Todos e todas con Agustín

12 Marzo, 2010 (08:12) | Autores, Homenaxes, Literatura infantil e xuvenil, Xerais

Mañá sábado,13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Agustín Fernández Paz que lle tributa o Salón do Libro de Pontevedra. Durante todo o Salón estivo instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas. No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier DoCampo e os músicos Mini e Mero. Animamos a todos os amigos e amigas de Agustín Fernández Paz a acudir a Pontevedra na mañá do sábado para manifestarlle a nosa admiración e agradecemento polo conxunto da súa obra.