A galiña azul e outros contos

23 Agosto, 2009 (09:21) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo, Literatura infantil e xuvenil, Política

No artigo da semana lembro a peripecia editorial d’ A galiña azul, o primeiro libro infantil do meu querido Carlos Casares, e reflexiono sobre o que entendo son as razóns da súa utilización política por parte da Xunta de Galicia para denominar á anterior rede de galescolas.

Este artigo, que fai o número 516 da serie Campo de Granada, coincide xustamente co décimo aniversario da miña colaboración semanal con Faro de Vigo, iniciada o 22 de agosto de 1999 con «La Favorita de Príncipe». Daquela nunca pensei que aquí chegariamos. Grazas aos responsables de Faro de Vigo que o fixeron posible.