Brétemas http://bretemas.blogaliza.org Notas do traballo de edición. Blog de Manuel Bragado Rodríguez. Vigo. Galicia Fri, 22 Jun 2012 17:22:45 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Brétemas inicia unha nova etapa http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/22/bretemas-inicia-unha-nova-etapa/ Fri, 22 Jun 2012 17:22:45 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11988 Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com

Expresamos a nosa maior gratitude ao equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria xenerosidade. Beizón sempre para eles!

 

 

]]>
Onte 287: As meigas de Lupa http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/22/onte-287-as-meigas-de-lupa/ Fri, 22 Jun 2012 07:57:36 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11973 O salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Compostela quedou pequeno para acoller aos aistentes á presentación d’ As meigas de Lupa, a primeira novela xuvenil de María Solar. Magnífica foi a lectura que realizou Xurxo Ayán que comezou definindo a obra como «un libro de servizo público» para lembrar despois a importancia de contar con relatos en galego sobre feitos protohistóricos galegos, algo que non existía hai 25 anos cando el era un lector novo. O arqueólogo salientou que o libro de María Solar «pon faciana ao noso pasado, xa que mesturando cultura e mito sabemos como se vivía aquí hai dous mil anos. A literatura e o relato histórico científico que realizamos os arqueólogos son o mesmo relato». Rematou Ayán reiterando «o carácter de servizo público deste relato de lectura sinxela e engaiolante, mais de construción narrativa complexa» e lembrando unha frase que Álvaro Cunqueiro pronunciou no seu discurso de entrada na RAG: «Temos futuro se seguimos crendo en tesouros, ananos e meigas». María Solar comezou o seu discurso confesando que «estaba condenada a escribir este libro, xa que foi educada entre mitos e lendas que lle contaba a súa nai. «Quixen transmitir esa riqueza tremenda da tradición». Referiuse logo a xénese da obra e o esforzo de documentación na reconstrución minuciosa da vida nos castros. Rematou referíndose a que non sabía se existiu ou non a Raíña Lupa, mais si que »estaba acreditado que daquela existiu unha muller de poder». Pechou a presentación Fran Pérez «Narf» que interpretou a «Nana de Ze Mambico». Fermoso serán de comezo de verán.

]]>
Onte 286: Euskadi 2012 http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/21/onte-286-euskadi-2012/ Thu, 21 Jun 2012 06:22:11 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11965 A legalización de Sortu píllame en Bilbo, coincidindo coa xuntanza mensual do grupo de traballo sobre o sector do libro na CAE no que fun convidado a participar. O Constitucional recoñece o que xa é un feito cotián na realidade política vasca, a participación da esquerda abertzale no proceso de normalización democrática. Se algo chama a miña atención cada vez que veño ao País Vasco é a súa axenda pública, tanto política como cultural, ben diferente da imposta polos medios de Madrid e seguida cegamente en Galicia. Pouco coñecemos sobre o que está sucedendo en Euskadi, onde hai unha vontade cidadá maioritaria de construír “un País en paz, plural e libre, onde se respecte a diferenza, se fortaleza a convivencia e se resolvan os criterios enfrontados mediante o diálogo, a empatía e a razón”. A actuación estratéxica do Goberno Vasco, 2012 Ano das Culturas pola Paz e a Liberdade, enxerga esa esperanza colectiva. Quizais fose a providencia laica a que provocou que a habilitación de Sortu coincidise coa presentación de “Ideas para mudar o mundo”, encontro incluído nesa estratexia, que reunirá en Euskadi a 18 recoñecidos pensadores e intelectuais mundiais. Fronte a desolación e o conformismo, construír a paz dende a cultura da paz, eis un vieiro posible.

]]>
Onte 285: Antón Sobral http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/20/onte-285-anton-sobral/ Wed, 20 Jun 2012 05:57:08 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11946 Gustoume moito acompañar a Antón Sobral no serán no que recibiu o «Premio de Pontevedreses do ano 2011» no eido da cultura outorgado por Diario de Pontevedra. Antón, felizmente xubilado, tras máis de tres décadas como profesor de arte, é un mestre na difícil arte da vida lenta, do exercicio peripatético que nos fai cidadáns. Sobral é un activista galeguista insubornable, paciente e comprometido con todas as causas da humanidade. Antón é unha persoa positiva, xenerosa, agarimeira, capaz de contaxiar a ilusión necesaria para enfrontarse as maiores dificultades, quizais porque leva o mar nos seus ollos. Viaxeiro curioso, artista multisoporte, pintor vocacional, fotógrafo, poeta, vídeocreador, melómano, rokeriño, lector apaixonado, ningunha actividade creativa resúltalle allea. Se todo isto non abondase, desenvolve dende mozo unha actividade no asociacionismo cultural e cívico intensa, en todos os elos da cadea, dende o da creación, pasando pola promoción, até o da difusión. Un auténtico home cultura, encrucillada de arte e coñecemento. Aconsello moi vivamente visitar a súa exposición, Da Maruxía, aberta no Museo do Mar de Vigo, no que comparte espazo co Detfler Kappeler. As xerfas de intensidade branca das súas mariñas conservan o arrecendo euforizante da maruxía, esa mestura proteica de salitre e pedramol. Beizón, grande Antón!

]]>
Onte 284: Prima de risco http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/19/onte-284-prima-de-risco/ Tue, 19 Jun 2012 07:20:07 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11943 O ascenso da prima de risco e do bono español a 10 anos até niveis de infarto amosa que as eleccións gregas foron apenas unha excusa dunha estratexia de engano masivo. A río revolto gañan os especuladores e as políticas de rescate baseadas en recurtes fiscais e axustes de emprego. O problema non é Grecia, é o futuro do euro e da propia Unión Europea no marco actual da globalización financeira. Alguén escoitou estes días aos políticos europeos algunha referencia, sequera nostálxica, a aqueles principios de cohesión territorial e social, solidariedade e cooepración que forxaron a utopía da Unión? Que foi dos alicerces da sociedade do benestar baseada nun pacto entre o capital e o traballo? U-lo futuro da economía produtiva, piar do emprego, arrombada pola economía financeira (especulativa), a única que semella interesar aos «mercados»?

]]>
Booktrailer de Miguel Abad da triloxía «Dragal» de Elena Gallego http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/18/11937/ Mon, 18 Jun 2012 18:49:26 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11937
Miguel Abad preparou para a triloxía «Dragal« de Elena Gallego, o que entendo é o mellor booktrailer da edición en galego.

]]>
Onte 283: Grecia http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/18/onte-283-grecia/ Mon, 18 Jun 2012 06:06:37 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11931 Cinco reflexións sobre o que sucedeu onte nas eleccións gregas. Primeira: no parlamento gañaron os partidarios do rescate, porén a esquerda obtivo máis votos populares; o que supón un país profundamente dividido no éido político. Segunda: a esquerda anticapitalista de Syrizas, que pasa do 4,6% en 2009 ao 26,56%, consolídase como líder da oposición cun programa que rexeita a austeridade como receita para saír da crise; semella que outra esquerda aínda é posible. Terceira: o PASOK fúndese, a pesar que probablemente entre a formar parte do goberno, debido a súa incapacidade para diferenciarse da dereita corrupta e ladroa; o que supón unha situación para a socialdemocracia moi difícil de recuperar (todo un aviso para o PSOE). Cuarta: os nazis fanse fortes non só nalgúns barrios de Atenas, onde amedrentan á cidadanía, senón tamén nas bancadas de Sintagma; o seu perigo non debe ser minusvalorado. Quinta: os resultados non aseguran unha mudanza nas políticas, xa que tras os resultados, o Eurogrupo emitiu un decepcionante comunicado; Merkel continuará impoñendo as súas receitas, en todo caso poderá negociar apenas a felxibilización do seu calendario. Baixará hoxe a prima de risco española?

]]>
Preescolar na casa http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/18/preescolar-na-casa/ Mon, 18 Jun 2012 05:48:10 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11928 No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a situación agónica de Preescolar na casa.

A falta de apoio da Xunta de Galicia obrigará a un probable peche de Preescolar na Casa. Fundado en 1977 en Lugo por Antonio Gandoy, o queridísimo “crego da bicicleta”, secretario de Cáritas Diocesana Galicia, este programa tratou de buscar unha solución á carencia de prazas escolares para os picariños da aldea, tratando de paliar a discriminación á que estaban sometidos ao chegar á EXB en desiguais condicións ás do resto do alumando da súa idade. Dende aquel pioneiro programa piloto, no que o padre Gandoy pretendía axudar aos pais e nais dalgunhas comarcas do rural lucense a educar aos seus fillos nos primeiros anos de vida, Preescolar na casa desenvolveu sempre unha fecundísima actividade coa intención de crear na sociedade unha cultura de Educación Infantil Familiar.

Unha iniciativa que Gandoy, dende a súa inequívoca concepción humanista da educación, concibía como “unha utopía realizable e irrenunciable”, xermolada polo bo facer dun equipo entregado de profesionais, pola axuda de Cáritas e do Ministerio de Educación, primeiro, e máis tarde, da Consellaría de Educación que cederon mestres en comisión de servizos para traballaren na iniciativa. Un programa ao que durante décadas contribuíron, tamén, as achegas de concellos, deputacións e outras institucións, e do que o fundador, antes do seu pasamento en 2002, renunciou a ser referente propiciando a creación dun Padroado no que participan os profesionais do programa e as institucións que o apoian.

Ao longo da súa historia foron probablemente máis de 50.000 as familias galegas que participaron nas actividades de Preescolar na casa, sendo neste curso que remata case catro mil as familias participantes en 660 espazos educativos distribuídos por 267 concellos. Aínda que o modelo de intervención educativa foi mudando, o programa alicerzouse nas xuntanzas quincenais de pais e fillos de arredor de cinco familias dunha mesma zona. Durante dúas horas os orientadores analizan coas familias as actividades realizadas na casa, presentan novos materiais didácticos, resolven os problemas ou dúbidas das familias ou xogan cos picariños. Estas xuntanzas compleméntanse coas visitas que os orientadores fan as familias e cos materiais impresos de apoio que distribúen.

Gandoy e o seu equipo interesáronse dende o inicio de Preescolar na casa polo papel que os medios de comunicación social podían ter para apoiar a intervención dos orientadores, ao tempo que para contribuír a crear unha cultura de parentalidade positiva na sociedade galega, o concepto clave da súa filosofía educativa. De aí naceu en 1981 o programa emitido polo circuíto galego de Radio Nacional, continuado na actualidade polo programa dominical matinal da Radio Galega. Da mesma convicción naceu en 1990 o espazo da Televisión de Galicia, do que se emitiron 700 programas, o que constitúe a experiencia de televisión educativa máis importante da nosa historia. De aí saíron as súas revistas e a publicación das súas monografías de divulgación educativa e de escola de pais.

Ao longo destas tres décadas e media de intensa actividade, Preescolar na casa nunca foi nin unha gardaría nin sequera unha escola infantil, senón un programa sociopedagóxico pioneiro e dinámico de parentalidade pública, fomentador da implicación dos pais na formación temperá do seus fillos. Unha orientación recomendada polo comité de ministros da Unión Europea para os que “o exercicio da parentalidade, aínda que vinculado á intimidade familiar, debe ser considerado como un ámbito da política pública e deben adoptarse todas as medidas necesarias para apoiar o exercicio parental e crear as condicións necesarias para un exercicio da parentalidade”. Preescolar na casa é considerada como unha experiencia de éxito en foros internacionais de educación familiar, sendo imitada noutras comunidades como Asturias ou Castela, e valorada como modelo no Reino Unido ou Ecuador.

A agonía de Preescolar na casa por insuficiencia financeira, tras manter un ERE de suspensión e extinción ao longo do curso que remata, está motivada pola decisión da Consellaría de Traballo e Benestar de eliminar a axuda de medio millón de euros imprescindible para o pagamento do persoal. Unha medida estritamente política que a conselleira Beatriz Mato xustificou por considerar o programa como “obsoleto” e “non válido”, a pesar de que é innegable que Preescolar na casa foi sempre viable e eficaz socioeducativamente, que contribuíu a vertebrar e modernizar un territorio en proceso de desertización e promover o emprego e a dignidade da lingua e cultura galega nun difícil proceso de substitución. Como escribiu Manuel Rivas eu creo tamén que “a supresión deste servizo exemplar merecería unha denuncia ante Dereitos Humanos da ONU”.

]]>
Onte 282: Martín Codax http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/17/onte-282-martin-codax/ Sun, 17 Jun 2012 08:20:09 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11903 A visita á Bodega Martín Codax, que nos agasallou cun moi sabedeiro xantar para celebrar os 35 anos dos Premios da Critica Galicia, demostroume o excelente papel social e cultural desta empresa cooperativa dedicada á produción e comercial de viños. A diversificación e calidade dos seus produtos, a inequívoca modernización dos seus procesos, como a súa estratexia de comercialización internacional en cincuenta países, son compatibles co compromiso de continuar un xeneroso labor de patrocinio á cultura galega, un dos sinais de identidade da empresa dende a súa fundación. A renovada estratexia de utilización das súas extraordinarias instalacións para organizar actividades culturais (o ciclo de música galega deste verán será soberbio), a promoción de produtos culturais galegos ou as novas iniciativas como o Club de Poesía Martín Codax ou o apoio aos creadores residentes son fenómenos de transferencia social que merecen ser abeizoados.

]]>
Novo vídeo de Karpinha http://bretemas.blogaliza.org/2012/06/16/novo-video-de-karpinha/ Sat, 16 Jun 2012 21:28:52 +0000 http://bretemas.blogaliza.org/?p=11921
Karpinha volve recoller toda a emoción do celtismo na xornada do ascenso. A vindeira tempada, xa en primeira, máis.

]]>