocan desolación tanto polas perdas irreparables neste patrimonio da humanidade, […]

Onte 204: Folga Xeral

30 Marzo, 2012 (06:52) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A Folga Xeral foi desigual, pola contra, as manifestacións en todas as cidades galegas foron impresionantes. Apenas a existencia de varias convocatorias sindicais, confundiu un chisco a unha cidadanía inconformista disposta a expresar de forma pacífica o seu desacordo con esta reforma laboral que abarata o despido. Tras o fracaso do domingo e co éxito das protestas de […]

Onte 202: Día Mundial do Teatro

28 Marzo, 2012 (10:24) | Cultura, Goberno Feijoo, Iniciativas, Onte, Política, Teatro |

No Día Mundial do Teatro de 2012 non presentamos os libros premiados co Álvaro Cunqueiro e co Manuel María, que non sabemos se poderán ser editados, nin se anunciou programación ningunha para os vindeiros meses nin se realizaron estreas de espectáculos. Houbo un manifestación en Compostela de todo o sector profesional das artes escénicas reclamando […]

Onte 201: A lección andaluza

27 Marzo, 2012 (06:45) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Os resultados das andaluzas supoñen o primeiro fracaso electoral do goberno Rajoy. Un baño de realidade para os que as consideraron un mero trámite. Pois non, Andalucía resistíuse. A propaganda non abondou para avalar as «reformas» fiscais de Montoro nin as políticas de austeridade selectiva de Guindos nin a reforma laboral de Báñez que, mentres […]

Onte 195: Teito de gasto na liga

21 Marzo, 2012 (09:35) | Deporte, Fútbol, Iniciativas, Onte, Política |

Foi o BNG quen presentou no Congreso unha proposta para impoñer teito de gasto aos clubes profesionais de fútbol mentres manteñan débedas con Facenda ou a Seguridade Social. Unha proposta oportunísima xa que os clubes de fútbol profesional deben só a Facenda 750 millóns de euros, unha cifra brutal e vergonzosa, cando a sociedade toda […]

Onte 194: Xenofobia

20 Marzo, 2012 (09:42) | Dereitos_humanos, Onte, Política, Sociedade |

O atentado terrorista de Toulouse, que acabou coa vida dun profesor e tres alumnos xudeus, amosa que a xenofobia é unha das maiores doenzas sociais da Europa en crise. Tras o asasinato a semana pasada de tres militares franceses de orixe magrebí, probablemente coa mesma arma, estes novos crimes racistas enfrontan á sociedade gala cos […]

Onte 190: Repagamento

16 Marzo, 2012 (09:17) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Tras a iniciativa da Generalitat de obrigar a pagar un euro por receita e a posibilidade aberta en Madrid por Feijoo de aumentar o copagamento farmacéutico en función de niveis de renda, é moi probable ca despois das eleccións andaluzas e asturianas se introduza algún sistema de repagamento no sistema público de saúde. Con esta fórmula […]

Onte 186: Tras o Congreso de + Galiza

12 Marzo, 2012 (08:07) | Galeguismo, Nacionalismo, Onte, Política |

Tras a decisión unánime do Encontro Irmandiño, tras o acordo de + Galicia de constituírse en partido fóra do BNG, mesmo a pesar do feito (comprensible até o remate dos mandatos) da oposición de once dos seus alcaldes, varios voceiros e do propio Carlos Aymerich, é xa moi difícil defender que o BNG continúa sendo […]

Onte 185: A vitoria de Pachi

11 Marzo, 2012 (14:34) | Galeguismo, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Non agardaba a vitoria de Pachi Vázquez no 12 congreso do PSdeG-PSOE, xa que é a primeira vez que a maioría da militancia socialista se opón aos desexos de Ferraz representados pola candidatura de Espinosa, apoiada de forma explícita por Blanco e Caballero. Aí vexo a clave máis positiva dun resultado continuista que nin resolve […]

Onte 180: Operación Campión

6 Marzo, 2012 (08:12) | Narrativa, Onte, Política, Sociedade |

O sumario da Operación Campión, que comezamos a coñecer na noitiña, será unha fonte de bos argumentos para a novela negra galega dos vindeiros anos. Narcotráfico, subvencións fraudulentas, pagamentos de comisións a políticos de cores diversas, actuación de subasteiros ás portas dos xulgados son algúns dos ingredientes que se van desvelando desta trama tóxica tecida […]

Fenda laboral e igualdade real

5 Marzo, 2012 (07:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Economía, Efemérides, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Sociedade |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do 8 de marzo, Día das Mulleres, reflexiono sobre a profunda fenda laboral existente entre homes e mulleres. Ás portas da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Gabinete Económico de CC.OO presentou un informe moi clarificador sobre a situación das mulleres […]

Onte 173: 8,51

28 Febreiro, 2012 (08:11) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Cristobal Montoro desvelou a cifra do déficit: 8,51%. Unha desviación moi elevada que agoira as maiores dificultades para un futuro inmediato que non sabemos canto durará. No entorno da crise as cifras funcionan como o máis frío eufemismo estatístico, incuestionable, que non merece nin análise nin contradición posible. Hai só uns días o formidable Isaac […]

Baltar e o Irixo

27 Febreiro, 2012 (07:41) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a posición do PP de Ourense sobre a ubicación da incineradora do sur de Galicia no concello do Irixo. A sucesión familiar á fronte da Deputación de Ourense acaba de achegar a súa primeira manifestación de inconformismo dentro do Partido Popular. O novo presidente, Manuel Baltar […]

Onte 172: Outro paso

27 Febreiro, 2012 (07:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A declaración do Kursaal é outro paso da esquerda abertzale para asumir a súa incorporación ao proceso democrático. O feito de «amosar o profundo pesar pola dor causada por ETA» e de recoñecer que aos seus membros faltoulles «cara unhas vítimas a sensibilidade amosada con outras» son afirmacións que deben ser acollidas e valoradas de […]

Onte 171: O discurso de Monteagudo

26 Febreiro, 2012 (10:36) | Autores, Goberno Feijoo, Lingua, Nacionalismo, Onte, Política |

A pesar de que non puiden viaxar a Compostela, seguín pola rede co maior interese a intervención de entrada na RAG de Henrique Monteagudo. Agradezo a súa afouteza e xenerosidade por enunciar un discurso sobre a lingua galega capaz de aumentar o perímetro do seu abrazo sobre o conxunto da sociedade galega, sen renunciar unha […]

Onte 167: Blindados con libros

22 Febreiro, 2012 (07:52) | Educación, Goberno Rajoy, Libro, Onte, Política |

Os estudantes de Valencia continuaron a súa mobilización a prol da Educación Pública de forma pacífica. Lembrarémolos erguendo os seus libros e berrando: «estas son as nosas armas». Blindados cos seus libros poñían en valor eses humildes artefactos de papel impresos como símbolos da liberdade de expresión e da educación de calidade. Nun momento de […]

Onte 166: Calefacción

21 Febreiro, 2012 (08:45) | Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Comparto o tuiteo de Juan Cruz: «Impresiona que todo comezase porque os rapaces tivesen frío». En efecto, convén lembrar que o conflito do Instituto Luis Vives de Valencia tivo a súa orixe nunha reivindicación da súa comunidade educativa en defensa da educación pública, apenas a solicitude de fondos para a calefacción do centro. A iniciativa […]

Parella de conveniencia

20 Febreiro, 2012 (11:17) | Artigos_Galicia_Confidencial, Política, Vigo |

Inicio a miña colaboración mensual en Galicia Confidencial, na que pretendo abordar cuestións relacionadas coa actualidade política viguesa, con «Parella de conveniencia», un artigo pesimista sobre o futuro das relacións entre o PSOE e BNG vigueses.

Onte 165: Síntoma

20 Febreiro, 2012 (07:57) | Goberno Rajoy, Onte, Política, Vigo |

O éxito das manifestacións contra a reforma laboral de Rajoy é un síntoma do que pode acontecer no futuro. As polo menos vinte e cinco mil persoas, moita xente, da convocatoria viguesa, na que non participaron os sindicatos nacionalistas, anuncian que pode estar rematando a hexemonía do partido conformista. No abrente dese novo contexto, a […]

Onte 164: Entroido

19 Febreiro, 2012 (12:44) | Festas, Onte, Política, Vigo |

Fin de semana en Vigo de moito Entroido, días de xoldra, cocido, orellas e crítica purificadora. Mágoa que ese espírito entroideiro non lle fixera graza ningunha a Abel Caballero que mandou retirar da cruz do Castro a cartela de «Alcaldía». Intrasixencia semellante que comparte algún conservador vigués que critica ao alcalde por non facelo cos simpatiquísimos […]

Onte 160: Caballero na división española

15 Febreiro, 2012 (07:51) | Onte, Política, Vigo |

Preguntado Abel Caballero sobre o papel do PSOE vigués no próximo congreso do PSdeG-PSOE  do 9 de marzo confesou que el «quere xogar na división española». En menos palabras pode expresarse a visión inequivocamente xacobina de quen cre sentirse politicamente máis importante xogando no terreo do chamado «socialismo español», minusvalorando de forma prepotente a organización […]

Onte 158: Sintagma de futuro

13 Febreiro, 2012 (08:03) | Nacionalismo, Onte, Política |

Tras un fermoso xantar de amizade, seguín por twitter  a asemblea aberta do Encontro Irmandiño. Non me sorprendeu a marcha de Beiras e da súa xente do BNG, unha saída case inevitable tras o fracaso na asemblea de Amio do proxecto común do nacionalismo galego que eles defendían. Unha decisión que influirá na que poida adopar +Galiza […]