Category: Premios

Onte 282: Martín Codax

17 Xuño, 2012 (09:20) | Cultura, Economía, Gastronomía, Onte, Premios |

A visita á Bodega Martín Codax, que nos agasallou cun moi sabedeiro xantar para celebrar os 35 anos dos Premios da Critica Galicia, demostroume o excelente papel social e cultural desta empresa cooperativa dedicada á produción e comercial de viños. A diversificación e calidade dos seus produtos, a inequívoca modernización dos seus procesos, como a […]

No Premio Xerais 2012

16 Xuño, 2012 (10:52) | Editores, Premios, Xerais |

Quede no arquivo o vídeo da intervención do Premio Xerais 2012.

Onte 280: «Atl», a distopía de Manuel Lourenzo

15 Xuño, 2012 (08:12) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Premios, Xerais |

Despois de varios meses de intensa e concienciuda edición, chegaron os primeiros exemplares de Atl, a obra de Manuel Lourenzo González gañadora da XXIX edición do Premio Blanco Amor de novela. Este fermoso volume de 540 páxinas e encadernación acartonada contén un texto no que se propón un novo achegamento á Atlántida, o continente perdido, […]

Onte 275: Outro serán en San Simón

10 Xuño, 2012 (09:19) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Onte, Premios, Xerais |

Foi o serán de onte en San Simón o da babuxa, circunstancia que nos obrigou a facer todo o convivio ao cuberto. A pesar dos malos agoiros do rescate, anunciado por Guindos mentres Marilar Aleixandre remataba o seu discurso e Calveiro recollía o seu Merlín, dende as palabras de apertura de Celia e as pezas […]

Onte 255: O Pedrón de Nova Escola Galega

21 Maio, 2012 (06:15) | Educación, Galeguismo, Lingua, Onte, Premios |

Os membros de Nova Escola Galega non puidemos agochar a satisfacción por recibir o Pedrón de Ouro 2012. Tras aquel Premio da Crítica Galicia de 1987 na modalidade de Iniciativas Culturais, recoñécese agora a nosa traxectoria de defensa do modelo de escola pública galega e de promoción da innovación e renovación pedagóxica. O Pedrón, como salientou Mariló […]

Onte 226: «Non hai noite tan longa»

22 Abril, 2012 (09:21) | Autores, Narrativa, Onte, Premios |

Non hai noite tan longa, a novela de Agustín Fernández Paz, recibíu dos premios no mesmo día, o Lousada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011, e o Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011. Un feito inédito que nos encheu de ledicia. Con estes recoñecementos, que se unen aos da AGE, Fervenzas […]

Onte 206: Nova Escola Galega, Pedrón de Ouro 2012

1 Abril, 2012 (16:26) | Beizóns, Educación, Educación_para_a_Paz, Galeguismo, Lingua, Premios |

Nos días difíciles é cando máis se agradecen as boas noticias. Nova Escola Galega recibirá o domingo 20 de maio o premio Pedrón de Ouro. Recoñécese así o seu labor de tres décadas a prol da galeguización educativa e da renovación pedagóxica en todas as etapas e eidos do sistema educativo. Expreso a miña gratitude […]

Onte 188: Os fillos do mar

14 Marzo, 2012 (09:22) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Premios, Vigo, Xerais |

Pasei boa parte da tarde lendo na novela coa que Pedro Feijoo debuta na narrativa galega. Tras o seu magnífico estudo sobre o xornal Galicia de Valentín Paz Andrade e Viva o Fu Remol!, o escritor e músico de Los Feliz e Lamatumbá ofrece unha novela trepidante sobre as pegadas da memoria na cidade de […]

Onte 184: Día de premios

10 Marzo, 2012 (17:22) | Eventos, Onte, Premios, Xerais |

Gosto dos premios literarios á obra editada xa que, máis alá da recepción da crítica e das cifras de vendas, expresan a opinión do lectorado cualificado que os outorga, ademais de estimular e recoñecer o traballo do equipo editorial e dos autores. Onte foi un día para ese tipo de premios. Pola mañá soubemos das […]

Onte 176: Xesús Couceiro

2 Marzo, 2012 (07:54) | Editores, Librarías, Onte, Premios |

Na reunión da Xunta Directiva da Asociación Galega de Editores acordamos por unanimidade outorgar o Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 ao libreiro e editor Xesús Couceiro. Este galardón co que os editores pretendemos cada ano recoñecer o labor realizado por unha persoa a prol da […]

Onte 148: A forza do vento

3 Febreiro, 2012 (08:17) | Autores, Narrativa, Onte, Premios, Presentacións, Xerais |

O serán frío de Pontevedra non impedíu que os membros do Ateneo completasen o aforo da Casa das Campás para participar na presentación de Extramunde, a novela de Xabier Queipo premiada co Xerais 2011. Recén chegado dunha xuntanza da Axencia Europea de Pesca, centrada na remontada do rodaballo no Mar Negro, Xavier comezou o seu […]

Onte 132: Fervenzas Literarias

18 Xaneiro, 2012 (05:39) | Blogs, Críticas, Internet, Lectura, Onte, Premios, Xerais |

Dende hai cinco anos Fervenzas Literarias é un espazo de referencia na rede para a literatura galega. O seu seguimento diario da actualidade editorial, as conversas con autores e editores e, sobre todo, o repositorio de recensións merecen o noso maior interese. No entanto, son os seus premios anuais, outorgados por votación entre os seus […]

Onte 65: Anxo Fariña

12 Novembro, 2011 (12:22) | Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Premios, Presentacións, Xerais |

Saín moi satisfeito da presentación do premio Merlín deste ano, un acto que evidencia a madurez adquirida por Anxo Fariña, un dos nosos autores hoxe con maior proxección. Como sucedera hai vinte e cinco anos, cando unha nova e ampla xeración de autores iniciou o proxecto dunha literatura infantil e xuvenil en galego normalizada, identifico nestes […]

Onte 45: Galeguismo integrador

23 Outubro, 2011 (08:54) | Cultura, Onte, Premios, Vigo |

Non o puido dicir mellor Bieito Ledo nas súas breves palabras de benvida da cea na que se deu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011: «durante tres décadas estes premios baseáronse no galeguismo integrador que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como fortiter in re suabiter in […]

Onte 42: O embigo do mundo

20 Outubro, 2011 (06:58) | Narrativa, Onte, Premios, Presentacións, Xerais |

Coa presentación en Compostela de Extramunde, a novela de Xavier Queipo gañadora do Premio Xerais 2011, iniciamos a nosa tempada de Nadal. “O embigo do mundo” é un espectáculo artístico, unha presentación literaria de formato innovador, onde se mestura o teatro da man de Quico Cadaval e Anabel Lago, a danza contemporánea de Olga Cameselle […]

Fundación Premios da Crítica Galicia

4 Agosto, 2011 (18:43) | Iniciativas, Premios |

Hoxe participei na constitución da nova xunta directiva da Fundación Premios da Critica Galicia, un proxecto do galeguismo integrador que non podía crebar a súa andaina despois do seu funcionamento ininterrompido dende 1978. Os reunidos acordamos nomear a seguinte xunta directiva: presidencia, Bieito Ledo; vicepresidencia, Antón Pulido; secretaría, Manuel Bragado; vicesecretaría, Xavier Senín; tesourería, Anxo […]

O Leo i Arremecághona nos Premios Xerais 2011

17 Xuño, 2011 (15:33) | Eventos, Música, Premios, Xerais |

Premios Xerais 2011, as entrevistas

15 Xuño, 2011 (18:17) | Entrevistas, Música, Premios, Xerais |

Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante. Eis a relación e os seus enlaces: Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela por Extramunde. Héctor Carré, […]

#Xerais11

12 Xuño, 2011 (19:25) | Beizóns, Premios, Xerais |

Esta foi a fin de semana dos Premios Xerais. No blog da editorial fixemos xa anotacións abondas sobre un serán que resultou intenso, interesante e festeiro. A grande novidade deste ano foi, sen dúbida, a irrupción de Twitter. No hastag #xerais11 pode seguirse todo o que se dixo e a conversa que se mantén aberta. […]

25 anos de Ir Indo

14 Marzo, 2011 (07:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Editores, Premios, Vigo |

Esta semana no artigo de Faro de Vigo, ao fío da homenaxe á edición histórica tributada polos membros da AGE na Noite da Edición, gabo o traballo da editorial Ir Indo e do seu editor Bieito Ledo Cabido. O pasado sábado no transcurso da “Noite da Edición”, celebrada en Lugo, os membros da Asociación Galega […]

Finalistas dos Premios AELG 2011

4 Marzo, 2011 (23:21) | Autores, Blogs, Blogs_e_libros, Narrativa, Poesía, Premios, Traducións |

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán […]

Agustín Fernández Paz candidato ao premio Andersen

25 Febreiro, 2011 (13:37) | Autores, Beizóns, Premios |

Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen. Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras. O fallo […]

Fervenzas Literarias, o mellor de 2010

18 Xaneiro, 2011 (07:56) | Blogs, Blogs_e_libros, Cultura, Iniciativas, Internet, Persoal, Premios, Promoción do libro |

Velaí o palmarés do mellor de 2010 de Fervenzas Literarias, outorgado pola votación de máis de cincocentas persoas na rede. A nosa gratitude polo que lle corresponde a Brétemas como o mellor blog do pasado ano.

Balance 2010/1: «Todos vós sodes capitáns» de Oliver Laxe

28 Decembro, 2010 (16:03) | Balance_2010, Beizóns, Cine, Premios, Vídeos |

Coñecín a Oliver Laxe o pasado ano no xurado do Premio Cinema e Ciencia que promove ese infatigable e xeneroso amigo que é Martin Pawley. Naqueles dous días quedei deslumbrado polo discurso de Oliver, pola súa poética cinematográfica, literaria ou pictórica e, sobre todo, pola súa ansia teimosa en perseguir na conversa a beleza nos […]

An Alfaya, premio novela por entregas de «La Voz de Galicia» 2010

21 Xullo, 2010 (15:47) | Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

Foi unha satisfacción poder celebrar onte en vivo un novo premio literario de An Alfaya, unha das máis interesantes narradoras galegas do noso tempo. A súa novela Vidas cruzadas resultou gañadora do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia, esa feliz iniciativa que dende hai unha década recupera o folletín ou folletón […]

Premios Xerais 2010 por Alfredo Ferreiro e Blogaliza

18 Xuño, 2010 (22:58) | Premios, Vídeos, Xerais |

As miñas beizóns.

Ao fío dos Premios Xerais: «a narrativa galega renóvase»

15 Xuño, 2010 (23:53) | Comercio do libro, Edición, Libro_electrónico, Narrativa, Premios, Vídeos, Xerais |

Premios Xerais 2010, galerías de fotos

15 Xuño, 2010 (22:07) | Eventos, Galerías de fotos, Premios, Vídeos |

Abrimos unha conta de flickr e colgamos as galerías de fotos do Premio Xerais 2010 que fixo Manuel G. Vicente. No blog de Xerais poden consultarse as vídeoentrevistas que realizou Alfredo Ferreiro ás gañadoras, secretarios e membros de xurado, así como a diversos escritores, editores e críticos. Unha cobertura excelente.

«Unha feliz continuidade»

14 Xuño, 2010 (07:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Eventos, Premios, Recurso_didáctico, Xerais |

No artigo da semana no Faro de Vigo reflexiono, a raíz da cerimonia dos Xerais e da entrada de Bernardino na Academia, na feliz continuidade do proxecto de desenvolvemento dunha literatura nacional en galego. Unha feliz continuidade, na que haberá rupturas e modificacións froito do tempo novo que enxergamos. Foto de Pilar Ponte, moitas grazas.

Premios Xerais 2010 por Paula Gómez del Valle

13 Xuño, 2010 (22:20) | Artes Visuais, Eventos, Música, Premios, Xerais |

Premios Xerais ’10 from Paula Gómez del Valle on Vimeo. Grazas, moitas grazas, Paula. É un traballo moi fermoso.

Iolanda Zúñiga, un novo horizonte

13 Xuño, 2010 (15:34) | Autores, Eventos, Narrativa, Premios, Xerais |

Sen menoscabo ningún da alta calidade do discurso de Fina Casalderrey como mantedora literaria da cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010, nin da orixinalidade e emoción da intervención de Teresa González Costa para agradecer o Premio Merlín, os tres folios que leu Iolanza Zúñiga, tras recibir o Premio Xerais de novela por Periferia, foron […]

Os Premios Xerais 2010 en directo por Blogaliza.tv

11 Xuño, 2010 (07:21) | Blogs, Eventos, Premios, Vídeos, Xerais |

O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010. No acto, que durará arredor dunha hora, intervirá a escritora Fina Casalderrey como mantedora literaria celebrando o 25 aniversario do Premio Merlín de Literatura Infantil. Blogaliza.tv repite a experiencia desta retransmisión, facilitada nesta […]

Amin Maalouf, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2010

9 Xuño, 2010 (11:57) | Autores, Premios, Traducións |

Quen me coñece sabe ben da miña admiración pola obra de Amin Maalouf, o escritor francófono, de orixe libanesa, que vive dende hai anos na Normandía francesa. Coñecímolo hai dez anos cando viu a Compostela a presentar a edición en galego da súa, até agora, última novela A viaxe de Baldassare, traducida por Xavier Queipo […]

«A Veiga é un tempo distinto» de Eva Moreda, Premio Terra de Melide 2010

8 Xuño, 2010 (21:49) | Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

Eva Moreda Rodríguez é a autora A Veiga é como un tempo distinto, a novela que resultou gañadora da IXª edición do Premio de Narrativa Terra de Melide 2010. Unha novela emocionante, elegante e de indubidable calidade que tiven a oportunidade de ler como membro do xurado que lle concedeu o cada vez máis prestixiado […]

Xa temos finalistas dos Premios Xerais 2010

4 Xuño, 2010 (19:41) | Premios, Xerais |

O xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela formado por Comba Campoy (actriz), Manuel Ángel Candelas Colodrón (profesor da Universidade de Vigo e blogueiro), Roberto Pérez Pardo (profesional do libro), Belén Regueira (xornalista), Antón Sobral (pintor) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar […]

A Coruña, a cidade que le, convoca un concurso de biblioclips

2 Xuño, 2010 (14:43) | Bibliotecas, Book_trailer, Lectura, Premios, Promoción do libro, Publicidade |

Onte na presentación de Níxer na Casa Museo Casares Quiroga tiven oportunidade de comprobalo unha vez máis: o concello da Coruña en cuestión de lectura é un modelo a seguir. Xa non é só o funcionamento modélico da rede de Bibliotecas Municipais, agora tamén o é a súa campaña transversal de animación lectora que baixo […]

Magnífico discurso de Antón Louro nos Premios da Crítica

30 Maio, 2010 (18:14) | Lingua, Premios |

Onte cheguei tarde á cerimonia de entrega dos Premios da Crítica 2010 celebrada en Mondariz Balneario. Magooume non poder ver a entrega do premio de creación literaria que recibiu Suso de Toro. Un premio que moito me aledou. O esforzo literario de Sete palabras merecía un recoñecemento deste tipo; a novela recibira boas valoracións da […]

«O Pedrón de Camilo Nogueira»

24 Maio, 2010 (07:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Memoria, Política, Premios, Vigo |

No artigo da semana dedico unha homenaxe á figura do meu admirado Camilo Nogueira con motivo do premio Pedrón de Ouro que recibiu onte en Padrón.

«Todos sodes capitáns», beizóns para Oliver e Martin Pawley

23 Maio, 2010 (19:09) | Beizóns, Cine, Premios, Vídeos |

O éxito extraordinario da película de Oliver Laxe merece as nosas beizóns. Como tamén o apoio que lle leva proporcionando tan discretamente o noso admirado Martin Pawley. Para eles dous as miñas maiores beizóns.

Camilo e Fermín, pedróns 2010

23 Maio, 2010 (18:27) | Autores, Homenaxes, Lingua, Premios |

Achegámonos a Padrón esta mañán para asistir ao acto de entrega dos premios anuais da Fundación Pedrón de Ouro. Abriron o acto as palabras agarimeiras e firmes de Xosé Ramón Fandiño que saudou aos homenaxeados, Camilo Nogueira (Pedrón de Ouro) e Fermín Bouza (Pedrón de Honra), e aos numerosos asistentes que ocupabamos os xardíns da […]

Grazas, moitas grazas

18 Abril, 2010 (19:20) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios |

Foi a de onte para min unha noite memorable. Catro obras de Xerais premiadas e, se isto xa non abondase, o premio para Brétemas (bautizado pola COPE como Nieblas) como Blog literario. Máis non se pode pedir. En todo caso, é de xustiza agradecer de corazón aos membros da AELG este recoñecemento, que sei desmesurado, […]

Premios da AELG

21 Febreiro, 2010 (13:17) | Blogs, Premios |

Coñecimos os finalistas dos premios da AELG 2010. Agradecemos sinceramente a nominación.

Premio de Fervenzas Literarias

20 Xaneiro, 2010 (19:27) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios |

Recibo con sorpresa a noticia de que os lectores e lectoras de «Fervenzas Literarias» declararon estas Brétemas como o mellor blog de 2009. É este o primeiro recoñecemento que recibe o traballo do blog nestes cinco anos de andaina, razón pola que non podo estar máis que agradecido. Beizóns!

Primeiro concurso mundial de pés de foto con libros

14 Xaneiro, 2010 (21:10) | Artes Visuais, Imaxes, Iniciativas, Lectura, Premios |

Esta paréceme unha idea fermosa para comezar un Ano do Libro e a Lectura (que en Galicia non se ve, aínda por ningures): a aventura de escribir un libro sobre os libros de forma compartida. As fotografías son do mexicano Álvaro Alejandro e a iniciativa está promovida por Artes de México e polos nosos amigos […]

A Noite da Edicion 2009

20 Decembro, 2009 (13:14) | Descargas, Editores, Premios, Xerais |

Os editores galegos celebramos onte no Liceo de Ourense a quinta Noite da Edición, na que se entregaron os premios ás mellores producións de 2009 e rendimos homenaxe á Nova Galicia Edicións pola súa brillante traxectoria nos seus primeiros vinte e cinco anos de vida. Tras as catro edicións anteriores nas que os premios se […]

IXº Premio de relato curto «Os Viadutos»

17 Outubro, 2009 (20:54) | Narrativa, Premios |

Hoxe participamos na entrega da IXª edición do premio de relato curto «os Viadutos», organizado pola concellaría de Xuventude do concello de Redondela e destinado a narradores e narradoras entre dezaoito e trinta e cinco anos. O relato gañador  (1.200 euros) foi «A partida» de Saúl Rivas González, estudante lucense que remata Filoloxía Galega en […]

Xerais, Herta Müller e o Nobel

8 Outubro, 2009 (19:06) | Autores, Beizóns, Premios, Traducións, Xerais |

Falaba cun xornalista cando souben da concesión do Nobel a Herta Müller, a escritora romanesa de lingua alemá. Pensei que era unha brincadeira e díxenlle tan farruco que non me soaba de nada. A verdade é que axiña me decatei que se trataba da autora d’ O home é un grande faisán no mundo, obra […]

Tras os Xerais

9 Xuño, 2009 (20:38) | Beizóns, Blogs, Eventos, Premios, Xerais |

Dende o pasado domingo andamos enleados poñendo orde en toda a información xerada polo serán dos Xerais. A verdade que estou moi satisfeito pola repercusión do acontecido na illa tanto na prensa impresa como nos medios electrónicos; tanto nas anotacións dos  blogs (todas tana agarimeiras con nós) como nos perfís de Facebook (a gran novidade desta edición), onde se […]

O serán de Agustín

7 Xuño, 2009 (12:28) | Autores, Descargas, Eventos, Lingua, Premios, Xerais |

O de onte en San Simón foi un serán memorable. O incrible dobrete de Rosa Aneiros e as senllas intervencións para agradecer cada un dos premios, a atrevida novela infantil de Jacobo Serrano, as intervencións dos membros dos tres xurados, a elección do agasallo para os participantes, a merenda saborosa que nos preparou Fita, a […]

Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano, premios Xerais 2009

6 Xuño, 2009 (18:35) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Despois da súa última deliberación, o xurado da XXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Papude” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Jacobo Fernández Serrano e corresponde ao título Mil cousas poden pasar. Libro I. Pola súa banda o xurado […]