Calceta sen fin

21 Novembro, 2007 (19:49) | Autores, Cine, Narrativa, Traducións, Vídeos

Vía Manolo Gago (grazas, por tantas) coñezo esta curta da finlandesa Laura Neuvonen. Sei que lle vai prestar a María Reimóndez, a nosa amiga, gran tradutora e escritora. Esta semana apareceu o seu Club da calceta en italiano, asinouse o contrato para a edición en castelán e chegou do prelo a terceira edición en galego.