Congreso Álvarez Blázquez

12 Novembro, 2008 (19:42) | 17_de_maio, Eventos

Unha moi boa noticia: haberá Congreso Álvarez Blázquez. Organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellaría de Cultura e o concello de Tui, celebrarase os días 11, 12 e 13 de decembro no Teatro Municipal de Tui. O programa semella excelente e completísimo. Alí estaremos coa causa de don Xosé María.