Category: Uncategorized

Pausa

8 Agosto, 2006 (23:42) | Uncategorized |

O blogueiro marcha de viaxe durante unha semaniña. Unha pausa necesaria. Actualización (13-08-2006): No artigo da semana reflexiono sobre a catástrofe dos incendios. Etiquetas: Artigos

Problemas con blogger

18 Xullo, 2006 (21:59) | Uncategorized |

Levo dous días con moitos problemas co blogger. Non suben as imaxes e, se utilizo algúns html, é case imposible actualizar. Tamén teño dificultades co gmail. É cousa só miña? Teño algún problema cos proxys? Quen pode axudarme?

Estupefacción

16 Marzo, 2006 (05:37) | Uncategorized |

Lendo esta noticia quedo abraiado.

Boa Noite

24 Decembro, 2005 (20:20) | Uncategorized |

Que a estrela dos afectos sexa a que nos guíe.Con todos os abrazos.Boa Noite!!!

Conto de Nadal

23 Decembro, 2005 (16:46) | Uncategorized |

DOBRE FRACTURA–Non te movas, Moncho, xa escoitaches que a doutora quere que esteas quietiño. Agora descansa, logo virán buscarte para faceres outra proba.–Esta perna doe, Carme. Queres que asubíe? ou prefires que che cante unha panxoliña? Viches o rídiculo que estou con este camisón? Se parezo un fantasma… Ráñame un pouquiño nas costas, cariño, que […]

Agasallo

17 Decembro, 2005 (15:28) | Uncategorized |

Txetxu envíame este agasallo que moito agradezo. A verdade é que unha das cousas máis bonitas deste ano foi poder coñecer grazas a rede de blos a xente tan intelixente e agarimosa coma el.

A recepción das conversas

15 Decembro, 2005 (20:47) | Uncategorized |

Estou satisfeito coa recepción positiva que tiveron no Cartafol os dous recentes libros de conversas con Ferrín e Suso de Toro. Seguirei atentamente a serie de posteos que iniciou Martin Pawley sobre as conversas con Ferrín, de quen, por certo, xa temos dende hoxe o novo poemario fóra do prelo.

Os futuros da industria editorial

23 Novembro, 2005 (20:04) | Uncategorized |

Txetxu ven publicando estes días no seu blog un interesante seguimento do que foi o simposio da pasada semana. Poden atoparse moitas cousas interesantes, como, por exemplo, a desmitificadora intervención de José Manuel Lara. Apunto algunhas das ideas anotadas que poden ser máis chamativas: Os premios non están para descubrir novos autores, se non para […]

Monográfico no Diario Cultural

23 Novembro, 2005 (13:41) | Uncategorized |

Hoxe entre as 15.00 e as 16:00 horas o Diario Cultural da Radio Galega dedicará un monográfico á figura e á obra literaria de María Victoria Fernández.

Unha lección sobre o futuro da edición galega?

14 Novembro, 2005 (22:32) | Uncategorized |

Aprezo a Moisés a pesar de que hoxe bota por fóra. Inxenuamente pensei que seguía con curiosidade a información que vimos dando nestas brétemas. Xa mo dicía miña nai: es un inxenuo, meu fillo! Sempre agradecín que Moisés e o seu equipo fachendeasen de desinhibición no exercicio do seu traballo crítico (sen entrar a valorar […]

Volveu Xesús Alonso Montero

9 Novembro, 2005 (17:30) | Uncategorized |

Hoxe ao mediodía recibín na editorial a visita do meu benquerido profesor. Regresou onte de Lúa de Avellaneda, onde durante a semana pasada, como comentamos no Simposio cando preguntaron por el, estivo dando varias conferencias, entre elas, unha no mítico café da Avenida de Mayo. De todos é coñecida a miña querenza por don Xesús, […]

Despois do Simposio

7 Novembro, 2005 (23:21) | Uncategorized |

Estamos satisfeitos do resultado do Simposio, sobre todo, polo debate que está creando na propia rede. Adianto unha relación de enlaces de amigos e amigas que o comentan estes días: Rogerio (obrigado, tamén polas fotos). Txetxu. Millán. Catuxa. Folerpa. Ian. Pawley. Jaureguizar. Juan. Peke. Manolo Gago. Náufrago. Camilo. Juan Varela. Rodrigo. Máis alá. Beizóns para […]

Simposium sobre o libro e as novas tecnoloxías

2 Novembro, 2005 (13:06) | Uncategorized |

Mañá comezará o Simposium sobre “O libro e as novas tecnoloxías” coas agardadas conferencias de Millán, Badiá e Barandiarán, e os debates sobre o futuro da edición e a snovas tecnoloxías e sobre a edición en lingua galega e as súas aplicacións educativas.Neste momento contamos case con cen inscritos, o que semella espertou moito interese.

Galicia país convidado na Primavera dos Libros 2006

24 Outubro, 2005 (07:52) | Uncategorized |

Unha importantísima noticia para a proxección internacional do libro e da edición galega: seremos país convidado na sexta Primavera dos libros, un evento que organiza a Liga Brasileira de Editoras (Libre), que agrupa a 107 pequenas e medianas editoras brasileiras. Trátase dunha feira destinada tanto a profesionais como aberta ao público (con presenza multitudinaria), que […]

"Los girasoles ciegos", Premio Nacional de Narrativa

6 Outubro, 2005 (15:47) | Uncategorized |

A noticia non constitúe unha sorpresa. Para min foi este un dos mellores libros de narrativa que lin este ano. Alberto Méndez -un dos editores e fundadores da editorial Ciencia Nueva, unha das pechadas por Fraga cando era ministro de Información- xa fora recoñecido na primavera co Premio da Crítica. Méndez morreu o pasado mes […]

Radio

4 Outubro, 2005 (22:03) | Uncategorized |

Alguén pode dicirme como vai quedar o da Radio? Houbo algún trasacordo?Actualización (05-10-2005): efectivamente, segundo sabemos hoxe, houbo problemas coa xefatura de informativos.

Ponte nas Ondas: magnífica noticia

13 Setembro, 2005 (15:29) | Uncategorized |

Magnífica noticia a do apoio da Consellaría de Cultura á candidatura de Ponte nas Ondas. Un pasiño máis para a declaración por parte da Unesco do Patrimonio Inmaterial galego-portugués como obras do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Esta experiencia de docentes miñotos galego-portugueses está converténdose en referencia do traballo educativo e cultural que se pode realizar […]

"O libro e as novas tecnoloxías"

26 Agosto, 2005 (21:39) | Uncategorized |

Hoxe por fin convocamos o IIº Simposium sobre “O libro e a lectura” que nesta edición xirará arredor d’ “O libro e as novas tecnoloxías”. Seis conferencias, tres mesas redondas e un panel de experiencias (en total: trinta e dous ponentes) nos que se pretende reflexionar sobre o impacto das tecnoloxías dixitais sobre a edición, […]

Nin patacón

25 Agosto, 2005 (21:42) | Uncategorized |

Non deixaron nin unha cadela. Non o van ter doado.

Novo fragmento de "Oeste"

8 Agosto, 2005 (23:24) | Uncategorized |

Acaba de aparecer publicado outro fragmento de Oeste, a nova novela de Manuel Rivas, na revista Cañas. Flora, La Niña, a quen Samantha, con máis envexa que sorna, chama A Liña, e mesmo ás veces A Liña da Concepción, está a interpretar un baile inusual en La Academia. Todo o seu corpo se expresa cunha […]

Visitas a San Simón

30 Xuño, 2005 (08:24) | Uncategorized |

Mañá, o sábado e o domingo poden visitarse libremente as illas de San Simón e San Antón, onde celebramos este ano os premios. A Consellaría de Cultura pon un servizo de barco que sairá dende o peirao de Redondela. Unha boa oportunidade para todos os que desexen coñecer este territorio natural e da memoria.

A Casa das Mil Portas

29 Xuño, 2005 (16:09) | Uncategorized |

Fedellando no blo de George Cassiel descubro o proxecto colectivo d´A Casa das Mil Portas, onde máis dun centenar de blogueiros portugueses e brasileiros publican os seus microcontos (unha historia en prosa contada con menos de cincuenta caracteres).Recomendo moito esta viaxe que permite coñecer un mundo literario, incomprensiblemente, pouco frecuentado por nós. A navegación da […]

Mestrado de edición

24 Xuño, 2005 (10:53) | Uncategorized |

Estas dúas últimas semanas andamos atafegados coas sesións do Mestrado de Edición. Esta experiencia docente, na que leva todo o peso Celia Torres, a directora de promoción da editorial, está sendo para nós un reto. Obrigounos a sistematizar o noso traballo e a tratar de comunicar en vinte e seis horas, da forma máis atractiva […]

Un erro que rectifico

14 Xuño, 2005 (16:03) | Uncategorized |

Coas présas do posteo teño incorrido en moitos erros. Rectifico o último que cometín ao anunciar unha entrevista coa gañadora do Premio Xerais de Novela. A verdade é que as primeiras entrevistas con Teresa Moure e Ramón Carredano, os gañadores, foron publicadas por La Voz de Galicia nas súas páxinas de Cultura de onte. As […]

Debater o futuro

13 Xuño, 2005 (19:49) | Uncategorized |

Esta semana convén facer o último esforzo para debater o futuro dun tempo novo. Aínda que as enquisas son moi esperanzadoras, non podemos confiarnos, xa que a marxe para un goberno alternativo de esquerdas é estreita e pode aparecer algún acontecemento inesperado que nos leve ao garete.

O rigor bilingüe de Conte

13 Xuño, 2005 (19:31) | Uncategorized |

Pasado o rebumbio, leo con máis vagar o artigo de Conte. A grosso modo conclúo que para este crítico tan sesudo os escritores galegos (dende Meendinho a Suso de Toro) son bilingües por definición (como considera prexuiciosamente que o é a sociedade galega), sendo, por tradición máis prolíficos, e interesantes, na lírica ca na narrativa. […]

Dicionario inglés-galego na rede

9 Xuño, 2005 (22:53) | Uncategorized |

Souben hoxe da existencia do primeiro dicionario inglés-galego na rede. Probaremos como funciona (ten máis de cinco mil entradas). Parabéns para os seus autores, que xa teñen ofrecido outras valiosas ferramentas para a lexicografía informática galega.

Reivindicar o militante

2 Xuño, 2005 (20:30) | Uncategorized |

Varias presentacións e a intensa elaboración dos orzamentos impedíronme postear estes días atrás.As viaxes pagaron a pena. O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia propuxo na presentación de Compostela a necesaria reforma da Lei de Normalización lingüística con argumentos ben convincentes. Na de onte en Torre, Vito volveu reivindicar a palabra militante, […]

Tastarabás

26 Maio, 2005 (19:34) | Uncategorized |

Onte á noite, despois da estupenda presentación do libro de Victorino, atopeime con Antón para falar do proxecto Tastarabás. O autor de Chirlosmirlos enleouse agora na confección dun catálogo de brinquedos populares, ixolos e enredos e sobre o uso lúdico da natureza. Xa ten confeccionadas 543 fichas destes xoguetes populares, amais de telos construídos a […]

Ponte de esperanza

20 Maio, 2005 (18:04) | Uncategorized |

Meniños cantores O máis bonito que sucedeu onte.

Onde vou?

19 Maio, 2005 (14:27) | Uncategorized |

Non comparto a mala fama que ten Sal como cidade de escasa actividade cultural. Teño o corazón dividido polos convites que recibo para o serán de mañán: conferencia de Quin no Clube Faro, inauguración de Diáspora. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano (a exposición que comisaria Carlos Bernárdez) e presentación de Balada Solitaria, o último […]

Chintófano

17 Maio, 2005 (21:45) | Uncategorized |

O día das letras tróuxonos un agasalliño aos maceiros: o “chintófano”, un widget que permite consultar o Dicionario da RAG. Pódese descargar doadamente dende a páxina da empresa Galinus. É moi doado de instalar e comprobei que funciona sen problemas en safari. Mágoa de nome para unha utilidade interesante.

Historiador

14 Maio, 2005 (19:24) | Uncategorized |

Tras as eleccións de Euloxio R. Ruibal e Darío Xohán Cabana, teño a impresión de que a vacante pendente da Academia será ocupada por un historiador.

Votar polo cambio

9 Maio, 2005 (18:56) | Uncategorized |

Teño un disgusto enorme polos inxustos e desproporcionados ataques que está recibindo Suso de Toro (unha persoa honesta e xenerosa onde as houber) a raíz do manifesto que se fixo público onte. Non entendo a que vén a posición do profesor Losada.Tratar de apoiar unha corrente de cambio, promovendo a participación do electorado nacionalista e […]

Museo do Mar

8 Maio, 2005 (21:23) | Uncategorized |

No artigo da semana reflexiono sobre o futuro do Museo do Mar de Galicia.

Concursos

8 Maio, 2005 (21:10) | Uncategorized |

Pasei boa parte do domingo lendo relatos de narradores e narradoras novos para os dous xurados nos que participo mañá. Observo que nas últimas edicións o nivel medio dos textos mellorou moito. Con todo, a maioría xiran arredor do dilema “amor/desamor” ou modernizan o famoso “conto da aldea” ou de “memoria dos avós”. Chamoume a […]

Crise nas feiras do libro

26 Abril, 2005 (13:57) | Uncategorized |

Algo non corre ben na organización das Feiras do Libro de Galicia. Soubemos que hai problemas para celebrar a Feira de Ferrol (prevista para coincidir co 17 de maio) por falta de candidatos para ocupar as casetas. A languidez da actual feira de Santiago non anima a ser tampouco optimistas. Esta é a crise do […]

O portugués e o galego

19 Abril, 2005 (18:52) | Uncategorized |

Jaureguizar participa na polémica sobre as relacións entre o portugués o galego, suscitada en Periférica tras a publicación o mes pasado do adianto da novela de Rivas. Que dous intelectuais portugueses debatan con argumentos poderosos sobre a nosa lingua é unha magnífica noticia. Amosa que, afortunadamente, son cada día máis as persoas interesadas en Portugal […]

Clásicos

1 Febreiro, 2005 (19:54) | Uncategorized |

Miguelanxo Prado, Industria, 2004 Á primeira hora da mañá atopo na caixa de correos este agasallo de Miguelanxo. A providencia laica prometía que hoxe sería un día de clásicos. Ao mediodía viaxo con Agus a Teucro para atoparnos con Mariasun e logo visitar o Salón do Libro Infantil. Conversamos sobre libros e, inevitablemente, sobre o […]

Tesouro de palabras

30 Xaneiro, 2005 (09:02) | Uncategorized |

Patrimonio Inmaterial galego-portugués Publico no Faro un artigo para apoiar a candidatura presentada diante da UNESCO, para que a tradición oral galego-portuguesa sexa recoñecida como Obra Mestra do Patrimonio Intanxible da Humanidade. A iniciativa do colectivo Ponte nas Ondas paréceme extraordinaria e moi valente. Racha de facto a incomunicación secular cos nosos irmáns minhotos, ao […]

Galibarómetro 1/2005

28 Xaneiro, 2005 (08:21) | Uncategorized |

Sheptun 2, Misha Gordin Anotamos no blo os resultados do primeiro sondeo electoral galego: Fraga perdería a maioría. PP (35-34, baixa) PSdeG-PSOE (24-23, sobe) BNG (17, mantense). O 80 % dos galegos cren que Fraga non pode liderar o futuro. O 41 % dos novos votantes farano ao BNG. O PP mantense en Ourense. O […]