Contacto

Para cuestións referidas ao blog: bretemas@gmail.com

Para cuestións referidas a Xerais: mbragado@xerais.es

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Javier Fraiz
Date: 24 Marzo 2009, 8:07 p.m.

ola, boas tardes,
son estudante de 4º de Xornalismo en Compostela. Formo parte dun obradoiro de creación literaria que titora Neira Cruz no que tamén avaliamos as relacións posibles entre xornalismo e literatura.
Gustaríame poñerme en contacto con Xosé Ramón Pena, para lle enviar unha consulta, e quixera saber se é posible que vostede fixese de intermediario e lla remitise.
Ademais, tamén sería interesante se puidese vostede mesmo respostar en calidade de experto.
Gracias.

Pregunta: Segundo a súa opinión, que aportacións se fan mutuamente o xornalismo e a literatura?

Comment from acostadamorte
Date: 3 Xuño 2009, 5:59 p.m.

Na defensa da língua galega na campaña das Europeas!

Por pura supervivencia do galego é imprescindible darlle nistas eleccións europeas un toque a Feijoo para que cese na persecución da nosa lingua…

Polo galego, na Galicia hai que votar contra a política de contínuo ataque a lingua galega do presidente Feijoo, a fin de contas istas eleccións non son determinantes para configurar gobernos, pero si sirven para pulsar a opinión dos votantes…

Eu penso que o mais eficiente e votar BNG, pero se isa opción parecelles demasiado extrema aos votantes tradicionais do PP, tamén lles propoño que voten a papeleta do seu partido, (o PP), pero escribindo algo a prol do galego para que o voto sexa nulo…

Tratase de facerlle comprender a Feijoo que con isa política linguística galegofoba que está a encetar, pode perder mais votos de galegofalantes conservadores que os que vai gañar dos radicais antigalegos de “Galicia Bilingue”.

Xa que isa parece ser a única linguaxe que entende, a linguaxe electoral, cecais unha baixada do PP na Galicia xunto cun incremento do voto o BNG e de votos nulos sobre papeletas do PP pode ser unha mensaxe intelexible para el…

Porque eu creo na liberdade e nos dereitos individuais, pero tamen na responsabilidade e nos deberes. Para poder escoller si queres falar galego ou castellano, (as dúas linguas oficiais na Galicia), tes que dominar as dúas, e logo podes escoller, tes verdadeira liberdade de escoller.

Feijoo pretende, na práctica, que a maioría da xente escolla “voluntariamente” o castellano, para o cal está a buscar o xeito de que se estudie o mínimo en galego e de feito, non o domine. Para min iso é atacar o galego…

O mesmo no caso dos funcionarios, o que persiguen as medidas que impulsa Feijoo é facilitar o acceso a función pública con descoñecemento expreso do galego aos profesionais dos niveis superiores, (co que ademais se reforza a idea de que o galego non é convinte para os altos cargos e profesionais de éxito, e soio sirve para paletos, aldeáns e funcionaros subalternos), e facilitando ademais que a administración galega se nutra de funcionarios de fora. Para mín iso tamén é atacar o galego…

Agora dúas medidas mais de claro ataque ao galego, por unha parte a Deputación de Pontevedra decide deixar de mercar libros en galego para as bibliotecas públicas, (suprime sen previo aviso un convenio que xa tiña vinte anos de antiguedade por un importe de 40.000 euros anuais). Doutra a Consellería de Cultura recorta un 25% as axudas ao libro galego, pasando de menos de 300.000 euros anuais a pouco mais de 200.000. E ben, se estas medidas son para aforrar, entón, ¿por que Feijoo decidiu incrementar ate dous millóns e medio de euros as subvencións aos medios, (xornais e radios), que se expresan fundamentalmente en castellano?. Isto si que xa é claramente perseguir a lingua galega…

Por todo elo, é polo que tento de pedir aos poderes públicos que cumpran o mandato legal, (da Constitución, do Estatuto e da Lei de Normalización Linguística), de protexer e potenciar a língua propia e oficial da Galicia e convido a todos a presionar ao máximo responsable a cumprir o seu deber legal.

Comment from Suso da Vaca
Date: 24 Outubro 2009, 8:14 a.m.

Lemos en galego, Bragado, en galego tan ben escrito como este, da web de Xerais:
O xurado da 26ª edición do Premio Xerais de Novela dotado con 25.000 euros…
Mira ti, o xurado estaba dotado con 25.000 euros. Ai que amolarse, eh Bragado!
E logo seguides:
DESPOIS da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a PRESENTADA BAIXO o lema “O retorno das aves”, PRESENTADA BAIXO o pseudónimo Píllara que, DESPOIS de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros.
Ademais das seis palabras repetidas en dúas liñas (unha riqueza de linguaxe que invita a ler), resulta que a obra non foi declarada gañadora se non COMO gañadora. O pseudónimo, despois de aberta a plica, era de Rosa Aneiros, e antes de abríredes a plica, de quen era, Bragado? De Xesús do Gran Poder ou de María la Sandunguera?

Escribides moi mal, pero na foto estas guapiño, que é do que se trata.

Comment from Amador
Date: 25 Febreiro 2010, 11:36 p.m.

2+6+9+4+5=26….26.945 todo e posibel

Comment from latri.ca
Date: 10 Maio 2010, 12:13 p.m.

Para cando te vemos por latri.ca?

Comment from Miguel Dubois
Date: 30 Maio 2010, 7:29 a.m.

Éncheme dunha gran ledicia que SUSO de TORO. fora premiado. É un home extraordianrio que vai paseando AS NOSAS LETRAS, a traveso do mundo da escrita, xa vai bastante tempo. Por outra banda, como ben saberás é un gran tertuliano de Hora 25, quizáves do máis reflexivo de todos, carente de todo tipo de complexos. É somentes el. SUSO de TORO. NORABÓA.

Comment from Monica Salazar
Date: 17 Setembro 2010, 2:15 p.m.

We noticed that you are not at the top of the search engines for a number of your key terms. We have helped companies similar to yours to achieve top organic rankings. Please reply to this message and we will prepare a special proposal for you, to show you how we can achieve similar results for you.

Trackback from phone reverse call lookup
Date: 22 Novembro 2011, 4:56 a.m.

phone reverse call lookup Great post. I was checking constantly this blog and I’m impressed! Very useful information particularly the last part :) I care for such info a lot. I was looking for this certain info for a very long time. Thank you and go…

Great post. I was checking constantly this blog and I’m impressed! Very useful information particularly the last part :) I care for such info a lot. I was looking for this certain info for a very long time. Thank you and good luck….

Olark Livehelp