Lingua de liberdade, acto cívico, 14 de novembro

5 Novembro, 2009 (22:28) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua

Galego Patrimonio da Humanidade convoca Lingua de liberdade, un acto cívico a prol da lingua galega o vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 12 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

No acto, que estará conducido por Candido Pazó. intervirán representantes de colectivos sociais, os secretarios xerais de UXT, José Antonio Gómez, e CCOO, José Manuel Sánchez Aguión, ademais de Laura Sánchez Piñón, Pablo González  Mariñas, Henrique Monteagudo e Fermín Bouza.