Os booktrailers, anuncios e bolsas da Librería Gandhi

7 Agosto, 2010 (11:53) | Book_trailer, Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos

Trafegando ronseis recupera hoxe algúns dos anuncios da mexicana Librería Gandhi. A verdade é que sempre me gustaron (uns máis ca outros) pola súa simplicidade e o seu carácter provocador. Particular interese ten a súa liña de bolsas, unha idea que podiamos emular os editores galegos.

Velaí unha versión de «El dinosaurio« de Augusto Monterroso, un booktrailer producido, tamén, por Gandhi. Se che gustou aquí tes outros onde escolleres. Moi interesante.