Category: Sociedade

A rebeldía do trasno

25 Xaneiro, 2007 (07:08) | Convidados, Cultura, Editores, Sociedade |

O amigo Xoán Abeleira envíame este texto sobre Isaac para publicalo no blog: Ás veces penso, seriamente, que Díaz Pardo non existe. Isaac, digo: ise ‹‹libertario conservador›› (conservador dos nosos tesouros) con nome antergo de profeta. De feito, ata arestora, eu pensaba que non existía. Víao por aí, facendo as súas viravoltas, e coidaba: ‹‹Non. […]

Manuel Sendón: casas doentes

15 Xaneiro, 2007 (22:03) | Arquitectura, Artes Visuais, Blogs, Exposicións, Sociedade |

Absolutamente recomendable é a exposición de Manuel Sendón inaugurada esta noite na Fundación Barrie de Vigo. Esa manchea de catrocentas casas abandonadas, fotografadas con enorme sobriedade e precisión no encadre, expresan a dor silenciosa pola perda dunha parte do noso patrimonio construído no medio vilego. A casa concibida como arca e memoria. A dignidade das […]

Libros canapé

14 Xaneiro, 2007 (11:33) | Edición, Novidades, Promoción do libro, Sociedade, Televisión |

Os libros canapé asolagan as mesas de novidades das librarías. Son os reis do novo mercado do libro. O editor do libro canapé necesita un personaxe “coñecido”: actor, actriz, presentador de televisión, tertuliano, deportista, político en ascenso ou declive, ou simplemente un dos visitantes semanais das páxinas de papel cuché ou das imaxes do Tomate, […]

Manifesto por un fútbol atlántico

8 Xaneiro, 2007 (21:05) | Autores, Fútbol, Sociedade |

Hoxe remexendo en papeis vellos, na procura de algo que non din atopado, apareceu ao chou, nunha das vellas libretas que conservo, o texto do “Manifesto por un fútbol atlántico“, a intervención que Manuel Rivas leu no Ateneo da Coruña o 2 de abril de 1985, con motivo da presentación da súa primeira novela, Todo […]

Queda alguén aí?

6 Xaneiro, 2007 (10:26) | Cine, Sociedade |

TVE Galicia emite mañán, domingo día 7, ás 11.30 da mañá pola 2, Queda algúen aí?, un documental sobre a grave e crecente despoboación no rural do interior de Galicia. A través da vida dunha aldea (Pedroso), na que máis da metade dos seus habitantes supera os cincuenta e cinco anos de idade, plásmase un […]

Futbolistas emigrantes

29 Decembro, 2006 (18:09) | Fútbol, Selección_Galega, Sociedade |

O segundo encontro da selección foi, loxicamente, un chisco menos emotivo que o do debut do pasado ano, aínda que a nivel estritamente de xogo resultou moito máis rico e interesante. O combinado galego, a pesar de non poder contar con algunhas das súas estrelas (Oubiña, Aspas, Salgado ou Cabanas), empurrou cunha calidade e afouteza […]

Volve Richard Sennett

23 Decembro, 2006 (11:40) | Ensaio, Novidades, Sociedade, Socioloxía |

Coincido con Juan en que Richard Sennet, Zygmunt Bauman e Ulrich Beck son os tres sociólogos claves na análise da sociedade postmoderna. Dos tres a obra que mellor coñezo é a de Sennett, que sigo dende a publicación das traducións en español de La corrosión del carácter e El respeto. Acabo de rematar a lectura […]

Os privilexios da igrexa católica

25 Novembro, 2006 (16:57) | Política, Sociedade |

A próxima pastoral da Conferencia Episcopal, na que se aliña co Partido Popular amosándose contraria a negociación con ETA, reclamando o “recto funcionamento” das institucións democráticas (sic) e na que critica ao que chama “laicismo radical” pola súas posicións sobre a recuperación da memoria histórica (a min gústame máis o termo “republicana”), amosa a prepotencia […]

O encaixe roto

21 Novembro, 2006 (18:49) | Sociedade |

«O encaixe roto» é o título dun conto escrito hai cen anos por Emilia Pardo Bazán, traducido por María Xosé Queizán dentro do volume Fenda, loucura e morte. Micaelita Aránguiz, unha rapaza da alta sociedade, rompendo todas as convencións sociais do seu tempo, decide cando o bispo lle preguntou se recibía a Bernardo por esposo, […]

Gennet Corcuera

17 Novembro, 2006 (07:22) | Educación, Sociedade |

O momento culminante da magnífica conferencia de onte de Pilar Pérez Esteve sobre as “Competencias lingüísticas no marco da Reforma Educativa” foi cando relatou a historia de Gennet Corcuera, a primeira española xordocega que chega á Universidade. Recordou que a estudante comentara nunha entrevista que o momento máis inesquecible da súa vida foi cando “comprendín […]

Avós e avoas

31 Outubro, 2006 (23:03) | Sociedade |

Entre as fotos que conservo no estudio, teño moito afecto por unha pequena, xa envellecida, na que aparezo co meu avó Suso “Beleiro” na festa de santa Ana. Polo pantalón tan curtiño, o nique e os campins que levo penso que debe corresponder ao verán do ano sesenta e cinco ou quizais do sesenta e […]

Grandes imperios, pequenas nacións

14 Outubro, 2006 (10:58) | Ensaio, Novidades, Sociedade |

Acabei de ler Grandes imperios, pequeñas naciones, un ensaio de Josep M. Colomer, publicado orixinalmente en catalán, que obtivo o IX Premio Fundació Trias Fargas 2005.Un libro moi interesante para debater sobre o futuro de pequenas nacións, como Galicia, no novo entorno dos imperios europeo e americano. A análise dos conceptos de imperio, nación e […]

25 anos do Xurelo

26 Setembro, 2006 (18:37) | Efemérides, Historia, Sociedade |

O pasado sábado celebrouse en Ribeira un acto con motivo do XXV aniversario da primeira viaxe do Xurelo. Aquela expedición, promovida pola nosa emerxente Esquerda Galega e por algúns membros de grupos ecoloxistas, con motivo de tratar de impedir os verquidos radiactivos a 750 quilómetros da nosa costa, foi a primeira mobilización en defensa do […]

Na beira do ecocidio

10 Setembro, 2006 (09:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana amplío a reflexión que estes días se veu facendo no blog sobre o debate da sustentabilidade. Etiquetas: Artigos, Galicia, Ecocidio, Sostibilidade

Ollo coas faragullas!

8 Setembro, 2006 (16:49) | Sociedade, Vigo |

Non hai dúbida de que dende hai unha boa tempada os pronunciamentos da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo sonche moi institucionais e disciplinados.Esta semana non nos sorprendeu (xa estamos afeitos) que poucas horas despois de que a alcaldesa anunciase que o Concello de Vigo escollera Cabo Silleiro para que a Xunta ubicase alí […]

Desenvolvemento sostible ou ecocidio

6 Setembro, 2006 (07:33) | Sociedade |

(Foto Sangiao, El Correo Gallego) A catástrofe de Caldas provocou un interesante debate sobre o futuro medioambiental do país. Durante as dúas últimas décadas, ao tempo que se producía unha reconversión no noso sector agrario, sen precedentes na nosa historia, o proceso implacable de urbanización provocou un enorme impacto sobre o territorio que modificou a […]

O incendio de Caldas (II)

5 Setembro, 2006 (21:17) | Sociedade, Vídeos |

(Segundo vídeo de enanomatoon sobre o incendio de Caldas) Etiquetas: Galicia

O inicio do incendio de Caldas

4 Setembro, 2006 (21:04) | Sociedade, Vídeos |

Debémoslle ao enanomatoon este importante testemuño videográfico do inicio do incendio de Caldas. Etiquetas: Galicia

É incrible

2 Setembro, 2006 (11:45) | Sociedade |

(Foto Sangiao, El Correo Gallego) Nin os meus peores vaticinios, de hai menos de dúas semanas, agoiraban este novo desastre. Botámonos a chorar? (Foto Ramón Leiro, La Voz de Galicia) Actualización (23:00 horas): o verquido semella moi perigoso. As autoridades tratan de evitar que chegue aos bancos marisqueiros de Arousa. Agardemos que funcione a coordinación […]

A nosa dimensión tráxica

22 Agosto, 2006 (17:05) | Sociedade |

Onte mentres especulabamos sobre as razóns da catástrofe incendiaria, a nosa dimensión tráxica acentuábase, semella que sen solución de discontinuidade, co accidente de Villada.Como atinadamente sinala hoxe Juan esta nova traxedia amosa a precariedade patética e vergonzosa das actuais comunicacións de ferrocarril con Galicia (practicamente nas mesmas condicións de hai vinte e cinco anos cando […]

Cal será a próxima?

21 Agosto, 2006 (20:53) | Sociedade, Vídeos |

Mágoa de país con semellantes tendencias suicidas!Cal será a próxima catástrofe medioambiental?(Vídeo vía Contando estrelas)Actualización (24-08-2006): os autores do vídeo son galiciaenpie.com, a cadaquén o seu. Os meus parabéns polo seu traballo Etiquetas: Galicia, Incendios

Galicia en chamas

7 Agosto, 2006 (16:33) | Sociedade, Vídeos |

Etiquetas: Incendios, Galicia

Arde a nosa pel

7 Agosto, 2006 (09:33) | Sociedade |

Cando onte á noitiña deixamos a Pawley na Coruña, despois da asinatura de Agustín e da recollida dos premios Lecturas, non sabiamos que na nosa viaxe pola autoestrada comprobariamos tan de preto o horror provocado polos terroristas do lume. Xa pasaramos unha Compostela sitiada por unha mesta nube de fume mais, en chegando a á […]

A Ría na UVI

18 Xuño, 2006 (09:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a degradación da Ría de Vigo, por mor da desvastación urbanística da beiramar e polos problemas do saneamento, e sobre a necesidade de que o concello propoña de inmediato unha ubicación para a nova depuradora. Etiquetas: Artigos, Vigo, Sostibilidade

Pescanova, pescavella

5 Maio, 2006 (16:15) | Sociedade |

Couselo explica hoxe moi clariño os termos reais nos que se dirime o conflito de Touriñán. Sobre Pescanova e sobre a crianza do peixes planos hai moito aínda que saber. Etiquetas: Galicia, Pescanova, Couselo

Condutor alternativo

12 Marzo, 2006 (11:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

A cuestión dos accidentes de tráfico sempre me preocupou moito. Reflexiono sobre ela no artigo da semana.

Rosas murchas

22 Xaneiro, 2006 (11:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana atrévome a propoñer unha reflexión, a partir do asasinato de Águeda González, sobre o insidioso fenómeno do terrorismo contra as mulleres. Teño unha certa perplexidade que sobre este tema se debata tan pouco nos nosos blos.

Os enigmas mundiais de 2006

16 Xaneiro, 2006 (18:47) | Sociedade |

A xente de IGADI adiántame por por correo electrónico a súa Guía exterior 1/2006 onde reflexionan sobre a ducia de enigmas sobre política internacional que eles albiscan para o ano que comeza: Sairán os americanos e británicos de Iraq? Destronará a gripe aviar ao terrorismo como maior preocupación global? Avances ou retrocesos na proliferación nuclear? […]

Son galego

28 Novembro, 2005 (21:45) | Lingua, Sociedade |

O de torredebabel é o post máis interesante dos que lin hoxe. Descoñecía esta lista de compromisos asumidos e divulgados por compatriotas de todo o mundo (e dos que aquí deberíamos tomar boa nota): 1.Considerarei Galicia como a miña Patria. 2. Proclamarei en público e en privado que son galego/a.3. Considerarei a todos os galegos […]

Galicia industrial

27 Novembro, 2005 (08:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana recomendo a visita á exposición “Galicia industrial“.

Con frei Betto

9 Novembro, 2005 (23:03) | Persoal, Sociedade |

Débolle ao amigo Xulio Ríos un encontro intenso de dúas horas desta noitiña con frei Betto, un intelectual brasileiro con grande presenza internacional. Este dominicio foi durante dous anos asesor de Lula no programa Fame Cero. Escritor incesante (ten 53 libros publicados), conferenciante por todo o mundo, articulista (oito textos semanais), director durante vinte anos […]

Valados

9 Outubro, 2005 (07:58) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

Valados.

Externalización de fronteiras?

8 Outubro, 2005 (16:09) | Sociedade |

Preparando o artigo de mañá atopei informacións interesantes sobre a recondución dos emigrantes africanos ata a fronteira arxelina. Recomendo ver este testemuño e mais estoutro para comprender mellor o estado desta emerxencia humanitaria que require dunha acción inmediata.

A industria dos incendios

23 Agosto, 2005 (17:02) | Sociedade |

Grazas ao Mr. dot chego a esta explicación tan plausible das razóns dos incendios que están arrasando Portugal. Por outra banda, Iván realiza un comentario moi interesante na páxina de Juan Varela sobre o que está sucedendo estes días en Galicia.A foto que publica Mr.dot é tan desoladora coma o noso estado de ánimo.

Ardemos

21 Agosto, 2005 (09:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

Así titulei o artigo da semana. A verdade é que lendo as noticias de hoxe creo que me quedei curto e moi piadoso cos pirómanos.Revisando nas seccións de opinión, tanto dos medios impresos como dos dixitais, non atopo ningunha outra referencia a este problema. Ardemos e queremos mirar para outro lado?

Quen está detrás das lapas?

20 Agosto, 2005 (22:16) | Sociedade |

Vivín un día obsesionado polos incendios. Pola mañá, moi cediño, mentres escribía o artigo da semana (tituleino “Ardemos”, pretendo interpretar todas as variables desta complexa situación) o zunido dos hidroavións sobre a ría alertoume sobre a magnitude do problema.Diante da miña ventá comprobei que xa había lumes en Domaio, na aba da Lagoa da Guía […]

De volta

17 Agosto, 2005 (19:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

Seguindo o sabio consello de María non vou fardar do medio milleiro de fotos que fixen da viaxe nin enumerar o número de xeados, frapés, esprumatas e pizzas que catamos con entusiasmo.De volta, o primeiro que fago para poñerme ao día é ler os faros atrasados e os bloglines de toda a semana. Atopo algunhas […]

RDM

8 Maio, 2005 (21:50) | Sociedade |

O foro de gurús empresariais e económicos que se está desenvolvendo estes días achega reflexións que non teñen perda.Preguntado o xaponés Kenichi Ohmae, considerado un dos gurús mundiais en estratexias de desenvolvemento rexional, sobre qué facer para que Galicia sexa máis atractiva, contestou de forma lacónica: a palabra clave é RDM: o resto do mundo. […]

Rromipén

8 Abril, 2005 (21:51) | Sociedade |

Hoxe, día do pobo xitano, é bo saudar o número que a Festa, a magnífica revista que dirixe María Xosé Queizán, dedicou recentemente a etnia do pobo xitano. Oito millóns de europeos, seiscentos mil deles españois sofren o alarmante crecemento do racismo e do medo ao outro que se está producindo en todo o continente. […]

Triunfo da morte

5 Abril, 2005 (16:15) | Sociedade |

Miguel Anxo proporciona hoxe, entre tanto ruido, un contrapunto necesario que recomendo vivamente.

España aconfesional?

3 Abril, 2005 (22:03) | Sociedade |

Despois das cinco horas de debate desta tarde na televisión da Conferencia Episcopal (algo tan incrible como vergonzoso) comprobo que Escolar ten toda a razón: “Tres días de luto oficial, a pesar de que la Constitución define el Estado como aconfesional. Los políticos españoles, presidente del Gobierno incluido, han suspendido la campaña vasca y el […]

Axeonllados

3 Abril, 2005 (14:53) | Sociedade |

Liberation Prometinme non postear sobre a noticia; sen embargo, a saturación mediática abafante impídeme non facelo. Os medios mundiais máis influíntes, especialmente as teles públicas, axeonlláronse diante do poder da Igrexa e o seu control do rito e do espectáculo de masas. A pesar da crise do seu cadro de persoal (especialmente en España) que […]

Manifesto pola Ría de Pontevedra

31 Marzo, 2005 (17:51) | Sociedade |

Recibo na caixa de correo o manifesto que onte presentou Maio Longo e un grupo de persoas vencelladas ao mundo da cultura e o ensino de Teucro. Esta asociación cultural xunto á ONG Mais Libros teñen previsto facer unha publicación con escritores que conten vivencias, experiencias ou fantasías relacionadas coa ría de Pontevedra, Tambo, Lourizán, […]

Irak (2003-2005)

20 Marzo, 2005 (09:55) | Política, Sociedade |

Irak (2003-2005) Apoio o necesario recordo de dot. Coas tropas españolas na casa, acabou a guerra para nós?

Novidades sobre Ence

19 Marzo, 2005 (22:04) | Política, Sociedade |

Recibo por correo electrónico un artigo que Luís Bará, o concelleiro de Cultura, enviou hoxe aos medios valorando a manifestación a prol de ENCE celebrada onte. O cerco informativo ao que están sometendo algúns medios ao goberno municipal pontevedrés é noxento. Transcribo o aclaratorio texto de Bará. ENCE: A PASTA CONTRA A ÉTICA Luis Bará, […]

Kapire mosamam mam kapire

8 Marzo, 2005 (21:37) | Sociedade |

Hoxe na mani escoitamos de novo a canción de Pilocha e Carmen Blanco. Ben bonita que é amosando o anceio da igualdade real. Kapire, mosamam, mam, kapire, el ham mosamam el ham. Kapire, mosamam, mam, kapire, el ham mosamam el ham…

Prohibicións e vinganzas

13 Febreiro, 2005 (17:52) | Imaxes, Sociedade |

Un alumno de Económicas mándame unha foto tirada na cafetaría da súa facultade. Prégame que a divulgue para poder gañar un concurso de fotografía anecdótica galega organizado por aduaneiros sen fronteiras. Recoñezo que quedo un chisco perplexo, pero así o fago. O mellor do asunto é consultar as obras presentadas e ler os comentarios sobre […]

Galeano

4 Febreiro, 2005 (07:52) | Sociedade |

Memoria A memoria que máis me interesa, a que máis me move, é a que opera como catapulta, non a que te fixa unha áncora a unha identidade que se pode gardar nunha vitrina e pechar con chave. Creo na memoria como continuidade da vida. Non a memoria morta que nos convida a contemplar unha […]

Cifras

24 Xaneiro, 2005 (22:44) | Sociedade |

Compostela. Dez horas de xuntanza de editores para preparar as actividades do ano. No xantar contrastamos cifras, a partir das declaracións do reitor da Coruña: “En Galicia hai 400.000 analfabetos”, máis do 15 % da poboación. Somos o 6,6 % da poboación e consumimos o 4,8 % dos libros do estado. Supoñemos o 5,8 % […]