Vídeoentrevista nos Premios Xerais 2009

13 Xuño, 2009 (09:50) | Blogaliza, Libro_electrónico, Lingua, Persoal, Política, Vídeos, Xerais

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/W9IqXhT4UIY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O equipo de Blogaliza ven publicando ao longo da semana unha serie de vídeoentrevistas realizadas tras a cerimonia dos Premios Xerais 2009. Recollo para o arquivo (desculpas pola autopromoción) a que eles me fixeron e enlazo, ademais, a miña intervención no acto que gravou xenerosamente Albixoi. Na vídeoentrevista repásase a traxectoria da editorial e dos premios, o conflito da lingua, a estratexia de transición da editorial cara o libro electrónico, para rematar cunha reflexión política de futuro.