Category: Vigo

Onte 60: Na rúa co naval

7 Novembro, 2011 (05:59) | Goberno Feijoo, Onte, Política, Vigo |

En Vigo e Ferrol saímos á rúa para defender a identidade industrial de ambas as dúas cidades obreiras. Parabéns ás centrais sindicais pola convocatoria unitaria, un exercicio moi valioso de madurez e responsabilidade. Esta crise financeira do capitalismo especulativo non pode ser a excusa para liquidar a construción naval en Galicia, unha das actividades na […]

«Vigo é traballo»

7 Novembro, 2011 (05:59) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a situación de crise económica na área metropolitana ao fío da manifestación sindical unitaria do domingo. A grande manifestación sindical unitaria en defensa do emprego na área metropolitana de Vigo é unha chamada de alerta sobre a gravidade da situación económica e social que vivimos. […]

Vigo é traballo

5 Novembro, 2011 (12:50) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Vigo |

Onte 45: Galeguismo integrador

23 Outubro, 2011 (08:54) | Cultura, Onte, Premios, Vigo |

Non o puido dicir mellor Bieito Ledo nas súas breves palabras de benvida da cea na que se deu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011: «durante tres décadas estes premios baseáronse no galeguismo integrador que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como fortiter in re suabiter in […]

Onte 38: Eduardo 50

16 Outubro, 2011 (09:49) | Memoria, Onte, Persoal, Vídeos, Vigo |

Celebramos coa familia a ledicia do 50 aniversario de Eduardo. O meu irmán atravesa, coma fixeramos nós hai menos de dous anos, ese medio do camiño da vida, esa fronteira que nos axuda a comprender a nosa irremediable finitude. Para o meu Eduardo, e para todos e todas que formamos parte da xeración Polycomander, vai […]

A desfeita das caixas

4 Outubro, 2011 (05:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Goberno Feijoo, Vigo |

O meu artigo semanal, no que reflexiono sobre o fracaso do proceso de constitución das caixas, foi publicado onte na edición dixital de Faro de Vigo. O proceso de fusión das caixas galegas, promovido e titorizado polo Banco de España e a Xunta de Galicia, rematou con outra enorme derrota para Galicia. A diferenza de Cataluña […]

Onte 20: Vigo, arquitectura perdida

28 Setembro, 2011 (07:05) | Arquitectura, Memoria, Onte, Vídeos, Vigo |

Do fío do meu benquerido Ramón Nicolás cheguei a esta magnífica peza sobre a arquitectura do Vigo perdido, aquel que percorreron Couto arriba os nosos avós, que eran, por certo, irmáns da estirpe Beleira. As marabillas da tecnoloxía permiten recuperar a fasquía primixenia daquelas edificacións pétreas derrubadas ou deturpadas pola avarenta teima «desarrollista». Lonxe da […]

En clave galega

19 Setembro, 2011 (06:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Historia, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da nova etapa da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, reflexiono sobre o que entendo é o traballo asociativo en clave galega. A Reforma Política, a chamada popularmente “Transición”, foi un tempo decisivo, no que se valoraron argumentos e posibilidades políticas que agora, neste tempo […]

Peinador

12 Setembro, 2011 (06:58) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo recupero un anaco da historia do aeroporto de Peinador, ao fío da súa crise actual. Peinador foi construído, literalmente, pinga a pinga polos vigueses, co esforzo dos nosos avós e dos nosos pais. Non é lenda urbana ningunha. Foi unha angueira de vinte e cinco anos, iniciada […]

Porto e Concello

5 Setembro, 2011 (07:18) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a nova fase que se abre nas relacións Porto de Vigo e Concello, a raíz do fallo do Xulgado Contencioso sobre a paralización das obras das naves de redeiros do Berbés. Para algúns comentaristas é un lugar común afirmar que Vigo ten tres alcaldes: o […]

Escollo o galego

29 Agosto, 2011 (07:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lingua, Recurso_didáctico, Vigo |

Tras dúas semanas de descanso, reanudamos a xeira de publicación dos artigos de Campo de Granada en Faro de Vigo con esta achega ao fío da publicación do libro de Carlos Callón Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Nacín no Pirulí. O meu berce estivo entre a Falperra e o Paseo de Afonso. Meu pai […]

A crise do busiño

21 Agosto, 2011 (11:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

O luns, 8 de agosto, publiquei en Faro de Vigo o derradeiro artigo semanal da tempada. Que quede aquí para o arquivo.

As fotografías de Ricard Terré

18 Xullo, 2011 (07:14) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo recomendo moi vivamente a exposición antolóxica do fotógrafo Ricard Terré aberta na sede da Fundación Barrié en Vigo. Tras “Os adeuses” de Alberto Martí, a sede viguesa da Fundación Barrié acolle outra exposición para non perder, “Ricard Terré. Obras maestras”, unha antoloxía de máis dun cento de […]

Iolanda Zúñiga, o magnífico pregón da Feira do Libro de Vigo

5 Xullo, 2011 (07:43) | Autores, Eventos, Lectura, Librarías, Libro, Narrativa, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos, Vigo |

Pregón de Iolanda Zúñiga from Redelibros on Vimeo. O texto pode lerse en Trafegando ronseis. Vía Redelibros.

AMV, un consenso necesario

4 Xullo, 2011 (07:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a necesidade de acadar un consenso arredor da Lei da Área Metropolitana de Vigo (AMV). O resultado das municipais do 22-M trasacordou a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo (AMV). O fracaso do Partido Popular en Vigo e dos gobernos de coalición de […]

Tempo Futuro (artigo en «Faro de Vigo»)

27 Xuño, 2011 (07:24) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música, Vídeos, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo comento o segundo disco de Eladio y los Seres Queridos, con especial atención ao tema «Tempo Futuro» e o seu vídeoclip. A pasada semana un dos videoclips máis exitosos de Internet foi «El Tiempo Futuro», unha das cancións de «Están ustedes unidos», o segundo disco de Eladio […]

“El Tiempo Futuro”, un himno vigués de Eladio y los Seres Queridos

23 Xuño, 2011 (17:58) | Música, Vídeos, Vigo |

Este vídeo vigués é marabilloso. Arrecende a salitre e pedramol. Xa sei que será para o ano que ven, xa sei que esa loucura é a que nos mantén. Que grandes verdades para unha cidade permanentemente revolcada. Apostemos polo optimismo da vontade. O tempo do futuro está aquí. Beizón! Parabéns aos equipos de Eladio y […]

Os adeuses

23 Maio, 2011 (08:47) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Memoria, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo fago unha glosa da exposición Os adeuses do fotografo Alberto Martí Villardefrancos. “Galicia é terra de adeuses” dixo Ramón Otero Pedrayo no discurso que pronunciou no paraninfo da Universidade de Santiago con motivo da inauguración do curso 1954-55. Esta frase rotunda, case un manifesto en cinco palabras […]

Bando do Día das Letras Galegas, Vigo

17 Maio, 2011 (06:42) | 17_de_maio, Editores, Internet, Lingua, Vigo |

O alcalde de Vigo tivo a deferencia de encargarme a redacción do texto do Bando do Día das Letras Galegas. Vigueses e viguesas: A nosa cidade bicentenaria foi en 1963 berce do 17 de maio, o Día das Letras Galegas, unha efeméride creada pola Real Academia Galega a instancias de don Francisco Fernández del Riego, […]

Memoria de Cabral

16 Maio, 2011 (10:09) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Memoria, Recurso_didáctico, Vigo |

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a recomendar o libro Cabral. Olladas do pasado de Xosé Manuel Álvarez Estévez. En numerosas ocasións temos salientado libros que contribúen ao proceso de construción da memoria histórica viguesa. Desta volta celebramos a publicación de Cabral. Olladas do pasado, un coidado volume de Xosé Manuel Álvarez […]

O futuro do Castro

9 Maio, 2011 (06:55) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación do libro de Jaime Garrido, El origen de Vigo. El monte de O Castro y su castillo (Deputación Provincial de Pontevedra 2011), propoño a redacción dun plan director do monte do Castro que preserve o seu patrimoio arquitectónico e natural. Cando queremos fachendear […]

Tintimán, o booktrailer

11 Abril, 2011 (19:15) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos, Vigo, Xerais |

Tradutor e mestre Valentín Arias

28 Marzo, 2011 (09:33) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Educación, Homenaxes, In memoriam, Traducións, Vigo, Xerais |

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á lembranza da figura do noso admirado Valentín Arias. Valentín Arias morreu de socate o venres na súa casa de Vilerma, na parroquia de Maside do concello de Sarria, onde nacera en 1934. Fillo de humilde casa de labregos aprendeu as catro regras nunha escola de […]

Día mundial da poesía

21 Marzo, 2011 (07:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo falo sobre o Día mundial da poesía que coincindo coa entrada da primavera celebramos hoxe. Hoxe é o “Día mundial da poesía”. Proclamada en 1999 pola XXX Conferencia Xeral da UNESCO, esta xornada, que no hemisferio norte coincide co comezo da primavera, constitúe un convite para converter […]

25 anos de Ir Indo

14 Marzo, 2011 (07:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Editores, Premios, Vigo |

Esta semana no artigo de Faro de Vigo, ao fío da homenaxe á edición histórica tributada polos membros da AGE na Noite da Edición, gabo o traballo da editorial Ir Indo e do seu editor Bieito Ledo Cabido. O pasado sábado no transcurso da “Noite da Edición”, celebrada en Lugo, os membros da Asociación Galega […]

Sons de Vigo

28 Febreiro, 2011 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Memoria, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da apertura da páxina Sons de Vigo, reflexiono sobre a importancia da conservación do Patrimonio Sonoro medioambiental. Cada tempo ten os seus sons característicos. Cada lugar, aldea, barrio ou cidade posúe, tamén, unha identidade acústica, a creada polos sons do entorno, tanto os naturais como […]

Mar de Vigo

21 Febreiro, 2011 (07:37) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Poesía, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo abordo as razóns do acaído nome que levará o auditorio deseñado polo arquitecto César Portela en Beiramar. «Mar de Vigo» será o nome do Auditorio deseñado polo arquitecto César Portela en Beiramar. Un gran acerto do xurado de personalidades viguesas, constituído como efémero “comité de expertos” para […]

O mapa da Galicia futura

14 Febreiro, 2011 (07:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da polémica das áreas metropolitanas, propoño unha reflexión sobre a desaparición das deputacións e reestruturación do mapa territorial e institucional de Galicia. A proximidade da convocatoria electoral municipal e as dificultades para poñer en marcha o proxecto de áreas metropolitanas ou rexións urbanas de Galicia […]

San Brais

7 Febreiro, 2011 (07:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo pretendo explicar as razóns do pulo renovado da romaxe de San Brais, un dos sinais de identidade do Vigo popular. Coas romaxes de san Mauro en Matamá, da Candeloria en Castrelos e de san Brais en Bembrive quedou aberto o ciclo anual das festas populares viguesas. Tres […]

Auditorio VPA

6 Decembro, 2010 (12:46) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Economía, In memoriam, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo propoño que o Auditorio de Vigo, que se inaugurará nos vindeiros meses, leve o nome do emprendedor galeguista Valentín Paz Andrade. A piques de finalizar as obras do Auditorio de Vigo, esa formidable caixa de ferro e cristal que César Portela ergueu detrás dos peiraos de Beiramar, […]

A herdanza de don Paco

28 Novembro, 2010 (10:27) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam, Recurso_didáctico, Vigo |

En Faro de Vigo de hoxe publico esta homenaxe á figura de don Francisco Fernández del Riego. Tras unha vida feita, Francisco Fernández del Riego, don Paco, deixa unha extraordinaria herdanza: a súa lección vital de dignidade e coherencia organizando de forma teimosa e continuada en Galicia o partido da esperanza. O pasamento do derradeiro […]

Cafés da memoria

8 Novembro, 2010 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Memoria, Vigo |

No artigo da semana recupero os cafés da memoria vigueses, ao fío da publicación do libro de Albino Mayo Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921–1968. (Galaxia 2010). Albino Mallo acaba de publicar Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968 (Galaxia 2010), un libro indispensable para a nosa memoria […]

Vigo de onte a hoxe

7 Novembro, 2010 (23:44) | Arquitectura, Historia, Memoria, Recurso_didáctico, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Cd1b4N8Sp2s” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Unha curiosa montaxe realizado por dvigo10. Constitúe un interesante recurso didáctico para coñecer as nosas mudanzas urbanas. Vía McShuibhne.

Vigo, na serie «Cidades para o século XXI»

3 Novembro, 2010 (22:44) | Recurso_didáctico, Televisión, Vídeos, Vigo |

Desque comecei a fedellar na mediateca de RTVE non paro de atopar alí cousas interesantes. Eis o programa dedicado a Vigo (27 minutos) da serie Cidades para o século XXI. A emisión foi recente, apenas do pasado mes de marzo. No documental, algúns (bastantes) tópicos, mestúranse con imaxes abondo curiosas (sobre todo as aéreas). O […]

O xardín equívoco

1 Novembro, 2010 (11:31) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Poesía, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da celebración do bicentenario e da inauguración da oliveira de Silverio Rivas, recompilo algunhas das metáforas e definicións que os autores e autoras da literatura galega teñen feito da cidade de Vigo. O 27 de outubro foi a data escollida pola Alcaldía para celebrar o […]

A recuperación da Panificadora

25 Outubro, 2010 (06:28) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o que suporá a recuperación da Panificadora e a instalación alí da Biblioteca Pública de Vigo.

Virxilio Viéitez no Marco

23 Outubro, 2010 (15:08) | Artes Visuais, Exposicións, Galerías de fotos, Recurso_didáctico, Vigo |

Cando se cumpren dous anos da morte de Virxilio Vieitez, o fotógrafo de Soutelo de Montes, acaba de inaugurarse un completísima exposición retrospectiva no Marco (case trescentas pezas) que desvela boa parte da súa obra que permanecía inédita. A exposición, coproducida polo Marco e pola Fundación Telefónica e comisariada pola italiana Enrica Viganó, vai máis […]

«A ría de Noguchi e Mendiño»

27 Setembro, 2010 (06:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Imaxes, Narrativa, Poesía, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío  da inauguración do ciclo «A Illa das palabras» e da fotografía da ría de Vigo do astronauta Soichi Noguchi, apoio a candidatura do Campus do Mar como campus de excelencia universitaria.

A UNED no Casco Vello

20 Setembro, 2010 (07:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Política, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a polémica suscitada arredor da creación dunha aula da UNED no Casco Vello vigués. Insisto na necesidade de acometer unha nova organización territorial superadora de localismos e privilexios decimonónicos. Nese novo modelo, as cidades de Vigo e Pontevedra deberían funcionar como senllos polos urbanos complementarios e hipercomunicados dunha rexión […]

«Febrero, nadador olímpico»

6 Setembro, 2010 (06:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Deporte, In memoriam, Memoria, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo fago unha homenaxe a Alejandro Febrero Lorenzo, o primeiro nadador olímpico galego, participante nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 nas disciplinas de 40o e 1500 metros crol (estilo libre). Esta figura debe ser revificada entre os novos deportistas vigueses. O seu exemplo de esforzo, tesón, afouteza, […]

Vigo 1960

4 Setembro, 2010 (11:51) | Memoria, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/yNNsJPbExug” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Procurando información na web sobre Alejandro Febrero, o primeiro nadador olímpico galego (Londres 1948), de quen me ocuparei no artigo do vindeiro luns en Faro, volvín dar con este vídeo sobre o Vigo da miña infancia. Non puiden evitar as saudades e aquí o deixo para compartir. Emocionante para […]

De estirpe popular

24 Agosto, 2010 (22:51) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

Non quero que quede atrás o artigo de Campo de Granada publicado o luns 16 de agosto, con motivo da viguesa festa de San Roque. Como sanroquista militante que son, non teño vergonza ningunha en asumir a nosa estirpe aldeana, mariñeira, obreira, traballadora e popular, termos cos que dende hai dous centos anos se ven […]

«A cidade que le»

9 Agosto, 2010 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Lectura, Vigo |

No artigo da semana, ao fío da celebración da Feira do Libro da Coruña e da apertura hoxe de Viñetas desde o Atlántico, comparo as políticas de lectura pública en Vigo e A Coruña.

A mala reputación

18 Xullo, 2010 (12:44) | Música, Vigo |

Neste día en Vigo de exaltación militar, refuguémonos en Brassens.

Marcos Calveiro e Ramón Trigo na Feira do Libro de Vigo

9 Xullo, 2010 (17:03) | Artes Visuais, Presentacións, Vídeos, Vigo, Xerais |

Marcos Calveiro e Ramón Trigo. Feira do Libro de Vigo. 7 de xullo de 2010. from Manuel Bragado on Vimeo. Bos amigos e amigas laiábanse onte no Facebook do escaso interese que para eles está tendo a Feira do Libro de Vigo. Sen pretender contradicilos e asumindo unha decepción de fondo, que comparto con eles […]

Cid Cabido, pregón na Feira do Libro de Vigo

5 Xullo, 2010 (23:36) | Autores, Cultura, Eventos, Lectura, Libro, Libro_electrónico, Lingua, Vídeos, Vigo |

Cid Cabido, pregón Feira do Libro de Vigo, 2 de xullo de 2010 from Manuel Bragado on Vimeo.

O concello de Vigo rectifica, o mércores poderá presentarse «O pintor do sombreiro de malvas»

5 Xullo, 2010 (12:17) | Fútbol, Presentacións, Vigo, Xerais |

Os organizadores da Feira do Libro de Vigo acaban de facernos chegar a noticia de que finalmente será posible realizar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o mércores 7, ás 20:30 horas, xa que o concello de Vigo decidiu realizar a proxección do partido do campionato […]

A pantalla xigante magoa a Feira do Libro de Vigo

3 Xullo, 2010 (09:47) | Fútbol, Presentacións, Vigo, Xerais |

O pregón de Cid Cabido abriu no serán de onte a 36ª edición da Feira do Libro de Vigo. Mágoa que na segunda xornada xa teñamos que amosar o noso disgusto: vímonos obrigados a cancelar a presentación de Sete palabras de Suso de Toro, prevista para hoxe sábado ás 20:30 horas, pola súa coincidencia coa […]

«Decadencia celeste»

21 Xuño, 2010 (06:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo fago un balance dos catro anos de presidencia do Celta SAD do empresario Carlos Mouriño. O lamentable espectáculo ofrecido polo Celta, evitando sequera empatar diante do Huesca, é a enésima mostra da decadencia na que o primeiro club de fútbol dos galegos caíu dende que é propiedade […]

O «gaiteiro do Fragoso», nova homenaxe ao mestre de gaiteiros

20 Xuño, 2010 (13:07) | Historia, Memoria, Música, Vigo |

Henrique Otero Covelo, «o gaiteiro do Fragoso», naceu hai case oitenta anos no camiño da Brea, en Lavadores. Os seus primeiros pasos no eido da música deunos ao pé da casa, nas Escolas Nieto, onde Mónico García de la Parra y Téllez, descubriu o seu talento como instrumentista. Con a penas dezaseis anos, entrou a […]