Onte 267 Carteis para celebrar o cincuentenario

2 Xuño, 2012 (10:16) | 17_de_maio, Artes Visuais, Autores, Beizóns, Efemérides, Ilustración, Iniciativas, Onte, Promoción do libro

As primeiras xuntanzas dos xurados dos Premios Xerais 2012, impedíronme participar no fermoso acto organizado pola RAG nos coruñeses xardíns de san Carlos para presentar «A volta ás Letras en cincuenta días». 50 deseñadores e 50 autores crearon 50 carteis nos que se homenaxea a cada un dos escritores que protagonizaron o 17 de maio, dende a primeira edición do Día das letras Galegas en 1963. Unha iniciativa artística excepcional promovida pola RAG, que Ferrín está transformando tamén en factoría creativa, apoiada en man común polas asociacións profesionais e empresariais de deseñadores gráficos, escritores, artes gráficas, editores, libreiros e bibliotecarios. Os carteis, que foron publicados o 17 de maio nun suplemento de Faro de Vigo, están sendo enviados estes días ás librarías, bibliotecas e centros de ensino secundario. Unha marabilla!

As 50 pezas poden baixarse en pdf aquí (ollo 9,2 megas), como tamén o libro conmemorativo, Todas as Letras, editado pola RAG con motivo dos 50 anos das Letras.