Muros do medo

30 Decembro, 2009 (15:49) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/s9UILicl6OA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Ao fío da publicación de Valados, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz, imos descubrindo máis pezas que denuncian estes valados  ou muros creados para separar e dividir a uns seres humanos doutros. Semella que esta peza, apenas cinco minutos e medio, está concibido para introducirnos nao extraordinario libro de Agustín [ben merece un comentario á parte]. Recomendo moi vivamente os dous.