Category: Sen clasificar

Onte 234: En defensa da sanidade e educación públicas

30 Abril, 2012 (06:55) | Educación, Goberno Rajoy, Iniciativas, Nacionalismo, Onte, Política, Sen clasificar, Sociedade |

Milleiros de persoas manifestáronse en diversas cidades galegas, convocadas por CC.OO e UGT, en defensa da educación e sanidade públicas. É moi difícil entender as razóns polas que as organizacións nacionalistas, tanto sindicais como a maior parte das políticas, non participan nestas convocatorias cívicas. Sei que sucederá outro tanto nas convocatorias galegas do Primeiro de […]

Noticia de Gulliver

12 Xaneiro, 2005 (22:35) | Sen clasificar |

Na oficina tiven unha mañá de entrevistas. A primeira hora o profesor Ripalda entregoume o seu orixinal definitivo do Libro das fontes. Sei que detrás de cada unha destas humildes construcións singulares hai unha comunidade. A auga fonte de vida. Vai quedar un libro ben curioso e do que non coñezo precedentes. Logo chegou Luis […]

Lavandeiras en Fronteira

11 Xaneiro, 2005 (17:28) | Sen clasificar |

No faladoiro da mañá debatemos de máis sobre as consecuencias políticas do Plan Ibarretxe. Non é doado introducir racionalidade nesta polémica cando se manexan posicionamentos que impiden calquera tipo de acordo. Convénzome, unha vez máis, de que deberiamos centrar o noso interese máis sobre como desenvolver os criterios de reforma do noso ca en participar […]

Galego de rebaixas

10 Xaneiro, 2005 (16:37) | Sen clasificar |

O galego vende por que está nas rebaixas. Non fixo falta que a Mesa argallase unha campaña específica, como sucedía hai anos, para que moitos comerciantes empregasen a eficacia emotiva da nosa lingua como o mellor argumento para anunciar as súas ofertas desta tempada. O valor engadido e a eficacia como reclama comercial da publicidade […]

Orvallo e outras músicas

8 Xaneiro, 2005 (13:12) | Sen clasificar |

Onte remexendo entre os discos de música galega do centro comercial atopei ao chou un novo cedé de Miro Casabella, Orvallo. Vaia sorpresa!!! O meu amado Miro, o de “O meu país” (o tema que hai pouco gravou Luar na lubre), quizais unha das mellores cancións da música galega, despois de non sei cantos anos, […]

Confesión de Gaspar

6 Xaneiro, 2005 (21:42) | Sen clasificar |

Escoitei esta mañá ao padre Gabilondo que “facer de rei Mago en Sevilla foi unha das maiores honras da súa vida”. Desta volta, estou con Iñaki; a miña experiencia de onte, durante cinco intensas horas, como rei Gaspar pagou a pena. Hoxe, supoño que esta é a única monarquía necesaria, a que rexe a fantasía […]

Noite de Reis

5 Xaneiro, 2005 (09:28) | Sen clasificar |

A de hoxe é a noite que máis quero destas festas. E non o digo para afirmar o meu espírito de Peter Pan, agora que andan celebrar o centenario da obra de Barrie, nin para culminar un mes de consumismo compulsivo dos agasallos, comportamento que rexeito e intento non practicar, coa excepción, lóxica da adquisición […]

Pecharlle as portas á desolación

4 Xaneiro, 2005 (20:54) | Sen clasificar |

Si esa creo que foi a intención de María Victoria Moreno cando hai máis dun ano, coincidindo coa Feira do Libro de Pontevedra de 2003, me propuxo editar un libro sobre a súa experiencia, dende hai sete anos, como doente de cancro de mamá. Aceptei decontado convite tan valente, xa que hai moito tempo que […]