"Il club della calzetta"

21 Xaneiro, 2008 (18:10) | Autores, Críticas, Traducións

Prodúcenos moita satisfacción coñecer estas dúas reseñas gabanciosas, suscitadas pola aparición da edición en italiano d’ O club da calceta, a novela de María Reimóndez da que se está preparando, ademais, unha tradución en castelán, unha adaptación teatral por parte de Teatro do Morcego (será estreada no Teatro Caixanova de Vigo, o día 12 de abril) e unha adaptación televisiva. Un éxito nacional e internacional para unha das nosas narradoras. Beizóns para María!

Etiquetas: