Premio de Fervenzas Literarias

20 Xaneiro, 2010 (19:27) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios

Recibo con sorpresa a noticia de que os lectores e lectoras de «Fervenzas Literarias» declararon estas Brétemas como o mellor blog de 2009. É este o primeiro recoñecemento que recibe o traballo do blog nestes cinco anos de andaina, razón pola que non podo estar máis que agradecido. Beizóns!