Category: Twitter

Onte 143: #twitterblackout

29 Xaneiro, 2012 (10:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Iniciativas, Internet, Medios, Onte, Twitter |

Fomos moitos os que onte non demos nin chío para así expresar a nosa queixa sobre a posibilidade que Twitter introduza unha censura selectiva sobre determinados contidos nalgúns países. A censura non pode ser aceptable en ningún país do mundo nin xustificable por tratarse dun servizo (até agora de publicación e acceso gratuíto, a pesar de […]

Fracaso sen paliativos

29 Xaneiro, 2011 (23:17) | Educación, Educación_para_a_Paz, Goberno Feijoo, Twitter |

A noticia, adiantada onte en twitter por Guillermo Meijón, supón unha rotunda desautorización do Consello Escolar de Galicia ao Conselleiro de Educación e ao seu equipo. Non se pode impoñer unha chamada «Lei de Convivencia» a unha comunidade educativa que a rexeita de forma tan unánime. Diante de semellante fracaso sen paliativos, Xesús Vázquez non […]

Sexto aniversario

3 Xaneiro, 2011 (20:46) | Artigos Faro de Vigo, Beizóns, Blogs, Campo de Granada, Campo do Fragoso, facebook, Fútbol, Goberno Feijoo, Lectura, Lingua, Persoal, Twitter |

A Manuel Rivas, compañeiro de Brétema Hoxe estas brétemas chegan ao seu sexto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.945 (332 neste sexto ano) e 7.933 comentarios (625 en 2010), o que consolida a tendencia apuntada xa o pasado ano dunha ralentización do ritmo de publicación no blog, ao tempo que un claro incremento […]

48horas Democracia

3 Outubro, 2010 (17:56) | Brasil, Eventos, Internet, Política, Twitter, Vídeos |

Admirable iniciativa de seguimento cidadán das eleccións brasileiras. A combinación entre o emprego colaborativo de Twitter e o uso de streaming permite unha publicación á marxe dos medios de comunicación comerciais. Vía: Por un BNG de futuro e con futuro.

Que erro tan grande!

14 Marzo, 2010 (17:29) | Goberno Feijoo, Lingua, Twitter |

«Que erro tan grande darlle máis poder nas aulas a uns pais que perderon o seu na casa.» Creo que esta frase, que lin nun comentario de Facebook e que recolle en Twitter Descalza, describe mellor ca ningunha outra as dimensións do erro enorme que vai cometer o PPdeGalicia presentando ese proxecto de decreto (chamado) […]

A promoción editorial en Internet

3 Marzo, 2010 (09:01) | Blogs_e_libros, Book_trailer, Edición, facebook, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Twitter |

Esta tarde retomamos as sesións do «Mestrado en Edición», unha experiencia docente que nos está axudando a sistematizar a reflexión sobre o noso traballo. Dedicaremos á promoción editorial en Internet a primeira sesión. Aquí deixamos en pdf os apuntes que elaboramos e utilizaremos en clase. Ademais, recomendaremos o traballo sobre o magnífico documento de Anatomía […]

25 de abril en twitter

25 Abril, 2009 (12:48) | 25_de_abril, Efemérides, Historia, Internet, Twitter |

Recomendo seguir o twitter do 25 de abril. Aquela xornada de 1974, recordada hora a hora. Un esforzo extraordinario de documentación na rede que amosa as posibilidades comunicacionais e creativas do microblogueo.Unha iniciativa a emular.