«Makinaria» de Carlos Negro, unha extraordinaria guía de lectura

29 Maio, 2010 (12:53) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Poesía, Recurso_didáctico, Xerais

Recomendamos moi vivamente esta extraordinaria guía de lectura en formato web de Makinaria, o poemario de Carlos Negro publicado en Fóra de Xogo. A guía preséntase como un recurso dixital interactivo e multimedia, dirixido a cada un dos lectores do poemario.

Como sinalan no blog Trafegando ronseis esta proposta foi elaborada en formato LIM e presenta dúas versións diferenciadas segundo o nivel de lectura e o tempo do que se teña para traballar o libro:

–Gozar da paisaxe (versión completa de 40 actividades)

Ir polo atallo (versión reducida de 30 actividades)

Cremos que estamos diante dun recurso didáctico e de animación lectora e poética extraordinario. Expresamos o noso maior agradecemento a Rosa Salgueiro.