Facebook

25 Xaneiro, 2009 (13:03) | Humor, Internet, Tecnoloxías, Vídeos

Animado por Jaureguizar, estes días entrei a formar parte do Facebook (aquilo é un fervedoiro, lémbrame o comezo do blogomillo, con tantos amigos e amigas falando). Porén, despois de ver hoxe esta peza de humor venezolano (grazas, Ronseis), protagonizada polo actor Orlando Urdaneta (advirto, para non ferir sensibilidades, que é un antichavista, refuxiado en Miami), non podo evitar tamén dubidar coma el que fago eu aí metido.