Category: Radio

Onte 254: O futuro do papel

20 Maio, 2012 (08:41) | Lectura, Libro, Libro_electrónico, Literacidade, Onte, Radio |

Foi unha bonita experiencia participar como convidado na tertulia do programa «No es un día cualquiera» de RNE 1, que se celebrou en Pontevedra. Co afán didáctico que caracteriza o programa de Pepa Fernández, abordamos unha boa parte dos tópicos arredor do «futuro do papel», dende a posibilidade de desaparición das edicións impresas ás vantaxes […]

Onte 210: 291.289,43€

5 Abril, 2012 (11:30) | Goberno Feijoo, Onte, Política, Radio |

A querela da fiscalía por fraude fiscal contra Gerardo Conde Roa é un escándalo. Debullando sobre o relato do caso, non sei o que me produce maior repugnancia: se o feito de que deixase de declarar 291.289,43€ do IVE, que cobrou aos clientes aos que vendeu 61 vivendas de protección oficial, ou se a súa […]

Onte 162: O conde Waldemar

17 Febreiro, 2012 (06:44) | Autores, Memoria, Onte, Radio, Recurso_didáctico, Xerais |

Xa imaxinaba que ía interesar moito a biografía de Manuel Rodríguez Saa, o conde de Waldemar, o mago, prestidixitador, ilusionista e telépata de sona internacional nacido en Portomarín. Xosé Díaz e Belén Fernández descubren no seu libro o sorprendente itinerario vital e profesional deste galego de aldea que durante o primeiro terzo do século XX […]

Onte 135: Vitaminas para o galego en Redondela

21 Xaneiro, 2012 (11:30) | Iniciativas, Internet, Lingua, Medios, Música, Onte, Presentacións, Radio, Televisión |

Magnífica foi a presentación do proxecto Vitaminas para o galego en Redondela, na que tiven a honra de participar en representación de Prolingua. Alleos ao serán festeiro do día de San Sebastián e a súa estrondosa foguetería, medio cento persoas encheron o salón da Casa da Cultura para apoiar esta iniciativa cívica destinada a fortalecer […]

Onte 128: Música en galego

14 Xaneiro, 2012 (09:14) | Lingua, Música, Radio, Recurso_didáctico |

Xa son moitas as persoas coas que amiguei nestes últimos sete anos grazas aos blogs, unha das cousas polas que estou máis agradecido de participar no blogomillo. Foi onte cando me atopei por vez primeira con Xosé das Patas, o promotor dese magnífico blog que é Música en Galego. Xosé púxome ao día dos seus […]

Onte 91: Anfiteatro GZ radio

8 Decembro, 2011 (12:50) | Beizóns, Blogs, Lingua, Música, Novidades, Onte, Radio |

Conectei o blog de xeito permanente con Anfiteatro GZ radio, unha emisora libre que emite en Internet en galego as vinte e catro horas coa intención de fomentar a música e a literatura de noso. Polo momento, emite só música, cunha importante presenza da galega, aínda que pretende completar a programación con novas de actualidade […]

Onte 77: Vigo a 80 rpm

24 Novembro, 2011 (09:14) | Música, Novidades, Onte, Presentacións, Radio, Vigo, Xerais |

A memoria da movida viguesa dos 80, aquela axitación cultural que coincidiu coa reconversión naval, protagoniza dous dos nosos libros desta campaña de nadal. Un relato documental en voz dos protagonistas, preparado polo xornalista cultural Emilio Alonso, e unha grande reportaxe fotográfica de Víctor de las Heras. Dúas achegas que contribúen ao proceso colectivo de […]

Onte 50: CRTVG pública

28 Outubro, 2011 (07:05) | Goberno Feijoo, Onte, Política, Radio, Televisión |

Despois de rematar a magnífica presentación do libro de ensaio de María Xosé Queizán sobre Mary Wollstonecraft Selley na nova libraría feminista Lila de Lilith, acudimos a participar na concentración en solidariedade cos traballadores e traballadoras da CRTVG, que se celebraba na praza de Cervantes. Impresionoume a claridade dos argumentos utilizados nas intervencións, a unidade […]

Onte 46: Radio Clásica

24 Outubro, 2011 (08:30) | Medios, Música, Onte, Radio |

Viaxei a Lavacolla entre o lusco e fusco, rachando a primeira borrasca do outono. Por ventura, na radio do coche quedara prendida a Radio Clásica, que me agasallou sen querelo nin bebelo coa Obertura de Tannhauser de Wagner (completa) e unha boa parte co concerto número 2 para piano de Liszt. Tratábase dunha retransmisión en […]

Onte 40: Galicia queimada

18 Outubro, 2011 (07:37) | Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Onte, Política, Radio |

As noitiñas dos luns estou afeito a debater coa serenidade posible na tertulia conservadora da Radio Galega. Onte fun o único participante que defendeu a necesidade de traballar pola construción da paz e da convivencia en Euskalerría ou por non asumir con resignación a política do teito de gasto que recurta as prestacións e a […]

Onte 29: «Seguimos lendo»

7 Outubro, 2011 (15:50) | Bibliotecas, Editores, Onte, Promoción do libro, Radio |

Foi unha fachenda nosa asistir ao acto no que a Federación de Gremios de Editores entregou os premios de fomento da lectura 2010 a Julia Otero e á Biblioteca Municipal de Verín. Recoñecíase así o labor da comunicadora monfortina no seu programa «Julia en la Onda» onde as novidades editoriais e os autores teñen unha […]

Cinco cancións

2 Marzo, 2011 (22:46) | Música, Radio |

Os amigos e amigas de Radiofusión tiveron a xenerosidade de ofrecerme a posibilidade de comentar cinco das cancións que me gustan. Emitirán unha cada día laborable da vindeira semana (a de entroido). Esa foi a miña escolma (tan difícil): «No woman no cry», versión de Jonathan Butler. «Que tinguen sort», Lluis Llach (memorable a versión […]

Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre as caixas

7 Marzo, 2010 (13:59) | Economía, Goberno Feijoo, Política, Radio |

Aconsello escoitar estes quince minutos da tertulia da Radio Galega do pasado venres á noite. Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre como funciona Caixanova. Algúns treitos das súas palabras son impresionantes, non tanto porque non coñecésemos os datos e os nomes que achega, senón polo que denotan da forza de determinados poderes económicos. Magnífico complemento […]

Bravo, Julia!

5 Marzo, 2010 (21:47) | Audios, Entrevistas, Gravacións, Lingua, Radio |

Bravo, Julia! Ou como puxo en evidencia a Arcadi Espada. Grazas, Alberto.