“Do orixinal ao libro”

30 Marzo, 2009 (18:51) | Edición, Editores, Libro, Novidades, Recurso_didáctico, Xerais

Chegaron hoxe os primeiros exemplares Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica. Unha obra importante para o sector profesional do libro en Galicia xa que constitúe o primeiro manual de edición en galego. Presentaremola con motivo do 23 de abril, día internacional do libro e dos dereitos de autor. Beizóns para o autor, o noso amigo o editor e blogueiro, Juan Blanco Valdés.