Category: Publicidade

Campaña canadiana de fomento da lectura

3 Decembro, 2008 (20:16) | Lectura, Publicidade, Vídeos | 2 comments

Vía Ediciona e a revista Babar coñezo esta impactante campaña de fomento da lectura entre os nenos e as nenas promovida pola Fondation pour l’alphabetisation de Canadá. Diversos personaxes de contos infantís deambulan agonizantes polos espazos dun hospital para expresar que se os nenos deixan de ler eles morrerán (o lema da campaña: «Cando non lemos a imaxinación desaparece»). A Cincenta turrando do goteiro polos corredores , Peter Pan en cadeira de rodas na soidade do seu cuarto ou a Carapuchiña na sala de urxencias son algunhas das imaxes desta sorprendente campaña de «sensibilización» lectora. Os vídeos da campaña poden verse enlazados desde aquí (por máis que procurei non os din atopado en you tube). Unha proposta que obriga a reflexionar sobre o valor profunda da lectura e da ficción.

Actualización (04-12-2008): Grazas, Ronsel. Claro que o vídeo se pode ver en you tube:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Retrasocero.com

25 Novembro, 2008 (20:10) | Medios, Publicidade, Vídeos | 2 comments



Espectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!
Chuzame! A Facebook A Twitter

Outro mundo posible?

2 Novembro, 2008 (11:16) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos | 3 comments


Vía Manuel Gago, grazas.

Vía Trafegando ronseis, grazas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vivamos coma galegos en Nova York

30 Outubro, 2008 (10:35) | Publicidade, Vídeos | 2 comments


Volve a campaña de Gadis.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Rush», vídeo interactivo da Volvo Ocean Race

4 Outubro, 2008 (11:17) | Publicidade, Vídeos | 1 comment

Coñezo grazas a Julián Gallo, Rush, este impactante trailer do vídeo de promoción da nova edición da «Volvo Ocean Race». A singularidade é que na pantalla aparece un mosaico de catro imaxes sobre as que o espectador pode tomar decisións sobre os protagonistas da aventura. Verdadeiramente novidoso este relato interactivo. Outra posibilidade da nova ficción dixital.
Enganchamos na páxina o trailer promocional existente en youtube. Para ver o vídeo completo mellor enlazar aquí.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Pó dos livros

9 Xullo, 2008 (16:44) | Book_trailer, Librarías, Portugal, Publicidade, Vídeos | No comments

Eis como se anuncia na rede a libraría Pó dos livros. Un novo tipo de booktrailer. O blog desta libraría independente é magnífico, sobre todo a utilización dos vídeos e da música.
Tirado de Blogtailors.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Library of Congress

6 Xullo, 2008 (17:44) | Lectura, Publicidade, Vídeos | 1 comment


Library of Congress – Read from ZorroFX on Vimeo.
Vía: Unha lagoa de libros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Palabras encadeadas

4 Xullo, 2008 (18:00) | Lingua, Publicidade, Vídeos | 3 comments

O anuncio da nova campaña da Secretaría de Política Lingüística é simpático, ten ritmo, déixase ver, aínda que conceptualmente seméllame frouxiño. Ben sabemos que con anuncios non se soluciona o devalar do idioma entre os mozos e mozas.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Llegir en valenciá

17 Xuño, 2008 (06:58) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos | No comments



Curiosos anuncios de televisión que forman parte da campaña de lectura “Llegir en valenciá“.

Vía: Joan Carles.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Get London Reading

21 Maio, 2008 (20:26) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade | No comments

A actual campaña de promoción da lectura que se está desenvolvendo en Londres utiliza, coma a galega (que comezará a utilizar os valados), os textos literarios e a súa presenza sobre formatos cotiáns como o primeiro reclamo. Gústanme as dúas.
Chuzame! A Facebook A Twitter

O xogo da serpe

3 Maio, 2008 (13:11) | Fútbol, Publicidade, Vídeos | 1 comment

É adoito que os anuncios de Nike sexan moi impactantes. Neste (dous minutos), protagonizado por xogadores como Cecs, Cristiano Ronaldo, Ronaldinho ou Sneijder (entre outros) ofrécese unha visión do fútbol empregando unha cámara subxectiva, dentro e fóra do estadio. Algúns malabarismos pagan a pena. Outra mostra de publicidade impactante.
Vía Julián Gallo.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Publicidade revolucionaria

28 Abril, 2008 (19:26) | Publicidade, Vídeos | 1 comment


Vía Juan Gallo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

"Máis libros", o anuncio

23 Abril, 2008 (21:16) | Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos | No comments

O anuncio da campaña é xeitoso visualmente, aínda que me custa entender que non apareza, sequera nalgunha ráfaga, algún dos soportes convencionais de lectura, sexan os impresos ou as pantallas. Con todo, o máis frouxo, pareceume, o tópico de considerar a lectura como unha “actividade apaixonante”, desbotando o concepto de utilidade na construción persoal. Mágoa que estes publicistas (entendo que coruñeses) non atinasen neste anuncio tanto como fixeron noutras ocasións anteriores.
Chuzame! A Facebook A Twitter

"Máis libros"

22 Abril, 2008 (19:39) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade | No comments

Polo pouco que puiden ver ata agora, a campaña Máis libros, incluída no Plan galego de Lectura, ten moi boas trazas. O concepto de lectura utilizado é o que vimos defendendo, situándoa por riba do soporte libro e do espazo onde se realiza. A aposta decidida pola libraría de cultura e pola biblioteca fundamental. O eslogan é moi acertado, vencellado a lectura cos valores da liberdade, subliñando así o seu carácter cívico. O deseño gráfico, baseado no protagonismo dos textos sobre diversos soportes cotiáns (briks de leite, rolos de facturas…) pareceume moi elegante. En definitiva, gustoume moito e levei unha boa alegría. A campaña promete. Porén, chamoume a atención, segundo puiden ver no vídeo da noticia de Vieiros, que na presentación da campaña da Consellaría de Cultura se colocasen sobre a mesa “monstros de libros” publicados por editoriais privadas co logotipo da Xunta de Galicia no lombo. Constitúe unha imaxe equívoca que pode levar a malentendidos e subliminalmente a afondar no prexuízo de sector subvencionado que dende tantos anos persegue aos editores privados galegos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ce soir on ne lit pas

27 Marzo, 2008 (21:03) | Imaxes, Lectura, Publicidade | 1 comment

Moi suxestiva e sutil a campaña de promoción da FNAC en Francia.

Vía: Michelena.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por que non les isto?

23 Marzo, 2008 (12:03) | Lectura, Publicidade, Vídeos | No comments

Este anuncio utiliza o concepto de lectura que tantas veces temos defendido aquí. Creo que este é un dos mellores camiños para este tipo de campañas de fomento da lectura.

Vía: Espazo de lectura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

14 Febreiro, 2008 (22:42) | Lectura, Publicidade, Vídeos | No comments

Moi axeitado este anuncio de promoción da lectura rescatado por Espazo de lectura (magnífico blog!)
Via Cabrafanada.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Publicidade censurada nos EE.UU.

13 Febreiro, 2008 (23:27) | Dereitos_humanos, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos | No comments

Vía: Trafegando ronseis.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Yes, we can

12 Febreiro, 2008 (20:24) | Política, Publicidade, Vídeos | No comments

Isto é unha marabilla de comunicación política.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Contrapunto

9 Febreiro, 2008 (19:14) | Publicidade, Vídeos, Xerais | No comments

O blog de Manolo Gago é unha fonte permanente de bo gusto e beleza. Ademais de moitos outros temas, comparto con Manolo o seu interese pola eficacia emotiva da “publicidade branca”. Hoxe pendurou estas dúas pezas do Metro de Madrid, que son sinxelamente preciosas. A veterana axencia Contrapunto, produtora da segunda das pezas, ten realizado moitos outros traballos magníficos. Velaí o anuncio que nos prepararon hai vinte anos para o lanzamento do noso dicionario e o seu tan famoso spot corporativo “Unha mala publicidade pode facerche perder consumidores”:

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Cinto de seguridade

26 Xaneiro, 2008 (11:57) | Publicidade, Sociedade, Vídeos | No comments


Seguimos co impacto da publicidade para propósitos socialmente sensibilizadores. Aquí unha experiencia chilena para promover o uso do cinto.

Vía: Trafegando ronseis.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anuncio contra a SIDA

24 Xaneiro, 2008 (19:42) | Publicidade, Sociedade, Vídeos | 1 comment

Manuel Gago descúbrenos este impresionante anuncio contra a SIDA promovido pola asoción francesa Sidaction. Outra vez podemos comprobar as posibilidades comunicativas da publicidade (aínda que sei que o mestre Pawley non comparte moito esta idea). Moi recomendable.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Stop the bullet. Kill the gun

12 Xaneiro, 2008 (07:27) | Dereitos_humanos, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos | No comments

É impactante este anuncio (Stop the bullet. Kill the gun), encargado por Choice FM, que pretende sensibilizar sobre a necesidade de eliminar as armas de fogo. Publicidade branca, da maior calidade narrativa e eficacia comunicativa, si señor! Ás portas da celebración do Día escolar da paz e a non violencia constitúe un bo recurso para iniciar as actividades sobre esta cuestión.

Vía: Islas Cíes, Trafegando Ronseis.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Book trailer VIII

25 Novembro, 2007 (16:26) | Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade | 1 comment

A nosa teima sobre os book trailer vai estendéndose. No mes de decembro, como fixemos o pasado ano, faremos unha pequena campaña na TVG e na rede cun book trailer sobre O señor Lugrís e a negra sombra, a novela de Luís Rei Núñez.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

O viño fala galego II

25 Novembro, 2007 (08:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía, Lingua, Publicidade | No comments

No artigo da semana volvo sobre a proposta de consumir viño etiquetado en galego, aproveitando, tamén, para falar da renovación do sector vitivinícola galego producida nas dúas últimas décadas (un modelo, por certo, do que se poden tirar algunhas experiencias na promoción exterior do libro galego).

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

O viño fala galego

21 Novembro, 2007 (18:49) | Gastronomía, Lingua, Publicidade | No comments

Apoio a campaña promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingúística para promover a etiquetaxe dos nosos viños en galego.
DECLARACIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA POLA ETIQUETAXE DOS VIÑOS EN GALEGO

Se o dinamismo económico e a competitividade dun país son o froito de combinarmos un certo recoñecemento histórico coa capacidade de ofrecer produtos de calidade cunha imaxe atraente, un dos ingredientes esenciais desa combinación deberá ser o respecto e a identificación dos produtos coa cultura da terra e da sociedade nas que se crean. No noso país, iso esixe a incorporación da lingua galega á presentación e divulgación das mercadorías.
Podemos predicar iso de calquera actividade económica e comercial pero é especialmente certo no tocante ó sector agroalimentario pola longa tradición que se agocha trala elaboración, o dinamismo, e o relevo dos seus produtos cun consumo case universal.
O uso da lingua galega na etiquetaxe reforza a vinculación do produto coa sociedade, a cultura e a terra nas que xorde, e esa vinculación das mercadorías galegas con Galicia é un dato avaliado favorablemente, non soamente polos consumidores galegos, senón tamén fóra do noso país.
No sector agroalimentario o viño xoga, desde sempre, un papel relevante polo seu prestixio na sociedade e as súas fortes connotacións culturais.
Iso explica que, como cidadáns de Galicia e consumidores, manifestemos a nosa solidariedade e apoio á campaña en favor do etiquetado dos viños en lingua galega que promove a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Animamos aos viticultores, adegueiros e cooperativas a que etiqueten en galego ás súas botellas; ás institucións públicas, os establecementos de distribución e de restauración a que promovan o consumo dos nosos viños de calidade etiquetados na nosa lingua; ós cidadáns, a que apoien activamente a campaña co seu consumo; e ás autoridades autonómicas a que continúen no futuro ese labor de defensa e divulgación da nosa cultura con iniciativas semellantes noutros sectores alimentarios.
É por iso que en Galicia hai cada vez máis denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de produtos alimentarios que constitúen un recurso decisivo para o desenvolvemento económico e social do medio rural de cada un dos territorios nos que se elaboran.
Por todo isto, os representantes das institución públicas e personalidades asinantes sumámonos á campaña de normalización lingüística “Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego”, comprometéndonos a que nos actos protocolarios, caso de servírense viños, teñan preferenza os etiquetados en lingua galega.

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Dez mil libros

14 Novembro, 2007 (18:08) | Publicidade, Vídeos | No comments

Para realizar este anuncio de Guinness (con motivo do seu oitenta aniversario) empregáronse dez mil libros (ademais de seis mil fichas de dominó, catrocentos pneumáticos e non sei cantas cousas máis). Outra utilidade descoñecida do libro.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Vivamos como galegos!

4 Outubro, 2007 (21:02) | Publicidade, Vídeos | 8 comments

Ver este vídeo publicitario de Gadis na televisión é emocionante. “A xente non é fea, é riquiña!” Unha auténtica marabilla! Pásao!

Actualización (05-10-2007): Entrevista co director de mercadotecnia de Gadis en Vieiros.

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

In an Absolut world

28 Setembro, 2007 (15:56) | Publicidade, Vídeos | 1 comment

Estes dous anuncios forman parte da nova campaña mundial do vodca Absolut. Pretende provocar o debate entre os consumidores sobre temas de actualidade. Noutra ocasión xa temos rescatado os impactantes anuncios de Smirnoff, a súa maior competidora. Nos dous casos amósanse as posibilidades narrativas da nova publicidade da era da globalización. A campaña de Absolut estará nos cines españois no vindeiro mes de outubro.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Smirnoff

11 Setembro, 2007 (19:52) | Publicidade, Vídeos | 1 comment

Grazas a Manolo Gago puidemos recuperar este anuncio de Smirnoff sobre os océanos. Eis as posibilidades narrativas da publicidade condensadas nun minuto. A verdade que tamén hai outros trailers publicitarios deste vodca (de duracións e calidades visuais moi diversas) que pagan a pena lembrar.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Sao Paulo, cidade sen publicidade

24 Xuño, 2007 (07:56) | Cidades, Imaxes, Publicidade | 3 comments

Para evitar a contaminación visual, a cámara municipal de Sao Paulo decidiu impedir a presenza de valados publicitarios nas rúas da cidade. O fotógrafo Tony Marco está documentando este proceso inédito de limpeza visual. Un modelo a imitar? Témome que sería moi difícil implantalo nas nosas cidades, abonda con lembrar a recente campaña das eleccións municipais.
Vía: Tiscar.
Etiquetas: Sao_Paulo
Chuzame! A Facebook A Twitter

Botábase en falla

18 Decembro, 2006 (22:12) | Lingua, Publicidade, Vídeos, Xerais | No comments

Este foi o primeiro anuncio en televisión dun libro galego. Emitiuse xustamente hai vinte anos, no nadal de 1986, con motivo da campaña de lanzamento da primeira edición do Diccionario Xerais da Lingua. Luís Mariño, o inesquecible editor e director entón da editorial, encargoullo á prestixiosa axencia Contrapunto. Emitiuse nas desconexións publicitarias de TVE e na TVG (que apenas contaba daquela cun ano de existencia). Recuperar hoxe este anuncio constitúe un necesario exercicio para coñecer a memoria da edición moderna en Galicia.
Etiquetas: , , ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Libros con publicidade

26 Xullo, 2006 (09:27) | Edición, Publicidade | 4 comments

Juan propón o debate sobre a posibilidade de insertar reclamos publicitarios nos libros. Existen experiencias xaponesas nas que se emprega unha sobrecuberta desbotable para incluír o apoio publicitario.
Se partimos de que o importante é a lectura (a actividade que define o libro e a edición) está posibilidade non me parece desprezable, sempre que este apoio publicitario redunde no prezo (que debe continuar sendo fixo) a pagar polo lector. Sabemos que cando compramos un xornal ou unha revista impresos ou as lemos na rede, os ingresos publicitarios son os que permiten a viabilidade dos seus editores. Existe algunha razón para que non suceda así co libro? Algunhas experiencias de esponsorización de libros por parte de entidades privadas son xa as que están permitindo a publicación de determinados títulos. Tirar por ese fío, creo que pode ser unha das alternativas para o futuro da lectura (e máis nun país e nunha lingua como a nosa cun reducido número de lectores).
Etiquetas: ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Bolsas creativas

20 Xullo, 2006 (21:28) | Publicidade | No comments



Vía Manolo Gago coñezo máis posibilidades creativas das bolsas comerciais. Na editorial fixemos o ano pasado un esforzo por mellorar este soporte publicitario que, ademais de útil e eficaz, pode ser moi elegante. Velaí unha campaña sobre os nenos autistas.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Os mellores carteis de 2006

16 Xullo, 2006 (21:10) | Imaxes, Publicidade | 1 comment

No Máster de Edición falamos moito de publicidade e cartelería, Mágoa que daquela non coñecésemos este espazo onde se recollen os mellores traballos de cartelaría de Cannes 2006. A análise dalgunhas destas pezas daría para un bo debate.
Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Libroclip

31 Maio, 2006 (20:22) | Promoción do libro, Publicidade | 1 comment

Vía Catuxa e Txetxu coñecín esta marabilla brasileira de promoción do libro. Moito que aprender.

Etiquetas: ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Frecha amarela

27 Maio, 2006 (07:52) | Publicidade | No comments

Gustoume moito a nova identidade corporativa do Xacobeo. Sinala un importante cambio na estratexia de comunicación e proxección de Galicia no exterior. Un grande acerto apostar por esta imaxe laica, civil e un chisquiño grafiteira (Esa frechiña recórdame, un pouco, ao logo noso de Fóra de Xogo, deseñado hai doce anos polo xenial Miguel Vigo). Beizóns!
Etiquetas: ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Evidencialismo

6 Marzo, 2006 (22:21) | Publicidade | 1 comment

Velaquí a auténtica moda galega.
O titular non o mellora nin Cid Cabido.
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp