«Dona Carme» continúa gustando

30 Xaneiro, 2010 (14:20) | Bibliotecas, Educación, Humor, Literatura infantil e xuvenil, Persoal, Recurso_didáctico, Vídeos

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Xx0hZLBTGR0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Grazas, moitas grazas, a todos os lectores e lectoras do CEIP de Lamas de Abade!

Dona Carme fai agora vinte anos. Comprobo que continúa gustando aos picariños e picariñas de hoxe e algunhas profesoras lle atopan utilidade didáctica. Que máis se lle pode pedir a este libro publicado cando non había nada, ou case nada, para os primeiros lectores?

Non sabedes que satisfacción me produce saber que Dona Carme continúe viva.