Category: Portugal

Onte 211: Vigo, sitio distinto

6 Abril, 2012 (11:56) | Música, Onte, Portugal, Vigo |

Segundo os organizadores da Semana Santa de Vigo a falta de costaleiros, que obrigará á suspensión da procesión do Encontro, débese á «idiosincrasia» viguesa. O alto índice de «inmigración industrial», «a falta de tradición de procesións», «o despoboamento do centro» e, sobre todo, a baixa asistencia á misa dominical dos vigueses explica esta falta de […]

In memoriam de José Saramago

18 Xuño, 2010 (17:00) | Autores, In memoriam, Narrativa, Portugal, Vídeos |

Recomendo o seguemento nos medios portugueses da noticia do seu falecemento realizada en constante actualización polos nosos amigos do blog Blogtailors. ATÉ SEMPRE, MESTRE.

Portugal, uma praça para o mundo

23 Maio, 2010 (21:41) | Música, Portugal, Publicidade, Vídeos |

PORTUGAL, UMA PRAÇA PARA O MUNDO from Anze Persin on Vimeo. Chego vía Manolo Gago (obrigado) a esta peza que Anze Perzin preparou para o pavillón de Portugal da Expo de Xangai 2010. Chamoume a atención na música de Rodrigo Leão a importante presenza de gaitas e a escena final de tambores case a ritmo […]

Vigo e a nova Gallaecia

3 Maio, 2010 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Portugal, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o papel estratéxico que entendo debe adoptar Vigo tras o novo escenario da reconversión das caixas. O Vigo metropolitano debe asumir un liderado que dependerá tanto do comportamento dos tres grandes motores da nosa economía metropolitana (automoción, construción naval e actividade portuaria) como da capacidade política de artellar un […]

Abril sempre!

25 Abril, 2010 (09:00) | 25_de_abril, Efemérides, Historia, Música, Política, Portugal, Vídeos |

Hoxe 25 de abril lembramos as versións de «Grândola, vila morena» da Amália Rodrigues e da homenaxe galega ao Zeca Afonso.

Pomito

11 Abril, 2010 (18:56) | Lingua, Memoria, Portugal, Televisión |

No tempo das grandes colas na Ponte Internacional, cando milleiros de vigueses agochaban aos vistas da aduana os botes de Tofina e Mokambo, os quilos de Café Sical, os queixos de bola, os cuartos de manteiga de meio sal, os paquetes do azucre ou as caixas de leite Agros, meu pai nunca deixaba de visitar […]

Aeroportos de Gallaecia

20 Setembro, 2009 (10:28) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Infraestruturas, Política, Portugal, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a crise dos aeroportos galegos e os criterios que se deberían respectar no deseño do novo mapa de rotas das catro terminais que utilizamos os viaxeiros galegos.

«Clandestino» na noite na biblioteca

28 Xuño, 2009 (09:43) | Beizóns, Bibliotecas, Clubs_lectura, Lectura, Música, Portugal, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Mf3tRK1e0RM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Ben sabemos que Deolinda é unha marabilla. Este «Clandestino» (unha das miñas cancións preferidas) é  apenas a miña pequena homenaxe para os lectores e lectoras que pasaron esta noite na biblioteca. Os membros de Espazo Lectura son os clandestinos da esperanza. Beizóns!

Book trailer XII: «O livro inclinado»

16 Maio, 2009 (09:34) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Portugal, Promoción do libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0EzJWtf9LbI” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Vía Blogtailors (grazas).

Homenaxe a Ramiro Fonte en Lisboa

11 Maio, 2009 (06:56) | Autores, In memoriam, Portugal |

Mañá, martes, 12 de maio, ás 18:00 horas, participaremos nun acto de homenaxe a Ramiro Fonte que terá lugar no Instituto Cervantes de Lisboa. Na mesa redonda, que será presidida por Carmen Cafarell (directora do Instituto Cervantes), acompañaremos a Carlos Marzal, Graça Videira, Jose Manuel Mendes e Raúl Veiga. O actor Evaristo Calvo recitará unha […]

Figo compra Leya, o maior grupo editorial portugués?

1 Abril, 2009 (22:00) | Edición, Fútbol, Portugal |

Segundo lemos no blog do Jornal das Letras, o futbolista Luis Figo convertirase proximamente no accionista maioritario do Grupo Leya, o conglomerado editorial máis importante de Portugal, do que forman parte editoras como Dom Quixote, Caminho, Asa, Oficina do Livro ou Teorema. O internacional portugués pretende crear unha colección dedicada especificamente ao deporte e negociar […]

Pó dos livros

9 Xullo, 2008 (16:44) | Book_trailer, Librarías, Portugal, Publicidade, Vídeos |

Eis como se anuncia na rede a libraría Pó dos livros. Un novo tipo de booktrailer. O blog desta libraría independente é magnífico, sobre todo a utilización dos vídeos e da música.Tirado de Blogtailors.

Prontos a ler, visita lisboeta

4 Xullo, 2008 (16:55) | Cidades, Persoal, Portugal |

Dous días en Lisboa (nos que abandonei completamente o blog) deron para moito: camiñar unha das nosas cidades máis queridas, falar devagariño cos editores amigos, participar na inauguración dunha exposición de libros españois e nun encontro con editores lisboetas sobre o deseño editorial, coñecer as últimas novas sobre a reconversión editorial portuguesa e, sobre todo, […]

Manuel Valente: editores de cultura ou de mercado

17 Novembro, 2007 (17:22) | Editores, Eventos, Portugal |

Manuel Valente, director literario de Ediçoes ASA, abriu a segunda xornada do IV Simposio cunha conferencia sobre “Editores de cultura fronte editores de mercado“. Comezou a súa intervención describindo o proceso actual de concentración das editoras portuguesas arredor de grandes grupos editoriais, “cambios que necesariamente van afectar ao traballo das editoras e aos seus programas […]

Portugalicia

15 Outubro, 2007 (18:25) | Portugal |

Coñecía alguén esta sorprendente bandeira? Etiquetas: Portugalicia

Segundo Congresso de Editores

19 Decembro, 2006 (23:15) | Edición, Eventos, Portugal |

Aquí poden lerse todos os relatorios presentados no pasado Segundo Congresso de Editores. Moi interesante para coñecer o estado da edición e as preocupacións dos nosos irmáns portugueses.Etiquetas: Congreso_Editores, Portugal

Chegou "Portugalizar"

3 Outubro, 2006 (19:40) | Novidades, Portugal, Xerais |

Por fin chegou da imprenta Portugalizar, o curso de portugués para galegofalantes do que falamos aquí en diversas ocasións. Agardo que estea nas librarías nos próximos dez días. Transcribo o texto de presentación que preparamos para dalo a coñecer:“Como o seu propio subtítulo indica, Portugalizar é un manual práctico de portugués, preparado por Elisabete Pais […]

Extratexto

14 Abril, 2006 (09:16) | Blogs, Portugal |

Esta semana acaba de nacer Extratexto, un blog dedicado á industria editorial e do libro en Portugal. Parecéronme interesantes os enlaces que propón e algún dos seus primeiros textos. Seguirémolo. Etiquetas: Edición, Blos, Portugal

Libro novo de António

16 Decembro, 2005 (22:10) | Narrativa, Portugal |

Rogerio informa da aparición do novo libro de António Lobo Antunes, que recolle as cartas que enviaba a súa muller durante a guerra de Angola. As referencias son moi boas. Encargareino decontado aos amigos da Dom Quixote.

Portugalicia

10 Abril, 2005 (20:08) | Portugal |

O adianto da novela de Manuel Rivas en portugués provocou un interesante comentario en Periférica sobre a calidade da tradución e a proximidade entre as nosas dúas linguas. Mañá agardo poder pechar a edición do que será o primeiro manual de portugués para galegos. Prepárao unha profesora portuguesa que fala un galego magnífico. Quen dixo […]