O editor de Castrelos

9 Marzo, 2008 (10:00) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Recurso_didáctico

No artigo da semana continúo a serie sobre Xosé María Álvarez Blázquez editor, abordando, coa brevidade obrigada do espazo do Faro, o seu proxecto de Edicións Castrelos, onde publicou case cen títulos e difundiu 600.000 exemplares de libros en lingua galega.
Nunca está de máis que reiteremos a nosa admiración polo traballo de xigante que XMAB desenvolveu como editor, semente da actual edición moderna en galego.
Aproveito para recomendar a actualización do espazo dedicado a XMAB polo seu fillo Celso (inclúe actualización das novidades editoriais, novas fotografías e gravacións da propia voz de don Xosé María, achegas moi interesantes que recomendo vivamente).

Etiquetas: