A loucura en «Dark butterfly»

3 Maio, 2012 (09:16) | Autores, Narrativa, Presentacións, Xerais

«Narración intensa, doída, radical» Armando Requeixo.

««Dura, triste, abrumadora.» Rosa Enríquez.

«A loucura é a redución do mundo á metáfora, fai desaparecer o caos empregando a lingua na súa máxima literariedade, destruíndo a significativade. A linguaxe da loucura é iluminadora. Intentei achegarme a ese fulgar». Rexina Vega na presentación de Dark butterfly na Feira do Libro de Santiago.