Book trailer VI

6 Setembro, 2007 (17:19) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos

Non hai dúbida de que Tökland é o espazo en español máis inquedo e interesado sobre a promoción do libro empregando as ferramentas audiovisuais. Ao fío da nosa revisión sobre o fenómeno dos book trailer (ou video books) recordaban onte un book trailer que realizaron a iniciativa de Javier Celaya sobre La aventura ambigua, publicado por Elipsis ediciones. Pareceume excelente, convida a ler o libro. Outro modelo interesante.
Etiquetas: