«2010. Ano do Libro e da lectura»

27 Decembro, 2009 (11:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Clubs_lectura, Edición, Editores, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lectura, Libro

1259228099CARTEL_LE_AMARILLO2

No artigo da semana de Faro de Vigo expreso a miña perplexidade por este ano bonsai do libro e da lectura que anuncia a Consellaría de Cultura e Deporte. Se non se modifica o enfoque decontado, proporcionándolle un carácter transversal que abranga a todas as consellarías e administracións e dispoñendo de máis medios, estamos diante dunha nova decepción anunciada.