Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

10 Xaneiro, 2009 (15:20) | Novidades, Promoción do libro, Xerais

Hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia dedicado ás novidades do sector editorial galego para o 2009 adiantamos o que será unha parte do noso programa para este ano no que celebraremos o trinta aniversario da editorial e superaremos os 3.000 títulos publicados.
É moi de agradecer a xenerosidade de Xornal de Galicia dedicando quince páxinas a informar coa maior amplitude sobre o libro galego. Este suplemento constitúe un auténtico fito. Unha mostra de autoestima coa literatura de noso. Beizóns para os seus responsables.