Os primeiros e-books de Xerais

10 Novembro, 2009 (17:13) | Libro_electrónico, Narrativa, Novidades, Xerais

Hoxe demos un pasiño pequeno, que non teño dúbida inicia un camiño longo para o libro galego do futuro. Sen grandilocuencia, con humildade e rigor, coma corresponde ao estilo de traballo do equipo de profesionais de Xerais.